Hipatia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
m Arranxos varios using AWB
Liña 20:
== Traxectoria ==
=== Alexandría no século IV ===
No [[século IV]] [[Antigo Exipto|Exipto]] era unha diocese [[Roma Antiga|romana]] (foino até a chegada do [[islam]] no [[século VII]].
 
En [[312]], o emperador [[Constantino I o Grande|Constantino]] convertérase ao [[cristianismo]]. No seguinte promulga o [[Edito de Milán]] polo que se estableceu unha especie de paz relixiosa e a liberdade de culto. En [[330]], Constantino traslada a capital imperial a [[Bizancio]], que pasou a chamarse [[Constantinopla]].
 
Nos anos finais do século IV Roma dividiuse en dous territorios: o [[Imperio Romano de Occidente]] e o [[Imperio Romano de Oriente]]. Exipto incorporouse ao Imperio de Occidente (era unha diocese dependente directamente de Roma), vivindo o ocaso da súa historia antiga. O [[cristianismo]] tamén chegara ao territorio, téndose na época grandes disputas entre distintas faccións de cristiáns (algúns autores falan mesmo de pelexas na rúa). A igrexa cristiá defendía a súa independencia fronte ao poder imperial, mentres os emperadores do século IV considerábanse autócratas moi por riba da lei.
 
En [[Alexandría]] predicaba o bispo e patriarca [[Teófilo]] ([[385]]-[[412]]), inimigo de [[Xoán Crisóstomo]], predicador da igrexa de [[Antioquía]] (hoxe en [[Turquía]]). Hai que ter conta tamén a rivalidade entre Alexandría e Constantinopla, pois afectou moito ás comunidades do resto da cristiandade.
 
A igrexa exipcia rematou separándose da igrexa de oriente. Naceu entón o [[alfabeto copto]], mestura do exipcio demótico e máis o [[Lingua grega|grego]].
Liña 38:
Hipatia era unha muller aberta ao saber a quen se lle transmitiu a paixón da investigación, educándose ademais nun ambiente académico culto. Hai historiadores que din que a filla sobrepasou ao pai, de xeito que escritos atribuídos a Teón sono en realidade de Hipatia.
 
Aprendeu tamén a historia das diferentes relixións que se coñecían naquel entón, oratoria, o pensamento dos filósofos e os principios do ensino. Seguidora de [[Plotino]], cultivou os estudos lóxicos e as ciencias exactas, levando unha vida [[Ascetismo|ascética]]. Viaxou a [[Atenas]] e a [[Roma]] co afán de aprender e ensinar, destacando nos campos das matemáticas e a astronomía,<ref name="skyscript.co.uk">Toohey, Sue (2003): [http://www.skyscript.co.uk/hypatia.html ''The Important Life & Tragic Death of Hypatia''] {{en}}</ref> Membro e líder da [[escola filosófica|escola]] [[neoplatonismo|neoplatónica]] de [[Alexandría]], a casa de Hipatia foi un lugar de ensino onde ían estudantes de todas partes do mundo coñecido, atraídos pola súa fama. Dela dixo [[Sócrates Escolásico]]:
{{Cita|"''Había unha muller en Alexandría que se chamaba Hipatia, filla do filósofo Teón, que logrou tales alcances en literatura e ciencia, que sobrepasou en moito a todos os filósofos do seu tempo. Sucesora da escola de Platón e Plotino, explicaba os principios da filosofía aos seus oíntes, moitos dos cales viñan de lonxe para recibir a súa instrución."''|Sócrates Escolástico. ''Historia ecclesiastica'', VII, 15 <ref>Sócrates Escolástico, ''Historia ecclesiastica'', VII, 15.</ref>}}
 
Un dos seus alumnos foi [[Sinesio de Cirene]] —con quen mantivo abundante correspondencia—, bispo de Ptolemaida (en [[Fenicia]]), rico e poderoso, que deixou escrita información sobre Hipatia, a súa mestra.<ref>Sinesio de Cirene (1993):
''Himnos. Tratados''. Intr., trad. e notas de F. A. García Romero. Madrid: Editorial Gredos.</ref> Por medio del poden chegar a coñecerse os libros que escribiu para o seu ensino, aínda que non chegaron aos nosos días. Da admiración que sentía Sinesio por Hipatia é mostra o que di dela na súa ''Carta 16'':
{{cita|"''Hipatia é a miña nai, irmá e mestra, benefactora miña en todo, e todo o que para min ten valor en ditos e feitos''".|Sinesio de Cirene. ''Carta 16'' <ref>Sinesio de Cirene (1995): Cartas. Intr., trad. e notas de F. A. García Romero. Madrid: Editorial Gredos.</ref>}}
 
Outro alumno foi [[Hesiquio o Hebreo]], quen escribiu obras nas que se describen as actividades de Hipatia e a súa fama, como que os maxistrados ían a ela para consultala sobre asuntos da administración. Nas obras, que se conservan, di tamén que foi unha persoa influente en política.
 
