Diferenzas entre revisións de «Taxiquistán»

m
Arranxos varios using AWB
(corrixo)
m (Arranxos varios using AWB)
 
[[Ficheiro:Tadjikistan demography.png|tumb|esquerda|250px|Evolución da demografía entre 1961 e 2003 (cifra da [[Organización das Nacións Unidas pola alimentación e a agricultura|FAO]], 2005). Poboación en milleiros de habitantes.]]
 
 
[[Ficheiro:Children in Tajikistan 25042007.jpg|miniatura|Nenos taxicos]]
[[Ficheiro:Old_bearded_man_from_Tajikistan.jpg|esquerda|miniatura]]
 
O principal grupo étnico do [[Taxiquistán]] é o [[taxico (pobo)|taxico]], con minorías tales coma os uzbecos e quirguices, e unha pequena minoría en retroceso de [[Rusia|rusos]]. Dado que non todo o mundo en Taxiquistán é taxico, aos cidadáns non taxicos chámaselles taxiquistanos. O xentilicio de calquera persoa do Taxiquistán é '''taxiquistano''', mentres que o grupo étnico maioritario taxico chámanse a si mesmos '''taxico''' (tajikí).
 
Os actuais taxicos son un pobo [[iranio]], concretamente descenden dos antigos pobos iranios orientais de [[Asia Central]], tales coma os [[sogdiano]]s e os [[bactrio]]s, cunha mestura de iranios occidentais ([[Persia|persas]]) así coma pobos non iranios.<ref name=LibCong>[http://www.country-data.com/cgi-bin/query/r-13606.html Library of Congress Country Studies - Tajikistan - Historical & Ethnic Background - 1996]</ref>
A maioría dos [[sistemas de transportes]] foron construídos durante a [[República Socialista Soviética do Taxiquistán|era soviética]] e dende esa era o sistema foise deteriorando por mor dos insuficientes investimentos e mantementos das infraestruturas. Nin o sistema soviético nin a infraestrutura posteriormente construída se dirixiu á división topográfica entre as rexións do norte e do sur do país.
A comezos do ano 2005 unha serie de proxectos sobre transportes principais procurou corrixir este problema. O primeiro dos proxectos, o [[Túnel de Anzob]], que se rematou en 2006, une a estrada de Dushanbe co norte do Taxiquistán, resolvendo o problema que existía anteriormente de incomunicación cada inverno.
O transporte aéreo é considerado non fiable.<ref> [http://web.archive.org/web/20050226190634/http://lcweb2.loc.gov/frd/cs/profiles/Tajikistan.pdf Tajikistan country profile.] [[Biblioteca do Congreso dos Estados Unidos|Biblioteca do Congreso]] [[Federal Research Division]] (Xaneiro de 2007). ''Este artigo incorpora textos desta fonte que é de dominio público.''</ref>
=== Ferrocarril ===
O sistema ferroviario conta soamente con 480 quilómetros de traxectos, todos de [[vía ancha]]. O sistema de ferrocarrís conecta os principais centros urbanos do oeste do Taxiquistán coas vilas principais nas veciñas Uzbequistán e [[Turkmenistán|Turcomenia]]. No ano 2000 unha nova liña conectou as cidades do sur de [[Curgonteppa]] (Qurghonteppa) e [[Kulob]]. O tránsito de pasaxeiros polo Taxiquistán viuse dificultado polos fracasos periódicos dos ferrocarrís taxicos de pagar tarifas de tránsito e por cuestións de seguridade.<ref>>[http://web.archive.org/web/20050226190634/http://lcweb2.loc.gov/frd/cs/profiles/Tajikistan.pdf Tajikistan country profile. Library of Congress, Federal Research Division] (Xaneiro 2007). ''Este artigo incorpora textos desta fonte que é de [[dominio público]].''</ref>
 
=== Estradas e autoestradas ===
[[Ficheiro:1229 chineseBridge1.jpg|miniatura|dereita|Traballadores chineses construíndo unha ponte na estrada entre Dushanbe e Ghuxand.]]
 
O Taxiquistán conta cunha estimación de 30.000 quilómetros de estradas, das que a grande maioría foron construídas antes de [[1991]]. Unha artería principal percorre de norte a sur a través das montañas entre a cidade de [[Ghuxand]] (Xushand), no noroeste, e Dushanbe. Unha segunda arteria vai ao leste dende Dushanbe a [[Ghorog]] (Xorogh) na [[Provincia Autónoma do Badaghxán Montañoso]] e logo ao nordés a través das montañas á cidade de [[Ox]] (Oş) en [[Quirguicia]]. Debido a que a ruta Ghuxand–Dushanbe estaba pechada en inverno, construíuse o túnel de Anzob para evitar o paso de montaña e abrir así unha ruta que conecte [[Tashquent|Taxquent]] (Taşkent) (Uzbequistán) e puntos do norte con [[Afganistán]] e [[Paquistán]] ao sur, vía Taxiquistán.
 
