Diferenzas entre revisións de «Camerún»

m
Arranxos varios using AWB
m (Bot: Engado {{Control de autoridades}})
m (Arranxos varios using AWB)
Os primeiros habitantes do que hoxe é Camerún foron os [[baka]], un pobo pigmeo que logo da [[migración bantú]] quedou reducido aos lugares máis inaccesibles. Os portugueses chegaron á costa camerunesa a fins do século XV e comezos do XVI, a malaria non permitiu que estableceran asentamentos permanentes. Os primeiros asentamentos estables europeos datan de finais da década de [[1870]], cando o uso da [[quinina]] fixo posible combater a [[malaria]]. No inicio, os europeos estaban sobre todo interesados en comerciar, o que facían na zona costeira, e adquirir escravos. O comercio de escravos foi reprimido a mediados do [[século XIX]], aínda no remate dese século instaláronse no Camerún misións cristiás, as cales continúan a desempeñar un papel na vida do país.
 
O [[5 de xullo]] do [[1884]] a totalidade do territorio camerunés e algúns territorios veciños tornáronse a colonia alemá de ''Kamerun'', coa capital situada primeiramente en [[Buea]] e despois en [[Yaoundé]]. Despois do final da [[Primeira Guerra Mundial]], o [[Reino Unido]] e a [[Francia]] dividiron esta colonia, cabendo á Francia a maior área, sendo as zonas máis distantes transferidas para o dominio doutras colonias francesas, e gobernando o restante a partir de Yaoundé.
 
O Camerún francés acadou a independencia no [[1960]] baixo a denominación de ''República do Camerún''. Ao ano seguinte, a maioría musulmana do norte, que dominaba dous terzos do Camerún británico, votou pola adhesión á [[Nixeria]], en canto que no sur a maioría cristiá, votou de forma que o outro terzo do Camerún británico se adherise á República do Camerún, formando a República Federal do Camerún.
{{Artigo principal|Goberno e política de Camerún}}
[[Ficheiro:Paul Biya at US Embassy 2006.JPG|miniatura|dereita|250 px|O presidente Paul Biya.]]
Goberna desde [[1982]] Paul Biya da [[Alianza Democrática Popular]] (APDC). A APDC tamén obtivo o control do [[Parlamento]] en [[1992]] e Bija foi reelixido ese ano e en [[1997]]. O principal grupo de oposición, o [[Fronte Socialdemócrata]], cuestionou o resultado deses comicios. En [[1997]], o seu candidato, [[John Ndi]], rexeitou a vitoria de Bija.
 
== Organización político-administrativa ==
 
== Xeografía ==
{{Artigo principal|Xeografía de Camerún}}
 
[[Ficheiro:Cameroon-CIA WFB Map.png|miniatura|Mapa de Camerún.]]
 
Camerún atópase situado no [[golfo de Guinea]].
 
Limita ao norte e ao oeste con [[Nixeria]], ao sur con [[Gabón]] e [[Guinea Ecuatorial]], ao leste coa [[República Centroafricana]] e [[Chad]]. Ao oeste limita co [[océano Atlántico]].
 
No país distínguense varias rexións. Unha delas é a rexión litoral que vai desde a costa fronteiriza con Nixeria ata a fronteiriza con Guinea Ecuatorial. A cidade máis importante da costa de Camerún é [[Buea]]. Posteriormente a altura do país vaise elevando gradualmente: así, [[Douala]] atópase case ao nivel do [[mar]], no estuario do río [[Río Wouri|Wouri]] e [[Yaoundé]] atópase situada xa a uns 700 metros sobre o nivel do mar. Pasado Yaoundé atópase un macizo montañoso que separa esta zona do país da do norte. A cidade máis importante desta zona montañosa é [[Tibesti]]. O norte o territorio é máis chairo. As cidades máis importantes do norte de Camerún son [[Garoua]] e [[Maroua]]. No extremo norte do país atópase unha porción do [[lago Chad]]. No sur e o sueste o territorio convértese en [[selva]], a cal vaise facendo máis espesa a medida que nos achegamos á fronteira coa [[República do Congo]]. Na meseta oeste, na fronteira con Nixeria, atópase a zona anglófona do país, cuxa cidade máis importante é [[Bamenda]].
== Economía ==
{{Artigo principal|Economía de Camerún}}
Ten reservas petroleiras que son explotadas moderadamente por empresas francesas e norteamericanas. Os principais produtos agrícolas son cacao, café e bananas pero a agricultura está moito máis diversificada ao momento de que o país se autoabastece de alimentos. Tamén hai explotación forestal.
 
A [[Unión Europea]] é o principal socio comercial de Camerún.
[[Ficheiro:Maison obus.jpg|miniatura|dereita|240 px|''Casas obús'' do norte de Camerún.]]
{{Artigo principal|Demografía de Camerún}}
Ao ano 2007, Camerún ten unha poboación de 18 000 000 habitantes. O 99% é negra e o restante 1% é branca (europeos ou descendentes). Os dous idiomas oficiais son o [[lingua inglesa|inglés]] e o [[lingua francesa|francés]]. A esperanza de vida é de 52 anos. A media de fillos por muller é de 4,49. O 79% da poboación está alfabetizada. Calcúlase que o 7% da poboación está infectada co [[VIH]] (virus da [[sida]]).
 
== Cultura e educación ==
{{Artigo principal|Cultura de Camerún}}
 
En educación, existiron dous sistemas, un en inglés e o outro en francés logo da independencia. O sistema do Camerún do Leste foi baseado no modelo francés, Camerún do Oeste uso o modelo británico. Os dous sistemas foron combinados no ano [[1976]]. As escolas cristiás e misioneiras foron unha parte importante do sistema educativo. Nas áreas meridionais do país case todos os nenos da idade de educación primaria asisten á escola. Con todo, no norte, sempre foi unha parte illada do Camerún, o absentismo escolar é alto. A maioría dos estudantes en Camerún non chega máis aló do nivel primario.
 
O país conta con tres universidades: Universidade de Yaoundé I, Universidade de Yaoundé II (con campus fóra da cidade), e a Universidade Católica para África Central (UCAC).
 
== Deportes ==
A mellor participación de Camerún nos [[Xogos Olímpicos]] foi en [[Xogos Olímpicos de 2004|Atenas 2004]]. A [[Selección de fútbol de Camerún|Selección de fútbol]] gañou a medalla de ouro nas xustas.
 
Outros logros destacados da selección de fútbol de Camerún foi ser o primeiro equipo africano en chegar aos cuartos de final, na [[Mundial de Fútbol Italia 1990|Copa Mundial de Fútbol de 1990]]. Desde ese entón o equipo ten o alcume de ''"Os Leóns Indomables"''.
 
== Notas ==
393.002

edicións