Bosnia e Hercegovina: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
+ control de autoridades
m Arranxos varios using AWB
Liña 62:
[[Ficheiro:Stari Most September 2004 3.jpg|miniatura|esquerda|200px|Ponte de Mostar]]
 
Densamente poboada durante o [[neolítico]], a rexión da Bosnia e Hercegovina estivo habitada dende o século IV a.C. polos ilirios. No século III a.C., o [[Imperio Romano]] incluíu este territorio como parte da provincia da [[Iliria]]. Eslavizada dende o [[século VII]], formou parte do [[Imperio Bizantino]]. A primeira vez que se empregou o nome ''Bosníaca'' foi en [[950]], nun libro chamado ''De administrando imperio'' do emperador bizantino [[Constantino VII]] no que se consigna a Bosnia como parte do territorio dunha incipiente [[Croacia]] (o actual territorio de Bosnia era coñecido como a Croacia Vermella). No [[século XII]] fórmase un reino de Bosnia, que permanece [[independencia|independente]] ata [[1463]], cando é anexionada ao [[Imperio Otomán]] por [[Mehmet II]].
 
Coa chegada dos [[Imperio Otomán|otománs]], remata a [[idade media]] en Bosnia. A maioría dos habitantes aceptan o [[islam]] como nova relixión, que ata hoxe segue sendo un factor social moi importante na Bosnia-Hercegovina. A maior parte do patrimonio cultural da Bosnia, como a [[Mostar|ponte de Mostar]], proveñen dese período. Ata [[1878]] o país permaneceu baixo dominio [[Turquía|turco]], coa excepción do período comprendido entre [[1718]] e [[1739]], en que estivo baixo control [[Austria|austríaco]]. No [[século XIX]] creceu a inimizade entre o sultán e o pobo, alentada polo triunfo nacionalista na veciña [[Serbia]]. A represión de [[Abdulhamit II]] das revoltas de [[1875]] provocarían a intervención [[Rusia|rusa]], que declarou a guerra ao Imperio Otomán en [[1877]]. Rematado o conflito, o Congreso de Berlín outorga en [[1878]] a administración do país ao [[Imperio Austrohúngaro]], que en [[1908]] a anexionaría, formando parte deste ata a súa disolución en [[1918]], tralo final da [[Primeira Guerra Mundial]], que se iniciou co asasinato do arquiduque [[Francisco Fernando]] e a súa [[Sofía Chotek|dona]] en [[Saraxevo]] (véxase ''[[Atentado de Saraxevo]]'').
 
Trala finalización da contenda integraríase no [[Reino de Iugoslavia|Reino dos Serbios, Croatas e Eslovenos]], que en [[1929]] adoptou o nome de [[Iugoslavia]]. Durante a [[Segunda Guerra Mundial]], entre [[1941]] e [[1944]], o territorio foi anexionado polo estado fascista [[Croacia|croata]]. Con todo, derrotado o [[Potencias do Eixo|Eixo]], volveu formar parte da Iugoslavia como unha das seis repúblicas constituíntes da [[República Federal Socialista de Iugoslavia]]. En [[1992]] proclamou a súa independencia tralo referendo do [[1 de marzo]] de [[1992]].
 
Os bosníacos (maioritariamente [[islam|musulmáns]]) e os bosnio-croatas (a maioría [[Igrexa Católica|católicos]]) de Bosnia e Hercegovina apoiaron a independencia, máis a maioría dos serbo-bosníacos (principalmente [[Igrexa Ortodoxa|ortodoxos]]), o que supoñía un 30% da poboación e apoiados polo resto dos [[Serbia|serbios]] da ex-[[Iugoslavia]], opuxéronse e comezaron a que se coñeceu como a [[Guerras iugoslavas|Guerra de Bosnia]] nun intento de creación dunha Gran Serbia. Nos primeiros anos desa guerra os serbios ocuparon un 70% do territorio bosníaco de xeito violento, realizando unha limpeza étnica. A guerra rematou coa Batalla de Bosnia Occidental e a derrota do exército serbo-bosníaco, que inmediatamente despois accedeu a que [[Slobodan Milošević]] asinase no seu nome os [[acordos de Dayton]] o [[21 de novembro]] do [[1995]]. O prezo da guerra foi enorme: 250.000 mortos e máis de 2,5 millóns de refuxiados.
 
Actualmente Bosnia e Hercegovina é un país encamiñado cara a súa unificación administrativa aínda que con grandes inestabilidades provocadas polos ultra-nacionalistas serbo-bosníacos. De momento segue sendo un crebacabezas territorial con diversos corpos de policía, poderes xudiciais separados, e asembleas distintas onde os partidos nacionalistas de cada unha das comunidades étnicas seguen conservando o poder, obstaculizando o seu acceso á [[Unión Europea]].
Liña 75:
{{Artigo principal|Xeografía de Bosnia e Hercegovina}}
[[Ficheiro:Cincar.jpg|miniatura|esquerda|200px|Monte Cincar]]
Bosnia atópase ao oeste dos [[Balcáns]], facendo fronteira con [[Croacia]] (932  km) ao norte e ao suroeste, [[Serbia]] (302  km) ao leste, e [[Montenegro]] (225  km) ao sueste. O país é principalmente montañoso, abarcando o centro dos [[Alpes Dináricos]] e tan só ten vinte e dous quilómetros de costa ao redor da cidade de [[Neum]], ao sur do Estado. Aínda que a cidade está rodeada por penínsulas [[Croacia|croatas]], mais pola lei das Nacións Unidas Bosnia ten un dereito a un paso até o mar exterior, ademais Neum ten moitos hoteis e é un importante destino turístico.
 
