Burkina Faso: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
m Arranxos varios using AWB
Liña 47:
'''Burkina Faso''',<ref name="RAG">{{DRAG|burkinense}}</ref><ref>{{cita libro |url=http://anl.uvigo.es/UserFiles/File/manuais/Lingua_galega._Dubidas_linguisticas.pdf |páxina=102 |isbn=84-8158-266-2 |título=Lingua galega: dúbidas lingüísticas |editorial=Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo |autores=Anaír Rodríguez Rodríguez, Montserrat Davila Ventura}}</ref> ás veces escrito '''Burquina Faso''',<ref>{{cita libro |url=http://www.udc.es/publicaciones/documentos/biblioteca/CriteriosParaUsoDaLingua.pdf |título=Criterios para o uso da lingua |editor=Servizo de Normalización Língüística, Universidade da Coruña |páxina=122 |isbn=84-9749-199-8 |autores=Goretti Sanmartín Rei ''et al''}}</ref> é un país de [[África]] occidental, no [[deserto do Sahel]], que limita ó noroeste con [[Malí]], ó noroeste con [[Níxer]] e ó sur con [[Costa de Marfil]], [[Ghana]], [[Togo]] e [[Benin]]. Antes de [[1984]] era coñecido como o [[Alto Volta]].
 
Anteriormente coñecido como [[Alto Volta]] por estar no curso alto de tres ríos que no seu momento se chamaron Volta (Mouhoun, antes o Volta negro; Nakambé, antes o Volta branco; e Nazinon, antes o Volta vermello), '''Burkina Faso''' foi renomeada en [[1984]] polo presidente [[Thomas Sankara]] para significar "a terra da xente dereita" en [[Diulá]], principal lingua materna do país. Está localizado ó oeste de [[África]] e do [[Deserto do Sahel|Sahel]]. Non ten acceso ó mar. Pertenceu a [[Francia]] ata a independencia en [[1960]].
 
A inestabilidade política durante as décadas de [[1970]] e [[1980]], foi seguida polas eleccións de [[1987]], o gañador [[Blaise Compaoré]] deu un golpe de Estado en [[1991]]. Foi reelixido nunhas eleccións amañadas en [[1998]].
 
== Historia ==
{{Artigo principal|Historia de Burkina Faso}}
 
=== Prehistoria ===
Do mesmo xeito que toda a rexión oeste de África, Burkina Faso foi poboada en épocas temperás, [[cazadores-recolectores]] establecéronse na parte noroeste do territorio uns 12000 a 5000 anos aC, ferramentas (raspadores, punzóns e puntas de frechas) destes grupos foron descubertas en [[1973]]. Existen rexistros de asentamentos de agricultores producidos entre o 3600 e 2600 aC, as trazas das estruturas atopadas dan a impresión de edificios relativamente permanentes. O estudo de restos de tumbas descubertas indica que o uso do ferro, cerámicas e pedras puídas desenvolveuse entre 1500 e 1000 anos aC, como tamén a preocupación sobre temas espirituais.
 
Atopáronse reliquias dos [[dogón]]s nas zonas central-norte, norte e noroeste. Pero este pobo abandonou a rexión cara ao 1500 aC, para asentarse nos cantís de Bandiagara.
 
No suroeste de Burkina Faso (como tamén en [[Costa do Marfil]]), atópanse restos de paredes elevadas, pero aínda non foi identificado o pobo que as construíu.
 
Durante o [[Imperio Songhai]] entre os [[Século XV|séculos XV]] e [[Século XVI|XVI]], a rexión ocupada por Burkina Faso alcanzou relevancia como centro de desenvolvemento comercial e económico.
 
=== Época colonial e independencia ===
Tras unha década de intensa competencia e rivalidade entre os británicos e franceses, abundante en expedicións de exploradores militares e civís que buscaban asinar tratados, en [[1896]], o reino Mossi de Ouagadougou foi vencido polas forzas coloniais francesas e converteuse nun protectorado francés.
 
