Abrir o menú principal

Cambios

m
Arranxos varios using AWB
| notas = <sup>1</sup>Legalmente, o [[Reino Unido]] non ten lingua oficial, aínda que o [[lingua inglesa|inglés]] ten de facto ese papel. Por outra parte, ao asinar a [[Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minoritarias]], o gaélico e o escocés pasan a ter unha certa oficialidade.
}}
'''Escocia'''<ref>{{DRAG|escocés}}</ref><ref>{{Cita libro |título=Dicionario Galaxia de usos e dificultades da lingua galega |editor=Benigno Fernández Salgado |editorial=Editorial Galaxia |ano=2004 |isbn=9788482887524 |páxina=1289}}</ref> (en {{lang-en|Scotland}}; en {{lang-sco|Scotland}}; en {{lang-gd|Alba}}) é un país que forma parte do [[Reino Unido]].<ref name="Stats 1">{{cita web|url=http://www.ons.gov.uk/ons/guide-method/geography/beginner-s-guide/administrative/the-countries-of-the-uk/index.html|título=The Countries of the UK|publisher=[[Office for National Statistics]] |dataacceso=24 de xuño de 2012}}</ref><ref name="Country">{{cita web |url=http://www.number10.gov.uk/Page823 |title=Countries within a country |dataacceso=24 de agosto de 2008 |work=10 Downing Street |quote=The United Kingdom is made up of four countries: England, Scotland, Wales and Northern Ireland|archiveurl=https://web.archive.org/web/20100416083521/http://www.number10.gov.uk/Page823|archivedate=2010-04-16}}</ref><ref>{{cita web |url=http://www.iso.org/iso/newsletter_i-9.pdf |formato=PDF |título=ISO 3166-2 Newsletter Date: 28 November 2007 No I-9. "Changes in the list of subdivision names and code elements" (Page 11) |dataacceso=31 de maio de 2008 |work=[[International Organization for Standardization]] codes for the representation of names of countries and their subdivisions – Part 2: Country subdivision codes |quote=SCT Scotland ''country''}}</ref> É o máis setentrional dos catro [[Nación constituínte|países constituíntes]] que forman o [[Reino Unido]]. Xunto con [[Inglaterra]] e [[Gales]], forma parte da illa de [[Gran Bretaña]], e abrangue un terzo da súa superficie total. Ademais da parte de Escocia localizada na [[illa de Gran Bretaña]], o territorio escocés consta de máis de 790 [[illa]]s,<ref name="Scottish Executive">{{cita web |título=Scottish Executive Resources |work=Scotland in Short |url=http://www.scotland.gov.uk/Resource/Doc/923/0010669.pdf |formato=PDF |data=17 de febreiro de 2007 |publisher=Scottish Executive |dataacceso=14 de setembro de 2006}}</ref> incluíndo as [[Illas Shetland|Shetland]], as [[Órcadas]] e as [[Illas Hébridas|Hébridas]]. Limita ao norte e oeste co [[Océano Atlántico]]; ao leste co [[Mar do Norte]], ao sur con [[Inglaterra]] e ao suroeste coa [[Canle do Norte]] e o [[Mar de Irlanda]]. O territorio escocés comprende 78.772 km2, e a súa poboación estímase en 5&nbsp;116&nbsp;900 habitantes, o que dá unha densidade de poboación de 65 habitantes por km2.
 
