Irlanda: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m (GR) File renamed: File:Michael d higgins portrait.pngFile:Michael D. Higgins 2006b.png File renaming criterion #2: To change from a meaningless or ambiguous name to a name that describes what the...
m Arranxos varios using AWB
Liña 52:
'''Irlanda'''<ref name="DRAG">{{DRAG|irlandés}}</ref> ({{Audio|Gl-Irlanda.ogg|pronunciación}}) ({{palabra estranxeira |lingua=ga |palabra=Éire |AFI=[ˈeː.ɾʲə] |son=Eire pronunciation.ogg}}; {{palabra estranxeira |lingua=en |palabra=Ireland |AFI=[ˈaɪərlənd] ou [ˈɑrlənd]|son=En-us-Ireland.ogg}}), oficialmente '''República de Irlanda''' ({{Audio|Gl-República de Irlanda.ogg|pronunciación}}) (en [[Idioma irlandés|irlandés]]: ''Poblacht na hÉireann''; en [[Idioma inglés|inglés]]: ''Republic of Ireland'') é un [[país]] do noroeste de [[Europa]] que forma parte da [[Unión Europea]] (UE). A súa capital é [[Dublín]] (en [[lingua irlandesa|irlandés]]: ''Baile Átha Cliath'' e en [[lingua inglesa|inglés]]: ''Dublin''). No ano [[1949]] declarouse o estado irlandés como a [[República Irlandesa|República de Irlanda]] (en [[lingua inglesa|inglés]] Republic of Ireland, en [[lingua irlandesa|irlandés]]: Poblacht na hÉireann). Ás veces chámaselle coloquialmente a ''Illa esmeralda'', facendo referencia á intensa cor verde dos campos irlandeses. Está no centro e sur da [[illa de Irlanda]] e ocupa a maior parte.
 
A '''Illa de Irlanda''' é polo seu tamaño a terceira illa de [[Europa]] e a vixésima do mundo. Atópase ao noroeste da [[Europa Continental]], no lado occidental do [[Mar de Irlanda]], ao oeste da [[illa de Gran Bretaña]], e atópase rodeada por centenares de illas menores e illotes. Dous países posúen soberanía sobre a illa, a [[República de Irlanda]], un país independente, que ocupa aproximadamente cinco sextas partes da illa, e [[Irlanda do Norte]], unha rexión administrativa do [[Reino Unido]], que ocupa a sexta parte restante, no extremo nororiental da illa.
 
A illa de Irlanda está tradicionalmente dividida en catro rexións ou provincias: [[Leinster]] ([[lingua irlandesa|irlandés]]: ''Laighin''), [[Ulster]] ([[lingua irlandesa|irlandés]]: ''Cúige Uladh''), [[Connacht]] ([[lingua irlandesa|irlandés]]: ''Connachta'') e [[Munster]] ([[lingua irlandesa|irlandés]]: ''An Mhumhain'').
Liña 65:
'''Irlanda''' estivo cuberta por xeo e unida a Gran Bretaña e Europa durante a derradeira [[glaciación]]. Estivo deshabitada até aproximadamente 9.000 anos. Os habitantes da Idade de Pedra chegaron algo despois do 8000 a.d.C, e a cultura progresou dende o mesolítico ó alto neolítico no curso de tres ou catro milenios aproximadamente. Coa Idade de Bronce, que comezou ó redor do 2500 a.C., trouxo a produción de elaboradas ferramentas e ornamentos de bronce e ouro. A Idade de Ferro en Irlanda está asociada ós celtas. Pénsase que colonizaron a illa nunha serie de vagas entre os séculos VIII e I a.C., e que coa derradeira vaga de celtas, foi conquistada a illa e dividida en cinco ou máis reinos. Os romanos chamaban a Irlanda [[Hibernia]].<ref>[http://www.irishclans.com/articles/romansinireland.html Os Romanos e Irlanda] www.irishclans.com</ref> [[Ptolomeo]] no ano 100 fai un estudo da xeografia e as tribos de Irlanda.<ref>[http://www.roman-britain.org/ptolemy.htm A Xeografía de Ptolomeo] www.roman-britain.org</ref>. A relación exacta entre Roma e as tribos de Hibernia non está hoxe clara, xa que as únicas referencias atopámolas nuns poucos escritos romanos.
 
