Renacemento hispánico: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Arranxos varios, replaced: {{listaref|2}} → {{Listaref|30em}} using AWB
Liña 17:
 
* Unificación do ansiado reino cristián coa toma definitiva do [[reino de Granada]], último reino da [[Al-Ándalus|España Islámica]], o [[31 de marzo]] de [[1492]].
 
* O descubrimento ''oficial'' de [[América]], o venres [[12 de outubro]] de [[1492]], coa chegada da expedición de [[Cristovo Colón|Colón]] a unha illa do mar Caribe chamada Guanahani.
 
* A publicación da primeira [[gramática]] dunha lingua vulgar europea, ''La Gramática de la lengua castellana'' de [[Antonio de Nebrija]].
 
O inicio do Renacemento en España lígase intimamente ao devir histórico-político da monarquía dos [[Reis Católicos]]. As súas figuras son as primeiras en saír dos plantexamentos medievais que fixaban un esquema [[feudo|feudal]] de monarca débil sobre nobreza poderosa e dada ás rebelións.
 
Os Reis Católicos unen as forzas do incipiente estado e alíanse coas principais familias da nobreza para manter o seu poder. Unha destas familias, os Mendoza, utiliza o novo estilo como distinción do seu clan e, por extensión, da protección da [[monarquía]].
 
Pouco a pouco, a estética novidosa introdúcese no resto da corte e no clero, mesturándose con estilos puramente ibéricos, como a arte [[nasrí]] do agónico [[reino de Granada]], o gótico exaltado e persoal da raíña castelá, e as tendencias flamengas na pintura oficial da corte e a Igrexa.
 
A asimilación de elementos deu lugar a unha persoal interpretación do Renacemento ortodoxo, que se deu en chamar [[Plateresco]].
 
Así mesmo, impórtanse artistas de [[Italia]], envíanse aprendices aos talleres italianos, tráense deseños, plantas arquitectónicas, libros e gravados, cadros etc., dos que se copian personaxes, temas e composicións.
Liña 37 ⟶ 35:
[[Ficheiro:Burgos - Catedral 055 - Capilla del Condestable.jpg|200px|miniatura|Decoración exterior da Capela do Condestábel, [[Burgos]].]]
 
1. [[Estilo isabelino]]. O ''gótico isabelino'', tamén chamado ''estilo Reis Católicos'', ''estilo Isabel'' ou ''estilo isabelino'', é un estilo propio da [[Coroa de Castela]] durante o reinado dos [[Reis Católicos]], que representa a transición entre o [[arquitectura gótica|gótico final]] (ou [[arquitectura gótica|gótico flamíxero]]) e o [[renacemento|renacemento inicial]], con características orixinais e influencias da [[arte islámica]] e da [[mudéxar]], de [[Flandres]] e, en menor medida, de [[Italia]].
 
A consideración ou non do isabelino como un estilo gótico ou renacentista, como un estilo [[ecléctico]], ou como unha fase dentro do máis xenérico [[plateresco]], é unha cuestión debatida pola historiografía da arte e aínda non resolta.<ref>''...tampouco é satisfactoria a pretendidamente esclarecedora denominación de gótico plateresco, a partir da terminoloxía adoptada por D. Bayón para o que Durliat chamara estilo Isabel e como aglutinante do un e o outro (Marías), pois se conceptualmente existe unha continuidade, o repertorio ornamental empregado é ben distinto, e non existe constancia do uso do vocábulo para as fantasías decorativas medievais.'' Virginia Soto Caba [http://www.artehistoria.jcyl.es/artesp/contextos/7626.htm ''La cuestión plateresca''], en Artehistoria.</ref>
Liña 65 ⟶ 63:
''2.'' [[Estilo Cisneros]]. O ''estilo Cisneros'' ou ''estilo cisneriano'' (tamén denominado ''arquitectura cisneriana'', ''renacemento cisneriano'' ou ''gótico cisneriano'') foi unha modalidade decorativa do [[arquitectura gótica|gótico final]] e o [[renacemento de España|primeiro renacemento]] [[España|españois]], situado temporalmente entre finais do [[século XV]] e comezos do [[século XVI|XVI]], e espacialmente no centro peninsular, especialmente en [[Toledo]], vinculado á figura de [[Francisco Jiménez de Cisneros]] (o ''cardeal Cisneros'') e, en moitos trazos, similar ao plateresco.
[[Ficheiro:Universidad de Alcalá de Henares 02.jpg|miniatura|esquerda|Colexio Maior de San Ildefonso da Universidade de [[Alcalá de Henares]].<ref>O corpo central reconstruíuse en estilo clasicista por Rodrigo Gil de Hontañón. O edificio orixinal estaba construído en ladrillo, material propio da arquitectura mudéxar (a substitución do "barro" polo "mármore" quedou inmortalizada epigraficamente no patio interior coa frase que supostamente Cisneros dirixira a Fernando o Católico, que se burlaba da pobreza dos materiais de construción empregados: ''Et luteam olim marmoream nunc''). No extremo máis afastado encóntrase unha parte destacada da construción orixinal: a fachada en pedra con espadana da capela, onde e está a tumba de Cisneros. No interior do Colexio está o paraninfo.</ref>]]
Esencialmente o ''Cisneros'' é un [[Arquitectura|estilo arquitectónico]] diferenciábel do [[estilo isabelino]] e do estilo plateresco, recoñecíbel polas súas características [[decoración|decorativas]] que unen formas [[Renacemento|renacentistas]] con [[mudéxar]]es.
 