[[Edimburgo]], a capital do país e segunda meirande cidade, é un dos centros financeiros de Europa.<ref name=globalfinancialcentresindex>{{cita web | título = Global Financial Centres Index| url = http://issuu.com/pillarofhercules/docs/gfci/11?mode=a_p | data= setembro de 2008|publisher=City of London| dataacceso =30 de xuño de 2010}}</ref> Edimburgo foi o centro da [[Ilustración escocesa]] do [[século XVIII]], que transformou a Escocia nunha das potencias comerciais, intelectuais e industriais de Europa. [[Glasgow]], a cidade máis grande,<ref>{{cita web|título=A quick guide to glasgow|url=http://glasgowcitycentre.co.uk/places-to-go/shops/a-quick-guide-to-glasgow/|publisher=Glasgow City Centre|dataacceso=20 de xuño de 2012}}</ref> foi outrora unha das cidades industriais máis importantes do mundo e hoxe atópase no centro da aglomeración de [[Gran Glasgow]]. As augas territoriais escocesas abranguen unha parte importante<ref>{{cita libro |título=The Scottish Adjacent Waters Boundaries Order |ano=1999 |editorial=The Stationery Office Limited |url=http://www.opsi.gov.uk/si/si1999/19991126.htm |location=London |isbn=0-11-059052-X| dataacceso=20 de setembro de 2007 }}</ref> do Atlántico Norte e do [[Mar do Norte]], contendo unha das maiores reservas de [[petróleo]] da [[Unión Europea]]. Por este motivo, [[Aberdeen, Escocia|Aberdeen]], a terceira cidade de Escocia, ten o título de capital europea do petróleo.<ref>{{cita web|url=http://www.aberdeencity.gov.uk/equalitydiversity/eqd_ourcity.asp|editorial= Aberdeen City Council|título=Our City|quote=Aberdeen's buoyant modern economy – is fuelled by the oil industry, earning the city its epithet as 'Oil Capital of Europe'|dataacceso=1 de decembro 2009|archiveurl=https://web.archive.org/web/20100922092924/http://www.aberdeencity.gov.uk/EqualityDiversity/eqd_OurCity.asp|archivedate=2010-09-22}}</ref>
{{Artigo principal|Xeografía de Escocia}}
[[Ficheiro:Scotland_Land_Use_by_height.png|miniatura|200px|esquerda|Mapa da orografía de Escocia]]
Escocia ocupa aproximadamente o terzo superior da [[illa]] de [[Gran Bretaña]], ao noroeste do continente [[Europa|europeo]]. En total, o seu territorio abrangue 78.772 &nbsp;km².<ref name="Whitaker's Almanack 1991">''Whitaker's Almanack'' (1991) London. J. Whitaker and Sons.</ref> A única fronteira de Escocia en terra firme é a que a une polo sur con [[Inglaterra]], e que mide ao redor de 96 &nbsp;km, entre o [[río Tweed]] na costa este e o [[fiorde de Solway]] na oeste. O [[Océano Atlántico]] rodea o norte e oeste de Escocia, mentres que ao leste atópase o [[Mar do Norte]]. [[Irlanda]] atópase a só 30 &nbsp;km dende a península de [[Kintyre]], mentres que [[Noruega]] queda a 400 &nbsp;km ao nordés, as [[Illas Feroe]] a 310 &nbsp;km e [[Islandia]] a 798 &nbsp;km ao noroeste. O centro xeográfico de Escocia, tradicionalmente, sitúase a poucos quilómetros de [[Newtonmore]], en [[Badenoch]], ao norte das zonas máis poboadas, aínda que existen diversas opinións respecto diso, dependendo do modo empregado para as medicións, ou de se se toman en consideración ou non as illas escocesas.
 
