Cabul: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}
m Arranxos varios using AWB
Liña 28:
}}
{{Contén texto persa}}
'''Cabul''',<ref>{{Cita libro |título=Dicionario Galaxia de usos e dificultades da lingua galega |editor=Benigno Fernández Salgado |editorial=Editorial Galaxia |ano=2004 |isbn=9788482887524 |páxina=1304}}</ref><ref>{{cita libro |url=http://www.udc.es/publicaciones/documentos/biblioteca/CriteriosParaUsoDaLingua.pdf |título=Criterios para o uso da lingua |editor=Servizo de Normalización Língüística, Universidade da Coruña |ano=2007 |páxina=121 |isbn=84-9749-199-8 |autores=Goretti Sanmartín Rei ''et al''}}</ref> '''Kabul'''<ref>''[[Diciopedia do século 21]]'' (2006) [[Edicións do Cumio]], [[Editorial Galaxia|Galaxia]] e [[Edicións do Castro]]. T. 2, p. 1162: '''''Kabul''' Cap. do Afganistán, na beira do río homónimo...''</ref><ref>{{Versaleta|Santa María, Inés}} e {{Versaleta|Massó, Noé}} (2009). ''Atlas xeográfico e histórico de Galicia e do Mundo''. [[Edicións do Cumio|Do Cumio]]. '''Kabul''': páxina 193 (B3). <small>ISBN 978-84-8289-328-0</small>.</ref> ou '''Kābul'''<ref>''[[Diccionario enciclopédico galego universal]]'' (2003). [[Ir Indo]]. T. 35, p. 112: '''''Kābul''' Capital de Afganistán e da provincia homónima...''</ref> ([[Lingua iraniana|persa]]: کابل Kâb'l',), é a capital e a meirande cidade de [[Afganistán]], cunha poboación de 3&nbsp;120&nbsp;963 habitantes (2006).
 
Destes habitantes, un 45% son [[taxico]]s, un 25% [[pashtun]], e 25% [[hazara]].
 
Capital da [[provincia de Cabul]], é un centro económico e cultural situado estratexicamente nun estreito val que rodea ao [[río Kabul]], na parte alta das montañas antes do paso Khyber, a unha altitude media de 1765 m. Kabul comunícase coa fronteira de [[Taxikistán]] por un túnel baixo as montañas [[Hindu Kush]]. Os principais produtos da rexión inclúen produtos téxtiles, mobles e azucre, se ben as continuas guerras dende 1979 limitaron a produtividade económica da cidade.
 
== Historia ==
As primeiras trazas de urbanización na cunca do río Cabul déronse na época de [[Alexandre o Grande]] ao desenvolverse no norte da cunca a cidade de Kapisa pero nunha zona que non era doada de defender das incursións nómades polo que adquiriu importancia outro asentamento ao sur, máis doado de defender pero non foi ata o século VIII que aparece a cidade na súa forma definitiva <ref>[http://www.iranicaonline.org/articles/kabul-ii-historical-geography Encyclopaedia Iranica]</ref>. Despois da conquista árabe do territorio foi gradualmente gañando importancia e no século IX, coa chegada de [[Ya'qub bin Laith as-Saffar]], fundador da dinastía [[saffarí]] do leste de Irán, instáurase definitivamente o control islámico de Cabul e Afganistán.
 
Durante os seguintes séculos, a cidade foi sucesivamente controlada polos [[Samánida]]s, a dinastía Hindú [[Shahí]], os [[Gaznávidas]] e o [[Imperio Gurida]] . No século XIII, as hordas mongois ocuparon a cidade, e no século XIV volveu a rexurdir como centro de comercio, baixo o control de [[Tamerlán]], quen casou coa irmá do gobernante de Kabul. Con todo, ao decaer o poder dos [[Timúridas]] (descendentes de Tamerlán), a cidade conquistouna, no 1504, [[Babur]], emperador [[Imperio mogol|mogol]] que instalou nela o seu cuartel xeral.
 