Desenvolveuse principalmente no programa arquitectónico da arquidiocese de Toledo na época do cardeal Cisneros, baixo a dirección do arquitecto [[Pedro de Gumiel]].
 
As obras máis importantes que cabe reseñar son, na catedral de Toledo, a sala capitular (1504 - 1512, con traza de Gumiel e [[Enrique Egas]], e artesoados de [[Diego López Bueno|Diego López]] e [[Francisco de Lara]]) <ref>[http://www.architoledo.org/catedral/salacapitular.htm architoledo.org]</ref>; e en [[Alcalá de Henares]] a [[Catedral de los Santos Niños Justo y Pastor de Alcalá de Henares|Igrexa Maxistral]] <ref>Ou ''colexiata dos Santos Nenos Xusto e Pastor'', hoxe catedral de Alcalá de Henares. A asociación co estilo cisneriano adoita facerse á fachada. A torre é do século XVII (Arsenio Lope Huerta [http://books.google.es/books?ei=UCdBTfKMDIywhQe_t7jdAQ&ct=result&id=cmrUaP1R5sIC&dq=%22estilo+cisneriano%22&q=estilo+cisneriano#search_anchor ''Alcalá de Henares''], Everest, 2001, ISBN 84-241-0327-0).</ref> e o [[paraninfo]] e a capela do Colexio Maior de San Ildefonso da Universidade (1499 - 1516, con traza de Gumiel).<ref>Castillo Oreja, M. A. (1980): ''Colegio Mayor de San Ildefonso de Alcalá de Henares. Génesis y desarrollo de su construcción. Siglos XV-XVIII''. Alcalá de Henares: Ayuntamiento de Alcalá de Henares.</ref>
Liña 73 ⟶ 71:
'''3'''. [[Plateresco]]. O desenvolvemento do Renacemento produciuse principalmente por arquitectos locais. Desta maneira, creouse unha corrente puramente española do estilo, que se viu influída pola arquitectura do sur de Italia (dominios da [[Coroa de Aragón]] nesa época). Este estilo español chamado plateresco, combinaba as novas ideas italianas coa tradición gótica española, así como coa idiosincrasia local. O nome provén das extremadamente decoradas fachadas destes edificios, que se asimilaban ao intricado e detallista traballo dos [[Prata|prateiros]].
 
O ''Plateresco'', tamén chamado ''gótico plateresco'', ''protorrenacemento'', ''estilo Isabel'', ''estilo Reis Católicos'' (estes dous últimos en referencia á súa primeira fase) e ''estilo Príncipe Filipe'' (referido á súa fase renacentista), foi unha corrente [[arte|artística]], especialmente [[arquitectura|arquitectónica]], tradicionalmente considerada como exclusiva do [[Imperio español|España e os seus territorios]], que apareceu entre o último [[arquitectura gótica|gótico]] e o [[Renacemento]], a finais do [[século XV]], estendéndose durante os dous séculos seguintes.
 
Resulta dunha modificación do espazo gótico e dunha fusión ecléctica de compoñentes decorativos [[mudéxar]]es, do [[arquitectura gótica|gótico flamíxero]] e [[Lombardía|lombardos]], así como primeirizos elementos renacentistas de orixe [[toscana]].<ref>Bozal, Valeriano (1978): ''Historia del arte en España: Desde los orígenes hasta la Ilustración'', páxs. 157 e 165. [[Ed. Akal.]] ISBN 978-84-7090-025-9.</ref> Exemplos típicos son a inclusión de escudos e pináculos, as fachadas divididas en tres corpos (mentres que as renacentistas están divididas en dous) e as columnas de tradición renacentista.
 
Chegou á súa máxima expresión durante o reinado de [[Carlos I de España|Carlos I]],<ref>Arellano, Fernando (1988): ''El arte hispanoamericano'', páxs. 13-14. Caracas: Ed. Universidad Católica Andrés Bello. ISBN 978-980-244-017-7.</ref> especialmente en [[Salamanca]], aínda que tamén floreceu notabelmente noutras cidades da [[península Ibérica]] como [[León, España|León]] e [[Burgos]], e no territorio da [[Nova España]] (o que hoxe é [[México]]).<ref name="Arellano, Fernando 1988">Arellano, Fernando (1988): ''El arte hispanoamericano''. Caracas: Ed. Universidad Católica Andrés Bello. ISBN 978-980-244-017-7</ref> <ref>Bozal, Valeriano (1978): ''Historia del arte en España: Desde los orígenes hasta la Ilustración''. Ed. Akal. ISBN 978-84-7090-025-9.</ref> Considerado unhas veces como unha corrente renacentista e outras como un estilo propio, recibe ás veces os nomes de ''Protorrenacemento'' <ref>Arias de Cossío, Ana María (2009): ''El arte del Renacimiento español''. Ed. Encuentro. ISBN 978-84-7490-909-8</ref> <ref>Marías, Fernando (2002): ''El siglo XVI: Gótico y Renacimiento'', páx. 24. Silex Ediciones. ISBN 978-84-7737-037-6</ref> e ''Primeiro renacimiento'' polos que non o consideran como un estilo en si mesmo.<ref>Alonso Ruiz, Begoña (2003): ''Arquitectura tardogótica en Castilla: los Rasines páx. 23. Santander: Ed. Universidad de Cantabria. ISBN 978-84-8102-304-6''</ref>
 
