Hugo Chávez: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Substitución automática de texto (-{{Listaref|2}} +{{Listaref|30em}})
m Arranxos varios using AWB
Liña 41:
A sublevación comenzou simultaneamente en [[Maracaibo]], [[Caracas]], [[Valencia, Venezuela|Valencia]] e [[Maracay]], aproximadamente ás 11 da noite do 4 de febreiro de 1992. En Maracaibo, [[Francisco Arias Cárdenas]] logra apoderarse da sede do goberno rexional e toma como prisioneiro ó Gobernador do Zulia, [[Oswaldo Álvarez Paz]]. En Caracas, Chávez establece o seu centro de operacións na sede do [[Museo Histórico Militar]], localizado en [[La Planicie]], cerca do Pazo de Miraflores, mentres que as súas forzas toman a estación estatal [[Venezolana de Televisión]]. Outro grupo enfróntase á Garda Nacional en [[Residencia Presidencial La Casona|La Casona]] (residencia presidencial), mentres que outros intentan tomar o Pazo de Miraflores. Xa a media mañá a derrota da sublevación era notoria. Chávez decide renderse e pide facelo por televisión coa escusa de chamar tamén á rendición ós outros sublevados que seguían combatendo en Caracas, Valencia e Maracay. Ó mediodía Chávez preséntase ante as cámaras de televisión e converte unha derrota militar nun triunfo político.
 
En algo máis dun minuto, o Tenente Coronel Hugo Chávez, segundo tódolos analistas, dixo exactamente o que tiña que dicir. Comezou dicindo "Buenos días". Logo identifica o seu movemento: "este mensaje bolivariano". Recoñece a labor dos seus copartidarios: "ustedes lo hicieron muy bien". Recoñece a súa derrota: "Nosotros aquí en Caracas no logramos controlar el poder". Lanza un reto: "lamentablemente, por ahora, los objetivos que nos planteamos no fueron logrados" Asume a responsabilidade: "Asumo la responsabilidad de este movimiento militar bolivariano" e dá unha mensaxe de esperanza: "El país tiene que enrumbarse hacia un destino mejor". <ref>[http://www.analitica.com/bitblioteca/hchavez/4f.asp Edición dixital, con Audio Real]</ref>
 
O cruento saldo da asonada militar do 4 de febreiro de 1992, deuse a coñecer o día 5: de acordo coas cifras oficiais do Ministerio da Defensa<ref name="fpolar.org.ve">http://www.fpolar.org.ve/nosotros/educacional/insurr/4febr92.html</ref>, houbo 14 mortos e 53 feridos. Con todo, estimacións extraoficiais localizan dito saldo en 50 mortos e máis de 100 feridos<ref>http://www. name="fpolar.org.ve"/nosotros/educacional/insurr/4febr92.html</ref>.
 
Os combatentes en Valencia e Maracay rendéronse. Chávez foi levado prisioneiro ó [[Cuartel San Carlos]], no norte de Caracas.
Liña 54:
O 27 de novembro outro grupo de oficiais, maioritariamente da Forza Aérea, sublévanse infrutuosamente contra o goberno.
 
Todos estes feitos debilitaron ó goberno de [[Carlos Andrés Pérez]]. Iniciouse un xuízo contra el no Congreso que culminou coa súa remoción da presidencia o 2 de maio de 1993, acusándoo de [[corrupción]].
 
Rafael Caldera foi o principal beneficiado político da rebelión. Poucos meses despois desligouse do Partido Social Cristiano COPEI. Funda "[[Convergencia (Venezuela)|Convergencia]]" e lánzase á candidatura para as eleccións presidenciais de 1993, que acabará vencendo. Chávez, desde o cárcere, chamara á abstención.
Liña 67:
 