Os historiadores manteñen que no 432, [[San Patricio]] chegou á illa e, nos anos vindeiros, tratou de converter a Irlanda ó [[Cristianismo]].<ref>[http://web.archive.org/web/20040514031610/http://www.bbc.co.uk/religion/religions/christianity/features/stpatrick/index.shtml BBC Online - Christianity - Features - St Patrick] www.bbc.co.uk/religion </ref> As tradicións druídicas desapareceron ante a forza das novas crenzas. As artes da ilustración dos manuscritos, o traballo do metal e a escultura floreceron e produciron tesouros como o [[Libro de Kells]], xoiería, e as traballadas cruces de pedra que cubren a illa. Isto foi interrompido no século IX por 200 anos de guerra contra os piratas viquingos que saqueaban mosteiros e vilas. Eventualmente conseguían establecerse en Irlanda, formando vilas como as actuais cidades de [[Dublín]], [[Cork]], [[Limerick]] e [[Waterford]].
 
En [[1172]], o rei [[Henrique II de Inglaterra]] conseguiu as terras irlandesas co visto e prace do papa inglés [[Adrián IV]], e sobre o século XIII, a lexislación inglesa comezou a ser aplicada á illa. O dominio inglés estivo durante moito tempo limitado á área ó redor de [[Dublín]] e [[Waterford]], pero comezou a expandirse no século XVI co colapso final da superestrutura social e política gaélica; e no século XVII os Tudor reconquistaron Irlanda e comezou a colonización protestante das terras de Irlanda, sendo nesta época cando o dominio inglés se estende por toda a illa. Trala rebelión irlandesa de 1641, ós católicos irlandeses negóuselles o voto e a presenza no [[Parlamento de Irlanda]]. O dominio da nova clase inglesa protestante foi coñecido como o ''ascendente protestante''.
Liña 73:
[[Ficheiro:Ireland Spanish map.gif|miniatura|esquerda|División de Irlanda tralo [[Tratado Anglo-Irlandés]] de [[1921]].]]
 
O [[século XIX]] e os inicios do [[século XX|XX]] viron o auxe do [[nacionalismo irlandés]], especialmente entre a poboación católica máis humilde. [[Daniel O'Connell]] dirixiu unha exitosa campaña non violenta para a emancipación católica. A subseguinte campaña para revogar a Acta de Unión fallou. Máis tarde [[Charles Stewart Parnell]] e outros nacionalistas fixeron unha campaña para acadar unha certa autonomía dentro da Unión, que foi pouco exitosa. Isto provocou o paso do nacionalismo moderado ó separatismo armado.
 
En [[1921]], trala [[Rebelión de Pascua de 1916]], e a subseguinte Guerra Anglo-Irlandesa, foi asinado un tratado entre o Goberno Británico e os líderes da [[República Irlandesa]]. O tratado adoptou a solución de dous estados separados. De Irlanda do Norte pensábase que ía formar un estado autónomo dentro do novo estado libre irlandés a menos que optase polo non. A poboación protestante de Irlanda do Norte temía converterse nunha minoría dentro dun estado maioritariamente católico. Como se esperaba, optou por permanecer como parte do [[Reino Unido]]. Formouse unha comisión para establecer as fronteiras entre os dous estados irlandeses, pero foi abandonada cando recomendou unha maior flexibilidade. Os desacordos sobre o tratado conlevaron un rexurdir do nacionalismo e consecuentemente á Guerra Civil, que rematou en 1923 coa derrota das forzas contrarias ó tratado.
Liña 143:
{{VT|Provincias de Irlanda}}
[[Ficheiro:Cliff of Moher.jpg|miniatura|dereita|260px|[[Cantís de Moher]], [[condado de Clare|co. Clare]].]]
A illa da Irlanda ten unha extensión de máis de 84.421 &nbsp;km², dos cales cinco sextos pertencen á República, constituíndo o restante a [[Irlanda do Norte]] ([[Reino Unido]]). Está bañada ao oeste polo [[océano Atlántico]], ao nordeste polo canal do Norte, ao leste polo [[mar da Irlanda]] e ao sueste e ao sur polo canal de San Xurxo e polo [[mar Céltico]]. A costa occidental da Irlanda consiste principalmente de outeiros e montañas baixas (o punto máis elevado é o Carrauntoohil, con 1.041 m). O interior do país está predominantemente composto por terras agrícolas relativamente chás, atravesadas por ríos como o Shannon e punteado por varios lagos grandes, os "loughs". O centro do país forma parte da bacía hidrográfica do [[río Shannon]], e contén grandes áreas de pao, usados para a produción de trufa.
 
