Mónaco: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
m Arranxos varios using AWB
Liña 51:
| nota3 = Antes de [[1999]] o [[franco francés]].
}}
'''Mónaco''' (en [[lingua francesa|francés]]: ''Monaco'', en [[monegasco]]: ''Múnegu'', en [[lingua italiana|italiano]]: ''Monaco'', en [[lingua occitana|occitano]]: ''Mónegue''), oficialmente '''Principado de Mónaco''' (en [[lingua francesa|francés]]: ''Principauté de Monaco'', en [[monegasco]]: ''Principatu de Múnegu'', en [[lingua italiana|italiano]]: ''Principato di Monaco'', en [[lingua occitana|occitano]]: ''Principat de Mónegue'') é unha [[cidade-estado]] situada ao sur de [[Francia]] na costa [[Mediterráneo|mediterránea]], en [[Europa]]. Cunha superficie de 1,9  km² é o [[Lista de países por superficie|segundo país máis pequeno]] do mundo, despois da [[Cidade do Vaticano]]. Debido a ese pequeno tamaño posúe soamente pouco máis de catro quilómetros de fronteira, todas con [[Francia]], aínda que se atopa bastante preto de [[Italia]] a 11  km. Cos seus máis de 30.000 cidadáns é o [[estado]] [[soberanía|soberano]] con maior densidade de poboación do mundo, chegando practicamente aos 17.000 habitantes por km².
 
Mónaco é unha [[monarquía constitucional]] e un [[Principado]] gobernado pola [[Casa de Grimaldi]] dende o ano [[1297]], sendo hoxe o [[Xefe de Estado]] o [[Príncipe de Mónaco|Príncipe]] [[Alberte II de Mónaco|Alberte II]]. Con todo, a pesar de ser un estado [[independencia|independente]], a defensa do Principado é responsabilidade do [[Francia|Estado francés]]. Mónaco é o nome do país, así como o nome da súa única cidade e capital. A miúdo é considerado como un [[paraíso fiscal]], sendo a maioría dos seus habitantes xente rica de países estranxeiros, os cales supoñen en torno ao 84% da poboación.
Liña 63:
 
=== Antigüidade ===
Dominada por diversos pobos da antigüidade, foi colonia dos [[fenicios]], dos cales posuía o templo do deus Melkart. Con todo, segundo Diodoro Sículo e o xeógrafo [[Estrabón]], os primeiros habitantes sedentarios da zona foron os [[Liguria|lígures]], que emigraron dende a cidade de [[Xénova]] en [[Italia]]. Con todo, cómpre sinalar a antiga lingua lígur, sen conexión coas [[linguas indoeuropeas]], non ten que ver coa [[lingua lígur (románica)|lingua lígur]] falada hoxe en día no Principado, tamén coñecida como [[monegasco]]. Segundo parece a colonia de Mónaco debeuse quizais á apertura cara o mar dun pobo lígur situado no interior.
 
Logo, no [[século -VI|século VI a.C.]], os [[Antiga Grecia|gregos]] de [[Marsella]] (entón ''Massalia''), fundarían a colonia de ''Monoikos'' (probable asimilación do fenicio "Melkart") no estreito onde actualmente de atopa Mónaco. Monoikos estaba asociada a [[Heracles]] (heroe coñecido polos romanos como [[Hércules (mitoloxía)|Hércules]]), adorado baixo o nome de ''Herakles Monoikos''. Segundo os propios Diodoro Sículo e Estrabón, os gregos e os lígures crían por igual que Hércules pasara pola rexión. Despois da Guerra das Galias, [[Xulio César]] instalouse nesta terra, xa abandonada polos gregos, o que significou o paso deste territorio ao control da [[República Romana]] como parte da provincia romana da [[Gallia Narbonensis]] co nome de Portus Herculis Monæci. Na [[Eneida]] é mencionada polo poeta [[Virxilio]].
Liña 70:
{{VT|Dinastía Grimaldi|Lista de Príncipes de Mónaco}}
[[Ficheiro:Monaco-FrancoisGrimaldi.jpg|miniatura|esquerda|Estatua que conmemora a Francisco Grimaldi vestido de monxe penetrando na fortaleza do Xibelinos.]]
Mónaco permaneceu baixo dominio romano até a caída do [[Imperio Romano de Occidente]] o [[4 de setembro]] de [[476]]. O estreito foi eventualmente ocupado por [[Islam|sarracenos]] e diversas [[tribos xermánicas]]. Os sarracenos foron expulsados en [[975]] e no [[século XI]] o estreito foi novamente poboado polos [[Liguria|lígures]], os cales levaron a Mónaco a [[lingua lígur (románica)|lingua lígur]] actual, da que é un dialecto o [[monegasco]] actual. En [[1191]], o emperador do [[Sacro Imperio Romano Xermánico]], Henrique VI, concedeu a soberanía sobre Mónaco á cidade de [[Xénova]], de onde eran orixinarios os lígures. O [[10 de xuño]] de [[1215]], unha comitiva de Xibelinos (os Hohenstaufen, facción que apoiaba ao Sacro Imperio), comandados por Fulco del Cassello, comezou a construción dunha fortaleza sobre Mónaco, que constituía un punto estratéxico para controlar a rexión fronte os seus adversarios, os Güelfos (inimigos do Xibelinos, da casa de Welf), os cales tamén estabeleceron os seus cuarteis a fin de apoiar ás guarnicións.
 
