Abrir o menú principal

Cambios

m
Arranxos varios using AWB
A Cidade de Valencia foi fundada no [[-138|138]] a.C. co nome de ''Valentia Edetanorum'' polo cónsul romano [[Décimo Xunio Bruto Galaico]]. A cidade emprázase sobre unha das illas que formaba o [[río Turia]] na súa pantanosa desembocadura, nunha gran chaira aluvial, nos extremos da cal atopábanse os principais asentamentos prerromanos (ibéricos): Arse ou Saguntum ([[Sagunt]]) ao nordeste, Edeta ([[Llíria]]) ao noroeste e Saetabis ([[Xàtiva]]) ao sur. Todos eles emprazábanse sobre un tozal defensivo, mentres que Valentia fúndase no medio da chaira.
 
As posibilidades de aproveitamento desta plana deberon condicionar a elección deste lar. Nesta época da Roma republicana a cidade de Valencia non era a principal cidade do actual [[Comunidade Valenciana|País Valenciano]] ([[Sagunt]]um e [[Elx|Illici]] eran, sen dúbida, máis importantes), mais si que era un núcleo agrario notábel, que chega a canalizar as augas para o rego, e que chega a encuñar unha moeda propia, onde o emblema da cidade xa era a cornucopia ou corno da abundancia.
 
No ano [[-75|75]] a.C. foi destruída na guerra entre [[Cneo Pompeio Magno|Pompeio]] e [[Sertorio]], e foi abandonada durante uns 50 anos. No século I a Cidade de Valencia xa recuperara a poboación, e comezáronse a construír grandes obras de infraestrutura. No século III principia outra época de decadencia coma o resto do [[Imperio Romano]]. Coa súa caída, a cidade foi ocupada polos [[visigodos]] formando parte dos reinos peninsulares.
[[Ficheiro:Llotja sala1.jpg|miniatura|esquerda|[[Llotja de la Seda]], [[Patrimonio da Humanidade]].]]
[[Ficheiro:Peno de la conquesta.jpg|miniatura|''Penó de la Conquesta'', no [[Casa do Concello de Valencia|Arquivo Histórico Municipal]].]]
A entrada á Cidade de Valencia do rei catalano-aragonés [[Xaime I de Aragón|Jaume I]], o ''9 d'octubre'' ([[9 de outubro]]) de [[1238]], pon fin a cinco séculos de cultura musulmá, mais esta deixa unha sólida pegada na cidade e no territorio valenciano.
 
Logo da vitoria cristiá, a poboación musulmá foi expulsada e a cidade repartida entre aqueles que participaran na conquista. Jaume I outorga á cidade unhas novas leis, os ''Furs de València'', que anos despois foi extensivo a todo o [[Reino de Valencia]]. Comeza así unha nova etapa, da man dunha nova sociedade e dunha nova lingua, que establece as bases do pobo valenciano tal coma o coñecemos hoxe.
A finais do [[século XIV]], a morte sen descendentes de Martí l'Humà (Martiño I), desemboca no Compromiso de Casp (compromiso para elixir un novo Rei) e a entronización dos [[Casa de Trastámara|Trastàmara]] na [[Coroa de Aragón]]. No ditame xogaron un destacado papel os irmáns Ferrer: Bonifaci e Vicent.
 
No [[século XV]] Valencia vive unha etapa de gran desenvolvemento económico e de grande influencia política. Créase a ''Taula de Canvis i Depòsits'' (Mesa de Trocos e Depósitos), unha banca municipal en apoio das operacións comerciais e a industria local, na que destacaban os téxtiles, acada un gran desenvolvemento, tornándose a cidade nun emporio comercial ao cal acoden mercadores de tódolos recunchos de [[Europa]]. A finais do século constrúese a [[Llotja de la Seda]] (Lonxa da Seda, hoxe [[Patrimonio da Humanidade]]), un centro de transaccións e verdadeiro templo do [[comercio]].
 