A extensión territorial actual de Escocia é moi semellante á establecida no [[Tratado de York]] de [[1237]] entre [[Inglaterra]] e Escocia <ref>{{cita web|url = http://www.nationalarchives.gov.uk/utk/scotland/conquered.htm |título = "Uniting the Kingdoms"|dataacceso = [[25 de abril]] de [[2008]]}}</ref> e no [[Tratado de Perth]] de [[1266]] entre Escocia e [[Noruega]].<ref name=Mackie>Mackie, J.D. (1969) ''A History of Scotland''. Londres. Penguin.</ref> Existen algunhas excepcións: a [[Illa de Man]], que antes era territorio escocés, é agora unha [[Dependencia da Coroa británica]]; as [[Illas Órcadas]] e [[Shetland]] foron adquiridas a Noruega no [[século XV]];<ref>'' name="Whitaker's Almanack'' (1991) London. J. Whitaker and Sons.<"/ref> mentres que [[Rockall]], un pequeno illote rochoso no [[Atlántico]], foi anexionado ao Reino Unido primeiro e a Escocia despois polo [[Acta da Illa de Rockall]] de [[1972]].<ref>{{cita web|url = http://news.bbc.co.uk/onthisday/hi/dates/stories/september/21/newsid_4582000/4582327.stm|título = "On this day - 21 September" |autor = BBC }}</ref><ref>{{cita web
|url = http://www.publications.parliament.uk/pa/ld199798/ldhansrd/vo970624/text/70624-02.htm
|título = Actas da Cámara dos Lores|dataacceso = [[25 de abril]] de [[2008]] |autor = Parlamento do Reino Unido |data = [[24 de xuño]] de [[1997]]}}</ref> Con todo, a legalidade desta anexión foi posta en cuestión por [[Irlanda]], [[Dinamarca]] e [[Islandia]], e probablemente non ten efectos no dereito internacional.<ref>{{cita web|url = http://historical-debates.oireachtas.ie/D/0268/D.0268.197311010090.html|título = Debates Parlamentarios|dataacceso = [[25 de abril]] de [[2008]]|añoacceso = |autor = Parlamento de Irlanda |data = [[1 de novembro]] de [[1973]]}}</ref><ref>MacDonald, Fraser (2006) ''The last outpost of Empire: Rockall and the Cold War''. Journal of Historical Geography 32. P627?647.</ref><ref>[http://www.sages.unimelb.edu.au/staff/macdonald.html Available in pdf]</ref>
 
=== O medio ===
Todo o territorio escocés estaba cuberto polo xeo durante as [[glaciación]]s do [[Plistoceno]], o que ten importantes consecuencias na súa paisaxe. Dende o punto de vista [[xeoloxía|xeolóxico]], Escocia está subdividida en tres zonas: as ''[[Highlands]]'' e as illas sitúanse ao noroeste da [[Falla das Highlands]], que vai desde a [[Illa de Arran]] ata [[Stonehaven]]. Esta parte de Escocia está composta fundamentalmente de rochas antigas procedentes dos períodos [[Cámbrico]] e [[Precámbrico]], que foron elevadas durante a posterior [[Oroxenia caledonia]]. Esta base rochosa está entrecruzada por múltiples intrusións [[rocha ígnea|ígneas]] de épocas máis recentes, cuxos vestixios formaron macizos montañosos como os [[Cairngorm]]s ou os [[Cuillin]]s, en [[Skye]]. Unha excepción significativa ao anterior constitúena os estratos de [[areísca]] coñecidos como ''[[Old Red Sandstone]]'', nos que se atoparon [[fósil]]es, sobre todo ao redor do [[fiorde de Moray]]. As ''Highlands'' ou Terras Altas son xeralmente montañosas e están divididas polo [[Great Glen]] ou "Gran Val". As maiores elevacións das [[Illas Británicas]] atópanse aquí, incluído o [[Ben Nevis]], o pico máis alto, cunha altitude de 1.344 metros. Escocia consta de máis de 790 illas, divididas en catro grupos principais: [[Shetland]], [[Órcadas]], e [[Hébridas]], as cales á súa vez dividir en [[Hébridas Interiores]] e [[Hébridas Exteriores]]. Ademais, nesta zona atópanse numerosas fontes de [[auga doce]], incluíndo o [[Lago Ness]] ou o [[Lago Lomond]]. Algunhas partes da costa consisten en ''[[machair]]'', un tipo de terreo consistente en dunas cubertas de pasto.
[[Ficheiro:Quiraing,_Isle_of_Skye.jpg|300px|esquerda|miniatura|Vista panorámica na [[Illa de Skye]].]]
O terreo coñecido como ''Central Lowlands'' ou tamén ''[[Central Belt]]'' é unha [[foxa tectónica]] composta fundamentalmente por formacións do [[Paleozoico]]. Algúns dos estratos [[sedimento|sedimentarios]] desta zona resultaron de gran importancia económica, xa que neles atópanse o [[carbón]] e o [[ferro]] nos que se baseou a [[Revolución Industrial]] escocesa. Esta área experimentou unha intensa [[volcán|actividade volcánica]], como demostra [[Arthur's Seat]], unha cima preto da cidade de [[Edimburgo]] que é o resto dun cono volcánico máis elevado que estivo activo durante o período [[Carbonífero]] fai uns 300 millóns de anos. Coñecida tamén como Midland Valley, esta área é relativamente chaira, aínda que existen abondosos outeiros como [[Ochil Hills]] ou [[Campsie Fells]].
 