== Triunfo nas eleccións ==
A Campaña política ten tres principais contendentes: [[Irene Sáez Conde]], [[Henrique Salas Römer]] e Hugo Chávez Frías, que está apoiado polo denominado "[[Polo Patriótico]]", conformado polo Movemento Quinta República (MVR), Movemento ó Socialismo (MAS),[[Partido Comunista de Venezuela]] ([[PCV]]), [[Patria Para Todos]] ([[PPT]]) e outras catro organizacións menores. O candidato do outrora moi forte partido, [[Acción Democrática]], [[Alfaro Ucero]], non logrou sequera sobrepasar o 2% nas intencións de voto. Practicamente toda a esquerda venezolana se aliñara con Chávez. Irene Sáez estaba apoiada por COPEI e Salas Römer por dous novos partidos "[[Proyecto Venezuela]]" e "[[Primero Justicia]]". Xa a mediados de 1998 Hugo Chávez era o primeiro en tódalas enquisas. O 8 de novembro tiveron lugar as eleccións lexislativas. O MVR obtén 49 dos 189 escanos da [[Cámara de Deputados]] e o 21,3% dos votos (Case igual que os obtidos por Acción Democrática). Demostrábase que era a segunda forza política do país. Ante estes resultados, COPEI retira o seu apoio a Irene Sáez e Acción Democrática retírallo a Alfaro Ucero. Ambos partidos deciden apoiar a Henrique Salas Römer, autodenominándose [[Polo Democrático]]. O 6 de decembro Chávez obtén cos votos o que non puidera coas armas: É elixido Presidente de Venezuela co 56,5% dos votos. (Ver: [[Elección presidencial de Venezuela (1998)|eleccións presidenciais de 1998]]). Neste ano Chávez casa con [[Marisabel Rodríguez]], nai da súa última filla, Rosinés.
 
Chávez gaña as eleccións coa promesa de cambiar a [[constitución]] vixente (1961<ref>Analítica: ''Constitución de 1961'' ([http://www.analitica.com/bitblioteca/congreso_venezuela/constitucion1961.asp Versión dixital])</ref>) por medio dun proceso Constituínte<ref>A nova dinámica de poder en Venezuela: O MVR, Hugo Chávez e o proceso Constituínte (1999), [[Universidade do Zulia]]. ([http://clio.rediris.es/articulos/poder_venezuela.htm Versión dixital]).</ref>.
Liña 75:
 
=== O primeiro período presidencial (Febreiro 1999-Agosto 2000) ===
Chávez asume o poder o 2 de febreiro de 1999. (O 17 de xaneiro dese ano visitara novamente Cuba). Xurou sobre a Constitución de 1961 ("...juro sobre esta moribunda constitución..."). Despois do acto no Capitolio Federal, dirixiuse ó Pazo de Miraflores acompañado por un grupo de simpatizantes. Desde alí decretou a activación do "Poder Constituínte". O 25 de abril tivo lugar un Referendo. O 92% dos votantes estiveron de acordo con convocar unha Asemblea Constituínte. O 23 de maio inicia o seu programa televisivo "Aló Presidente". O 25 de xullo teñen lugar as eleccións para os integrantes da Asemblea Nacional Constituínte. O Polo patriótico obtivo 121 escanos. A oposición só obtivo 7. O 3 de agosto, dita Asemblea inicia as súas sesións. Entre os seus integrantes encóntrase a súa esposa, Marisabel Rodríguez. O 20 de novembro a Asemblea termina o proxecto de Constitución. {{VT|Constitución de Venezuela de 1999}}. O 15 de decembro realízase un referendo. O 70% dos votantes aproba a nova Constitución.
 
En xullo de 2000, xa cunha nova Constitución, hai eleccións para "relexitimar tódolos poderes". Chávez gaña co 59,76% dos votos. En agosto visita varios países da [[OPEP]]. Entrevístase con [[Saddam Hussein]] en [[Bagdad]].
Liña 85:
 
== O segundo período presidencial (agosto 2000-xaneiro 2007) ==
En setembro ten lugar en Caracas o Segundo Cumio da OPEP. A finais de outubro recibe na capital a Fidel Castro, presidente de Cuba. A principios de 2001 realiza unha xira por varios países asiáticos. O 30 de maio asiste en [[Indonesia]] a unha reunión do Grupo dos Quince (G-15).
 
=== A Lei Habilitante. A primeira desavinza cos Estados Unidos e o Primeiro Paro ===
O Congreso aproba un Decreto Habilitante que lle dá poderes especiais ó presidente para aprobar un conxunto de leis, incluíndo a Lei de Terras (que impulsa unha [[Reforma agraria]]), unha nova Lei de Hidrocarburos e a Lei de Pesca.
 
Se ben son aprobadas unhas 49 leis, a oposición dirixida principalmente pola patronal máis importante do país (Fedecámaras) e a [[Confederación de Trabajadores de Venezuela]] ([[CTV]]), concéntranse en loitar contra as tres leis antes mencionadas.
 