Este auxe económico reflíctese tamén no plano artístico e cultural. Eríxense agora algúns dos edificios máis emblemáticos da cidade, coma as [[Torres de Serrans]] ([[1392]]), a [[Llotja de la Seda|Lonxa]] ([[1482]]), o [[Micalet]] ou a capela dos Reis do [[convento de Sant Doménec]]. Na [[pintura]] e [[escultura]] déixanse sentir as correntes [[Flandres|flamengas]] e italianas en artistas coma [[Lluís Dalmau]], [[Gonçal Peris]] o [[Damià Forment]]. En [[literatura]], baixo a protección de Afonso III de Valencia florecen autores coma [[Ausiàs March]], [[Roïç de Corella]], [[Isabel de Villena]] ou [[Joanot Martorell]], que escribe a prestixiosa novela [[Tirant lo Blanc]]. Este foi en definitiva o ''segle d'or'' (século de ouro) da literatura valenciana e por extensión da catalá.
[[Ficheiro:Palau de justicia valència.jpg|miniatura|dereita|O [[Palau de Justícia de Valencia|Palau de Justícia de València]]]]
[[Ficheiro:Palaciow.jpg|miniatura|Palau Municipal (Pazo Municipal) (Exposición Rexional 1909)]]
Cos decretos de Nova Planta, é dicir, a abolición dos Foros Valencianos e o acomodo do reino e da súa capital ás leis e costumes de [[Castela]], os cargos do goberno municipal deixaron de ser electivos para pasar a ser de designación directa do monarca, ocupados a miúdo por aristócratas foráneos. Valencia acostúmase a ser unha cidade ocupada, coa presenza de tropas acuarteladas na Ciutadella, xunto ao convento de Sant Doménec, mais tamén noutros edificios, por exemplo a mesma [[Llotja de la Seda|Lonxa da Seda]] foi cuartel até [[1762]].
 
No ámbito económico, o [[século XVIII]] foi de recuperación grazas a manufactura de tecidos de seda e outras actividades industriais, coma a ''taulelleria'' (fabricación de azulexos).
 
O XVIII foi o século das ideas e da ilustración, que atopou en Valencia unha resonancia en personaxes coma [[Gregori Maians]] ou [[Pérez Bayer]], que mantiñan correspondencia cos destacados pensadores franceses ou alemáns do momento. Neste ambiente de exaltación das ideas naceu no 1776 a Societat Econòmica d'Amics del País (Sociedade Económica de Amigos do País), introdutora de numerosas melloras na agricultura e a industria e promotora de varias institucións económicas, cívicas e culturais.
 
[[Ficheiro:Torres serrans abril.jpg|miniatura|esquerda|280px|[[Torres de Serrans]], un dos restos da antiga muralla, derrubada no [[século XIX]]]]
[[Ficheiro:La ciutat de València en 1808 (versió1.3; no roads)soton.png|miniatura|A Cidade de Valencia en [[1808]].]]
O [[século XIX]] comeza coa invasión [[Napoleón|napoleónicanapoleón]]ica, contra a cal o pobo valenciano levantouse en armas o [[23 de maio]] de [[1808]], impulsada por personaxes coma por exemplo o ''[[Palleter]]'', amotinándose na Ciutadella e repelendo o ataque do Xeneral napoleónico Moncey o [[28 de xuño]]. Máis tarde o Xeneral Suchet repetiu o asedio, acadando o seu obxectivo o [[9 de xaneiro]] de [[1812]] tras intensos bombardeos. Con todo, o seu control sobre a cidade foi breve, xa que en xullo do ano seguinte ten de abandonala por mor da retirada do exército francés.
 
Durante esta invasión os valencianos enviaron os seus representantes ás Cortes de Cádiz, onde se redactou unha constitución de carácter liberal e antiseñorial. Porén en maio de 1814 [[Fernando VII de España|Fernando VII]] volveu á península a través de Valencia, e derrogou inmediatamente a constitución de Cádiz instaurando un réxime absolutista.
 