As chairas meridionais ou ''[[Lowlands]]'' están compostas por unha serie de outeiros duns 200 &nbsp;km de lonxitude, alternados con anchos vales. Atópanse ao sur dunha segunda falla que vai dende [[Stranraer]] ata [[Dunbar]]. Esta zona está composta fundamentalmente por depósitos do [[silúrico]], fai 400 ou 500 millóns de anos.<ref>Keay, J. & Keay, J. (1994) ''Collins Encyclopaedia of Scotland''. London. HarperCollins.</ref><ref>Murray, W.H. (1973) ''The Islands of Western Scotland''. London. Eyre Methuen</ref><ref>Murray, W.H. (1977) ''The Companion Guide to the West Highlands of Scotland''. London. Collins.</ref>
 
As fallas, vales ou ''glens'' que cruzan Escocia de [[leste]] a [[oeste]] albergan frecuentemente [[lago]]s ou ''lochs'', tales como o ''[[Lago Ness]]'', que se atopa no [[Gran Glen]], ou o [[Loch Lomond]] (o maior lago de auga doce do Reino Unido), na [[Falla das Highlands]]. Ademais, Escocia tamén está cruzada por ríos que flúen cara ao [[Océano Atlántico]] ou cara ao [[Mar do Norte]], e que a miúdo dan lugar a [[fiorde]]s na súa desembocadura, tales como o [[fiorde de Clyde]], o [[fiorde de Forth]] ou o [[fiorde de Tay]]. Os ríos máis longos de Escocia son o [[río Tay]] (193 &nbsp;km), o [[río Spey|Spey]] (172 &nbsp;km), o [[río Clyde|Clyde]] (171 &nbsp;km) e o [[río Tweed|Tweed]] (156 &nbsp;km).
 
== Política ==
{{Artigo principal|Política de Escocia}}
Dado que Escocia é un dos [[países constituíntes]] do [[Reino Unido]], o [[xefe de estado]] escocés é o [[Coroa británica|monarca británico]], é dicir, a raíña [[Sabela II do Reino Unido]] dende a súa coroación en [[1952]]. En Escocia, a raíña utiliza o título de ''Queen Elizabeth'' ("Raíña Sabela") en vez do de "Sabela II", dado que nunca houbo unha raíña "Sabela I de Escocia".
 
Constitucionalmente, o Reino Unido é un estado unitario cun [[Parlamento]] e un [[goberno]] soberanos. Trala devolución de poderes producida en [[1997]], Escocia goza dun auto-goberno limitado: o [[Parlamento Británico]] segue conservando a capacidade de reformar, cambiar, ampliar ou abolir o sistema de goberno escocés a vontade, polo que pode considerarse que o [[Parlamento escocés]] non é realmente soberano.
[[Ficheiro:Scottish_Parliament_current.png|miniatura|dereita|250px|Repartición de escanos no [[Parlamento Escocés]] despois das derradeiras eleccións de [[2007]]. '''Lenda''': ''amarelo=SNP; vermello=Laboristas; laranxa=Liberal Demócratas; azul=Conservadores; verde=Partido Verde Escocés; gris=Independentes'']]
 