O [[8 de xaneiro]] de [[1297]], o Güelfo Francisco Grimaldi, descendente de Otto Canella, cónsul de Xénova en [[1133]], tomou a fortaleza pola forza. Grimaldi, que non posuía mais que un pequeno exército, disfrazouse de monxe franciscano para penetrar na fortaleza e, unha vez dentro, abriulles aos seus soldados. Con todo, os Güelfos foron finalmente derrotados e Francisco desterrado en [[1301]]. Así, a [[familia Grimaldi]] apoiouse entón no [[Reino de Francia|Rei de Francia]]. O curmán de Francisco, Rainiero de Grimaldi, ao servizo de [[Filipe I de Castela|Filipe de Castela]], comandou unha frota de galeras vencendo aos [[Países Baixos|neerlandeses]] na Batalla de Zieriksee en [[1304]]. Foi nomeado entón almirante de Francia e, pai de Carlos de Grimaldi, fundou a dinastía que leva o seu nome, que serviría fielmente á monarquía francesa durante os séculos vindeiros.
 
Retomando a loita contra [[Xénova]], Carlos de Grimaldi ocupou a cidade o [[12 de setembro]] de [[1331]], é autoproclamouse [[Señor de Mónaco]] en [[1342]]. Mentres que adquiría o señorío de Menton en [[1346]], Carlos seguía a servir á Coroa Francesa, comandando unha compañía de [[alabarda|alabardeiros]] na batalla de Crécy, en tanto que socorría por mar ao campamento francés tralo sitio de [[Calais]]. Logo, en [[1355]], obtivo o señorío de Roquebrune-Cap-Martin. Con todo, en [[1357]], faleceu durante o sitio comandando polo xenovés Simone Boccanegra. A totalidade do principado foi entón asimilado por [[Xénova]], fóra de Mentón, defendido por Rainiero II, fillo de Carlos, que rapidamente reconquistou Roquebrune.
 
Os fillos de Rainiero II, Ambrosio, Antón e Xoán retomaron ''[[Monaco-Ville|Le Rocher]]'' e convertéronse todos en co-señores (institución pouco frecuente na Idade Media). Xoán conservou pola súa banda só Mónaco e a Condamina, permanecendo en loita continúa contra os xenoveses. O seu fillo, Catalán, só o sucedeu por tres anos, e a súa neta Claudina Grimaldi foi desposada en [[1465]] por un Grimaldi d'Antibes, Lambert Grimaldi d'Antibes, o cal obtivo en [[1489]] o recoñecemento da súa [[independencia]] polo [[Rei de Francia]] e o [[Casa de Savoia|duque de Savoia]]. Xénova tentou un último sitio en [[1509]] sen éxito, renunciando definitivamente a Mónaco .
Liña 82:
O [[11 de outubro]] de [[1505]], antes do último intento de invasión [[Xénova|xenovesa]], accedeu ao trono Luciano I de Grimaldi, que morrería asasinado en [[1523]] polo seu curmán Bartolomeu Doria. Luciano non deixou mais que un fillo de pouca idade, Honorato, cuxa tutela foille confiada ao seu tío Agustiño, bispo de Grasse, que foi recoñecido señor. Agustiño non obtivo de parte de Francisco I de Francia o apoio que posuían os Grimaldi, e colocou a Mónaco baixo protectorado [[Castela|castelán]] en [[1524]] durante máis dun século. O neto de Honorato, Honorato II, posto baixo a tutela do príncipe de Valdetare, tomou o título de [[Príncipe de Mónaco|Príncipe]] en [[1602]], título que non foi recoñecido até [[1633]] por [[Filipe IV de España|Filipe IV]]. Ademais retornou á alianza con Francia e expulsou ''manui militari'' á gornición castelá, obtendo o ducado de Valentinois. Luís I de Mónaco comandou o seu rexemento de cabalaría e obtivo unha embaixada por parte do [[Vaticano]] en [[1701]].
 