O estilo caracterízase por unha decoración prolífica que cobre as fachadas con elementos vexetais, candeeiros, festóns, criaturas fantásticas e todo tipo de figuracións.<ref> name="Arellano, Fernando (1988): ''El arte hispanoamericano''. Caracas: Ed. Universidad Católica Andrés Bello. ISBN 978-980-244-017-7<"/ref> A configuración espacial, sen embargo, seguía máis claramente un referente gótico. Esta fixación por partes concretas, sen modificacións estruturais respecto do gótico e a penas espaciais, fan que se clasifique moitas veces como variante e non como estilo.<ref name="Bendala Galán 2003">Bendala Galán, Manuel (2003): ''Manual del arte español'' Silex Ediciones. ISBN 978-84-7737-099-4</ref>
 
Na [[Nova España]] o plateresco adquiriu unha configuración propia, aferrado fortemente á súa herdanza mudéxar e mesturándose con influencias indíxenas.<ref> name="Arellano, Fernando (1988): ''El arte hispanoamericano''. Caracas: Ed. Universidad Católica Andrés Bello. ISBN 978-980-244-017-7<"/ref> Tamén pode falarse dun estilo plateresco nas primeiras décadas do [[século XVI]] no sur de [[Francia]] e en [[Portugal]].<ref> name="Bendala Galán, Manuel (2003): ''Manual del arte español'' Silex Ediciones. ISBN 978-84-7737-099-4<"/ref>
 
Nestes anos sobresaen os arquitectos [[Enrique Egas]] e [[Juan de Álava]].
Liña 89 ⟶ 87:
{{Artigo principal|Purismo (arquitectura)}}
[[Ficheiro:Catedral de Jaén - afloresm.jpg|esquerda|miniatura|Catedral da Asunción de [[Xaén]], de [[Andrés de Vandelvira]], entre outros.]]
Co paso das décadas, a influencia do gótico foi desaparecendo, chegándose a alcanzar un estilo máis depurado e ortodoxo, desde o punto de vista do Renacemento.
 
O '''purismo''' caracterízase por unha maior austeridade decorativa, que se limita a algúns elementos concretos, xeralmente de inspiración clásica. Hai un certo cansazo da exuberancia decorativa a metade do [[século XVI]] e impóñense os edificios de aspecto máis sereno, harmónico e equilibrado. Algúns arquitectos conseguen reciclar a súa produción tardo-gótica para iniciarse neste novo estilo. Tal é o caso, por exemplo, de [[Alonso de Covarrubias]], [[Rodrigo Gil de Hontañón]] e [[Pedro de Ibarra]].
 
O centro da produción renacentista localizouse en [[Andalucía]] con [[Diego de Siloé]] (fachada da ''[[Catedral de Granada]]'' e a ''Sacra Capela do Salvador'' de [[Úbeda]]); [[Pedro Machuca]] (''[[Palacio de Carlos V]]'' en [[Granada]]), o arquitecto máis decididamente clásico; [[Andrés de Vandelvira]] (Catedrais de [[Xaén]] e de [[Baeza]]) e [[Diego de Riaño]] (''Casa do Concello'' de [[Sevilla]]).
Liña 120 ⟶ 118:
 
* ''[[Porta do Castelo da Ponte]]'', tamén coñecida como ''[[Porta de Carlos V]]'' de [[Viveiro]] ([[Lugo]]) ([[Pedro Poderoso]]).
Unha das tres portas que quedan en pé, dun total das cinco que formaban parte do antigo recinto amurallado da cidade de Viveiro. Edificación de estilo [[plateresco]], considerada desde o ano [[1942]] como un [[Ben de Interese Cultural]] dentro do catálogo de ''Monumentos del patrimonio histórico de España''.<ref> [http://www.mcu.es/bienes/buscarDetalleBienesInmuebles.do?brscgi_DOCN=000014334&brscgi_BCSID=c4ac5ebf&language=es&prev_layout=bienesInmueblesResultado&layout=bienesInmueblesDetalle Base de datos de Bienes Inmuebles [[Ministerio de Cultura de España]]]</ref> A súa construción comezou no ano [[1548]], substituíndo a outra anterior, e realizouse en honor do emperador [[Carlos I de España|Carlos I de España e V de Alemaña]], que concedera unha real cédula á vila de Viveiro para eximila do pago de impostos durante un período de tres anos, despois de sufrir un grave incendio en setembro de [[1540]].
 
* ''Sacra Capela do Salvador'', ([[Diego de Siloé]], [[Andrés de Vandelvira]])
Liña 130 ⟶ 128:
O rei [[Carlos I de España|Carlos I]] estaba predisposto á ''nova arte'', paradoxalmente chamada ''á maneira antiga'', posto que remite á antigüidade clásica. O seu patrocinio directo logrou algunhas das máis belas obras do especial e único estilo renacentista español, grazas ao mecenado sobre [[Alonso de Covarrubias]], ou ás súas encargas a [[Tiziano]], que nunca accedeu a trasladarse a España. Pintores de gran calidade foron, lonxe do núcleo cortesán, [[Pedro Berruguete]], [[Juan de Juanes]], [[Paolo de San Leocadio]], do que desta a delicada ''Virxe do Cabaleiro de Montesa'', [[Fernando Yáñez de la Almedina|Yáñez de la Almedina]] e [[Fernando de los Llanos]].
 
A pintura do Renacemento español faise normalmente ao [[Pintura ao óleo|óleo]]. Realiza interiores perfectamente suxeitos ás regras da perspectiva, sen amoreamento dos personaxes. As figuras son todas do mesmo tamaño e anatomicamente correctas.
 