Asemade, Hipatia interesouse pola mecánica e a tecnoloxía. Sábese que inventou un aparello para destilar auga, un pinómetro graduado para medir a densidade dos líquidos e un nivelímetro para medir o nivel da auga.
Liña 56:
No [[412]] o bispo [[Cirilo I, Patriarca de Alexandría|Cirilo de Alexandría]] foi nomeado ''patriarca'' en substitución do seu tío [[Teófilo I, Patriarca de Alexandría|Teófilo]], un título de dignidade eclesiástica que só era usado en Alexandría, Constantinopla e [[Xerusalén]]. Este título era equivalente en certo modo ao do [[papa]] de Roma. Cirilo, que foi nomeado santo séculos máis tarde, non consentía ningunha clase de [[paganismo]] nin [[herexía]], loitando toda a súa vida pola [[ortodoxia]] da igrexa católica e contra o [[nestorianismo]], os [[pagán]]s e os [[xudeu]]s. Os historiadores cren que Cirilo foi o principal responsable da morte de Hipatia, aínda que non existe documentación que o acredite de maneira directa.
 
Dise que Cirilo era inimigo seu, teméndoa e admirándoa ao tempo. Pero en consonancia coa época, nin comprendía nin consentía que unha muller se dedicase á ciencia. Creou un ambiente de odio e fanatismo contra ela asignándolle o papel de meiga.
 
En marzo de [[415]],<ref name="skyscript.co.uk"/><ref>Segundo Sócrates Escolástico (''Historia ecclesiastica'', VII, 15) a morte de Hipatia ''"sucedeu no cuarto ano do episcopado de [[Cirilo]], sendo [[Cónsul romano|cónsules]] [[Flavio Honorio|Honorio]] por décima vez e [[Teodosio II|Teodosio]] por sexta, durante o mes de marzo, no [[Coresma|tempo dos xexúns]]"''. O ano dos consulados é 415, pero o cuarto ano do episcopado de Cirilo foi 416, tendo en conta que, segundo o propio Sócrates Escolástico, o seu predecesor Teófilo faleceu o 17 de outubro de 412. Os historiadores non se poñen de acordo en cal das datas é a correcta.</ref> <ref>Toohey, Sue (2003): [http://www.skyscript.co.uk/hypatia.html ''The Important Life & Tragic Death of Hypatia''] {{en}}</ref> Hipatia foi asasinada por un grupo de monxes da igrexa de San Cirilo de Xerusalén. Os feitos foron recollidos por un bispo de Exipto do [[século VII]], Xoán de Nikio, xustificando asemade o masacre daquel ano contra os [[xudeu]]s de Alexandría. Conta como un grupo de cristiáns ''atolondrados'', ''impetuosos'' e ''violentos'', seguidores dun lector chamado Pedro foron na súa busca, golpeárona, espírona e arrastrárona pola cidade até o templo Cesáreo, onde a cortaron con buguinas afiadas até a súa morte. Despois, despezárona e queimárona nun lugar chamado Cinaron. Deste xeito estaban a dar morte a algo que consideraban como ''[[idolatría]]'' e ''[[herexía]]''.
 
Orestes, o prefecto romano amigo e exalumno de Hipatia informou e pediu a Roma unha investigación. Por "falta de testemuñas" atrasouse até que chegou un momento no que o propio Cirilo asegurou que Hipatia estaba viva e que habitaba en [[Atenas]]. Orestes tivo que fuxir, abandonando o seu cargo.<ref> [http://books.google.es/books?id=2MjpNlFRCU0C&printsec=frontcover&dq=hipatia#v=onepage&q&f=false Hipatia de Alejandría. Ed. Siruela]</ref> <ref>Fernández, Gonzalo (1985): "La muerte de Hipatia" in ''Erytheia'', nº 6/2. [http://interclassica.um.es/investigacion/hemeroteca/erytheia/numero_6_2_1985/la_muerte_de_hipatia InterClassica.]</ref>
 
Non houbo máis actos violentos contra dos filósofos pagáns de Alexandría, cuxa escola floreceu aínda ate o [[século VII]] (pero abandonando xa o neoplatonismo), sen que a súa actividade se vise interrompida polo peche da [[Academia de Atenas]] en tempos de [[Xustiniano I]] ([[529]]).<ref>[http://interclassica.um.es/var/plain/storage/original/application/812a756be81600a92d797584cb3e9442.pdf La escuela filosófica de Alejandría ante la crisis del año 529], por Gonzalo Fernández.</ref>
Liña 162:
* [[Teón de Alexandría]].
 
{{modelo:neoplatonismo}}
{{Control de autoridades}}