Dublín: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Arranxos varios using AWB
Liña 34:
Dublín toma o seu nome do [[gaélico]] ''Dubh linn'', que significa "estanque escuro"<ref>Charnock (1859) p. 90</ref>, en referencia ao punto onde o río [[Liffey]] se xunta co río Poddle no estancamento deste último no actual [[Wellington Quay]]. O estanque mantívose ata principios de [[1700]], mais a expansión da cidade tivo como consecuencia a súa drenaxe, e a canalización e soterramento do río Liffey, na actualidade o lugar do antigo estanque está ocupado polos [[Dubh Linn Gardens]], tralo [[Castelo de Dublín]], mentres que o curso baixo do Poddle discorre ata o río Liffey por unha canalización subterránea. Historicamente, na [[caligrafía irlandesa]], ''bh'' escribíase cun punto sobre o ''b'', como ''Duḃ Linn'' ou ''Duḃlinn'', mais os [[normandos]] de fala [[lingua francesa|francesa]] omitiron o ''punto'' e deletrearon o nome como ''Develyn'' ou Dublín.
 
O seu nome en irlandés é Baile Átha Cliath, que significa "poboación do vao de canizo" e que ten a súa orixe nun antigo [[Vao (pasaxe)|vao]] composto con paneis de caña e vimbio entrelazados (''Áth Cliath'') que cruzaba o río Liffey nun lugar próximo á actual [[Estación de Heuston|estación de ferrocarrís de Heuston]]. A voz irlandesa ''cliath'' tradúcese con frecuencia como "valo". Porén, a tradución como "canizo" é máis axeitada: "cliath" ou "hurdle" é, en efecto, unha estrutura lixeira e movible de material vexetal entrelazado que se emprega con frecuencia para separar o gando, mais tamén para asegurar o terreo inestable ou esvaradío.<ref>MacBains, An Etymological Dictionary of the Gaelic Language [http://www.ceantar.org/Dicts/MB2/mb09.html MacBains, An Etymological Dictionary of the Gaelic Language]</ref><ref>MA New Scottish Gaelic / English Bidirectional Dictionary Incorporating Dwelly [http://www.ceantar.org/Dicts/MB2/index.html]</ref><ref>[http://www.iall.org/iall2000/dublin_guide.html Dublin (Baile Átha Cliath): A Brief Guide [http://www.iall.org/iall2000/dublin_guide.html]</ref><ref> Enciclopaedia Britannica 1911: Hurdle [http://www.1911encyclopedia.org/Hurdle Enciclopaedia Britannica 1911: Hurdle]</ref> O nome da cidade foi escrito deste xeito dende [[1368]], data na que foi documentado nos [[Anais do Ulster]].<ref>Clarke (1990) citando a John Ryan e o seu libro ''Pre-Norman Dublin'' de 1949, p. 64.</ref> ''Áth Cliath'' é o nome dun lugar que se refire a un punto de vao do río Liffey nas inmediacións da estación de Heuston, posteriormente aplicouse o nome a un [[mosteiro]] cristián que se cre estivo situado na zona da rúa Aungier, actualmente ocupado pola igrexa carmelita da rúa Whitefriar. Debido á súa lonxitude, o nome irlandés de Dublín adoita abreviarse como BÁC.
 
== Historia ==
Liña 73:
[[Irlanda]] transformouse nos últimos trinta anos dun [[país]] predominantemente agrícola a unha economía industrial vibrante. Dublín é hoxe en día unha moderna [[capital]] europea que presume dunha poboación nova e ben preparada, atractiva para moitos [[investimentos]] estranxeiros. A [[Igrexa Católica Romana|igrexa]] e o [[goberno]] veñen distanciándose cada vez máis como evidencia o resultado do referendo de [[1995]] a favor do divorcio, e a flexibilización das leis relativas á [[homosexualidade]] ou ó [[aborto]].
 
As iniciativas gobernamentais para estableceren o ''International Financial Services Centre'' ("Centro de servizos financeiros internacionais") no corazón da cidade tivo éxito dabondo para atraeren moitos dos maiores [[bancos]] de investimento mundiais e Dublín agora se sitúa como un importante centro financeiro. [[Irlanda]] tamén é punteira en [[tecnoloxía da información]] e [[electrónica]], e Dublín converteuse nun importante centro europeo para a produción de [[programas informáticos]]. O progreso económico dos últimos dez anos foi sorprendente, e o "tigre celta" agora ten unha renda per cápita superior á de [[Gran Bretaña]] por primeira vez na historia de [[Irlanda]]. Porén, este proceso de modernización trouxo problemas ademais de beneficios. Prosperou unha cultura da [[droga]] e do [[crime organizado]] paralelamente ó resto da [[economía]], malia a loita levada a cabo polo [[goberno]].
 