As cores e os sombreados adminístranse en gamas tonais, segundo as ensinanzas italianas. Para acentuar o estilo italiano é frecuente, ademais, engadir elementos directamente copiados de alí, como os adornos ''a candelieri'' (zanefas de vexetais e cupidiños que rodean os marcos), ou ruínas romanas nas paisaxes, incluso en escenas da vida de Cristo.
Liña 163 ⟶ 161:
{{Artigo principal|Escultura do Renacemento en España}}
[[Ficheiro:Felipe Vigarny (Virgen con niño).jpg|miniatura|''Virxe co neno'', atribuída a Filipe Bigarny, para o sepulcro de Diego de Avellaneda, bispo de [[Tui]].]]
No [[século XVI]] (o ''[[Cinquecento]]'' italiano), apareceron as primeiras demostracións da escultura renacentista en España, como consecuencia das relacións políticas e militares con Italia e baixo o mecenado e tutela dos reis e da nobreza.
 
Fíxose presente a través de tres vías distintas: escultores italianos chamados polos mecenas e que realizaron as súas obras en España; obras importadas, procedentes dos talleres italianos, e primeira xeración de artistas españois.
 
No primeiro grupo encóntranse os escultores [[Domenico Fancelli]], [[Pietro Torrigiano]] e [[Jacopo Florentino]], chamado ''o Indaco''. Entre as obras encargadas a Italia sirvan como exemplo o San Xoán do taller de [[Miguel Anxo]] para a cidade de [[Úbeda]], e uns poucos relevos do taller da familia Della Robbia.
 
En canto aos artistas escultores españois, a primeira xeración estivo composta por [[Vasco de la Zarza]] (trascoro da catedral de [[Ávila]]), [[Filipe Vigarny]] (retablo maior da catedral de [[Toledo]]), [[Bartolomé Ordóñez]] (cadeirado do coro da catedral de [[Barcelona]]) e [[Diego de Siloé]] (sepulcro de don Alonso Fonseca na Igrexa das Úrsulas do Convento da Anunciación de [[Salamanca]]).
 
A partir do segundo terzo do século XVI xurdiron en distintas rexións escultores que chegaron a ser os grandes mestres do Renacemento español. Aínda que seguiron as normas italianas, souberon darlle ás súas obras un carácter puramente español, creando escola nas distintas rexións do ámbito nacional.
 
O material utilizado foi o [[mármore]] e o [[bronce]] pero, sobre todo, a [[madeira]] [[policromía|policromada]] e [[Estufado (arte)|estufada]]. Dos talleres dos grandes mestres saíron gran cantidade de retablos, cadeirados de coro, imaxes e escultura funeraria.<ref name="Historia del Arte Espasa 2004">Historia del Arte Espasa (2004).</ref>
[[Ficheiro:Juan de Juni-Santo Entierro.jpg|miniatura|esquerda|''Enterramento de Cristo'' de [[Juan de Juni]].]]
 
No terceiro terzo cambiou por completo o gusto renacentista español, que se inclinou cara ao [[clasicismo]], representado sobre todo pola figura do arquitecto [[Juan de Herrera]].
 
Nesta etapa traballaron os escultores [[Pompeyo Leoni]] e [[Juan Bautista Monegro]] (estatuas dos reis de Xudá no Patio dos Reis do [[El Escorial|Mosteiro do Escorial]]).
 
Desde o principio do período renacentista a influencia da Igrexa fixo que o tema do [[espido]] na arte, que se impuxera en Italia, non tivera éxito en España, onde a escultura dirixiuse principalmente cara a temas funerarios ou relixiosos. A temática era na súa maior parte relixiosa, herdeira da imaxinería gótica pero cunha maior expresión e coñecemento anatómico do corpo humano.<ref> name="Historia del Arte Espasa (2004).<"/ref>
 
Coa evolución da doutrina da Igrexa, apareceu a [[Reforma Protestante|Reforma]] e a [[Contrarreforma]], onde xurdiron novas devocións e concepcións teolóxicas; a [[iconografía]] das imaxes ía cambiando e, máis tarde, o [[Concilio de Trento]] (1545 - 1563) preconizou unha imaxinaría con trazos individuais e vestiduras realistas e pedíuselle aos escultores a creación de imaxes relixiosas comprensíbeis, para que o pobo se conmovera ante a súa visión. Así xurdiron no Renacemento grandes grupos escultóricos, entre outros, o motivo do ''Enterramento Cristo'', que realizaron con gran mestría [[Juan de Juni]] en 1541, [[Martín Díez de Liatzasolo]] entre 1539 e 1544 e Andreu Ramírez en 1580.<ref>Ramon Triadó, Joan (1998): "Segle XVI: de l'humanisme culte a l'humanisme reformat". ''Art de Catalunya, Escultura moderna i contemporània''. Barcelona: L'Isard. ISBN 84-89931-03-8</ref>
Liña 197 ⟶ 195:
Os retablos enchéronse ademais de frontóns curvos e triangulares, demostrando o máis puro clasicismo. É importante destacar tamén a gran relevancia que cobrou nesta segunda metade do século (e como consecuencia do Concilio de Trento) o espazo destinado ao [[Sagrario]]. Chegou a ser un corpo moi especial dentro do conxunto do retablo, até o punto de que nos máis dos casos construíuse á parte e mesmo foi o primeiro en realizarse e policromarse.
 