A China investiu aproximadamente 720 millóns de dólares en melloras de infraestruturas no Taxiquistán, incluíndo a reconstrución, ensanche e mellora da estrada entre Dushanbé e Ghuxand que dende agosto de 2007 está a usar equipamento chinés para os traballos de reconstrución.<ref>[http://www.eurasianet.org/departments/insight/articles/eav080107a.shtml] TAJIKISTAN: A CHINESE ROAD TO THE FUTURE? ; EURASIANET. (último acceso 20-08-2008)</ref>
 
A mediados do 2005 comezou a construción dunha ponte sobre o [[río Panxe]] (Panj) ata [[Afganistán]] a cal foi finaciada polos [[Estados Unidos de America]] abríndose a ponte en agosto de 2007<ref name="Tajikistan">CIA World Factbook. [https://www.cia.gov/library/publications/the-world-factbook/geos/ti.html Tajikistan]</ref>, e pídense proxectos para a construción de varias pontes que unan o Taxiquistán co sur.<ref>>[http://web.archive.org/web/20050226190634/http://lcweb2.loc.gov/frd/cs/profiles/Tajikistan.pdf Tajikistan country profile. Library of Congress, Federal Research Division] (xaneiro 2007). ''Este artigo incorpora textos desta fonte que é de [[dominio público]].''</ref>
 
=== Gasodutos e oleodutos ===
 
=== Aeroportos ===
No ano 2007 o Taxiquistán contaba con 26 aeroportos, dos que 18 tiñan pavimentadas as pistas de aterraxe e dous con pistas de aterraxe de máis de 3.000 metros.<ref>CIA World Factbook. [https://www.cia.gov/library/publications/the-world-factbook/geos/ti.html name="Tajikistan]<"/ref> O aeroporto máis grande é o de [[Aeroporto de Dushanbe|Dushanbe]] que ten só uns poucos voos con destinos internacionais. Uns poucos voos unen Dushanbe con Taxquent (Taşkent) que é o aeroporto máis achegado que ofrece conexións coa maioría de destinos europeos. Os seguintes aeroportos máis grandes son o de [[Aeroporto de Ghuxand|Ghuxand]] (Xujand) e o de [[Aeroporto de Kulob|Kulob]]. A compañía estatal [[Tajikistan Airlines]] que conta cun rexistro de seguridade cuestionable, ofrece voos a outros países de [[Asia Central]] coa excepción de Uzbequistán, e voos semanais á [[Alemaña]] e a [[Rusia]].<ref>[http://web.archive.org/web/20050226190634/http://lcweb2.loc.gov/frd/cs/profiles/Tajikistan.pdf Tajikistan country profile. Library of Congress, Federal Research Division] (xaneiro 2007). ''Este artigo incorpora textos desta fonte que é de dominio público.''</ref>
 
== Cultura ==
== Datos estatísticos ==
* '''Poboación''': 6.719.567 habitantes (xullo 2002). 0-14 anos: 40,4 %; 15-64 anos: 54,9 %; >65 anos: 4,7 %
* '''Superficie''': 143 000km000&nbsp;km²
* '''Densidade''': 47 hab./km²
* '''Fronteiras terrestres''': 3.651 &nbsp;km (Afganistán 1.206 &nbsp;km, China 414 &nbsp;km, Quirguicistán 870 &nbsp;km, Usbekistán 1 161 &nbsp;km)
* '''Litoral''': 0 &nbsp;km
* '''Extremidades de altitude''': 300 m > 7.495 m
* '''Esperanza de vida dos homes''': 61,24 anos (en 2002)
* '''Usuarios de Internet''': 5.000 (en 2002)
* '''Número de provedores de Internet''': 4 (en 2002)
* '''Rutas''': 29.900 &nbsp;km: 21.400 &nbsp;km pavimentadas - 8.500 &nbsp;km terra (en 1990)
* '''Vías férreas''': 482 &nbsp;km (2001)
* '''Vías navigables''': 0 &nbsp;km
* '''Número de aeroportos''': 53 (en 2001)
 
393.002

edicións