O Parlamento Escocés é [[unicameral]], e está composto por 129 membros, 73 dos cales representan a un distrito electoral ou ''constituency'', e son elixidos polo sistema de [[escrutinio uninominal maioritario]], os restantes 56 membros son elixidos en só oito distritos electorais, mediante o sistema de representación proporcional; os cargos electos teñen unha duración de catro anos. Trala elección do Parlamento, este propón a un dos seus membros para ser nomeado [[Primeiro Ministro de Escocia]] (''First Minister of Scotland'' ou ''Prìomh Mhinistear na h-Alba'') pola Raíña. O resto dos ministros tamén son propostos polo Parlamento e aprobados pola Raíña, e forman, xunto co Primeiro Ministro, o [[Goberno de Escocia]], é dicir, o poder executivo escocés.
 
Nas [[eleccións ao Parlamento escocés de 2007]], o [[Partido Nacional Escocés]] (''Scottish National Party'' ou SNP) obtivo a [[maioría simple]]. O líder do partido, [[Alex Salmond]], foi elixido como ''First Minister'' dun goberno en minoría o [[6 de maio]] de [[2007]]. Outros partidos con representación na cámara son o [[Partido Laborista (Reino Unido)|Partido Laborista]], dirixido por Wendy Alexander; o [[Partido Conservador Escocés]], encabezado por Annabelle Goldie; o Partido Liberal-demócrata de Nicol Stephen e o Partido Verde Escocés, codirixido por Robin Harper. [[Margo MacDonald]] é ademais a única independente en obter un asento como membro do Parlamento Escocés.
 
Escocia ten ademais representación na [[Cámara dos Comúns do Reino Unido]], con 59 representantes elixidos en función dos distritos electorais escoceses. A ''[[Scotland Office]]'' ou "Oficina de Escocia", dirixida polo [[Secretario de Estado de Escocia]], é o departamento do [[Goberno Británico]] dedicado a tratar os asuntos relacionados con Escocia. Dende xuño de [[2007]], o cargo de Secretario de Estado para Escocia ocúpao Des Browne.
 
[[Ficheiro:ScotlandLabelled.png|miniatura|200px|esquerda|Mapa de Escocia coa división en 32 concellos]]
=== Divisións administrativas ===
{{Artigo principal|Subdivisións de Escocia}}
As divisións históricas de Escocia son moi variadas, e inclúen os [[condado]]s, [[Duque|ducados]], ''[[burghs]]'' (cidades independentes con representación no [[Parlamento de Escocia]]) e [[Parroquia civil|parroquias]]. En [[1975]] púxose en funcionamento unha división en [[rexión]]s e [[distritos]] que sen embargo foi abolida en [[1996]]. Dende aquela, a efectos administrativos Escocia está dividida en 32 ''council areas'' ou "concellos",<ref> http://www.opsi.gov.uk/acts/acts1994/Ukpga_19940039_en_1.htm|título "Local Government etc. (Scotland) Act 1994"</ref> administradas por unha autoridade unitaria responsable de tódolos servizos locais. Os ''Community councils'' ("concellos comunitarios"), pola súa parte, son organizacións informais que representan a determinadas subdivisións dentro do concello.
 
Existen outras subdivisións distintas de Escocia para distintos fins. Así, ata o 1 de abril de 2013, os sistemas de [[bombeiro]]s e de [[policía]] aínda se baseaban na división en rexións introducida en [[1975]]. Para o sistema sanitario, para os distritos postais así como para outras organizacións gobernamentais e non gobernamentais, mantéñense subdivisións xeográficas diversas de longa tradición.
 