Na zona oeste a loita contra as forzas do poderoso rei Samori Ture complicaba a situación, e a zona este puido ser ocupada polos franceses en 1897 logo de varias campañas militares. Para [[1898]], a maioría do territorio hoxe correspondente a Burkina Faso fora conquistado aínda que sexa en forma nominal, sendo precario o control de varias rexións. A convención asinada entre [[Francia]] e [[Gran Bretaña]] o [[14 de xuño]] de 1898, permitiu finalizar a disputa entre as dúas potencias coloniais, e trazar as fronteiras entre os seus territorios. Os franceses continuaron por cinco anos unha guerra de conquista contra as comunidades locais. En [[1904]] prodúcese unha gran reorganización do imperio colonial francés no oeste de África, e os territorios da conca do [[Río Volta|Volta]] na colonia de ''Alto Senegal e Níxer'' (en francés: ''Haut-Sénégal et Niger'') de África Occidental francesa. A capital da colonia era [[Bamaco]].
 
Recrutas do territorio participaron en Europa da [[Primeira Guerra Mundial]] como parte dos batallóns de [[Infantería senegalesa]] (''Tirailleurs sénégalais''). Durante 1915 e 1916 os distritos da parte oeste do territorio actual de Burkina Faso e a franxa veciña do leste de Malí foron escenario dunha moi importante resistencia armada ao goberno colonial (no que se coñeceu como a guerra de Volta-Bani). Finalmente o goberno francés logrou sufocar o levantamento, non sen antes sufrir varias derrotas e ser forzado a armar a maior forza expedicionaria na súa historia colonial para facerlles fronte. No norte en Sahelia, os Tuareg e grupos aliados da rexión de [[Dori]] tamén comezaron unha oposición armada. Ao finalizar a Primeira guerra mundial, o 1 de marzo de 1919, e ante a posibilidade de repetición dos levantamentos armados e outras consideracións económicas o goberno colonial decide separar o territorio de Burkina Faso do de Alto Senegal e Níxer coa finalidade de reforzar a súa administración. A nova colonia é chamada [[Alto Volta]] e François Charles Alexis Édouard Hesling foi o seu primeiro gobernador. Hesling comeza un ambicioso programa de construción de estradas e promove o cultivo de algodón para exportación. O plan de desenvolvemento do algodón fracasou coa consecuente caída de ingresos. A colonia foi desmantelada o [[5 de setembro]] de [[1932]], e o seu territorio dividiuse entre Costa do Marfil, Malí e Nixeria. A maior parte do territorio e da poboación incluíndo as cidades de Ouagadougou e Bobo-Dioulasso foi cedido á Costa de Marfil.
 
A decisión foi revertida durante as intensas revoltas anti-coloniais que se produciron ao finalizar a [[Segunda Guerra Mundial]] e o [[4 de setembro]] de [[1947]] o Alto Volta foi reestablecido nas fronteiras que ocupaba en [[1932]]. O [[11 de decembro]] de [[1958]], logra o auto goberno, e convértese nunha república e membro da comunidade franco-africana (A Communauté Franco-Africaine). Logra a súa independencia total en [[1960]]. En [[1966]] prodúcese o primeiro golpe militar; e o poder civil recentemente retoma o goberno en 1978.
En 1980 prodúcese un novo golpe militar liderado por [[Saye Zerbo]], quen á súa vez é derrocado en 1982. A isto segue un alzamento en 1983, que leva ao poder a [[Thomas Sankara]] un carismático capitán. En 1984 o goberno revolucionario cambiou non só o nome do país a Burkina Faso, senón que modificou a bandeira e o himno nacional. O presidente actual (2007) é [[Blaise Compaore]], quen tomou o poder en 1987 logo dun [[golpe de estado]] no cal foi asasinado o presidente [[Thomas Sankara]].
 