Na disposición do retablo dáse sempre unha distribución de banco, rúas e corpos. Pero dentro desta división hai toda unha gama de tipoloxías e de adaptacións dos espazos interiores. Tamén depende do tamaño que se lle queira dar.
 
O primeiro espazo ocúpase en ocasións co chamado ''sotabanco'', que é un basamento de apoio sobre o que se constrúe todo o demais. Ese basamento pode levar talla, ou pintura, ou nada. Sobre o basamento colócase o ''banco'' (ou ''[[predela]]''), tamén en horizontal, dunha altura bastante menor ca do resto dos corpos. O banco ou predela vai tallado e dividido en seccións, ou ben adornado con táboas pictóricas.
Liña 215 ⟶ 213:
O taller Gazzini e Aprile de [[Xénova]] exportou grandes mármores labrados para a nobreza española. Os sepulcros de Pedro Enríquez e Catalina de Ribera para a Cartuxa de [[Sevilla]] (1520), con motivos lombardos, presenta unhas escenas con alusión á Redención e outras coas boas obras realizadas en vida polos defuntos. É un monumento adosado con arco triunfal e con clara inspiración na tumba do papa [[Paulo II]] do [[Vaticano]]. Tamén de talleres xenoveses son os sepulcros de Baltasar del Río, bispo de [[Scala]] ([[Salerno]]), que se encontra na catedral de Sevilla e, no convento de San Francisco desta cidade, o dos marqueses de Ayamonte, no que se presenta aos marqueses como estatuas orantes.<ref>Actualmente encóntrase na igrexa de San Lourenzo de Santiago de Compostela.</ref>
 
Os sepulcros procedentes de [[Nápoles]] teñen en común o feito de que os personaxes tiveran cargos políticos nesa cidade. Unha das primeiras encargas foi o construído contra 1508 para o sepulcro de [[Juan II de Ribagorza]] situado no [[Montserrat|mosteiro de Montserrat]] e que representa ao falecido en actitude orante; baixo a urna hai dous atlantes mostrado o seu escudo de armas.
 
Realizado en 1525 polo escultor [[Giovanni da Nola]], importouse a [[Bellpuig]], en [[Lleida]], o sepulcro de [[Ramón Folc de Cardona-Anglesola]], que fora vicerrei de Nápoles. Mostra unha estrutura de arco triunfal onde se encontra a urna co vicerrei vestido de guerreiro e na base hai relevos das súas fazañas militares. Uns medallóns representan a ''Gloria'' e a ''Fama''; hai outras figuras en ambos os lados, da ''Piedade'' e a ''Paz''. Remátase no ático cunha imaxe da ''Virxe con Neno''.<ref>Alcolea Gil, Santiago (1988): ''Historia Universal del Arte: Renacimiento (II) y Manierismo''. Barcelona: Planeta, páx. 224</ref>
Liña 243 ⟶ 241:
== O Renacemento en Galicia ==
 
Á parte do xa dito en arquitectura, a escultura do Renacemento en Galicia deuse principalmente na realización de retablos. Pero moi poucos deles chegaron até hoxe; en primeiro lugar, porque despois das reformas litúrxicas moitos foron desmontados, levando as esculturas a outros lugares e, en segundo lugar, porque o estilo [[barroco]] entrou con moita forza en Galicia e case todos os retablos se cambiaron. Grazas a que as súas imaxes non se destruíron, senón que se arrinconaron noutros lugares, puideron chegar aos nosos días.
 
O período de escultura renacentista comenzou desde o primeiro cuarto do século XVI, pero os retablos que mellor se conservan e que poden estudarse datan desde 1590 a 1605.<ref>Martín González, J. J. (1964): ''Tipología e iconografía del retablo español del Renacimiento''. Valladolid.</ref>
 
O mestre [[Cornielles de Holanda]] <ref>Non hai que confundilo co escultor do mesmo nome que traballou en Valladolid contra 1530.</ref> achegou nas súas obras renacentistas influencias nórdicas. Traballou desde finais do gótico, estilo que non chegou a esquecer nunca. Executou o gran retablo da [[catedral de Ourense]], terminado en 1520, e o da [[catedral de Lugo]], en 1534.<ref>Este último retablo foi desmontado en 1767 e as esculturas colocáronse nos brazos do cruceiro.</ref>
[[Ficheiro:Ourense Catedral Relief339.JPG|miniatura|esquerda|Detalle do retablo da Virxe de Belén. [[Catedral de Ourense]].]]
 
Liña 253 ⟶ 251:
[[Ficheiro:2010-07-18. San Martiño Pinario-Santiago Compostela-Galicia (Spain).jpg|miniatura|Fachada da igrexa do [[Mosteiro de San Martiño Pinario]].]]
 
A fachada, comezada en 1598 e rematada en 1645, de gustos platerescos, ten estrutura de retablo dividido en tres plantas construídas en ordes corintia e composta e mostra as figuras da Virxe co Neno e varios santos abades da orde beneditina.
 
O [[Deus|Padre Eterno]] preside o frontón triangular.
 
[[San Martiño de Tours]] culmina o conxunto no alto do mesmo coa súa representación máis clásica: a cabalo e partindo a súa capa para abrigar a un mendigo.
Liña 268 ⟶ 266:
Os escritores do Renacemento adoptaron como modelos que debían ser imitados aos escritores da antigüidade clásica, e aos grandes italianos do [[século XIV]]: [[Dante]], [[Petrarca]] e [[Giovanni Boccaccio|Bocaccio]]. Este movemento foi influído polos [[Humanismo|humanistas]] que estudaron a cultura de [[Grecia]] e [[Roma]], entre os que destacan [[Erasmo de Róterdam]], [[Antonio de Nebrija]] e [[Juan Luis Vives]].
Durante a [[Idade Media]] a arte é un medio para honrar a Deus. No Renacemento o centro do mundo é o home, os poetas cantan o amor humano, a natureza, os feitos guerreiros, e tamén tratan temas filosóficos e políticos.
 
