Diferenzas entre revisións de «Bakú»

m
→‎Etimoloxía: Arranxos varios using AWB
m (Bot: Substitución automática de texto (-{{Listaref|2}} +{{Listaref|30em}}))
m (→‎Etimoloxía: Arranxos varios using AWB)
Tamén se cre que Bakú deriva da palabra ''Baghkuh'', que significa ''Monte de deus''. ''Baga'' (actualmente ''Bagh'') e ''Kaufa'' (actualmente ''Kuh'') son as dúas verbas do antigo [[lingua persa|persa]] para Deus e Montaña; ademais o nome ''Baghkuh'' pode ter algunha relación con [[Bagdad]] (''Regalo de Deus'') onde a partícula ''dā'' é a palabra do antigo persa para o verbo ''dar''. En textos árabes a cidade tamén é denominada ''Baku'', ''Bakukh'', ''Bakuya'', e ''Bakuye'.
 
Propuxéronse varias hipóteses para explicar a etimoloxía da palabra "Baku". Segundo L.G.Lopatinski e Ali Huseynzade,<ref>.[http://window2baku.com/eng/9002toponimbaku.htm The Name “Baku”]</ref> ''Baku'' provén do [[Lingua turca|turco]] para ''outeiro''. O historiador especialista no Cáucaso K.P. Patkanov tamén sostén a mesma teoría, pero que Bakú se orixina na [[lingua lak]].
 
A ''Enciclopedia Islámica'' turca considera que a palabra "Bakú" provén da expresión "Bey-Kyoy", que en turco significa "a cidade principal".
 
Outra proposta consiste en que o nome provén do [[Lingua persa|persa]] medio ''Bāgh-dād'', "O Xardín Doado". O nome é preislámico e as orixes non son claras, pero relaciónase con asentamentos anteriores sen importancia política nin comercial, polo que segundo esta teoría a cidade tería sido fundada en tempos do [[Califato Abasí]].
 
[[Mansur]] chama a cidade "Madinah al-Salam", ou "Cidade da Paz", como unha referencia ao paraíso. Este foi o nome oficial en moedas, pesos e outras cousas.
393.002

edicións