En novembro, na cadea nacional de Radio e Televisión, amosou unhas fotos de nenos afgáns, vítimas dos bombardeos de Estados Unidos nese país e exclamou: "No se puede combater el terror con más terror". O Departamento de Estado rexeitou estas declaracións e chamou á súa embaixadora en Caracas.
 
O 10 de decembro, mentres daba un discurso na Base Aérea Francisco de Miranda, máis coñecida como La Carlota, no leste de Caracas, varias persoas manifestáronse en contra das súas políticas. Fedecámaras e a CTV chamaron a un primeiro [[Folga xeral|paro nacional]].
 
Se ben o paro foi cualificado como exitoso, a oposición non logrou o seu obxectivo de facer retroceder ó goberno co paquete de leis habilitantes. A polarización no país comezou a gañar forza e a maioría dos medios de comunicación comezaron a asumir unha posición netamente anti-goberno.
 
=== Derrocamento temporal de Hugo Chávez ===
Liña 104:
A polarización continuou en 2002. En xaneiro renuncia Luis Miquilena, Ministro do Interior. O 7 de febreiro, un coronel de aviación intervén nun foro televisado e pide a renuncia de Chávez (a intención dos golpistas era manter a Hugo Chávez en Venezuela). Pouco despois fano os oficiais Pedro José Flores, Carlos Molina Tamayo, Alberto Pogglioli e Guaicaipuro Lameda. O 5 de marzo Fedecámaras, CTV, a Universidade Católica Andrés Bello e a cúpula da Igrexa Católica asinan un pacto contra Chávez. Seguen as desercións nas Forzas Armadas.
 
O 7 de abril o presidente Chávez anuncia por televisión o despido de altos xerentes da empresa PDVSA. As protestas nas rúas intensificáronse. O 9 de abril a CTV e Fedecámaras anuncian o paro xeral de vinte e catro horas para apoiar ós xerentes de PDVSA. A oposición convocou o 11 de abril a unha marcha que reuniu a centos de miles de persoas, que orixinalmente ía destinada e autorizada ata a sede de PDVSA situada en Chuao <ref>[http://buscador.eluniversal.com/2002/12/01/apo_art_01106EE.shtml (fonte: Diario El Universal)] </ref>, pero os ánimos se caldearon e foi desviada cara ó Pazo de Miraflores, onde había multitude de simpatizantes de Hugo Chávez, buscando este desvío entrar nunha confrontación directa. Ó chegar ó centro da cidade, as protestas convertéronse en violentos disturbios e enfrontamentos entre os opositores, os partidarios do goberno e a intervención da Garda Nacional e a Policía Metropolitana de Caracas.
 
Durante os feitos, Chávez encontrábase no Pazo de Miraflores, desde onde se dirixiu ó país en Cadena nacional e solicitou ás Forzas Armadas a activación do chamado [[Plan Ávila]], un plan especial das Forzas Armadas venezolanas cando hai unha conmoción interna que ameaza a estabilidade e seguridade nacional. Mentres tanto, as estacións de televisión privadas dividiron as pantallas. Nun lado víase a Chávez e no outro escenas dos disturbios que ocorrían no centro de Caracas. O goberno, ante isto, respondeu mandando a sacar do aire a ditos canles{{cómpre referencia}}, pero estes, cun plan alternativo, lograron, cinco minutos despois, seguir transmitindo cunha imaxe de menor calidade. Os feridos e mortos comezaron a sucederse sobre as 13:30, existindo francotiradores que disparaban ós manifestantes. Terminando a tarde, as televisións transmitiron unha mensaxe previamente gravada dun grupo de almirantes e xenerais que negaban ó goberno de Hugo Chávez. Pouco despois, Venevisión transmite imaxes dun grupo de afectos ó goberno que disparan desde a ponte Llaguno cara o sur. As canles nunca amosan a quen lles disparaban, dicindo que os partidarios de Hugo Chávez eran os que disparaban á multitude, cando existen imaxes que amosan que a rúa debaixo da ponte estaba absolutamente baleira e os chavistas estaban disparando ós francotiradores<ref>[http://video.google.es/videoplay?docid=-7909142222855052928&q=la+revolucion+no+sera+televisada&ei=qqtjSIiNIo7migLu96nyAw&hl=es La revolución nos erá transmitida, minuto 33 e 30 segundos.]</ref>.
Liña 114:
A iso das 12 da noite, o Xeneral Lucas Rincón Romero, Ministro de Defensa, dirixiuse ó país por televisión e expresou que ó presidente "se le solicitó la renuncia, la cual aceptó", aínda que en realidade nunca renunciou, segundo testemuñas da reunión<ref>[http://video.google.es/videoplay?docid=-7909142222855052928&q=la+revolucion+no+sera+televisada&ei=qqtjSIiNIo7migLu96nyAw&hl=es La revolución no será transmitida, 39' 20''.]</ref>. Na madrugada do 12 de abril, Chávez accedeu a entregarse, abandonou Miraflores e foi transportado inicialmente á base militar localizada en Fuerte Tiuna, Caracas. As imaxes do ocorrido ese día dentro do pazo presidencial foron captadas polas cineastas Kim Bartley e Donnacha O'Brien no documental "[[La revolución no será televisada]]".
 