Comeza unha etapa de conflitos entre os absolutistas e os liberais. No marzo de 1820, durante o [[Trienio Liberal]] ([[1820]]-[[1823]]), o xeneral absolutista Elío foi executado. Durante a etapa ultraconservadora denominada Década Ominosa ([[1823]]-[[1833]]) hai unha represión implacábel antiliberal con cargo ás forzas do Estado e a Inquisición, que executou en Valencia á súa última vítima o ano [[1824]], [[Gaietà Ripoll]], un mestre acusado de "herexe" e "masón".
A comezos do século XX Valencia era unha cidade industrializada. A seda desaparecera, pero había produción de peles e coiros, madeira, metalurxia e alimentación, este último cunha vertente exportadora, en particular de viños e cítricos. Predominaba a pequena empresa, pero cada día máis inseríase máis a mecanización e as grandes empresas. A mellor expresión desta dinámica eran as exposicións rexionais, en particular a de 1909, emprazada xunto á Albereda (Alameda), onde se mostraban os avances da agricultura e da industria. Entre os edificios máis importantes da época fai falla destacar os de estilo modernista, coma por exemplo a [[Valencia-Estació del Nord|Estació del Nord]] (Estación do Norte) e os mercados [[Mercado Central de Valencia|Central]] e de [[Mercado de Colom|Colom]].
 
Os obreiros, en número crecente pola industrialización, comezaron a organizarse en demanda de mellores condicións de vida. O partido republicano de [[Vicente Blasco Ibáñez|Blasco Ibáñez]] recolleu os froitos destas reivindicacións e obtivo un enorme apoio popular, gobernando ao concello entre 1901 e 1923.
 
A primeira guerra mundial afectou moito á economía valenciana ao colapsar as exportacións de cítricos. A instauración da ditadura de [[Miguel Primo de Rivera|Primo de Rivera]] no ano 1923 freou durante algúns anos a conflitividade social, pero non apagou a crecente radicalización política. O movemento obreiro foi consolidando a súa organización sindical, mentres os sectores conservadores aglutinábanse ao redor da Dreta Regional Valenciana (Dereita Rexional Valenciana).
A república (1931-1939) abriu as vías democráticas de participación e incrementou a polititzación dos cidadáns, especialmente co ascenso da fronte conservadora ao poder no 1933. Este clima marcou as eleccións de 1936, gañadas pola [[Fronte Popular (España)|Fronte Popular]], o cal propicia o fervor das clases populares. O alzamento militar do 18 de xullo non triunfou en Valencia. Durante uns meses houbo un ambiente revolucionario, gradualmente neutralizado dende o goberno. A marcha da contenda bélica aconsellou trasladar a capital da República a Valencia en novembro de 1937: o goberno instalouse no [[Palau de Benicarló|pazo de Benicarló]], e os ministerios ocuparon varios pazos. A cidade foi intensamente bombardeada por aire e por mar, o cal trouxo á construción de máis de douscentos refuxios para protexer a poboación. O 30 de marzo de 1939 Valencia rendese e as tropas nacionais fan a súa entrada.
 
[[Ficheiro:Palau generalitat.jpg|miniatura|dereita|[[Palau de la Generalitat Valenciana|Palau da Generalitat]]]]
 
Coa ditadura prohibíronse os partidos políticos e iniciouse unha severa represión ideolóxica, encabezada pola igrexa. A autarquía económica provocou unha profunda crise e o desabastecemento dos mercados: os racionamentos e o estraperlo impuxéronse durante máis dunha década. Os franquistas silenciaron as catastróficas consecuencias da riada de 1949, con decenas de mortes, pero non se puido facer o mesmo coa aínda máis tráxica gran riada de Valencia, no 1957, cando o río Túria desbordouse, causando a morte de moitos valencianos (81 oficialmente, a cifra real non se sabe). Para evitar novas catástrofes, anos despois o río desviouse por unha nova cunca (Pla Sud). O río vello do [[río Turia|Turia]] abandonouse durante anos. Os alcaldes [[Franco|franquistas]] propuxeron facer unha autoestrada, opción que finalmente se descartou (grazas á chegada da democracia e ás protestas veciñais), abrindo paso ao seu uso como parque municipal (véxase [[Xardín do Turia]]). A comezos dos sesenta comeza a recuperación económica e Valencia vive un espectacular crecemento demográfico debido á inmigración e a execución de importantes obras urbanísticas e de infraestruturas.
 