Os precursores da poesía moderna en España son o [[Marqués de Santillana]] e [[Jorge Manrique]], o autor de ''Coplas á morte de seu pai''.
Liña 275 ⟶ 273:
* '''Poesía durante o reinado de [[Carlos V, Sacro Emperador Romano-Xermánico|Carlos I]]'''
[[Ficheiro:Lazarillo_de_Tormes.png|miniatura|Portada da ''Vida del Lazarillo de Tormes, de sus fortunas y adversidades'', publicado en [[1554]].]]
[[Juan Boscán]] influído polos artistas italianos e instado por Navaggiero, introduce as novas formas, escribindo moitos poemas de gran calidade.
 
O seu amigo [[Garcilaso de la Vega]] é o definitivo adaptador das formas italianas, utilizando o verso hendecasílabo e os recursos típicos da poesía italiana: soneto, terceto, canción, lira, a rima interna e os versos soltos.
 
Unha serie de poetas seguiron os seus pasos formando a Escola Petrarquista.
Liña 301 ⟶ 299:
Os máis importantes escritores ascéticos son:
[[Ficheiro:Teresa of Avila dsc01644.jpg|miniatura|[[Teresa de Ávila]], por [[Rubens]].]]
* [[Frei Luis de Granada]] ([[1504]]-[[1584]]). A súas obras máis importantes, consideradas tratados de doutrina, son: ''Guía de pecadores'', ''Libro da oración e meditación'' e a máis notábel, ''Introdución ao '''tu''' símbolo da fe''.
* [[Teresa de Ávila|Santa Teresa]] ([[1515]]-[[1582]]). Na súa obra literaria utiliza unha linguaxe sinxela propia do campo de Ávila, pero de profundo e fervoroso estilo. Entre as súas obras máis importantes están: ''O Libro da súa vida'' (autobiografía espiritual), ''Camiño de perfección'' (donde indica os medios para lograla), ''O libro das fundacións'', ''O castelo interior'' ou ''As Moradas''.
 
* [[Teresa de Ávila|Santa Teresa]] ([[1515]]-[[1582]]). Na súa obra literaria utiliza unha linguaxe sinxela propia do campo de Ávila, pero de profundo e fervoroso estilo. Entre as súas obras máis importantes están: ''O Libro da súa vida'' (autobiografía espiritual), ''Camiño de perfección'' (donde indica os medios para lograla), ''O libro das fundacións'', ''O castelo interior'' ou ''As Moradas''.
 
* [[San Juan de la Cruz]] ([[1542]]-[[1591]]). A diferenza de Santa Teresa, San Juan de la Cruz é un [[Humanismo|humanista]], e domina o idioma. A súa obra poética, moi escasa, redúcese a: ''Subida do monte Carmelo'', ''Cántico espiritual'', ''Noite escura da alma'' e ''Chama de amor viva''. E tamén dalgunhas poesías de carácter relixioso, entre as que están: ''Aínda que é de noite'', ''Tras un amoroso lance'' etc. A súa obra máis importante é o ''Cántico espiritual'', escrito en liras garcilasistas, inspirado no [[Cantar dos Cantares]].
 
* [[San Ignacio de Loyola]] ([[1491]]-[[1551]]). A súa única obra literaria que se coñece é: ''Os exercicios espirituais'', na que expresa a súa fe cristiá.
 
Liña 323 ⟶ 318:
A mediados do [[século XVI]], o estilo internacional comezou a diversificarse, e apareceron unha serie de novas tendencies estilísticas, por forza diversas. Fundamentalmente cómpre destacar:
 
* Unha tendencia cara á simplicidade na música sacra, impulsada pola [[Contrarreforma]] do [[Concilio de Trento]], e exemplificada na austera perfección da música de [[Giovanni Pierluigi da Palestrina]];
* Unha tendencia cara á complexidade e ao incremento do cromatismo no [[madrigal]], que culminaría no estilo de vangarda da Escola de Ferrara, e do último gran madrigalista do século, [[Carlo Gesualdo]];
 
* Unha tendencia cara á complexidade e ao incremento do cromatismo no [[madrigal]], que culminaría no estilo de vangarda da Escola de Ferrara, e do último gran madrigalista do século, [[Carlo Gesualdo]];
 
* Unha música grandiosa, de ampla sonoridade, da Escola Veneciana, que aproveitaba a arquitectura da Basílica de San Marcos de Venecia para crear unha música de grandes contrastes antifonais. A música da escola veneciana achega á música de finais do [[século XVI|dos séculos XVI]] e primeiros anos do [[século XVII|XVII]] un marcado sentido do luxo e da abundancia de recursos, a policoralidade, a especulación tímbrica e a instrumentación, o gusto pola ornamentación e o uso do baixo continuo. Moitos destes elementos traspasaríanse á música barroca.
 
Liña 332 ⟶ 325:
[[Ficheiro:Antonio gardano.jpg|miniatura|esquerda|200px|[[Tomás Luis de Victoria]].]]
 
En España desenvolvéronse estilos instrumentais e vocais propios. [[Tomás Luis de Victoria]] compoñía música cun refinamento similar ao de [[Giovanni Pierluigi da Palestrina|Palestrina]].
 