Na tarde do 12 de abril foi xuramentado [[Pedro Carmona]], presidente de Fedecámaras, como presidente interino. Acto seguido emitiu un decreto que derrogou as leis habilitantes, disolveu o Parlamento, o [[Tribunal Supremo de Justicia (Venezuela)|Tribunal Supremo de Xustiza]], a Fiscalía, a Defensoría do Pobo e se deu a si mesmo poderes por encima da Constitución, o que causou unha grande indignación entre os partidarios do Presidente Chávez e nalgúns sectores moderados da oposición e terminou por restarlle apoio internacional. Entre os países que apoiaron tacitamente o Golpe cóntanse [[España]] (gobernada por [[José María Aznar]]), [[Chile]], [[Colombia]], e [[Estados Unidos de América]]. O sábado 13 de abril, desde a mañá, moitos seguidores de Chávez comezaron a manifestarse en Caracas. A autoestrada que enlaza a capital co oriente foi pechada polos manifestantes, ó igual que a autoestrada que comunica Caracas con La Guaira (onde están o principal porto e o principal aeroporto do país). Comezaron protestas en todo o país. As canles de televisión limitáronse a transmitir películas importadas e deseños animados. Os venezolanos, xa na tarde dese sábado, comezaron a decatarse do que sucedía grazas á canle CNN que chega a Venezuela por cable e satélite. Os captores de Chávez trasládano a unha base naval en Turiamo, onde escribe unha nota dirixida ós venezolanos expresando: "no he renunciado al poder legítimo que el pueblo me dio". Un soldado logra sacar a nota das instalacións e a envía por fax ós medios de comunicación. Daquí, Chávez é trasladado á illa de [[Isla La Orchila|La Orchila]] coa intención, ó parecer, de sacalo do país.
 
Na noite dese día partidarios de Chávez logran tomar Venezolana de Televisión e comezan a transmitir. A estación, ó parecer por presións e ameazas dos opositores, entre eles o mesmo gobernador do estado Miranda, Enrique Mendoza, fora abandonada polos seus traballadores a noite do 11. Un importante batallón asentado en Maracay, baixo o mando de Raúl Isaías Baduel, declara a súa adhesión a Chávez e activan o que chamaron a [[Operación de Rescate de la Dignidad Nacional]]. Os partidarios de Chávez toman o Pazo de Miraflores, abandonado polos golpistas a primeiras horas da tarde. O Presidente do Congreso toma xuramento ó vicepresidente, Diosdado Cabello, como presidente provisional. Horas máis tarde, na madrugada do 14 de abril, un comando libera a Chávez en La Orchila e o traslada a Caracas por vía aérea. Diosdado Cabello transfírelle o mando. Chávez diríxese á nación, amosando un crucifixo e chamando á calma.
 
Logo do golpe, os altos xerentes despedidos de PDVSA foron reincorporados, pero o malestar continuaba.
Liña 127:
=== O paro de decembro de 2002 ===
{{Artigo principal|Paro petrolero de 2002-2003}}
 