[[Nader Shah]], emperador coñecido como o ''Napoleón Persa'', conquistou a cidade en 1738, pero asasinárono 9 años máis tarde. [[Ahmed Sha]], militar afgán que comandaba a garda persoal de Nader Shah, asumiu o trono á morte deste. Reafirmando o poder dos Pashtun, estendeu os seus dominios formando un novo Imperio Afgán. Por esta razón é considerado acotío como o fundador da actual Afganistán. Trala súa morte, o seu fillo ([[Timur Shah Durrani]]), herda o poder, trasladando a capital de Afganistán de [[Kandahar]] a Kabul.
 
En 1826, Dost Muhammad asume como novo monarca afgán, con todo, en 1833 o Imperio Británico invade o país, ante o temor de que a influencia rusa se expandira ata as fronteiras da India, quen poñen no poder a un impopular goberno monicreque ao mano de Shah Shuja, dando comezo á [[Primeira Guerra Anglo-Afgá]], a cal finaliza en 1842 coa derrota dos británicos. Dost Muhammad resultou, entón, liberado do seu encarceramento recobrando o seu trono.
Liña 45:
En 1878, os británicos volven invadir Afganistán, dando comezo á Segunda Guerra Anglo-Afgá, a cal se estende ata 1881, cando se retiran á India, deixando no poder a [[Amir Abdur Rahman]]. En 1919, o rei [[Amanullah Khan]] asume o poder, iniciando unha serie de reformas ''occidentalizantes'', decretando ademais a independencia de Afganistán de todo control estranxeiro, na Mesquita de Id Gah, dando comezo á Terceira Guerra Anglo-Afgá. As negociacións de paz a propósito desta guerra concluíron en 1921. En 1929 Amanullah vese na obriga de abandonar Cabul, debido ao alzamento do seu irmán [[Nadir Khan]] quen toma o poder. No 1933, Nadir Khan é asasinado, asumindo o trono o seu fillo, de tan só 19 años, [[Mohammed Zahir Shah]], quen sería o último rei de Afganistán. En [[2002]] recibe o título honorario de "Padre da Patria".
 
En 1932, fúndase a primeira universidade afgá, a Universidade de Kabul. Comezando a crecer a cidade como centro industrial do país na década dos anos 1940. Nos anos 1950, iníciase a pavimentación de rúas en Kabul. Nos 1960, a cidade adquire características máis cosmopolitas, abríndose a primeira tenda dunha cadea internacional (Marks & Spencer) de todo Asia Central, no 1967 inaugúrase o Zoolóxico de Kabul.
 
En 1969, rexístrase un alzamento relixioso en protesta pola crecente influencia soviética na política e a relixión do país, a cal se aplacará, encarcerando tamén aos seus líderes. No 1973, un golpe de estado, encabezado polo Primeiro Ministro [[Mohammed Daoud Khan]], derroca ao rei, acabando coa Monarquía e instaurando unha República.
 
En 1975, un sistema de trolebuses eléctricos proveu de transporte público á cidade. O sistema construíuse coa asistencia técnica de [[Checoslovaquia]]. No 1979, A [[Unión Soviética]] invade o país, que instalou en Kabul o seu comando central durante os 10 años que durou o conflito entre o Goberno pro-soviético e os rebeldes [[muyahid]]ines. No 1989 Péchase a Embaixada de [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]] en Kabul, trala retirada das tropas soviéticas. No 1992, derrócase ao goberno comunista de [[Mohammad Najibullah]], caendo a cidade en poder de milicias locais, quen ao estar divididas en faccións continuaron loitando entre si. En decembro de 1992 detívose o último dos trolebuses da cidade, a causa do conflito armado, sendo substituídos por un sistema de 800 autobuses públicos que continuou proporcionando o transporte á poboación. Sobre 1993, o servizo de electricidade e auga potable da cidade resultou completamente interrompido.