Conducir pola cidade habitualmente ten lugar a unha [[velocidade]] que está entre lenta e nula. Inda así, Dublín por fortuna conserva boa parte da calidez e grandiosidade da época xeorxiana. Para unha cidade cunha poboación de case un millón de habitantes, permanece compacta e encantadora, e os lugares de interese están a unha distancia dabondo como para dar un paseo. Este factor, xunto coa súa rica tradición literaria e a reputación de exuberancia moza e de amistosa benvida, converteuna nun dos destinos turísticos favoritos en todo o [[Terra|mundo]].
Liña 211:
 
== Clima ==
Dublin posúe un clima temperado marítimo, caracterizado por [[inverno]]s suaves e [[verán]]s frescos, sen temperaturas extremas. Con todo, contrariamente á crenza popular, Dublin non ten unha pluviosidade moderada, recibindo a metade das precipitacións que se recollen no Oeste de [[Irlanda]]. A capital irlandesa ten menos días de choiva de media que [[Londres]]. As temperaturas máximas oscilan entre os 7.6&nbsp;°C de media en [[xaneiro]] e os 18.9&nbsp;°C de media en [[xullo]] e as mínimas entre os 2.5&nbsp;°C de media nos meses de [[xaneiro]] e [[febreiro]] e os 11.4&nbsp;°C de media no mes de [[xullo]]. Nos últimos anos superáronse as temperaturas medias históricas, por exemplo os 31&nbsp;°C en [[xullo]] do [[2006]], 12&nbsp;°C máis elevada que a máxima temperatura de media rexistrada historicamente. Os meses máis fríos adoitan ser [[xaneiro]], [[febreiro]] e [[marzo]], se ben o inverno do [[2009]]-[[2010]] foi o máis frío dende [[1963]], rexistrando unha temperatura mínima histórica de -12.4&nbsp;°C no Aeródromo de Casement. Os meses con máis días soleados de media son [[maio]] e [[xuño]].
 
O mes máis húmido de media é [[decembro]], co, 76 &nbsp;mm de choiva, mentres que o mes máis seco é [[febreiro]], con 50 &nbsp;mm. A precipitación total media anual (e outras formas de precipitación) é 732,7 &nbsp;mm, inferior a [[Sydney]], [[Nova York]] e mesmo [[Dallas]]. Debido a estar situada nunha latitude [[norte]], Dublín ten preto de 19 horas de luz no verán, e nove horas no inverno.Os ventos fortes achegados polas borrascas atlánticas poden afectar á capital irlandesa, mais xeralmente con menor intensidade que noutras partes de Irlanda. Os ventos mais fortes son máis frecuentes durante os meses de inverno, podéndose rexistrar en calquera momento, especialmente entre [[outubro]] e [[febreiro]]. Durante un dos últimos temporais rexistráronse ventos de ata 151 &nbsp;km/h no Aeródromo de Casement o [[24 de decembro]] de [[1997]].
 
{|class="wikitable collapsible" align="center" style="font-size:90%;width:80%;border:0px;text-align:center;line-height:120%"
Liña 330:
 
== Deporte ==
Na cidade de Dublín atópanse as sedes de tódalas federacións deportivas nacionais da [[República de Irlanda]]. No ano [[2010]] foi designada ''Capital Europea do Deporte''.
 
Na capital irlandesa atópase o terceiro estadio con maior capacidade de [[Europa]], [[Croke Park]], propiedade da [[Asociación Atlética Gaélica|GAA]] e cunha capacidade para 82.300, sendo superado unicamente polo [[Camp Nou]] de [[Barcelona]] (99.354 espectadores) e polo [[Wembley Stadium]] de [[Londres]] (90.000 espectadores). Croke Park é un estadio adicado á práctica dos deportes gaélicos, se ben excepcionalmente foi empregado para a práctica do [[rugby]] e do [[fútbol]] durante o tempo que tardou en construírse o ''novo Landsdown Road'' ou [[Aviva Stadium]] (cunha capacidade para 51.700 espectadores e que foi sede da final da [[UEFA Europa League]] no [[2011]]) en substitución do vello [[Lansdowne Road]], construído en [[1872]] e cunha capacidade para 48.000 espectadores (36.000 espectadores todos sentados). Tanto Croke Park como o Aviva Stadium teñen acollido concertos multitudinarios como os de [[U2]] (en [[2005]] e [[2009]]) no primeiro ou os de [[Michael Bublé]] no segundo os días 24 e 25 de [[Setembro]] do [[2010]].
Liña 355:
{{Portal|Irlanda}}
=== Ligazóns externas ===
*[http://www.dublincity.ie/ Páxina oficial]
 
{{Capitais UE}}