Ludwig van Beethoven: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Isili0n (conversa | contribucións)
Mecenado
m Arranxos varios using AWB
Liña 38:
O primeiro profesor de música de Beethoven foi seu pai. Aínda que a tradición di que Johann van Beethoven era un instructor duro, o ''Grove Dictionary of Music and Musicians'' alega que non hai documentación sólida que apoie este feito. Beethoven tivo outros mestres locais: o organista da corte Gilles van den Eeden (morto en [[1782]]), Tobias Friedrich Pfeiffer (un amigo da familia que ensinou piano a Beethoven), e Franz Rovantini (un parente, que o instruíu no [[violín]] e na [[viola]]). O talento musical de Beethoven era xa obvio nos seus primeiros anos. Johann, consciente dos éxitos de [[Leopold Mozart]] nesa área (co seu fillo [[Mozart|Wolfgang]] e a súa filla [[Maria Anna Mozart|Nannerl]]), intentou explotar ao seu fillo como un [[neno prodixio]], comezou a ensinarlle [[piano]], [[Órgano (música)|órgano]] e [[clarinete]] a temperá idade<ref name="biografía">{{cita web | url=http://www.lvbeethoven.com/Bio/LvBeethoven-Biografia.html | editor=lvbeethoven.com |título=Biografía de Beethoven | dataacceso=24 de marzo de 2009}}</ref>,Con todo, o estudo musical coartou o desenvolvemento afectivo do neno, que apenas se relacionaba con outros nenos. En metade da noite, Ludwig era sacado da cama para que tocase o piano aos coñecidos de Johann, a quen quería impresionar; isto causaba que estivese cansado na escola. Xa era usual que deixase de asistir a clases e quedase en casa para practicar música.
 
O pai era [[alcoholismo|alcohólico]], o que supuxo que perdese o posto de [[director de orquestra|director da orquestra]] de Bonn -posto herdado do avó Ludwig-, e a nai estaba frecuentemente doente. Aínda que a relación con Johann fose máis ben distante, Ludwig amaba moito á súa nai, á que denominaba a súa «mellor amiga».<ref name="biografía" />
 
O [[26 de marzo]] de [[1778]], cando tiña sete anos, Beethoven realizou a súa primeira actuación en público en [[Colonia, Alemaña|Colonia]]. O seu pai afirmou que a idade de Ludwig era de seis anos, para destacar, deste xeito, a precocidad do seu fillo; por iso, sempre se creu que Beethoven era máis novo do que era en realidade. Debido a que o talento musical e pedagóxico do seu pai era limitado, Ludwig comezou a recibir clases doutros profesores. Pouco tempo despois de [[1779]], Beethoven comezou os seus estudios co seu mestre máis importante en [[Bonn]], [[Christian Gottlob Neefe]], que foi designado organista da corte ese mesmo ano. Os seus avances foron significativos, sobre todo na interpretación do órgano e a [[Composición musical|composición]], guiado por músicos experimentados así como polo seu mestre. Neefe foi un profesor moi importante e influente na súa instrución e soubo valorar inmediatamente o nivel excepcional de Ludwig. Ademais de transmitirlle coñecementos musicais, Neefe deu a coñecer a Beethoven as obras dos pensadores máis importantes, tanto antigüos como contemporáneos.<ref name="biografía" />
 
Neefe ensinou a Beethoven composición, e cara a marzo de [[1782]] cando contaba con once anos de idade axudouno a compoñer a súa primeira composición publicada (''Nove variacións sobre unha Marcha de Ernst Christoph Dressler''): unha serie de variacións para teclados (WoO 63). Beethoven pronto comezou a traballar como organista axudante con Neefe, inicialmente sen cobrar, e finalmente como empregado pagado para a capela da corte dirixida polo ''Kapellmeister'' [[Andrea Luchesi]]. Un ano despois, Neefe escribiu na ''Revista de Música'' acerca do seu alumno: «Se continúa así, como comezou, converterase seguramente nun segundo Wolfgang Amadeus Mozart».<ref>{{cita Harvard|Buchet|1991|p=33|sp=sí}}</ref> En xuño do seguinte ano, Ludwig é contratado como músico na corte do [[príncipe elector]] (en alemán: ''Kurfürst'') de Colonia [[Maximiliano Francisco de Austria|Maximiliano Francisco]] (1708–1784)<ref group='nota'>Maximiliano Francisco foi o fillo máis novo da emperatriz [[María Tareixa I de Austria]], quen introducíu cambios notables na cidade. Facéndose eco dos cambios feitos en [[Viena]] polo seu irmán [[Xosé II de Habsburgo|Joseph]], introducíu reformas baseadas na filosofía da [[Ilustración]], incrementando o apoio á educación e ás artes. O adolescente Beethoven case seguro foi influenciado por eses cambios. Tamén puido verse influenciado nese tempo polas ideas máis importantes da [[masonaría]], xa que Neefe e outros achegados eran membros da loxia local da [[Orde dos Illuminati]].</ref>, por recomendación de Neefe. Este posto permitiulle frecuentar a música dos vellos mestres de capela, ademais de facilitarlle a entrada en novos círculos sociais, nos que se atopaban algúns dos que serían amigos seus durante toda a súa vida, como a familia Ries, os von Breuning (en cuxa casa coñeceu aos clásicos e aprendeu a amar a [[poesía]] e a [[literatura]]), o violinista [[Karl Amenda]] ou o doutor [[Franz Gerhard Wegeler]] (con quen anos máis tarde viaxaría a [[Viena]]).<ref name="biografía" />
 