Diversos compositores escribiron abundante música para vihuela de man ([[vihuela]]), instrumento de cordas de forma parecida á da guitarra, de fondo plano e con seis ou sete ordes de cordas que parece que se afinaban ao unísono. Este instrumento alcanzou o seu máximo esplendor na península Ibérica durante o [[século XVI]], nun ambiente cortesano e nas capelas musicais de reis e nobres. Pero sería un erro pensar que o seu ámbito quedou reducido á península, tendo en conta as continuas viaxes de [[Carlos V]] e [[Filipe II]] por toda Europa. Tamén, de repasarmos os inventarios de instrumentos musicais nas cortes españolas, observaremos unha evidente presenza de laúdes, que en Españaa eran coñecidos como ''vihuelas de Flandres'', o cal fainos pensar nunha convivencia de ambos os instrumentos.
 
Un dos movementos máis revolucionarios da época desenvolveríase en [[Florencia]] entre os anos [[1570]] e [[1580]], baixo o impulso innovador da ''[[Camerata florentina]]'' que, ironicamente, tiña unha vontade reaccionaria. Os seus membros, descontentos coa música do momento, pretenderon restaurar a música da [[antiga Grecia]].
 
Dous dos compositores máis representativos foron [[Vincenzo Galilei]], o pai de [[Galileo Galilei|Galileo]], e [[Giulio Caccini]]. As consecuencias da súa acción foi a consolidación dun estilo de canto declamante moi melódico, coñecido como a [[monodia]], e da corresponente forma dramática, que era escenificada, forma que posteriormente se coñecería co nome de [[ópera]]. As primeiras óperas, escritas contra [[1600]], tamén serven para delimitar o final do Renacemento e o comezo do Barroco musical.
Liña 343 ⟶ 336:
A exploración do [[América|Novo Mundo]] propiciou o desenvolvemento das ciencias e as técnicas relacionadas coa [[xeografía]] e a [[Navegación marítima|navegación]] en España que, xunto con [[Portugal]], era a principal potencia marítima da época.
 
A institución máis importante que acumulaba o saber xeográfico da época en España foi a [[Casa de Contratación]] de [[Sevilla]]. Recibía e procesaba a información que traían os navegantes de América e, desde [[1512]], elaboraba un mapa xeral chamado [[Padrón Real]], que reflectía os coñecementos do momento e que se actualizaba periodicamente. En [[1552]] creou a cátedra de ''Navegación e Cosmografía''.
 
A investigación do continente americano tamén abarcou os aspectos biolóxicos e antropolóxicos. Un exemplo diso é o labor do [[naturalista]] [[José de Acosta]], que realizou un estudo interdisciplinar da xeografía, flora, fauna e os pobos americanos (o que hoxe chamariamos [[bioxeografía]] e [[xeografía cultural]]). A súa ''Historia natural e moral das Indias'' ([[1590]]) foi traducida a varios idiomas e tivo unha ampla difusión en Europa.
Liña 349 ⟶ 342:
== Cosmografía ==
[[Ficheiro:1500 map by Juan de la Cosa-North up.jpg|miniatura|Mapa de [[Juan de la Cosa]] (1500).]]
A [[cosmografía]] foi unha das disciplinas científicas que máis auxe cobrou no Renacemento español. Continuando a tradición [[Cartografía|cartográfica]] hispánica medieval (de gran relevancia no [[Mar Mediterráneo|Mediterráneo]]), ao principio elaborábanse [[portulano]]s, pero os recentes descubrimentos requiriron idear novos sistemas de representación, cuxo emprego se xeralizou rapidamente en España ao tempo que se arrequecían coas achegas dos cosmógrafos que traballaban nela.
 
En [[1500]] [[Juan de la Cosa]] trazou o primeiro [[mapa]] no que figuraban as costas americanas. Un mapa español realizado na Casa de Contratación en [[1522]], atribuído a [[Nuño García Torreño]] ([[1495]] - [[1573]]), presenta un sistema de [[Proxección xeográfica|proxeccións]] polares equidistantes, 47 anos antes de que [[Gerardus Mercator]] dera a coñecer a [[Proxeción de Mercator|proxección]] que leva o seu nome.
Liña 364 ⟶ 357:
No ''[[Quattrocento]]'', no norte de [[Italia]] e na [[Coroa de Aragón]], iniciáronse [[autopsia]]s regulamentadas en certas universidades. Con iso comezaba a reducirse a gran división que en Europa existía entón entre a [[medicina]], como un saber teórico, e a [[cirurxía]], como unha práctica. En [[1501]] a [[Universidade de Valencia]] funda a primeira cátedra de cirurxía en España, que servirá de modelo para as posteriores.
 
O proceso gradual que experimentaron as ciencias médicas no Renacemento europeo consistiu en substituír o vello principio do ''magister dixit'' (xeralmente referido a clásicos greolatinos como [[Hipócrates]] ou [[Galeno]]) pola [[Empirismo|experiencia]].
 
Neste sentido, cabe destacar ''Anatomica methodus, seu De sectione humani corporis contemplatio'' ([[París]], [[1535]]) de [[Andrés Laguna]], que xa empeza a basearse en observacións resultantes de diseccións de cadáveres.
[[Ficheiro:Vesalius Portrait pg xii - c.png|miniatura|esquerda|200px|[[André Vesalio]], médico de [[Carlos I de España|Carlos I]] e [[Filipe II]]. Imaxe do frontispicio da súa célebre ''De humani corporis fabrica''.]]
 