O status de "cidade" no Reino Unido vén determinado por unha [[patente real]].<ref>http://www.dca.gov.uk/constitution/city/cityhome.htm|título = "City status"</ref> Hai seis cidades en Escocia: [[Aberdeen, Escocia|Aberdeen]], [[Dundee]], [[Edimburgo]], [[Glasgow]] e, máis recentemente, [[Inverness]] e [[Stirling]].<ref>http://www.dca.gov.uk/constitution/city/citygj.htm UK cities Departamento de Asuntos Constitucionais</ref>
{{Artigo principal|Símbolos nacionais de Escocia}}
[[Ficheiro:Flag of Scotland.svg|miniatura|esquerda|200px|[[Bandeira de Escocia]]]]
A [[bandeira de Escocia]], coñecida como Saltire ou "Cruz de [[André Apóstolo|Santo André]]", data -segundo a lenda- do [[século IX]], polo que, de ser isto certo, sería un dos emblemas nacionais máis antigos aínda en uso.<ref>[http://www.siliconglen.com/Scotland/1_3.html The Saltire (Scotland's flag)]</ref><ref>[http://www.geo.ed.ac.uk/home/Scotland/saltire.html The Scottish Flag]</ref> Esta cruz tamén entrou a formar parte da [[bandeira do Reino Unido]] ou Union Jack en [[1606]]. Hai moitos outros símbolos de Escocia, oficiais ou non, tales como o [[cardo]] (a flor nacional), a [[Declaración de Arbroath]], o debuxo do [[tartán]], relacionado cos [[clans escoceses]], ou a bandeira do "León Rampante" que aparece no [[Estandarte Real de Escocia]].<ref>[http://www.rampantscotland.com/symbols/blsymbols_index.htm Symbols of Scotland]</ref> O lema nacional é ''[[Nemo me impune lacessit]]'', que pode traducirse como Ninguén me ofende impunemente", e que á súa vez vencéllase co cardo.
 
A canción ''[[Flower of Scotland]]'' é popularmente considerada como himno nacional de Escocia, competindo con ''Scotland the Brave''. A primeira é a que se emprega a maioría de acontecementos políticos e deportivos, por exemplo os encontros da [[selección de fútbol de Escocia]], mentres que a segunda úsase para representar a Escocia nos [[Xogos da Commonwealth]]. Dado que non existe un himno oficial, a disputa continúa aberta, especialmente tras a Devolución de poderes de [[1998]]. Existen outras cancións candidatas, como ''Scots Wha Hae'', ''A Man's A Man for a'That ou'', máis recentemente, ''I'm Gonna Be (500 Miles).''<ref>[http://news.bbc.co.uk/2/hi/uk_news/scotland/4036123.stm A demanda dun himno cae en oídos xordos]</ref>
 
