Mel: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}
m Arranxos varios using AWB
Liña 7:
 
== Historia ==
O mel ten as súas cualidades recoñecidas, apreciadas e utilizadas polos seres humanos desde tempos remotos como alimento e adozante natural con poder adozante dúas veces maior do que o [[azucre de cana]].
 
Existen diversas referencias históricas a esta substancia. Alén das citas bíblicas, moitos outros pobos, como os antigos exipcios ou os gregos, por exemplo, referíanse ao mel como un produto sagrado, chegando até servir como forma de pagamento de impostos. Foron encontradas en escavacións exipcias con máis de 3.000 anos mostras de mel aínda perfectamente conservadas en vasillas lixeiramente tapadas. Tamén existen rexistros prehistóricos en pinturas rupestres da recolección de mel.
Liña 14:
 
== Composición e uso ==
Alén de ser utilizado como adozante, o mel sempre foi recoñecido debido ás súas propiedades terapéuticas. Dun modo xeral, o mel está constituído, na súa maior parte (cerca do 75%), por [[hidrato de carbono|hidratos de carbono]], especialmente polos [[azucre]]s simples ([[glicosa]] e [[frutosa]]). O mel está tamém composto por [[auga]] (cerca do 20%), por minerais ([[calcio]], [[cobre]], [[ferro]], [[magnesio]], [[Fósforo (elemento)|fósforo]], [[potasio]], entre outros), por cerca da metade dos [[aminoácido]]s existentes, por ácidos orgánicos ([[ácido acético]], [[ácido cítrico]], entre outros) e por [[vitamina]]s do complexo B, por vitamina C, D e E. O mel posúe aínda un teor considerábel de [[antioxidante]]s ([[flavonoide]]s e [[fenólico]]s).
 
Os distintos tipos de mel varían en función das plantas de onde é extraído o néctar e, tamén, de acordo coa localización xeográfica desas plantas e os tipos das abellas produtoras. Por esta razón, o mel pode presentar consistencias e cores diferentes. Debido ao seu teor de azucres simples, de asimilación rápida, o mel é altamente calórico (cerca de 3,4 kcal/g), polo que é útil como fonte de enerxía.
Liña 28:
Desde [[1997]], a entón Consellería de Agricultura recoñece a denominación específica ''Mel de Galicia'', rexistrada como indicación xeográfica protexida europea en [[2007]] <ref>Orde do 1 de outubro de 1997, da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, pola que se recoñece a denominación específica ''Mel de Galicia''; Regulamento (CE) 868/2007 da Comisión, do 23 de xullo de 2007, pola que se inclúe no rexistro de indicacións xeográficas protexidas (DOUE 24.07.2007).</ref>.
 
A denominación de orixe amparaba en [[2008]] a 405 apicultores (con 31.784 colmeas) e 37 envasadores, cunha produción total certificada de 314.832 &nbsp;kg (169 toneladas no ano 2000) e un valor económico estimado de 1.133.395 euros (aos apicultores) [http://mediorural.xunta.es/fileadmin/arquivos/alimentacion/produtos_calidade/ficha_mel.pdf].
 
== Notas ==