Coa [[Revolución francesa]], trala noite do [[4 de agosto]] de [[1789]], cando se aboliron os privilexios feudais pola Asemblea Nacional Constituínte, os [[Príncipe de Mónaco|príncipes de Mónaco]] perderon tódalas súas posesións francesas e os ingresos derivados delas. De [[1793]] a [[1814]] Mónaco estivo integrado en Francia baixo o nome de ''Fort d'Hercule'', formando parte da rexión dos [[Alpes Marítimos]] e asociado a San Remo. O [[Tratado de París (1814)|tratado de París]] de [[30 de maio]] de [[1814]] volveu colocar ao Principado na órbita anterior a [[1789]], mais cando [[Honorato IV de Mónaco|Honorato IV]] arribou a Mónaco en [[marzo]] de [[1815]] para tomar posesión dela, foi detido por Pierre Cambronne. Era o comezo dos [[Cen Días]].
 
Mónaco colocouse entón baixou protectorado do [[Reino de Sardeña]] no segundo tratado de París, asinado o [[20 de novembro]] de [[1815]] e confirmado polo tratado de Sutpinigi en [[1817]]. Até [[1847]], o principado de Mónaco ocupaba unha superficie total de 24 [[km²]] (dez veces máis co actual Principado) e comprendía tres comunas: Mónaco (1.250 habitantes), Roquebrune (hoxe Roquebrune-Cap-Marin) (850 habitantes) e Menton (4.900 habitantes). A parte máis vasta e rica do principado era a chaira mentonesa, cos seus cultivos de cítricos e oliveiras. Con todo, durante o movemento revolucionario de [[1848]], Menton e Roquebrune proclamaron a súa revogación da [[familia Grimaldi]] e proclamáronse "cidades ceibes" baixo a protección do Reino de Sardeña. En [[1869]], o [[Piemonte]] cedeu [[Niza]] a Francia logo do apoio de [[Napoleón III]] ao comezo da [[Risorgimento|unificación italiana]]. Niza, Menton e Roquebrune votaron entón a súa anexión a Francia, que foi ratificada polo tratado franco-monegasco de [[1861]]. Así Mónaco abandonou finalmente o protectorado que tivo dende [[1815]] e a súa independencia foi formalmente recoñecida, separándose de toda protección de [[Francia]] ou [[Italia]].
Liña 90:
Este último tratado prevía a axuda de Francia dun paso do ferrocarril francés sobre o territorio monegasco (con dúas estacións). Foi entón que o príncipe [[Carlos III de Mónaco|Carlos III]] tivo a idea de crear os xogos do Casino de Montecarlo (o xogo de azar era ilegal nos países veciños), o que permitiu ao principado enriquecerse e desenvolverse rapidamente. En [[1863]] acordou o privilexio de explotar o casino, os hoteis e o teatro a François Blanc, fundador da Sociedade de Baños e Mar do Círculo de Estranxeiros a fin de achegar ingresos á Corte. En [[1866]], Carlos III, quen impulsara estes traballos, trocou o nome do barrio dos Spélugues, pasando a ser [[Montecarlo]] na súa propia honra. Finalmente, a inauguración do ferrocarril [[Niza]]-Vincitimille en [[1868]] afianzou a prosperidade. Tamén se fundou unha Oficina de Correos, que comezou a editar os seus propios [[selo postal|selos postais]] en [[1865]] e se obtivo da [[Santa Sé]] a creación dun bispado. Ademais o propio Carlos III, en [[1869]], eliminou os impostos de bens persoais e mobiliarios, feito que conduciu a unha intensa actividade de construción. Construíronse durante esta época unha ópera, numerosos museos e a Fundación do Instituto Oceanográfico.
 