Coa chegada da democracia a España, València constituíuse coma a capital do País Valenciano co Consello Preautonómico do 1977 e acadou certo grao de autogoberno. Porén, a noite do 23 de febreiro de 1981 hai unha tentativa golpista que, dende Valencia, encabezou Milans del Bosch, afortunadamente fracasada. A democracia propiciou a recuperación da lingua e a cultura valenciana, aínda que non se pode evitar certa crispación social ao redor dos símbolos (coñecido como a Batalla de Valencia).
 
O estatuto púxose en marcha no [[1982]] e en Valencia instalouse a [[Generalitat Valenciana]] e todos os órganos de goberno da Comunitat. Durante os primeiros 25 anos de democracia, Valencia cambiou significativamente. Destacan como obras emblemáticas o [[Xardín do Túria]] (axardinamento da vella cama do Túria), o Palau da Música ou o de Congressos de València, o [[MetroValencia|Metro]], e a nova [[Cidade das Artes e as Ciencias|Ciutat de les Arts i de les Ciències]] (Cidade das Artes e as Ciencias), de [[Santiago Calatrava]], ao carón do Museu Valencià de la Il·lustració i de la Modernitat (MUVIM) e do Institut Valencià d'Art Modern (IVAM). Grazas a estes fitos e á progresiva rehabilitación da [[Ciutat Vella de Valencia|Ciutat Vella]] cada día a cidade atrae máis e máis turismo
[[Ficheiro:Ciudad de las ciencias noche edit.jpg|miniatura|240px|[[Cidade das Artes e as Ciencias]].]]
 
A cidade de Valencia atópase a rentes do [[Mar Mediterráneo]] na [[Península Ibérica]], sobre a gran chaira aluvial que forman os ríos [[Río Xúcar|Xúcar]] e [[Río Turia|Turia]], a beiras do que se sitúa a cidade, lonxe das montañas. O outeiro de ''El Puig'' está a uns 12  km ao norte da cidade e uns quilómetros máis adiante cara o NO atópase a Serra Calderona, principal cadea montañosa preto da cidade, sendo ademais o seu pulmón verde.
 
A [[Ciutat Vella de Valencia|cidade vella]] está á beira do río, a uns catro quilómetros do mar, onde antigamente só había el Grau de Valencia, que agora atópase unido a cidade e forma parte do distrito coñecido coma [[Poblats Marítims]] (Poboados Marítimos). A razón pola que a cidade foi fundada lonxe da costa é porque en tempos dos romanos inda era unha seca, cunha costa baixa e areosa, como case todo o Golfo de Valencia. Ao Sur da cidade está a Albufeira de Valencia, un lago de auga doce á beira do mar e separado deste por unha restinga, que se nutre de numerosos acuíferos e dos aportes do [[cantil]] de [[Xiva]]. Hoxe en día é un Parque Natural.
 
=== Clima ===
Valencia posúe un clima tipicamente [[clima mediterráneo|mediterráneo]]. Caracterízase por ser suave, cunha una temperatura media anual superior aos 17 °C. Os veráns son cálidos e os invernos moi moderados. Durante os meses invernais a temperatura non adoita estar por baixo dos 10 °C. A temperatura máxima rexistrada na cidade foi de 43,0 °C, rexistrada o [[27 de agosto]] de [[2010]], mentres que a mínima absuluta rexistrada na cidade está nos -7,2 °C, rexistrada o [[11 de febreiro]] de [[1956]]. As precipitacións son discretas e presentan o clásico mínimo estival mediterráneo, con dous máximos, un no outono e outro ao remate do inverno e comezo da primavera. As precipitacións son de 454  mm ao ano, mais adoitan ser de gran intensidade e concentradas no outono ([[gota fría]]), rexistrandose 262,6 l/m² o [[17 de novembro]] de [[1956]], sendo a maior precipitación rexistrada nun só día. O maior refacho de vento rexistrouse na cidade o [[25 de febreiro]] de [[1989]], cando a velocidade do vento alcanzou os 117  km/h.
 
