Lingua polaca: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
engado control de autoridades
m →‎Historia: Arranxos varios using AWB
Liña 22:
== Historia ==
A historia desa lingua divídese en catro períodos: antigo (séculos XII - XVI), medio ([[século XVI]] - 1780), novo ([[1780]] - [[1945]]) e moderno.
A lingua polaca pertence á rama [[lequítica]] do grupo occidental [[linguas eslavas|eslavo]], xunto con dialectos extintos dos eslavos que viviron ao leste dos ríos [[río Oder|Oder]] (Odra en polaco) e [[río Elba|Elba]]. A historia rexistrada da lingua polaca comeza cunha bula papal en [[latín]], do [[1136]], polo arcebispo de Gniezno, na cal aparecen 410 nomes polacos persoais e xeográficos. O rexistro polaco máis antigo dátase do [[século XIII]], sendo do [[século XIV]] o texto continuo máis antigo.
 
No [[século XVI]] xa se pode falar de lingua literaria máis ou menos normativa, que contén algunhas características do dialecto da rexión da [[Gran Polonia]], no oeste do país, e da rexión da [[Pequena Polonia]], no sueste, estando a historia da época da [[Polonia]] conectada con centros político-relixiosos desas rexións (Gniezno, Poznań e [[Cracovia]]). As influencias diferenciadas de ambos dialectos acabaron coa selección da variante máis próxima ao [[lingua checa|checo]], que tivo forte influencia no comezo do [[século X]], cando o cristianismo entrou na Polonia vía Bohemia. A lingua literaria polaca tivo desenvolvemento continuo desde entón, aínda que o [[latín]] teña sido un serio adversario, concorrendo co polaco ata o final do [[século XVIII]].