Kenya: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
m →‎Etimoloxía: extinto (DRAG)
m Arranxos varios using AWB
Liña 57:
A rexión dos [[Grandes Lagos Africanos]], da cal forma parte Kenya, foi habitada polo ser humano dende o [[Paleolítico inferior]]. Arredor do primeiro milenio da nosa era, a [[expansión bantú]] chegou até a zona dende [[África Occidental]] e Central. As fronteiras do estado moderno comprenden a encrucillada das áreas [[Linguas níxero-congolesas|nixero-congolesas]], [[Linguas nilo-saharianas|nilo-saharianas]] e [[Linguas afroasiáticas|afroasiáticas]] do continente, representando a maioría de grupos etnolingüísticos que hai en África. As poboacións [[bantú]] e [[nilótico]]s constitúen xuntas arredor do 97% dos habitantes do país.<ref name="Asongumarr">{{cita libro|autor=Asongu, J. J. and Marr, Marvee |título=Doing Business Abroad: A Handbook for Expatriates|ano=2007|editor=Greenview Publishing Co.|isbn=0979797632|páxinas=12 & 112}}</ref> A presenza árabe e europea en [[Mombasa]] data de comezos da [[Idade Moderna]], e a exploración europea do interior de África comezou no século XIX. O [[Imperio Británico]] estabeleceu o protectorado da [[África Oriental Británica]] en 1895, que en 1920 deu paso á [[Kenya Británica|Colonia de Kenya]]. Kenya obtivo a independencia en decembro de 1963. Segundo o referendo de agosto de 2010 e a adopción dunha nova [[Constitución de Kenya|constitución]], Kenya está dividida en 47 [[Condados de Kenya|condados]] semi-autónomos gobernados por gobernadores electos.
 
A capital, Nairobi, é o centro rexional do comercio. A [[economía de Kenya]] é a maior de África Oriental e Central.<ref>[http://www.imf.org/external/pubs/ft/weo/2011/01/weodata/weorept.aspx?pr.x=52&pr.y=2&sy=2008&ey=2011&scsm=1&ssd=1&sort=country&ds=.&br=1&c=644&s=NGDPD%2CNGDPDPC%2CPPPGDP%2CPPPPC%2CLP&grp=0&a= Ethiopia GDP purchasing power 2010: 86 billion]. Imf.org. 14 de setembro de 2006.</ref><ref>[http://www.imf.org/external/pubs/ft/weo/2011/01/weodata/weorept.aspx?sy=2008&ey=2011&scsm=1&ssd=1&sort=country&ds=.&br=1&c=664&s=NGDPD%2CNGDPDPC%2CPPPGDP%2CPPPPC%2CLP&grp=0&a=&pr.x=69&pr.y=14 Kenya GDP purchasing power 2010: 66 B llion]. Imf.org. 14 de setembro de 2006.</ref> A agricultura é a principal actividade económica, e o país exporta tradicionalmente té e café, e máis recentemente, flores frescas cara a Europa. O [[sector terciario]] tamén é un importante aspecto da súa economía.
 
== Etimoloxía ==
Liña 73:
Kenya atópase situada no leste de [[África]], nas costas do [[Océano Índico|Índico]]. Limita ao norte con [[Sudán]] e [[Etiopía]], ao nordeste con [[Somalia]], ao oeste con [[Uganda]], ao sur con [[Tanzania]] e ao leste co [[océano Índico]].
A superficie total de Kenya é de 582.650 &nbsp;km², e conta con 536 &nbsp;km de costa no Océano Índico. O clima varia do tropical na zona costeira ao árido no interior.
 
O [[Monte Kenya]], que da nome ao país, encóntrase no centro do territorio, ao norte de Nairobi, é o cume máis alto do estado e o segundo de África, tralo [[Kilimanjaro]]. Este último está tamén parcialmente en Kenya, mais a súa cima máis elevada emprázase na súa totalidade o territorio de Tanzania.
Liña 79:
== Economía ==
Véxase: ''[[Economía de Kenya]].''
 
 
== Notas ==