O clima temperado da illa é modificado pola corrente do Atlántico Norte e é relativamente suave. Os veráns raramente son moi quentes, mais é raro que faga moito frío no inverno. As precipitacións son moi comúns, con ata 275 días de choiva por ano nalgunhas partes do país. As cidades principais son a capital, [[Dublín]], na costa oriental, [[Cork]] no sur, [[Gaillimh]] e [[Limerick]] na costa occidental e [[Waterford]] na costa sueste (ver [[cidades da Irlanda]]).
Liña 213:
 
A República de Irlanda tivo un crecemento económico incrible nos últimos anos, nas dúas décadas do período 1980-2000, Irlanda pasou de ser un país de pobreza, a un dos países co [[PIB]] por habitante máis alto do mundo. Isto estivo relacionado coa chegada de innumerables macroempresas mundiais que estableceron a súa sede en Irlanda por exemplo a [[multinacional]] [[Canon Inc.|Canon]]<ref>http://www.canon.ie/About_Us/About_Canon/index.asp Canon.ie informe sobre Canon en Irlanda</ref> ou a franquía [[PC World]]<ref>http://www.pcworld.com/article/ide,120130-page,1/article.html PC World Ireland</ref>
A República de Irlanda é unha [[economía]] pequena, moderna e dependente do [[comercio]] cun crecemento que acada en media un robusto 10% no período [[1995]]-[[2000]].
 
A [[agricultura]], algunha vez foi o sector máis importante, atópase actualmente empequenecida pola [[industria]], a cal representa un 38% do [[Produto Nacional Bruto|PNB]], ao redor do 80% das [[exportación]]s e emprega a 28% da forza laboral. A pesar de manter o seu robusto [[crecemento económico|crecemento]] fundamentalmente a base de exportacións, a economía está sendo beneficiada tamén por unha subida no [[consumo]] e a recuperación dos [[investimentos]] en [[negocio]]s e a [[construción]]. Irlanda é un dos maiores [[exportación|exportadores]] de [[Material|bens]] e [[servizo]]s relacionados co [[software]] no mundo. De feito, moito software estranxeiro, e en ocasións [[música]], é filtrado a través da República para sacar vantaxe da [[política]] de non cobrar impostos sobre regalías de bens con [[copyright]].
 
Durante a década dos [[1990|90]] o goberno irlandés puxo en marcha unha serie de programas económicos deseñados para refrear a [[inflación]], aliviar a carga impositiva, reducir o gasto do goberno como unha porcentaxe do PNB, incrementar as habilidades da forza laboral e promover os investimentos estranxeiros. O Estado uniuse á iniciativa do [[euro]] en xaneiro de [[2001]] (abandonando a [[libra irlandesa]]) xunto con outras dez nacións da [[Unión Europea]]. Este período de elevado crecemento económico levou a moitos a bautizar a República coma ''O [[Tigre Celta]]''. A economía sentiu o impacto da desaceleración da economía global en [[2001]], particularmente no sector de exportación de tecnoloxía de avanzada, onde a taxa de crecemento foi reducida practicamente á metade. O crecemento do PNB permaneceu estable e relativamente robusto, cunha taxa de ao redor do 6% en 2001 e 2002.
 