 
Por diversas razóns, semanas despois reiniciáronse as protestas opositoras. A mediados de ano, un grupo de 14 militares activos de alto rango e retirados que estiveran implicados no golpe de abril pronunciáronse en contra do goberno na [[Praza Francia (Caracas)|Praza Altamira]], declarándose en desobediencia. Día a día, máis militares fóronse unindo á protesta ata chegar a uns 120 oficiais; o goberno decidiu non reprimir nin sufocar a protesta militar, pero os medios privados dábanlle unha cobertura total e foi amplamente apoiada por miles de simpatizantes, políticos da oposición e celebridades da farándula.
Liña 133 ⟶ 132:
O 2 de decembro de 2002, días despois da creación dunha mesa de diálogo e acordos patrocinada pola [[OEA]] e o [[Centro Carter]], na que sectores do goberno e a oposición se sentaron para intentar reconciliarse, comezou un novo paro xeral convocado polos sindicatos opostos ó goberno, Fedecámaras, o grupo "Xente do Petróleo", conformado pola elite de PDVSA e os medios de comunicación, co apoio da cúpula da Igrexa católica e de diversos partidos políticos tradicionalistas, tanto de dereita como de esquerda (como o [[Movemento ó Socialismo (Venezuela)|MAS]], [[Partido Bandera Roja|Bandera Roja]]) "Primero Justicia", Acción Democrática e COPEI, aglutinados no que chamaron [[Coordinadora Democrática]].
 
A súa duración inicialmente era de 24 horas, pero prorrogouse ata converterse nunha folga indefinida. A petición central dos folguistas era a renuncia do Presidente, ou a realización dun referendo consultivo sobre a continuidade de Chávez. Chávez non renunciou, e o paro mantívose durante 62 días.
 
Dito paro tivo características atípicas: tódalas televisións privadas de alcance nacional e os periódicos máis importantes déronlle apoio irrestricto. Os primeiros suspendendo toda a súa programación de entretemento e os anuncios comerciais para dar paso a programación política e informativa durante 18 ou 20 horas ó día, recoñecendo a súa dirección en contra do goberno varias veces. Os periódicos fixeron o propio. A canle oficial, [[Venezolana de Televisión]], tamén participou nesta guerra mediática parcializándose completamente a favor do goberno, desta forma a polarización acentuouse moito máis e os medios de comunicación imparciais practicamente desapareceron. O goberno tamén apoiou a creación de periódicos, emisoras de radio, televisións e sitios web de carácter alternativo, que son consideradas pola oposición como focos de propaganda guvernamental, pero que o goberno defende como espacios de expresión para quenes eran censurados polas emisoras privadas.
Liña 145 ⟶ 144:
As marchas entre simpatizantes do goberno e oposición sucedíanse a diario, congregadas especialmente en Caracas, atrincherándose 24 horas ó día en sitios claves que consideraban cadanseu "bastión": a oposición aglomerábase en torno á Praza Altamira e a sede de PDVSA en Chuao (ámbalas dúas no leste de Caracas), mentres que os chavistas se concentraban en torno ó Pazo de Miraflores, a [[praza Bolívar]] e a sede principal de PDVSA na Campiña (no centro da capital). A oposición, ademais, realizaba "cacerolaz]s" (golpear olas) tódalas noites naquelas urbanizacións de clase media e alta onde a oposición era maioritaria, realizadas polos veciños pedindo a dimisión do goberno. Nalgúns casos, realizaron marchas durante o día forzando a pechar aqueles negocios e tendas que abrían nas súas urbanizacións, ou fronte ás casas de funcionarios e simpatizantes do goberno.
 
Por iniciativa do novo presidente brasileiro, [[Luiz Inácio Lula da Silva|Lula Da Silva]], conformouse un grupo de "países amigos de Venezuela", entre os que se encontraban [[Brasil]], [[Chile]], [[México]], [[España]], [[Portugal]], [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]], (ata ese momento, Chávez levábase mal cos presidentes de todos estos países, agás Brasil) e algunhas personalidades estadounidenses, como o ex-presidente [[Jimmy Carter]].
 
O goberno chamou a ex-empregados de PDVSA e a técnicos de Universidades e das Forzas Armadas co obxecto de que fixeran funcionar novamente a empresa petroleira. A finais de decembro este obxectivo estaba practicamente logrado, o que foi un duro golpe para os propulsores do paro, que se foi debilitando co paso dos días. A mediados de xaneiro de 2003, o goberno logrou recuperar o control total de PDVSA. O Estado decidiu despedir a 15.000 empregados. Os empresarios, pola súa conta, comezaron a abrir os seus negocios e locais comerciais, desobedecendo ás federacións que os agrupaban.
Liña 183 ⟶ 182:
|}
 
Entre abril e maio fíxose a recolección de sinaturas. O 3 de xuño de 2004, o Consello Nacional Electoral anunciou que o mínimo de firmas necesarias fora recolectado e quedaba activado o Referéndum. Chávez dirixiuse ó país en cadena nacional e expresou máis ou menos: "Hasta ahora han jugado ustedes, ahora me toca jugar a mi... Nos vemos en Santa Inés". E con isto comezou a campaña para gañar o Referendum, sendo a data fixada para o 15 de agosto. Para sacalo do goberno, a oposición debía obter máis de 3,7 millóns de votos, número que obtivera Chávez na súa reelección do ano 2000; pero tamén, para lograr iso, os votos a favor do Presidente debían ser menores ca esa cantidade.
 