== Goberno e política ==
[[Ficheiro:Blaise Compaoré.jpeg|miniatura|Presidente de Burkina Faso Blaise Compaoré.]]
A constitución de [[1991]], estableceu un sistema de goberno semipresidencial cun [[parlamento]] (Assemblée) o cal pode ser disolto polo Presidente da República. No ano 2000 modificouse a [[constitución]] acurtándose a duración do período presidencial de 7 a 5 anos, o que se puxo en efecto a partir das eleccións do 2005.
O parlamento consiste de dous cámaras: a cámara baixa (l'Assemblée Nationale) e a cámara alta (a Chambre deas Représentants). Existe tamén unha Cámara constitucional, composta por dez membros, e un Consello económico e social, sendo ambos os órganos de carácter puramente consultivo.
 
Democracia multipartidaria desde [[1991]]. O presidente é [[Blaise Compaore]], que dera un [[golpe de estado]] en [[1987]] e que obtivo o 91% dos votos en [[1997]]. Os líderes da oposición están no exilio ([[2004]]).
 
== Organización político-administrativa ==
{{Artigo principal|Subdivisións de Burkina Faso}}
 
[[Ficheiro:BurkinaFaso Regions.png|dereita|350px|Rexións de Burkina Faso]]
 
Burkina Faso está dividida en trece [[Rexións de Burkina Faso|rexións]], corenta e cinco [[Provincias de Burkina Faso|provincias]] e 301 [[Departamentos de Burkina Faso|departamentos]].
 
As rexións e a súa respectiva capital entre paréntese son:
 
* [[Boucle du Mouhoun]] ([[Dédougou]])
Liña 106:
[[Ficheiro:Burkina Faso Map.jpg|dereita|miniatura|400px|Mapa de Burkina Faso]]
[[Ficheiro:Burkina Faso - Tolotama Reforestation.jpg|miniatura|360px|Reforestación en Tolotama, Burkina Faso]]
{{Artigo principal|Xeografía de Burkina Faso}}
 
Burkina Faso posúe dúas rexións principais:
* A maior parte do país está cuberta por un espazo topográfico suavemente ondulado no que afloran uns poucos outeiros illados, que son os últimos vestixios dun [[macizo]] [[precámbrico]].
 
* O suroeste do país forma un macizo de [[arenisca]], onde se atopa o [[monte Ténakourou]] (749 m) que é o pico máis elevado de Burkina Faso. O macizo atópase rodeado de paredes abruptas de ata 150 [[metro]]s de alto.
 
A altitude media é de 400 metros e a diferenza entre o punto máis elevado e o máis baixo é inferior a 600 metros, sendo deste xeito Burkina Faso un país sumamente plano.
 
=== Hidrografía ===
O nome orixinal do país (Alto Volta), orixinouse nos tres ríos que o atravesan: o [[río Mouhoun]] (antigamente chamado [[Volta Negro]]), o [[río Nakambé]] (o [[Volta Branco]]) e o [[río Nazinon]] (o [[Volta Vermello]]). O Mouhoun, xuntamente co Comoé que flúe cara ao suroeste, son os únicos ríos que posúen caudal ao longo de todo o ano.
 
Aínda que o [[río Níxer]] non atravesa Burkina Faso, a terceira parte da superficie do país atópase na súa conca de tributarios. Os seus [[afluente]]s (o Béli, o Gorouol, o Goudébo e o Dargol) son [[ríos estacionais]], e a pesar de que só posúen auga de 4 a 6 meses por ano son capaces de producir grandes inundacións.
 
Son moi frecuentes as épocas de [[seca]], especialmente no norte do país.
 
== Ecoloxía ==
Segundo a clasificación de [[World Wide Fund for Nature|WWF]], a maior parte do territorio de Burkina Faso pertence á [[ecorrexión]] denominada [[sabana sudanesa occidental]]; só o extremo norte corresponde á [[sabana de acacias do Sahel]].
 