Nos últimos anos a baixada do consumo, a falta de liquidez e, sobre todo, o ''brusco axuste do sector inmobiliario'' deixaron moi lonxe na memoria estas taxas de crecemento que nada tiñan que envexar aos 'tigres asiáticos'. O último boletín do ''Economic and Social Research Institute (ESRI)'' prevé unha caída do 0,4% do PIB en [[2008]]. Fronte ao 4,5% do ano [[2007]].<ref>[http://www.galiciae.com/nova/13053.html O ''annus horribilis'' de Irlanda], Galiciae.com, 10/07/2008</ref>
Liña 226:
 
=== Etnografía e immigración ===
O pobo irlandés é maioritariamente de orixe [[Celtas|celta]], cunha importante influencia [[viquingos|viquinga]] , anglo-normanda, [[Escocia|escocesa]] e [[gaélica]]. Nas últimas décadas Irlanda experimentou un importante influxo de inmigrantes dos novos estados da [[Unión Europea]]. Estímase que uns 210.000 inmigrantes chegaron de [[Polonia]], [[Lituania]], [[Letonia]] e [[Estonia]]. A comunidade asiática estímase nunhas 22.000 persoas e a [[Nixeria|nixeriananixeria]]na en 9.000.
 
=== Lingua ===
{{Artigo principal|Lingua irlandesa}}
[[Ficheiro:Irlandés.jpg|miniatura|200px|Zonas irlandesas nas que se fala o '''gaélico irlandés''', resaltadas en vermello.]]
O '''irlandés''' ou '''gaélico irlandés''' (''Gaeilge'') é unha [[lingua céltica]] da rama [[goidélico|goidélica]] falada na illa de [[Irlanda]]. Conta, segundo o Goberno de Irlanda, cuns 1.6 millóns de falantes na [[República de Irlanda]], dos que 350.000 son falantes habituais, aínda que estas cifras son controvertidas. Tamén a fala un número indeterminado de inmigrantes noutros países ([[Reino Unido]], [[Canadá]], [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]] e [[Australia]]). É [[Linguas da Unión Europea|lingua oficial]] da [[Unión Europea]] por selo da República de Irlanda.
 
== Deportes ==
{{VT|Irlanda nos Xogos Olímpicos}}
O [[fútbol gaélico]] e o [[hurling]] son os deportes máis populares en Irlanda.<ref>[http://www.irlgov.ie/aboutireland/eng/cultureandsport.asp Irish Government Website Culture and Sport Information] http://www.irlgov.ie </ref> Estes dous, xunto co [[Camogie]], o [[fútbol gaélico feminino]], o [[pelota-man gaélico|pelota-man]] e o [[cuairtean]], conforman os deportes nacionais de Irlanda, coñecidos colectivamente como [[xogos gaélicos]]. Tódolos xogos gaélicos están dirixidos pola [[Gaelic Athletic Association]] (GAA), coa excepción do fútbol gaélico feminino, que está rexido por outra organización. A GAA organízase en base a toda Irlanda con tódolos 32 condados podendo competir; tradicionalmente, os condados primeiro compiten na súa [[Provincias de Irlanda|provincia]], nos campionatos provinciais, e entón os gañadores compiten nun campionato de hurling ou de fútbol a nivel de toda a illa. As oficinas da GAA están localizadas no estadio con capacidade para 82.500<ref>{{Cita web|url=http://www.gaa.ie/page/croke_park.html|título=CROKE PARK REDEVELOPMENT|dataacceso=2007-01-12}}</ref> espectadores en [[Croke Park]] no norte de Dublín. Os principais xogos da GAA dispútanse alí, incluíndo as semifinais e finais dos campionatos de toda a illa. Durante o desenvolvemento do estadio de [[Lansdowne Road]], a competición internacional de rugby foi xogada alí, cun grande éxito. Tódolos xogadores da GAA, incluso os dos niveis máis altos, son afeccionados e non reciben pagas.
O [[rugby]] tamén é un dos predilectos da república, cuxa selección nacional conseguiu destacar en torneos como no prestixioso [[Torneo das Seis Nacións]].