Arbusto: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}
m Arranxos varios using AWB
Liña 3:
Un '''arbusto''' é un [[vexetal]] leñosos de mediano porte, entre as [[herbácea]]s e os [[árbore]]s; é un termo difícil de describir e algunhas especies consideradas arbustos poden acadar tamaño de árbores en boas circunstancias.
 
A diferenza das [[árbore]]s, que só teñen un só [[Talo|talo ou toro]], considérase que os arbustos ramifican dende o chan, tendo polo tanto varios talos. Os arbustos poden ser miúdos, incluso de tamaños inferiores a moitas herbáceas, tamén son chamados neste caso '''gamallos'''<ref>http://www.realacademiagalega.org/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=gamallo</ref> (como é o caso das [[Erica|urces]]); outros poden acadar varios metros de altura, sendo considerados ás veces arboriñas (é o caso da [[abeleira]]).
 
Non todas as plantas lígneas ramificadas dende a base son consideradas arbustos; por exemplo, o [[Tomiño (planta)|tomiño]] (xénero ''[[Thymus]]'') ou o [[cantroxo]] (xénero ''[[Lavandula]]'') son matos leñosos ou, como tamén se di, '''subarbustos'''. Termos coma ''árbore'', ''arbusto'' ou ''gamallo/mato'' describen [[Biotipo (botánica)|biotipos]] na lingua común e son máis ou menos equivalentes doutros técnicos; os equivalentes botánicos para este concepto son os termos [[caméfito]], [[nanofanerófito]] e [[microfanerófito]].
Liña 12:
 
== Matogueira ==
O bioma ou ecosistema con predominio de arbustos chámase '''[[matogueira]]'''. Outros termos son breña, coucheira, fraguiza, matagueira , mato ou vedramio<ref>http://www.realacademiagalega.org/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=matogueira</ref>. Normalmente considéranse [[maleza]].
 
== Usos ==