Abrir o menú principal

Cambios

m
Arranxos varios using AWB
Entre os séculos [[século XVI|XVI]] e [[século XIX|XIX]], Dakar foi o maior centro para o tráfico de [[escravo]]s cara a toda América. O goberno senegalés restaurou e transformou en museo o forte de Estrées na [[illa de Gorée]], onde levaban os escravos para ser vendidos en poxa e enviados en barco.
 
Na actualidade Dakar ten os servizos de Universidade, porto, escala aérea, industrias etc.
 
Dakar foi até 2007 o punto de chegada do [[Rally Dakar]] que se corre a principios de cada ano. A cidade acolle tamén a bienal de [[arte africana]] Dak'Art. A última edición celebrada foi no ano [[2006]].
Con todo, o auténtico fundador da cidade foi o [[tenente coronel]] [[enxeñería militar|enxeñeiro]] [[Émile Pinet-Laprade]], quen deseñou o primeiro plano da cidade e as súas rúas, elaborándose o primeiro [[catastro]] da cidade en [[1858]]. Para o [[faro das Mamelles]], as obras iniciáronse en [[1859]], mentres que as obras do [[Porto (comunicacións)|porto]] principiaron en [[1860]].
[[Ficheiro:BlaiseDiagne.jpg|miniatura|esquerda||Fresco nun edificio de Dakar de [[Blaise Diagne]] ([[1872]]-[[1934]]), alcalde de Dakar, primeiro africano na [[Asemblea Nacional Francesa]] e primeiro africano en ocupar un ministerio en Francia.]]
En [[1869]] prodúcese o primeiro desastre da historia da cidade de Dakar, que queda moi seriamente afectada por unha [[epidemia]] de [[cólera]], que provocou a morte do propio Émile Pinet-Laprade, o [[17 de agosto]]. En [[1875]], Dakar substitúe a cidade de Gorea como centro administrativo do seu distrito. Mais, por razóns económicas, parte da clase dirixente da illa de Gorea prefería establecerse na localidade de [[Rufisque]], situada a uns 25  km ao suroeste de Dakar, o que freaba o crecemento urbano de Dakar xa que eran os propietarios de boa parte do solo urbano da mesma. Con todo, para [[1876]] elabórase un novo catastro da cidade, que en [[1878]], xa conta cuns 1.500 habitantes.
 
O [[17 de xuño]] de [[1887]] prodúcese un acontecemento destacado na historia da cidade que accede á categoría de comuna definitivamente independente da da illa de Gorea. O primeiro alcalde da cidade, que tomou posesión o [[9 de decembro]] dese mesmo ano, foi Jean Alexandre. Rapidamente Dakar acadou un status que lle fixo quedar asimilada a unha [[Comunas de Francia|comuna francesa]], cos seus habitantes tendo os mesmos dereitos que os franceses metropolitanos.
En dito marco político e histórico tivo lugar a [[batalla de Dakar]], o [[25 de setembro]] de [[1940]], unha batalla naval polo control da [[África Occidental francesa]], que supuxo o intento frustrado por parte das tropas da [[Francia Libre]] (as [[Forzas francesas libres]]) e dos [[Aliados da Segunda Guerra Mundial|Aliados]] de expulsar do lugar os homes do xeneral [[Pierre Boisson]], que seguían fieis á [[Francia de Vichy]] aliada do [[Terceiro Reich]]. A batalla pretendía afastar os alemáns das colonias francesas do [[océano Atlántico]], especialmente a súa frota submarina, ante a inminente [[batalla do Atlántico]] centrada en torno á ruta de subministración do [[Reino Unido]]. Con posterioridade á batalla produciuse a ''Operación Ameaza'', un intento frustrado de desembarco en Dakar. Estes combates supuxeron o primeiro enfrontamento en combate dos franceses entre si desde a creación da Francia Libre.
 
Xa finalizada a guerra, Dakar recibiu a visita do [[presidente de Francia]] [[Vincent Auriol]], a primeira que efectuaba un xefe de Estado de Francia a un territorio colonial na [[África]] negra.<ref>Fonte: TV5 [http://www.cites.tv/TV5Site/dakar/fr/lavie/lavie_histoire.html Fonte: TV5]</ref> Nesas datas a cidade xa contaba cuns 135.000 habitantes.
 
O [[26 de agosto]] de [[1958]], o [[xeneral]] [[Charles de Gaulle]], sendo xa [[presidente de Francia]], visita Dakar, sendo recibido á súa chegada por unha manifestación multitudinaria que esixe a independencia do país.
En [[1964]] construíuse a [[Gran Mesquita de Dakar]], como símbolo de rexurdimento nacional da tradición relixiosa [[islam|islámica]] fronte ao [[cristianismo]] que se asociaba ao colonialismo europeo e francés.
 
En xuño de [[1978]], Dakar acolleu a sede do [[Banco Central dos Estados de África do Oeste]] (BCEAO), que abandonou a súa anterior sede en [[París]], para dotar o continente africano de maior protagonismo dentro da entidade.<ref>Web do BCEAO [http://www.bceao.int/ Web do BCEAO]</ref>
 
== Notas ==
378.176

edicións