O nome do país provén de dúas rexións [[Bosnia (rexión)|Bosnia]] e [[Hercegovina]], que teñen unha fronteira moi pouco definida entre elas. Bosnia ocupa as zonas do norte, que son aproximadamente catro quintas partes de todo o país, mentres que Hercegovina ocupa o resto na parte sur do país. As cidades principais son a capital [[Saraxevo]], [[Banja Luka]], [[Bijeljina]] e [[Tuzla]] ao nordés, [[Zenica]] e [[Doboj]] na parte central de Bosnia e [[Mostar]], a capital da [[Hercegovina]].
[[Ficheiro:Visoko Bosna Pyramid.jpg|miniatura|200px|Río Bosna, coa "pirámide" en Visoko.]]
A parte sur de Bosnia ten [[clima mediterráneo]] e unha gran cantidade de terreo agrario. A parte central é a parte máis montañosa, ao igual que e a oriental, onde se levaron a cabo os [[Xogos Olímpicos]] de Inverno de [[1984]]. Bosnia oriental é moi boscosa ao longo do río Drina, e en xeral preto do 50% do país está cuberto de bosques.
 
Hai sete grandes ríos en Bosnia e Herzegovina:
Liña 95:
O seguinte nivel de subdivisión política de Bosnia e Hercegovina son os cantóns, aínda que só se atopan na Federación de Bosnia e Hercegovina, sendo en total dez deles. Tódolos teñen o seu propio goberno cantonal, que está baixo a lei da Federación no seu conxunto. Algúns cantóns son étnicamente mixtos e teñen leis especiais aplicadas para garantir a igualdade de tódolos pobos que a compoñen.
 
[[Ficheiro:Greece–Bosnia Greece–Bosnia_and_Herzegovina_Friendship_Buildingand Herzegovina Friendship Building.jpg|200px|miniatura|Edificio do Parlamento de Bosnia.]]
Despois do nivel dos cantóns están os concellos. A Federación de Bosnia e Hercegovina está dividida en setenta e catro municipios, e a República Serbia en sesenta e tres. Os municipios tamén teñen o seu propio goberno local, normalmente con sede na cidade máis importante do seu territorio. Como tal, moitos municipios teñen unha longa tradición e historia coas súas fronteiras actuais. Algúns outros, con todo, só foron creados como consecuencia da recente guerra despois de que algúns dos municipios tradicionais foran divididos durante as [[guerras iugoslavas]]. Ademais das entidades, os cantóns e as municipalidades, Bosnia e Hercegovina tamén ten catro cidades oficiais, [[Banja Luka]], [[Mostar]], [[Saraxevo]], e [[Saraxevo|Saraxevo Oriental]]. O territorio e o goberno das cidades de Banja Luka e Mostar corresponde aos municipios do mesmo nome, mentres que as cidades de Saraxevo e Saraxevo Oriental oficialmente constan de varios municipios.
 
Liña 157:
Na actualidade a República da Bosnia e Hercegovina é unha das ex-repúblicas máis pobres da antiga [[Iugoslavia]] debido entre outras cousas á [[guerras iugoslavas|Guerra de Bosnia]] ([[1992]]-[[1995]]). Durante os anos da guerra, a economía sufriu un grande retroceso subsistindo a maior parte da poboación grazas á axuda humanitaria do exterior. Ao deterioro da economía uniuse o bloqueo económico por parte de países veciños como [[Serbia]] e [[Croacia]]. En [[1991]], un ano antes da guerra, en plena crise económica, e coa ex-Iugoslavia a medio desintegrar ([[Eslovenia]] e [[Croacia]] xa se atopaban fóra da federación), o [[PIB|produto interior bruto]] era de 14.000 millóns de dólares, máis esta taxa decreceu un 37% dende entón.
 
Bosnia enfróntase ao dobre problema da reconstrución dun país devastado pola guerra e a introdución das reformas de mercado na súa antiga economía de planificación centralizada. Durante a maior parte da historia de Bosnia, a [[agricultura]] baseouse en pequenas e ineficientes granxas de propiedade privada e a comida foi tradicionalmente unha importación neta da República. A [[guerras iugoslavas|guerra]] na década de [[1990]] provocou un cambio dramático na economía de Bosnia. O PIB caeu 75% e a destrución da infraestrutura física devastou a economía.
 
Aínda que gran parte da capacidade de produción foi restaurada, a economía de Bosnia aínda se enfronta a dificultades considerables, as cifras mostran que o PIB e o ingreso per cápita aumentou un 10% entre [[2003]] e [[2004]] e a diminución da débeda pública ten tendencias positivas, mais o alto desemprego e un gran déficit comercial seguen sendo causa de preocupación.
Liña 236:
* [http://www.rjecnik.ba rjecnik.ba Dicionario Inglés-Bosníaco, Alemán-Bosníaco]
* [http://www.osce.org/documents/rfm/2007/03/23751_en.pdf Liberdade nos medios de comunicación bosníacos]
* [http://www.on-the-matrix.com/europe/Bosnia.asp Imaxes de Bosnia e Hercegovina]
 
{{Europa}}