A festa nacional de Escocia é o "Día de San Andrés", o [[30 de novembro]], aínda que a ''Burns Night'' ou Noite de Burns, celebrada o [[25 de xaneiro]] en honra ao poeta nacional, [[Robert Burns]], ten un maior seguimento. O "Día do Tartán" é outra celebración de invención recente, e orixinaria do [[Canadá]]. En [[2007]], o Parlamento de Escocia aprobou o decreto oficial polo que o Día de San Andrés pasaba a ser ''bank holiday'' ou día de festa oficial.<ref>[http://www.opsi.gov.uk/legislation/scotland/acts2007/en/aspen_20070002_en_1 Explanatory Notes to St. Andrew's Day Bank Holiday (Scotland) Act 2007 asp 2]</ref>
== Dereito ==
[[Ficheiro:Parliament House, Edinburgh.JPG|miniatura|250px|O antigo Parlamento de Escocia, que alberga o Tribunal Supremo de Escocia.]]
As leis escocesas baséanse no [[Dereito romano]],<ref>{{cita web|url = http://www.law.ed.ac.uk/history/chpt4.aspx|título = "Tradition and Environment in a estafe of change"|dataacceso = [[22 de outubro]] de [[2007]]|añoacceso = |autor = J. A. Lillie|último = |primeiro = |ligazónautor= |coautores = |data = |ano = 1970|mes = |formato = |obra = Historia da Facultade de Dereito (Edimburgo)|editorial = Escola de Dereito da Universidade de Edimburgo|páxinas = |idioma = inglés|doi = |urlarchivo = |fechaarchivo = |cita = "As leis escocesas afunden as súas raíces e aseméllanse moito ás leis romanas, ao 'Dereito Civil'"}}</ref> combinando elementos tanto do [[Dereito civil]] (que pode rastrexarse ata o ''[[Corpus Iuris Civilis]]'' latino), e do [[Dereito anglosaxón]], coa súa orixe na [[Idade Media]]. O [[Acta de Unión (1707)|tratado de unión con Inglaterra]] de [[1707]] garantía a continuidade de dous sistemas legais distintos en Escocia, en Inglaterra e Gales.<ref>''The Articles: legal and miscellaneous'', Parlamento de Reino Unido (2007). "Artigo 19: O sistema legal escocés manteríase intacto":</ref><ref>{{Cita web|title=Acta de Unión de 1707|url=http://www.parliament.uk/actofunion/04_05_legal.html|publisher=Parlamento de Reino Unido|accessdate=[[22 de outubro]] de [[2007]]}}</ref> Antes de [[1611]], existía unha grande diversidade de leis rexionais en Escocia, entre as que destacaba a "Lei Udal", vixente nas [[Illas Órcadas]] e nas [[Illas Shetland]], e que se derivaba do antigo sistema legal [[Noruega|noruegués]]. Outros sistemas legais derivábanse, en cambio, das leis [[celta]]s ou das [[leis de Brehon]], e permaneceron vixentes ata o [[século XIX]].<ref>"Law and institutions, Gaelic" "Law and lawyers" en M. Lynch (ed.), ''The Oxford Companion to Scottish History'', (Oxford, 2001), pp. 381?382 382?386.</ref><ref>{{Cita web|title=A General History of Scots Law (20th Century) |url=http://www.lawscot.org.uk/uploads/Ad-Hoc/AGeneralHistoryofScotsLaw_20thCentury.pdf |publisher=Law Society of Scotland |accessdate=[[20 de setembro]] de [[2007]]}}</ref> O Dereito escocés ten, por outra banda, unha peculiaridade que o fai único, ao incluír un terceiro veredicto posible ademais de "inocente" ou "culpable": o de "non probado".<ref>{{Cita web | title = Servizos Xurídicos en Vitoria, Capítulo 6| work = Este sistema de veredictos é único de Escocia e existiu durante os último–s 300 anos| url = http://www.parliament.vic.gov.au/lawreform/jury/jury4/chap6.html#Heading45 | publisher = Parlamento de Vitoria, Australia|accessdate = [[13 de setembro]] de [[2006]]}}</ref><ref>{{Cita web | title = Inglaterra podería adoptar o veredicto de "non probado"| work = The Journal online | publisher = Law Society of Scotland | url = http://www.journalonline.co.uk/news/1002964.aspx | accessdate = [[13 de setembro]] de [[2006]]}}</ref>
 
A lei escocesa establece tres tipos de [[tribunal|tribunais]] responsables de administrar xustiza: tribunais [[dereito civil|civís]], [[dereito penal|criminais]] e [[heráldica|heráldicos]]. O máximo ámbito de administración de xustiza civil é a ''Court of Session'', aínda que poden realizarse [[apelación]]s civís á [[Cámara dos Lores]] do [[Reino Unido]]. O ''High Court of Justiciary'', pola súa banda, é o máximo tribunal penal. Ambos os dous se atopan situados na [[Parliament House]], antiga localización do [[Parlamento de Escocia]]. A principal instancia civil e penal con todo son os ''[[sheriff court]]s'': hai 49 ''sheriff courts'' activos en Escocia.<ref>[http://www.scotcourts.gov.uk/locations/index.asp "Court Information"] www.scotcourts.gov.uk. Visitado o [[26 de setembro]] de [[2007]].</ref> Os Tribunais de Distrito foron creados en [[1975]] para ofensas menores. Para rematar, o ''Court of the Lord Lyon'' regula o dereito heráldico.
381.175

edicións