Minsk: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
engado control de autoridades
m Arranxos varios using AWB
Liña 18:
|bandeirapaís= {{BLRb}}
|división 1 = [[Subdivisións de Bielorrusia|Rexión]]
|nome división 1 = [[Minsk|Cidade de Minsk]]<br>(rexión especial)
|altitude = 280´4
|superficie = 305´48
Liña 31:
'''Minsk''' (en {{Lang-be|''Менск''}} ou ''Мінск''; e en {{Lang-ru|Минск}}) é a [[Capital (política)|capital]] e cidade máis grande de [[Bielorrusia]]. Está situada no centro do país, e está atravesada polos ríos [[Río Nyamiha|Nyamiha]] e [[Sviloch]]. É a sede administrativa da [[Comunidade de Estados Independentes]] (CEI).
 
A cidade ten unha extensión de 348 &nbsp;km² na que habitaban un total de 1.907.700 persoas en [[2013]].<ref name="Población">{{cita web|título=Численность населения Минска превысила 1,9 млн человек|url=http://news.tut.by/society/323577.html|dataacceso=10 de xaneiro de 2013|obra=news.tut.by}}(en ruso)</ref>
 
Como capital do Estado, Minsk ten un status administrativo especial dentro de Bielorrusia e é ademais a capital do [[Rexión de Minsk|vóblast de Minsk]] e do distrito homónimo.
 
== Historia ==
As primeiras referencias históricas da cidade datan do [[século XI]] ([[1067]]), cando é nomeada como cidade provincial no principado de [[Polotsk]]. O asentamento desenvolveuse nos ríos que o atravesan. No ano [[1242]], Minsk converteuse en parte do [[Gran Ducado de Lituania]] e recibiu o título de cidade en [[1499]].
 
Desde [[1569]] foi a capital do [[Voivodato de Minsk]], na [[República das Dúas Nacións]] ou Mancomunidade de Polonia-Lituania. En [[1793]] foi unha das rexións anexionadas polo [[Imperio ruso]] como consecuencia da [[Segunda partición de Polonia]].
 
Gran parte da cidade foi destruída como consecuencia dos bombardeos da [[Alemaña nazi]] durante a [[Segunda Guerra Mundial]]. En efecto, durante a invasión alemá á Unión Soviética en [[1941]] ([[Operación Barbarroxa]]), Minsk foi invadida de inmediato. A cidade foi bombardeada polos alemáns desde o primeiro día da guerra e foi invadida catro días máis tarde. Os nazis converteron a cidade no centro administrativo do ''[[Reichskommissariat Ostland]]'' e comezaron a reprimir duramente a poboación, especialmente a comunista e a xudía. Un [[gueto]] xudeu de cen mil acodes foi construído en Minsk. A cidade foi reconquistada polos soviéticos o [[3 de xullo]] de [[1944]]. Ao final da guerra, cerca do 80% da cidade estaba en ruínas. Minsk foi reconstruída ao estilo soviético.
Liña 51:
== Xeografía ==
[[Ficheiro:Svislach and upper town in Minsk.jpg|250px|miniatura|Vista do [[Sviloch]] e da cidade de Minsk ao fondo.]]
Minsk está situada na ladeira sueste dos outeiros homónimos, unha sección de outeiros cuxa dirección vai desde o suroeste na cunca alta do [[río Niemen]], ao nordeste de [[Bielorrusia]], no lago [[Lukomsko]] ao noroeste. A altitude media da cidade é de 220 metros sobre o nivel do mar. A xeografía de Minsk formouse durante as dúas eras glaciais máis recentes. O [[río Sviloch]], que flúe a través da cidade desde o noroeste ao suroeste, está no [[Urstromtal]], un antigo val fluvial formado pola auga que flúe das capas de xeo de fusión a finais da última [[Idade de Xeo]].
 
O desenvolvemento orixinal da cidade foi nos devanditos outeiros, o que permitiu a fácil construción de fortificacións para a defensa. Porén, no [[século XX]], creceu en dirección sueste incluíndo as chairas relativamente planas dos arredores. A parte occidental da cidade é a máis montañosa.
 
O ecosistema predominante na cidade, ao igual que no resto do país é o [[Bosque temperado de frondosas]], presente especialmente no norte e o leste da mesma. Co crecemento da metrópole, algúns dos bosques orixinais foron preservados en parques, como por exemplo o [[Parque Chelyuskinites]].
 
=== Clima ===
Minsk ten un [[clima continental]] húmido ([[Clasificación climática de Köppen|Köppen Dfb]]), debido a súa localización entre a influencia do aire húmido do [[Océano Atlántico]] e o aire seco da masa continental euroasiática. O clima é inestable e tende a cambiar con frecuencia. A temperatura media en xaneiro é de -4,5&nbsp;° C, mentres que en xullo é 18,5&nbsp;° C. A temperatura máis baixa rexistrada foi de -40&nbsp;° C o [[17 de xaneiro]] de [[1940]], e a máis cálida se rexistrou o [[29 de xullo]] de [[1936]] e foi de 35&nbsp;° C.
 
Isto da lugar a frecuentes néboas no outono e primavera. Minsk recibe unha precipitación anual de 690 milímetros, das cales unha terceira parte é no período de frío (como [[neve]] e [[choiva]]) e dous terzos no período de quentamento. Ao longo do ano, sopran ventos do oeste e noroeste traendo aire fresco e húmido do Atlántico.
 
== Administración ==
Minsk está dividida en pequenas unidades administrativas, organizadas en [[1938]], debido ao gran crecemento da cidade. O [[17 de marzo]] de [[1938]], tres distritos foron establecidos, Stalinsky (Zavodski desde [[1961]]), Varashylauski (Savetski desde 1961) e Kahanovichski (Kastrychnitsky desde [[1957]]). Na actualidade a cidade está dividida en nove distritos: Frunzenski, Kastrychnitski, Leninski, Maskouski, Partyzanski, Pershamayski, Savetski, Tsentralny e Zavodzki.
 
 
== Notas ==