Feita o reconto de votos, concluíuse que o 40,64% (3&nbsp;989&nbsp;008) estaba en contra do Presidente, pero o 59,06% (5&nbsp;800&nbsp;629 persoas) estaba a favor. Deste modo Chávez non foi revocado. A oposición denunciou fraude, desligándose da OEA e do Centro Carter, que avalaron estes resultados. Como consecuencia, a Coordinadora Democrática disolveuse, ó igual que "Gente del Petróleo" e foi un duro golpe para a ONG "Súmate".
 
=== Eleccións rexionais de 2004 ===
O fenómeno do chavismo extendérase tamén ás eleccións rexionais. Os resultados das eleccións para gobernadores e alcaldes de outubro de 2004 favoreceron ós partidos chavistas: 22 dos 24 estados quedaron en mans de gobernadores do partido MVR. Só os estados [[Zulia]] e [[Nueva Esparta]] quedaron en mans da oposición. Así mesmo, o chavismo fíxose co 90% das Alcaldías.
 
=== Expropiación de latifundios ===
Liña 289 ⟶ 288:
 
=== Os programas sociais ===
Hugo Chávez implantou unha política moi activa de programas sociais, chamados desde 2003 "misións", sendo as máis publicitadas as educativas, [[Misión Robinson]]: ensinar a ler e escribir nos barrios populares, baseado en métodos venezolano-cubanos; [[Misión Ribas]]: para facilitar os estudios primarios; [[Misión Sucre]]: para os estudios secundarios e universitarios. Programa médico-asistencial: Barrio Adentro. De capacitación integral: Misión Vuelvan Caras. Alimentario: Misión Mercal.
 
Ademais das misións, rebaixouse o imposto sobre o valor engadido ([[IVE]]), equiparouse a [[pensión mínima]] co [[salario mínimo]], prohibiuse a [[privatización]] das pensións, duplicacouse o presuposto de sanidade, fundáronse as [[Escolas Bolivarianas]], que asumen o almorzo, comida e merenda dos nenos e nenas asistentes, fundouse o Banco da Muller, aumentouse a organización e asistencia a cooperativas agropecuarias, e se creou unha moratoria de 10 anos para evitar o desaloxo das persoas que viven en terreos ilegais a nivel urbano.
Liña 319 ⟶ 318:
En novembro de 2005 Chávez tivo desencontros diplomáticos co presidente de México, [[Vicente Fox]], por diferencias sobre o [[ALCA]] na [[IV Cumbre das Américas]]. O presidente venezolano declarou: «Dá tristeza que un pobo heroico como o de México teña un Presidente que se axeonlle ante o Imperio e cumpra o papel triste, que foi a cumprir á Cumbre das Américas». Despois chamou ó presidente Fox «cachorro do Imperio». Tras esas declaracións subidas de ton, o Goberno mexicano retirou ó seu embaixador esperando unha desculpa formal por parte do Goberno venezolano. Ante esa acción Chávez tomou a decisión de conxelar as relacións mexicano-venezolanas, limitándoas ó nivel de encargados de negocios.
 
Durante a campaña electoral mexicana de 2006, o [[Partido Acción Nacional de México|Partido Acción Nacional]], o instituto político ó que pertence Vicente Fox, difundiu por televisión as declaracións de Chávez sobre o presidente mexicano onde o acusaba de intolerante e trataba de vinculalo co esquerdista [[Andrés Manuel López Obrador]].
 
Tralas eleccións de 2006, onde López Obrador denunciou fraude, Hugo Chávez dixo nunha alocución que non recoñecía ó novo Goberno e que estaba por estudar a situación, unhas declaracións que recibiron resposta desde México.
Liña 330 ⟶ 329:
Entre xaneiro e marzo de 2006 emitiu constantemente expresións de apoio ó candidato [[Ollanta Humala]] nas [[eleccións xerais de Perú (2006)|eleccións xerais peruanas]], o que foi considerado pola opinión pública peruana como intromisión nos asuntos políticos de Perú, xa que ó mesmo tempo atacaba a [[Lourdes Flores]] na primeira volta e a [[Alan García]] na segunda.
 
