Ciencia política: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Castelao (conversa | contribucións)
m Arranxiño
m Arranxos varios using AWB
Liña 35:
A punta de lanza da politoloxía galega está representada por [[Ramón Máiz Suárez]], en menor medida por [[Xosé Luís Barreiro Rivas]], ou a revista Tempo Exterior<ref>[http://www.igadi.org/html/t_tempo.htm Tempo Exterior]</ref> editada polo [[IGADI]] (Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional).
 
En Galiza existe unicamente a [[Facultade de Ciencias Políticas e Sociais]] na [[Universidade de Santiago de Compostela]], onde se estuda o Grao en Ciencias Políticas e da Administración.
 
== Concepto de política ==
 
O termo política non deixa de ser un termo controvertido e contraditorio, caracterizado por múltiples significados, positivos e negativos.
 
Existen dous tipos de definición de política, Maquiavélicas, que salientan o poder e se relacionan cos aspectos negativos da política, e as Aristotélicas que se centran na lexitimidade, sendo estas as acepcións que se relacionan cos aspectos positivos da política. Todas as definicións de política parten dunha destas dúas vertentes:
Liña 51:
Vallés define a política como unha actividade, unha práctica colectiva, que realizan os membros de unha comunidade para regular os conflitos entre grupos cuxo resultado é a adopción de decisións entre grupos e a adopción de decisións que obriguen (pola forza se fose necesario) aos membros.
 
Por tanto falaremos de política sempre e cando haxa unha organización e un conflito ao que se lle busca unha solución gobernamental que atinxa a unha comunidade humana.
 
As académicas falan de tres dimensións da política, a saber, a [[política como estrutura]], [[política como proceso]] e [[política como resultado]].