Mónaco até esa época era unha [[absolutismo|monarquía absoluta]], e [[príncipe de Mónaco]] dispoñía de plenos poderes, mais coa reforma da [[Constitución]] en [[1911]], o país pasou a ser unha [[monarquía constitucional]]. En [[xullo]] de [[1918]], foi asinado un acordo de protección limitada do Principado por Francia. O tratado formou parte do [[Tratado de Versalles]] e estableceu que a política de Mónaco non podería oporse aos intereses políticos, militares nin económicos de [[Francia]]. En [[1922]], o principado perdeu tamén o seu monopolio dos xogos da [[Provenza-Alpes-Costa Azul|Costa Azul]].
 
En xuño de [[1940]], durante a [[Segunda Guerra Mundial]], prodúcese a chegada das tropas [[Italia|italianasitalia]]nas, o que inquietou ao [[Príncipe de Mónaco|Príncipe]] [[Luís II de Mónaco|Luís II]], que cría que se produciría unha anexión e a súa posterior destitución, polo que se achegou ao [[Goberno de Vichy]] do [[Philippe Pétain|Mariscal Pétain]], ao que pediu, con éxito, axuda. Máis tarde, en [[setembro]] de [[1943]], [[Hitler]] ordenou a invasión de Mónaco polo exército alemán, que non opuxo moita resistencia, con todo Mónaco foi finalmente liberado por tropas de [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]] ao final da guerra.
 
Despois da guerra, en [[1949]], [[Rainiero III de Mónaco|Rainiero III]] ascende ao trono e dez anos despois suspende a constitución tras varios desacordos co Consello Nacional. En [[1962]], promulgase unha nova Constitución e ao ano seguinte, asínase un novo tratado con Francia, do cal se crearon novos acordos de veciñanza e moeda, que se renovaron en [[2002]] coa posta en circulación do [[euro]] en Mónaco, aínda que este estado non é membro da [[Unión Europea]] (UE). Mónaco converteuse en membro oficial das [[Nacións Unidas]] con plenos dereitos de voto en [[1993]].
Liña 98:
== Xeografía ==
[[Ficheiro:Monaco april 2006.jpg|miniatura|Vista de Mónaco.]]
O Principado de Mónaco é o [[Lista de países por superficie|segundo Estado independente máis pequeno do mundo]] despois do [[Vaticano]]. Está situado sobre a costa [[Mediterráneo|mediterránea]] a 18  km de [[Niza]] e a 12  km da fronteira [[Francia|franco]]-[[italia]]na. Estando, excepto pola súa fachada marítima, rodeado polo territorio [[Francia|francés]], máis precisamente no [[Niza|Arrondissement de Nice]] e por tanto no [[departamentos de Francia|departamento francés]] dos [[Alpes Marítimos]] e a rexión francesa de [[Provenza-Alpes-Costa Azul]]. O principado de Mónaco forma parte da [[Provence-Alpes-Côte d'Azur|Costa Azul]], rexión turística que non ten límites oficiais.
O seu territorio está practicamente urbanizado na súa totalidade, pero comprende de numerosos espazos verdes, sendo o seu punto máis alto atópase a 163 metros por riba do nivel do mar, na vertente sur do Mont Agel, ao final do Chemin des Révoires. O cumio desta montaña, 1.109 m altitude, está en [[Francia]]. Non ten recursos naturais.
Liña 174:
[[Ficheiro:Albert II, Prince of Monaco.jpg|miniatura|[[Alberte II de Mónaco]].]]
{{VT|Lista de Príncipes de Mónaco}}
A [[dinastía Grimaldi]] é unha casa nobre orixinaria de [[Italia]], fundada por Francisco Grimaldi que tomou en [[1099]] o señorío de Mónaco xunto aos seus soldados vestidos de franciscanos. Naquel principado reinaron os seus sucesores até a actualidade se exceptuamos varias descontinuidades. A última produciuse co matrimonio da princesa Carlota de Mónaco, nai de [[Rainiero III de Mónaco|Rainiero III]], con Pierre de Polignac.
 