O 29 de abril de 2006 Perú decidiu retirar ó seu embaixador en Venezuela polos insultos que Chávez adicou ó presidente [[Alejandro Toledo]] e ó candidato á presidencia Alan García, en medio dun fogo cruzado de declaracións punzantes. García chamou a Chávez «desvergoñado» por criticar as sinaturas do TLC con Estados Unidos por parte de Colombia e Perú, referíndose tanto a el como ó presidente [[Bolivia|bolivianobolivia]]no [[Evo Morales]] como «rapaces malcriados». Hugo Chávez expresou que o candidato peruano Alan García era un «canalla, tahúr e ladrón» (o goberno de García entre 1985 e 1990 caracterizouse por violacións dos dereitos humanos e crise económica. García foi acusado de corrupción, pero por razóns técnicas as acusacións prescribiron). Ademais agregou que tanto el como o presidente Toledo, son «caimáns do mesmo pozo». Chávez agregou en cadena de radio e televisión durante un acto nun teatro capitalino: «Se por obra do demo o señor García chega a ser elixido presidente do Perú, vou retirar ó meu embaixador do Perú porque cun presidente así Venezuela non vai ter relacións co Perú».
 
Nos primeiros días de maio de 2006 o goberno de Hugo Chavez retirou ó seu embaixador de [[Lima]], co que as relacións diplomáticas entre ambos países quedaron suspendidas.
Liña 341 ⟶ 340:
Desde a chegada de Chávez ó poder, o Movimiento V República pasou por diversas transformacións, que inclúen o abandono ou a incorporación de integrantes notables, así como tamén o apoio ou a oposición de diferentes partidos políticos.
 
Despois de que o presidente Chávez aprobara a Lei de Terras e Hidrocarburos por decreto emitido en 2001, algúns dos partidos aliados pasáronse á oposición. O primeiro en facelo foi o MAS (Movemento ó Socialismo), tralo que ocorreu unha fractura nese partido, da que xurdiu "Podemos" (Movemento Pola Democracia Social), conformado por ex-masistas que apoian ó presidente venezolano.
 
Despois, algúns membros do propio partido de Chávez, [[MVR]], como [[Luis Miquilena]], pasáronse á oposición nunha nova agrupación chamada "Solidaridad". Chávez tamén tivo problemas co partido [[Patria Para Todos|PPT]] (Patria Para Todos): no 2000 retiráronlle o apoio por problemas na selección de candidatos ó parlamento e cargos rexionais. O propio PPT decidiu volver a Chávez despois de negociar novos termos.
 
Con anterioridade a todas estas escisións, [[Francisco Arias Cárdenas]], un dos máis antigos amigos de Chávez (que tamén participara no intento de golpe de 1992), retiroulle o seu respaldo, postulándose como candidato á presidencia nas eleccións de 2000 logo de constituír o seu partido "Unión". Arias Cárdenas perdeu as eleccións, pero seguiu activo na oposición ata 2005, cando volveu a apoiar ó goberno nas eleccións parlamentarias.
 
Nese mesmo ano, [[Manuel Manuit]], seguidor de Chávez e gobernador do estado Guárico, foi acusado por dirixentes do MVR de estar tras presuntas violacións dos dereitos humanos cometidas por un corpo de elite da policía da gobernación contra unhas 200 persoas. Os informes foron vetados e a Fiscalía investiga. Porén, hai profundas discrepancias no chavismo en torno a este tema, malia que o día 5 de maio de 2005 un grupo de deputados chavistas, encabezado por [[Raúl Esté]], fixo denuncias na Asemblea Nacional contra o Gobernador Manuit, por corrupción, narcotráfico e axustizamentos —con máis de 160 asasinados con ‘tiros de gracia’ na cabeza, só no mes de novembro do ano anterior.
Liña 388 ⟶ 387:
* [http://www.lapatriagrande.net/01_venezuela/elecciones_2006/hugo_chavez_frias.htm Hugo Chávez en "La Patria Grande de Caracas"]
 
{{ORDENAR:Chavez, Hugo}}
{{Control de autoridades}}
 
{{ORDENAR:Chavez, Hugo}}
[[Categoría:Presidentes de Venezuela]]
[[Categoría:Militares de Venezuela]]