Igrexa católica: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Arranxos varios using AWB
Liña 53:
O Papa goza na Igrexa Católica dun status de xerarquía suprema, posuíndo o primado sobre todos os demais Bispos e a plenitude da potestade de réxime (como se denomina na Igrexa Católica ao poder lexislativo, executivo e xudicial), a cal pode exercer de forma universal, inmediata e suprema sobre todos e cada un dos pastores e dos fieis católicos. É posible afirmar que quen recoñece a autoridade do Bispo de Roma e a acata, e ademais acéptao como Vigario de Cristo na Terra, ese é un católico.
 
Outras partes da [[Catolicismo|Doutrina Católica]] sobresalientes e distintivas en relación ao resto dos cristiáns son a crenza na [[Dogma da Inmaculada Concepción|Inmaculada Concepción]] e na [[Dogma da Maternidade Virxinal|Maternidade Virxinal de María]], nai de [[Xesús de Nazaret|Xesús]], así como a [[Fe (relixión)|fe]] na autoridade espiritual efectiva da Igrexa para perdoar pecados e remitir as penas debidas por eles, mediante o [[Sacramento da Reconciliación]] e as [[Indulxencia|indulxenciasindulxencia]]s, a preponderancia da [[tradición]] que ten como referente aos [[Pais da Igrexa]].
 
A crenza nas [[Trindade|tres persoas de Deus]], o [[pecado orixinal]], a [[encarnación]] e [[resurrección|resurrección da carne]] e a [[Vida Eterna]] son crenzas baseadas nos dogmas definidos dos sete primeiros concilios apostólicos que son tamén a base da fe da [[Igrexa Ortodoxa]]. As [[igrexas ortodoxas orientais]] non aceptan o [[Concilio de Calcedonia]], pero teñen asinado no século XX, declaracións de fe cristolóxicas coa Igrexa Católica.
Liña 82:
 
* Os [[bispo]]s encárganse de cada diocese. Son axudados polos [[presbítero]]s e os [[diácono]]s. Ningún bispo, aínda que sexa nomeado [[cardeal (relixión)|cardeal]], ten autoridade sobre outro senón directamente do Papa.
 
* Os [[cardeal (relixión)|cardeais]]: axudan o Papa no pastoreo da Igrexa universal e na administración do [[Vaticano]] e a [[Curia Romana]]. Cando o Papa morre, elixen ao sucesor. Colectivamente forman o [[colexio cardinalicio]]. Os cardeais son elixidos persoalmente polo Papa.
 
* O Papa é electo polo [[colexio de cardeais]], reunido en [[conclave]]. Outórgaselle a [[infalibilidade papal|infalibilidade]] só a partir do [[Concilio Vaticano I]], en 1871, privilexio que aínda causa polémica. O desenvolve o seu ministerio coadxuvado por dous grupos de colaboradores: os cardeais e o concilio ecuménico.
 
* O [[concilio ecuménico]], asemblea de tódolos [[bispo]]s do mundo presidida polo [[Papa]], é convocado cando hai que tomar as decisións máis importantes, en materia de [[Fe (relixión)|fe]] ([[dogma]]s) e de [[moral]].
 
Liña 103 ⟶ 100:
 
=== Orixe ===
A fe católica e a fe cristiá en xeral están baseadas na vida, palabra e obra de [[Xesús de Nazaret]], tal e como vén contada nos [[Evanxeo|evanxeosevanxeo]]s; así como noutros textos do [[Novo Testamento]], como as epístolas paulinas, as epístolas católicas e o libro d[[o Apocalipse]].
 
Algo que diferencia á fe católica doutras doutrinas cristiás é o recoñecemento da santidade, entendida como capacidade das persoas que viviron de acordo coa lei divina para interceder entre Deus e os homes para á realización de milagres. Polo tanto, a fe católica integra os evangeos co exemplo das persoas recoñecidas oficialmente como santos e santas. (Véxase o [[santoral católico]].)
Liña 157 ⟶ 154:
 
=== Como renunciar legalmente aos lazos coa Igrexa Católica ===
Se unha persoa bautizada desexa deixar de pertencer á Igrexa Católica, debe dirixirse persoalmente a unha igrexa [[dioceses|diocesana]] e requirir unha «carta de [[apostasía|apóstata]]», onde declara oficialmente que renuncia aos seus lazos coa [[Igrexa Católica]].
 
== Distribución no mundo ==