Os seus integrantes máis destacados na actualidade son [[Alberte II de Mónaco|Alberte II]], Príncipe Soberano de Mónaco, fillo e sucesor do príncipe [[Rainiero III de Mónaco|Rainiero III]] e de [[Grace Kelly|Gracia Patricia]] de Mónaco, Carolina de Mónaco, irmá maior de Alberto e Estefanía, Estefanía de Mónaco, irmá menor de Alberte e Carolina e Andrea, Carlota e Pierre Casiraghi, fillos de Carolina de Mónaco e de Stéfano Casiraghi, que no caso de que Alberte de Mónaco morra sen descendencia lexítima, pasarían a ocupar os primeiros postos da liña sucesoria.
Liña 248:
Unha das principais fontes de ingresos de Mónaco son os [[turismo|turistas]], polo xeral atraídos polo clima e o casino (no cal aos propios monegascos non se lles permite). En [[2001]], un novo e importante proxecto de construción ampliou o peirao utilizado por cruceiros no porto principal. O Principado tratou de dar un pulo aos servizos e pequenas industrias, e non así a aquelas industrias contaminantes, tales como as de cosméticos e biotérmicas. O estado mantén os monopolios en numerosos sectores, como o tabaco e o servizo postal. A rede telefónica (''Monaco Telecom'') era propiedade do estado, mais agora este posúe o 45% das súas accións, mentres que o 55% restante perténcelle a ''Cable and Wireless'' (49%) e á ''Compagnie Monégasque de Banque'' (6%). Con todo, hoxe en día, a telefonía segue sendo un monopolio. Os niveis de vida son altos, comparables aos das áreas metropolitanas prósperas [[Francia|francesas]].
 
Mónaco non é membro da [[Unión Europea]], mais está estreitamente vinculado a ela a través dunha unión aduaneira con Francia. A moeda de uso corrente é o [[euro]] con deseños monegascos na súa cara nacional. No ano [[2000]], un informe dos parlamentarios franceses Arnaud Montebourg e Vincent Peillon, dicía que Mónaco alegara a laxitude das políticas de branqueo de diñeiro, mesmo dentro do seu famoso casino, e que o Goberno de Mónaco exercía presión política sobre o [[poder xudicial]] a fin de que os presuntos crimes non foran axeitadamente investigados.
 
A [[Organización para a Cooperación e o Desenvolvemento Económico]] (OCDE), publicou no ano [[1998]] un primeiro informe sobre as consecuencias fiscais dos sistemas financeiros dalgúns países, nos que Mónaco aparecía na lista de países con pouca claridade fiscal. Despois, no ano 2004, a OCDE denunciou no seu último informe a falta de cooperación deste [[Principado]] para revelar a información financeira dos seus cidadáns, así tamén como no caso de [[Andorra]], [[Liechtenstein]], [[Liberia]] e as [[Illas Marshall]].
Liña 258:
[[Ficheiro:MW-monaco7.jpg|miniatura|Mónaco.]]
{{Artigo principal|Demografía de Mónaco}}
A poboación de Mónaco é inusitada xa que os [[Demografía de Mónaco|monegascos]] son unha minoría no seu propio país. A maior parte dos residentes son cidadáns [[Francia|franceses]], seguidos polos [[Italia|italianositalia]]nos (16%) e os monegascos (16%). O restante 21% pertence a outras 125 nacionalidades (entre as que as maioritarias son os [[Reino Unido|británicos]], os [[Suíza|suízos]] e [[Alemaña|alemáns]]), que fan que a poboación de Mónaco sexa internacional. A relixión oficial do estado estado é o [[Igrexa Católica|catolicismo]].
 
O país conta con dez barrios, aínda que os tradicionais do país son tres, [[Monaco-Ville]], centro político, turístico e empresarial, [[La Condamine]], distrito económico e industrial de Mónaco e [[Monte Carlo]], onde se atopa o Real Casino. Dos novos barrios o máis poboado é [[Larvotto]], onde se atopa a praia homónima e principal do país, aínda que o máis densamente poboado é [[Saint Roman]]. É ademais o país máis edificado de Europa e un dos primeiros do mundo.
 
== Cultura ==