== Economía ==
[[Ficheiro:Burkina Faso - Tarfila Farming Group.jpg|miniatura|250px|esquerda|Grupo de agricultores de Tarfila.]]
{{Artigo principal|Economía de Burkina Faso}}
Burkina Faso é un dos países máis pobres do mundo, cun ingreso bruto per capita de só 1.200 dólares anuais. Esta cifra sitúao como a 27ª nación máis pobre do mundo, xunto con outras nacións como a [[República do Congo]] e [[Taxiquistán]]. O seu alto índice de crecemento poboacional xunto coa aridez do seu chan son factores que inflúen en forma relevante no seu índice de pobreza. A [[agricultura]] representa o 32% do seu produto bruto interno e dá traballo ao 80% da súa poboación traballadora. Destácase o coidado do gando, e especialmente no sur e o suroeste o cultivo de [[sorgo]], [[Paínzo|millo miúdo]], [[millo]], [[cacahuete]], [[arroz]] e [[algodón]].
 
A falta de traballo causa unha moi alta taxa de emigración: por exemplo, hai tres millóns de persoas nativas de Burkina Faso que viven en [[Costa do Marfil]]. De acordo a información do Banco Central dos Estados do do África Occidental, estes emigrantes envían por ano varias decenas de miles de millóns de [[franco CFA|francos CFA]] a Burkina Faso. Desde que se produciu unha expulsión de inmigrantes de [[Ghana]] en 1967, esta situación provocou tensións nos países receptores de emigrantes. A crise máis recente ocorreu no [[2003]] en [[Costa do Marfil]], e deu lugar ao regreso de 300.000 emigrantes.
 
Unha gran proporción da actividade económica do país esta financiada por axuda internacional.
A [[Unión Europea]] (UE) é o principal socio comercial de Burkina Faso.
 
'''Recursos naturais''': manganeso, pedra calcaria, mármore, ouro, antimonio, cobre, níquel, bauxita, chumbo, fosfato, prata, zinc e peixe.
 
'''Produtos agropecuarios''': millo, sorgo, cana de azucre, millo, algodón, cacahuetes, pataca, sésamo, noces, gando vacún, lanar e aves de curral.
 
'''Principais industrias''': alimentos, cervexa, industria lixeira, fariñas, xabóns, algodón, lamias, motocicletas, bebidas suaves e calzado.
 
'''Principais actividades económicas e de produción''': O desenvolvemento económico de Burkina Faso viuse impedido por varios factores, entre os cales atópase o ineficiente desenvolvemento da minería, as modalidades climáticas que afectan periodicamente as súas colleitas, a débil demanda dos seus principais produtos de exportación e a caída dos prezos internacionais.
 
== Demografía ==
[[Ficheiro:BoboDioulasso-GrandMosqueN.JPG|miniatura|400px|Mesquita en Bobo-Dioulasso]]
 
No ano [[2007]], Burkina Faso conta cunha poboación de 14&nbsp;326&nbsp;000 habitantes. A esperanza de vida é de 49 anos, sendo a idade media da súa poboación de menos de 17 anos. A poboación atópase concentrada nas zonas do sur e centro do país, nalgúns casos a densidade é superior a 48 habitantes por quilómetro cadrado. A media de fillos por muller é de 6,41, unha das taxas máis altas do mundo, o cal está provocando un aumento poboacional nunca visto na historia deste pobre país, con consecuencias tanto económicas como ambientais. É relevante o impacto que produce o [[SIDA]] en canto á amortiguación da taxa de crecemento da poboación, tanto por falecementos directos, como polo aumento da taxa de mortalidade infantil e outros problemas sociais asociados ao mesmo.
 
A súa poboación presenta a seguinte composición étnica: Mossi (40%), Gurunsi, e Lobi. Profésanse as seguintes relixións: musulmáns (50%); relixións africanas tradicionais (tipicamente diversas formas de [[animismo]]) (30%) e católicos (20%). Moitos cristiáns incorporan elementos de animismo nos seus practicas relixiosas.
 
Calcúlase que viven uns 12.000 europeos no país. O idioma oficial é o francés, aínda que só unha pequena parte da poboación fálao. Tan só o 26,6% da poboación está alfabetizada.
 
== Notas ==