Abrir o menú principal

Cambios

m
Arranxos varios using AWB
O racismo non é unha teoría científica, senón un conxunto de opinións [[prexuízo|preconcibidas]] onde a principal función é darlle valor ás diferenzas biolóxicas entre os seres humanos, de forma que algúns se consideran superiores ós outros conforme coa súa matriz racial.
 
O ser humano actual constitúe unha única especie. Así e todo, presenta unha visible variabilidade morfolóxica que deu lugar ó concepto de [[raza]]. Este concepto pode conducir a un uso ideolóxico da idea de ''raza'' que pode levar ó '''racismo'''.
 
== Racismo e outras discriminacións de tipo racial ==
[[Ficheiro:AbuDisWall.jpg|esquerda|miniatura|250px|O muro entre [[Abu Dis]] e [[Xerusalén]], xuño de [[2004]].]]En [[1975]], por presión dos países árabes e co apoio dos [[URSS|soviéticos]], o [[sionismo]] foi considerado unha forma de racismo pola [[Resolución 3379 da Asemblea Xeral das Nacións Unidas]]. Porén, en [[1991]], esa acusación eliminouse pola [[Resolución 4686 da Asemblea Xeral das Nacións Unidas]].
 
En [[2002]], o Parlamento israelí aprobou unha lei que nega os cidadáns de orixe árabe do país o dereito de conviviren cos seus cónxuxes en caso de contraeren matrimonio con palestinos, pois a estes será recusada a permisión de residencia no país. A lei foi levada a xuízo por diversas entidades de dereitos humanos, aínda que o [[15 de maio]] de [[2006]] foi confirmada pola ''Suprema Corte de [[Israel]]''.<ref> [http://www.ansa.it/ansalatinabr/notizie/fdg/200605141822241820/200605141822241820.html Israel nega dereito de reunificación de familias] (ansa.it)</ref>
 
A [[Asociación polos dereitos civís no Israel]] alega un ''plan de prácticas discriminatorias do Israel'', a ''flagrante e sistémica discriminación dos palestinos coa única base na súa orixe nacional ... reminiscencia de políticas características do réxime do [[Apartheid]].''<ref>[http://www.ohchr.org/english/bodies/cerd/docs/ngos/acri-ShadowReport.pdf]</ref>
381.287

edicións