Pero a gran revolución da medicina renacentista chegará a España fundamentalmente da man do seu maior artífice, o [[Flandres|flamengo]] [[André Vesalio]] ([[1514]] - [[1564]]), que foi médico de Carlos V e Filipe II, seus señores.
 
As súas achegas no campo da moderna [[Anatomía humana|anatomía]], en especial as expostas na trascendental obra ''De humani corporis fabrica'' ([[1543]]), tiveron grande repercusión.
Liña 392 ⟶ 385:
== Matemáticas e astronomía ==
[[Ficheiro:Armillary sphere escorial.jpg|miniatura|[[Esfera armilar]] da [[El Escorial|Biblioteca do Escorial]].]]
Unha das innovacións máis trascendentais do Renacemento, dada a súa gran repercusión posterior en variados ámbitos do saber, foi a formulación da [[heliocentrismo|teoría heliocéntrica]] exposta en ''[[De revolutionibus orbium coelestium]]'' ([[1543]]) por [[Nicolao Copérnico]]. Aínda que a recepción desta obra no mundo académico e intelectual europeo do [[século XVI]] foi predominantemente negativa, pero non así no seguinte.
 
A [[Sorbona]] ([[París]]) e a maioría das universidades católicas cualificárona de [[Sacrilexio|sacrílega]], así como os principais representantes do [[Protestantismo]], en especial [[Martiño Lutero|Lutero]] e [[Juan Calvino|Calvino]], que a condenaron moi enerxicamente alegando que contridicía as [[Biblia|Sagradas Escrituras]].<ref>Lutero afirmaba que Xosué mandou deterse ao Sol, e non á Terra, e Calvino manifestouse en termos parecidos.</ref>.
Liña 400 ⟶ 393:
[[Ficheiro:Jacopo da trezzo, juan de herrera, 1578.JPG|miniatura|160px|esquerda|Medalla de [[Juan de Herrera]] ([[Jacopo da Trezzo]], 1578).]]
 
Un dos renacentistas españois máis atraídos polas matemáticas (e as súas aplicacións noutras disciplinas científico-técnicas) foi [[Juan de Herrera]]. Sendo consciente da importancia de dispoñer de técnicos ben formados ao servizo do reino, propuxo a [[Filipe II de España|Filipe II]] a creación dunha escola dependente da Coroa para a ensinanza de diversas materias relacionadas coas matemáticas. Así naceu en [[1582]] a ''Academia Real de Matemáticas'' de [[Madrid]], que duraría case dous séculos.
 
Sen embargo, na práctica só se cumpriu unha parte das expectativas iniciais, ao limitarse os estudos case só á cosmografía e a navegación, e ao carecer a institución de suficientes recursos materiais e humanos para o pleno desempeño do seu labor.
 
Non obstante, a calidade do profesorado sempre foi notábel, así como os coñecementos impartidos, que estaban postos ao día, como o demostra o feito de que se ensinara, directa ou indirectamente, a [[Nicolás Copérnico|Copérnico]], [[Gerolamo Cardano|Cardano]], [[Niccolò Fontana Tartaglia|Tartaglia]], [[Galileo Galilei|Galileo]] e a outros autores significativos da ciencia europea do momento.
 
Así pois, o mérito da Academia foi basicamente divulgativo, e mostra que existía no país un interese por coñecer o desenvolvemento da matemática que se estaba dando en todo o continente ou, polo menos, polas súas posíbeis aplicacións prácticas.
Liña 412 ⟶ 405:
== Física ==
[[Ficheiro:Martin Azpilicueta.jpg|miniatura|100px|[[Martín de Azpilicueta]], precursor da teoría cuantitativa do diñeiro.]]
[[Domingo de Soto]] estableceu en ''Super Octo Libros Physicorurn Aristotelis'' (Sobre os oito libros de física de Aristóteles), de [[1551]], que un corpo en caída libre experimenta un [[movento (física)|movemento uniformemente acelerado]].<ref>Pérez Camacho, Juan José, e Sols, Ignacio (1994): [http://www.ucm.es/BUCM/revistas/fsl/00348244/articulos/RESF9494220455A.PDF ''Domingo de Soto en el origen de la ciencia moderna''], Revista de Filosofía de la UCM, ISSN 0034-8244, Nº 12, páxs. 455-476</ref> Este foi un descubrimento clave en [[física]] e, segundo [[Pierre Duhem]], <ref>Pierre Duhem, Pierre (1909): "Dominique Soto et la escotastique parisienne", en ''Études sur Léonard de Vinci, ceux qu'il a lus, ceux qui l'ont lu''. Paris.</ref> foi a base esencial para o posterior desenvolvemento do estudo da [[gravidade]] por [[Galileo]] e [[Isaac Newton|Newton]].
 
== Ciencias sociais ==
En torno á Universidade de [[Salamanca]] xurdiu un grupo de estudosos, a chamada ''Escola de Salamanca'', que expuso algúns antecedentes de certos aspectos do que máis tarde se chamarían as ''[[Ciencias Sociais]]''.
 
Así, por exemplo, destacan, entre outros, o [[economía|economista]] [[Martín de Azpilicueta]], como precursor da teoría cuantitativa do diñeiro, e o [[Dereito|xurista]] [[Francisco de Vitoria]], do [[Dereito|dereito internacional]].
Liña 422 ⟶ 415:
 
== Notas ==
{{listarefListaref|230em}}
 
== Véxase tamén ==