Arandeira: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}
m Arranxos varios using AWB
Liña 18:
 
== Características ==
De pequeno tamaño, entre 15 e 35 &nbsp;cm, medra en bosques, páramos e en zonas de montaña. As pólas, verdes, son [[Triángulo|triangulares]] e as súas [[flor]]es, pequenas e verdosas, teñen os pétalos xunguidos formando un globo. As follas son ovais, dentadas e puntiagudas. Raramente cultivadas, o seu froito, o [[arando]], recóllese das plantas bravas, sobre todo en [[Escandinavia]] e [[Polonia]]<ref>http://www.botanical-online.com/arandano.htm</ref><ref>http://secocina.com/alimentos/arandanos</ref>.
 
O froito e unha [[baga]] de cor morada ou negroide, ten taninos, [[ácido cítrico]], [[ácido málico]] e, o que é infrecuente, [[ácido benzoico]]. Os arandos son comestíbeis, teñen un sabor agridoce e son consumidos en Europa dende a antigüidade especialmente no norte.<ref>[http://library.mothernature.com/l/dr-dukes-essential-herbs/bilberry_779.html The bilberry is an Old World equivalent of North American blueberry.]</ref>
 
== Hábitat e Distribución ==
''Vaccinium myrtillus'' é nativa de Europa, norte de Asia, Groenlandia, o oeste do Canadá, e mais do oeste dos Estado Unidos.<ref>http://plants.usda.gov/java/profile?symbol=VAMY2&mapType=nativity&photoID=vamy2_001_ahp.tif USDA . accessed 11.10.2010</ref> Aparece en [[uceira]]s (terreos poboados de [[Erica|uces]])e solos acedos.
 
En Galicia medra por riba dos 700 m especialmente nas provincias de Lugo e Ourense coma mato das [[Fraga (botánica)|fraga]], [[carballeira]]s, bidueirais ou faiais, nos matos das beiras dos ríos das zonas montañosas e nos das abas das serras orientais. Aparece sempre sobre solos derivados de rochas acedas (silíceas), profundos, frescos e ricos en materia orgánica, nos ambientes húmidos e hiperhúmidos.<ref>http://www.vexetaciondegalicia.es/ma-vaccinium-myrtilus.html</ref>