<br>
|}
</center>
 
 
== Administración ==
[[Ficheiro:Puerto Valencia (DársenaInterior).jpg|miniatura|Porto de Valencia]]
[[Ficheiro:Agora UPV 02.JPG|miniatura|Universidade Politécnica]]
Os romanos fundárona nun pantano durante o século II a. C. e desecaron parte das súas terras e puxéronas en regadío, traballo que continuaron os árabes a partir do [[século VIII]] e os cristiáns logo da conquista de [[Xaime I de Aragón|Xaime I]], no [[século XIII]]. Até o [[século XIV]] foi un centro basicamente agrario e de troco de produtos agrícolas, sendo a súa horta famosa pola súa alta produtividade. A partir do século XIV e sobre todo XV comezou a destacar poderosamente a industria sedeira de Valencia, da que foi a máis importante á cidade até o século XIX e que deu nome a un dos seus barrios: o de [[Velluters]].
 
Na actualidade a cidade de Valencia é, fundamentalmente, unha área de servizos, a influencia da cal está moito mes aló dos límites do seu termo municipal. Actualmente a poboación ocupada no sector servizos é o 73,2% do total, cun gran peso das actividades de demanda final, do [[comercio]] de agasallo e almacenista, dos servizos especializados a empresas e de actividades profesionais. Porén a cidade mantén unha base industrial importante, cunha porcentaxe de poboación ocupada do 14,2%, formada por pequenas e medianas empreses entre as cales destacan os sectores de papel e artes gráficas, de madeira e moble, de produtos metálicos e de calzado e confección.
=== Metro ===
{{Artigo principal|MetroValencia}}
A actual rede de [[Ferrocarrils de la Generalitat Valenciana]] en Valencia é herdeira da antiga rede de ferrocarrís suburbanos de Valencia, coñecida popularmente como o ''Trenet de Valencia'', que unía a capital coas poboacións próximas. Devandita rede de vía estreita fora construída no seu maior parte durante o final do [[século XIX]], e foi xestionada sucesivamente pola Sociedade Valenciana de Tranvías.
 
A modernización da antiga rede, durante os anos 80 do [[século XX]], e a súa ampliación e conversión nun moderno ferrocarril metropolitano, deron orixe á rede de [[MetroValencia]] que na actualidade ([[2009]]) dispón de tres liñas de metro e dous de [[tranvía]] en superficie. A rede comunica a capital co Área Metropolitana de Valencia. As actuaias liñas de [[MetroValencia]] son:
 
{| class="wikitable" style="font-size:97%; text-align:center;" width=60%
</imagemap>
| Llíria/Bétera - Torrent Avinguda/Vva. de Castellón<br />
| 98,159 &nbsp;km
| 59
|- style="text-align:center;"
</imagemap>
| Museus - Natzaret (''en construción'')<br />
| 7,500 &nbsp;km
| 12
|- style="text-align:center;"
</imagemap></center>
| Rafelbunyol - Aeroport
| 24,691 &nbsp;km
| 26
|- style="text-align:center;"
</imagemap></center>
| Mas del Rosari/Fira - Dr. Lluch/Lloma Llarga/Terramelar
| 15,921 &nbsp;km
| 33
|- style="text-align:center;"
</imagemap></center>
| Marítim Serrería - Aeroport/Torrent Avinguda
| 26,502 &nbsp;km
| 30
|- style="text-align:center;"
</imagemap></center>
| Tossal del Rei - Marítim Serrería
| 10,067 &nbsp;km
| 21
|- style="text-align:center;" - bgcolor="#EEEEEE"
| colspan="2" align="center" |'''TOTAL''' (liñas de Metro e Tranvía)
|175,34 &nbsp;km<ref>Non inclúe a liña 2, actualmente en contrución</ref>||169
|}
 
380.827

edicións