Somalia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m Arranxos varios using AWB
Liña 57:
{{Artigo principal|Historia da Somalia}}
 
A [[Guerra Civil de Somalia]], aínda que intermitente, ten sido unha constante desde [[1977]]. No [[1991]], a rexión norte do país declarou a súa independencia (Somalilandia), a pesar da súa relativa estabilidade, en comparación coa tumultuosa rexión sur, non foi recoñecida como estado independente por ningún goberno estranxeiro.
 
No [[1993]] iniciouse, primeiramente no sur, unha acción humanitaria da [[ONU]] que conseguiu diminuír a fame no país, con todo, a ONU acabou por retirarse o [[3 de marzo]] do [[1995]], despois de sufrir baixas significativas.
 
En [[1998]] rexistráronse outras dúas escisións no país, e unha cuarta no [[1999]], todas elas de contornos pouco claros. A última escisión conduciu á autonomía da Somalia do suroeste, porén dada a difícil situación no que atinxe ás fronteiras da Somalia cómpre ponderar un pouco antes de atribuír este título.
 
O [[26 de decembro]] do [[2004]], unha das catástrofes naturais máis devastadoras da historia contemporánea, o tsunami que varreu os países do suroeste Asiático, tamén afectou a Somalia, destruíndo poboacións e, segundo as estimativas, causando a morte a preto de 300 persoas.
Liña 95:
== Xeografía ==
{{Artigo principal|Xeografía de Somalia}}
Somalia, o país máis oriental de [[África]], ocupa unha área de 637.540  km². Sitúase na punta dunha rexión coñecida habitualmente como o Corno de África, debido ao seu parecido no mapa cun corno de [[rinoceronte]], da que tamén forman parte [[Etiopía]] e [[Djibuti]].
 
O territorio somalí está composto principalmente de chairas, mesetas e terras elevadas. No norte, no entanto, as montañas Karkaar sitúanse a distancia variable do [[Golfo de Adén]]. O tempo é cálido durante todo o ano con veráns inclementes, agás nos territorios de maior altitude do norte do país. A pesar de localizarse no ecuador terrestre a chuvia no país é rara, e a maior parte de Somalia atópase en terreo árido ou semiárido, adecuado tan só para o pastoreo nómade que practica máis da metade da poboación. Só nunhas áreas de choivas moderadas, no noroeste e suroeste, onde se atopan os dous ríos importantes do país, practícase unha agricultura de certa importancia.