[[Ficheiro:Thirteen-year-old Beethoven.jpg|miniatura|200px|Retrato de Beethoven con 13 anos de idade]]
 
=== A primeira viaxe a Viena ===
En marzo de [[1787]] Beethoven viaxou a [[Viena]] (posiblemente con todos os gastos pagos) por vez primeira, aparentemente coa esperanza de estudar con [[Mozart]]. Os detalles da súa relación son incertos, incluído se realmente se coñeceron ou non. De calquera modo, a lenda di que Mozart diría: «Recorden o seu nome, este mozo fará falar ao mundo».<ref name="biografía" />
 
Despois de dúas semanas Beethoven enterouse por unha carta de seu pai de que a súa nai estaba gravemente enferma e regresou a casa. Súa nai morreu de [[tuberculose]] pouco tempo despois ([[17 de xullo]] de [[1787]]), e o pai caeu profundamente no alcolismo, chegando a ser detido e encarcerado por este feito. Debido a ese feito, Beethoven pasou a ser o responsable do coidado dos seus irmáns menores, e pasou os seguintes cinco anos en Bonn mentres o seu pai estivo preso.
Liña 105:
Agunhas das obras do período medio amplían a linguaxe musical que Beethoven herdara de Haydn e Mozart. Os traballos deste período inclúen dende a Terceira ata a [[Sinfonía n.º 8 (Beethoven)|Oitava]] Sinfonías, os cuartetos de corda [[Cuartetos de corda Nos. 7–9, Op. 59 – Rasumovsky (Beethoven)|Rasumovsky]], ''[[Cuarteto de cuerda n.º 10 (Beethoven)|Harfenquartett]]'' e ''[[Cuarteto de cuerda n.º 11 (Beethoven)|Serioso]]'', as sonatas de piano "[[Sonata para piano n.º 21 (Beethoven)|Waldstein]]" e "[[Sonata para piano n.º 23 (Beethoven)|Appassionata]]", ''Cristo no monte dos olivos'', a ópera ''[[Fidelio]]'', o [[Concierto para violín (Beethoven)|Concerto para violín]] e moitas outras composicións. Durante este tempo, os ingresos de Beethoven procederon da publicación das súas obras, de interpretacións das mesmas e dos seus mecenas. Perdeu o seu posto no Theater an der Wien was terminated cando o teatro cambiou de xestores a comezos de [[1804]], e víuse forzado a mudarse temporalmente aos suburbios de Viena co seu amigo Stephan von Breuning. Este feito fixo que a súa obra ''Fidelio'', a máis longa ata a data, fose composta a un ritmo máis lento durante un tempo. Retrasouse novamente por mor do censor de [[Austria]], e finalmente estreouse en novembro de [[1805]] para escaso público debido á ocupación francesa da cidade. Ademais de ser un fracaso financieiro, esta versión de ''Fidelio'' foi tamén un fracaso para a crítica, e Beethoven comezou a revisala<ref>{{Cita Harvard sen parénteses|Cooper|2008|p= 150}}</ref>.
 
Durante o mes de maio de [[1809]], cando as forzas de ataque de [[Napoleón]] bombardearon [[Viena]], segundo Ferdinand Ries, Beethoven, moi preocupado por que o ruído acabase co que lle quedaba de audición, agachouse no sótano da casa do seu irmán, cubrindo os seus oídos con almofadas<ref>{{Cita Harvard sen parénteses|Cooper|2008|p= 185}}</ref>.
 
As obras do período medio estableceron a Beethoven como un mestre. Nunha recensión de [[1810]], foi consagrado por [[E. T. A. Hoffmann]] como un dos tres grandes compositores "románticos"; Hoffman dixo da Quinta Sinfonía de Beethoven que era "unha das obras máis importantes da época".
Liña 138:
Durante os anos seguintes continuou traballando na ''Missa'', compoñendo sonatas para piano e [[bagatela]]s para satisfacer as demandas de editores e a necesidade de ingresos, ademais de completar as ''Variacións Diabelli''. Enfermou novamente durante longo tempo en [[1821]], e completou a ''Missa'' en [[1823]], tres anos despois da data prevista. Tamén comezou a debatir cos seus editores sobre a posibilidade de producir unha edición completa da súa obra, unha idea que non se veu plenamente realizada ata [[1971]]. Johann , o irmán de Beethoven, comezou a traballar nos seus asuntos financeiros, como fixera Carl anteriormente, localizando vellas obras inéditas co obxectivo de publicalas e ofrecendo a ''Missa'' a varios editores para intentar conseguir un maior prezo por ela.
 
Dous encargos en [[1822]] melloraron as perspectivas financeiras do compositor. A [[Philharmonic Society]] de [[Londres]] ofreceulle un encargo para unha sinfonía, e o príncipe [[Nikolas Golitsin]] de [[San Petersburgo]] encargoulle tres cuartetos de corda. O primeiro deses traballos estimulou a Beethoven para rematar a Novena Sinfonía, que foi interpretada por vez primeira, xunto coa ''Missa Solemnis'', o [[7 de maio]] de [[1824]], con gran éxito no [[Kärntnertortheater]]. A publicación ''Allgemeine musikalische Zeitung'' dixo efusivamente, "un xenio inesgotable amosounos un novo mundo", e Carl Czerny escribiu que a súa sinfonía "respira como un espírito fresco, vivo e certamente xuvenil [...] tanta enerxía, innovación, e beleza como sempre [viu] da cabeza dese orixinal home"<ref name="ReferenceA">{{Cita Harvard sen parénteses|Cooper|2008|p= 317}}</ref>. A diferenza dos seus máis lucrativos primeiros concertos, este non lle proporcionou moitos cartos a Beethoven, xa que os gastos da montaxe foron significativamente máis altos<ref>{{Cita Harvard sen parénteses|Cooper|2008|pname= 317}}<"ReferenceA"/ref>. Un segundo concerto o [[24 de maio]], no cal o produtor garantíulle ao compositor unha comisión mínima, tivo unha pobre asistencia de público. Sería o derradeiro concerto público de Beethoven<ref>{{Cita Harvard sen parénteses|Cooper|2008|p= 318}}</ref>.
 
Beethoven entón adicouse a compoñer os cuartetos de corda para Golitsin. Estas series de cuartetos, coñecidos como os "Cuartetos Tardíos", foron máis alá do que os músicos e as audiencias estaban preparados nese tempo. O compositor [[Louis Spohr]] definíunos como "indescifrables, horrores sen corrixir". A opinión cambiou consderablemente dende o momento da súa primeira desconcertada acollida: as súas formas e ideas inspiraron a músicos e compositores como [[Richard Wagner]] e [[Béla Bartók]], e continúan facéndoo. Dos últimos cuartetos, o favorito de Beethoven foi o [[Cuarteto de cuerda n.º 14 (Beethoven)|Cuarteto de cuerda n.º 14]], op. 131 en Do♯ menor, que calificou como a súa obra única máis perfecta<ref>{{cita libro|apelidos=Morris|nome=Edmund|título=Beethoven: The Universal Composer|ano=2010|isbn=978-0-06-075975-9|editorial=HarperCollins}}</ref> . O derradeiro desexo musical de [[Schubert]] foi escoitar o cuarteto Op. 131, cousa que fixo o [[14 de novembro]] de [[1828]], cinco días antes de morrer.
 
Beethoven compuxo os derradeiros cuartetos no medio de problemas de saúde. En abril de [[1825]] caeu en cama, e estivo enfermo durante un mes. A enfermidade, ou máis ben a súa recuperación da mesma, é recordada por ter dado a orixe do lento e sentido mvemento do [[Cuarteto de cuerda n.º 15 (Beethoven)|Cuarteto de cuerda n.º 15]]. Acabaría completando os cuartetos agora numerados como Trece, Catorce e Dazaseis. A derradeira obra completada por Beethoven foi o movemento final do Cuarteto n.º 13, que substituíu á difícil ''[[Große Fuge]]''. Pouco despois, en decembro de [[1826]], a enfermidade volveu a golpealo, con episodios de vómitos e diarrea que case acaban coa súa vida.
Liña 152:
 
== Carácter ==
A vida persoal de Beethoven personal estivo marcada polo avance da súa xordeira e pola irritación producida pola súa dor abdominal crónica, que o levou a contemplar o suicidio (documentado no seu [[Testamento de Heiligenstadt]]). Beethoven adoitaba a estar irascible. Suxeríuse tamén que podería sufrir unha [[desorde bipolar]]. Porén, tivo un círculo de amizades pechado e devoto durante toda a súa vida, que fora atraído pola súa forte personalidade. Cara ao final da súa vida, os amigos de Beethoven competiron nos seus esforzos en axudalo para facer fronte ás súas incapacidades.
 
As fontes amosan o desdén de Beethoven pola autoridade e polo rango social. Deixaba de tocar o piano se a audiencia falaba ou lle prestaba menos atención. Nas veladas negábase a actuar se llo pedían de súpeto. Finalmente, tras moitos enfrontamentos, o arquiduque Rudolph decretou que as regras habituais de etiqueta da corte non se aplicasen a Beethoven.
Liña 204:
 
{{ORDENAR:Beethoven, Ludwig van}}
 
[[Categoría:Compositores de Alemaña]]
[[Categoría:Compositores de música clásica]]