Xamaica: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Vivaelcelta (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m Arranxos varios using AWB
Liña 57:
| notas =
}}
'''Xamaica'''<ref>{{DRAG|xamaicano}}</ref> (en [[lingua inglesa|inglés]] e oficialmente ''Jamaica'') é unha [[illa]] e país das [[Grandes Antillas]], de 240 [[quilómetro|km]] de longo e un máximo de 80 &nbsp;km de ancho, situado no [[mar Caribe]]. Está a 630 &nbsp;km do continente [[América Central|centroamericano]], a 150 &nbsp;km ao sur de [[Cuba]] e a 180 &nbsp;km ao oeste da illa de [[A Española]], na que están [[Haití]] e a [[República Dominicana]].
 
== Orixe etimolóxico ==
O nome da illa procede dunha conxunción do termo que empregaban os nativos ''zenteno'' ou ''"illa das fontes"'', xunto á versión inglesa, ''St. James'', que se instaurou en 1655.
 
Outra teoría é a que opina que o nome provén directamente da denominación [[Arawak]] ''"Xaymaca"''. Na linguaxe dos indios Arawak, poboadores prehispánicos da illa, ''"Xaymaca"'' significa "terra de primaveras". O nome oficial da illa, ''Xamaica'', sería froito da substitución española da ''X'' por ''J''.
Liña 68:
 
== Historia ==
Os primeiros poboadores da illa foron os [[Arawak]], procedentes de [[Sudamérica]], que chegaron á illa entre o [[1000]] e o [[400 adC]]. Crese que estes poboadores extinguíronse tras o contacto cos [[Europa|europeos]], aínda que hai quen afirma que sobreviviron.
 
Xamaica foi reclamada como posesión española despois de que [[Cristobo Colón]] chegará á illa en [[1494]]. Colón usou a illa como un miniestado para a súa familia. O almirante [[Reino Unido|británico]] [[William Penn (almirante)|William Penn]] e o [[Xeral Venables]] tomaron a illa en [[1655]]. Nos seus primeiros 200 anos de dominio británico, Xamaica converteuse no maior exportador mundial de [[azucre]] do mundo, producindo 77000 toneladas ao ano entre 1820 e 1824. Esta produtividade xamais se logrou sen a man de obra escrava traída de [[África]].
 
Ao principio do [[século XIX]], a gran dependencia na escravitude do Imperio Británico fixo que a poboación de negros na illa fose 20 veces maior que a de brancos, situación que ameazaba constantemente con revoltas e conflitos.
 
Tras unha serie de revoltas a [[escravitude]] foi oficialmente abolida en [[1834]].
 
No [[século XX]], Xamaica foi gañando independencia do Reino Unido, en [[1958]] converteuse nunha provincia da Federación das Indias Occidentais, conseguindo a súa total independencia o 6 de agosto de [[1962]].
 
Un crecemento económico importante, de aproximadamente un 6% ao ano marcou os seus primeiros 10 anos de independencia baixo gobernos conservadores liderados polos primeiros ministros [[Alexander Bustamante]], [[Donald Sangster]] e [[Hugh Shearer]]. Este crecemento económico viño promovido polos investimentos en [[bauxita]], turismo, manufacturas e, en menor medida, agricultura. En [[1972]], un cambio de goberno fixo decaer de novo a economía chegando ao extremo de [[1982]] onde o [[PIB]] chegou por baixo dos niveis de 1972. A débeda externa creceu baixo as sucesivas lexislaturas de [[Michael Manley]], acompañada de deficits fiscais, o que propiciou a imposición de medidas de austeridade do [[Fondo Monetario Internacional]].
 
A economía en decadencia, o socialismo internacional de Manley, a súa amizade con [[Fidel Castro]] e o temor ao incipiente [[comunismo]] levaron a unhas eleccións apertadas entre o People's National Party e o Xamaica Labour Party, resultando vencedor este último. A crise económica continuou ata mediados dos 80, axudada polo peche das dúas principais compañías de aluminio do país e o decaimiento do turismo. A finais dos 80 a industria comezou a recuperarse, xunto ao turismo, o que propiciou unha mellora económica tras unha década de crise. O goberno electo desde [[1989]] impulsou reformas económicas que melloraron a situación fiscal.
 
Nos anos setenta os dous partidos políticos predominantes estaban ligados a dúas bandas rivais de [[Kingston]], fortemente armadas. Isto, xunto ao crecente tráfico de [[cocaína]] a mediados dos 80 levou a situacións violentas. Isto levou ás guerras urbanas de Kingston desde 1990 ata a actualidade. As zonas rurais do país están libres do conflito.
 
A capital orixinal de Xamaica era o pobo [[España|español]] de [[Saint Catherine]], a antiga capital colonial. Os españois renomearon a cidade como Santiago de la Vega. En [[1655]] cando os británicos tomaron a illa, a maior parte da capital foi incendiada polas tropas británicas. A cidade foi reconstruída e chamada Spanish Town, permaneceu como capital da illa ata [[1872]], cando Kingston converteuse na capital. aparte de todo isto, Xamaica foi a primeira república en fundarse (1623).
Liña 88:
== Política ==
 
A Constitución xamaicana, promulgada en 1962, establece un sistema de goberno parlamentario, segundo o modelo de Gran Bretaña. O primeiro ministro é o xefe do goberno. O monarca británico é o xefe do Estado e está representado por un gobernador xeral, que se nomea segundo o consello do primeiro ministro.
 
=== Organización territorial ===
Liña 100:
** 3 [[Parroquia de Saint James|Saint James]]
** 4 [[Parroquia de Trelawny|Trelawny]]
** 5 [[Parroquia de Westmoreland|Westmoreland]]
 
* [[Condado de Middlesex, Xamaica|Condado de Middlesex]] no centro, que consta das parroquias:
** 6 [[Parroquia de Clarendon|Clarendon]]
Liña 107 ⟶ 106:
** 8 [[Parroquia de Saint Ann|Saint Ann]]
** 9 [[Parroquia de Saint Catherine|Saint Catherine]]
** 10 [[Parroquia de Saint Mary|Saint Mary]]
 
* [[Condado de Surrey]] no leste, que consta das parroquias:
** 11 [[Parroquia de Kingston|Kingston]]
Liña 118 ⟶ 116:
[[Ficheiro:Jm-map.png|dereita|500px|Mapa de Xamaica]]
 
A illa está composta principalmente por terreo montañoso rodeado dunha pequena franxa de costa. As cidades adóitanse establecer nesta chaira costeira.
 
O clima en Xamaica é tropical, adoita ser cálido e húmido, aínda que nas zonas de montaña pode ser algo máis fresco.
 
A pesar da súa situación, no medio do [[Mar Caribe]], non sofre con tanta frecuencia os furacáns como as súas illas veciñas. Isto débese principalmente ao vento orixinado nas súas montañas, que os desvía.
Liña 126 ⟶ 124:
== Economía ==
:''Artigo principal: [[Economía de Xamaica]]''
[[Ficheiro:DoctorsCaveBeach.jpeg|miniatura|dereita|290 px|Praia xamaicana]]
 
Xamaica é un importante centro [[Turismo|turístico]] rexional, cuxo peso económico creceu nos anos noventa coa axuda de substanciosos investimentos estranxeiros. A súa economía céntrase ademais de no turismo, na produción de [[azucre]] e na extracción de [[bauxita]], industria que xa non se alimenta exclusivamente de capital estranxeiro, posto que en [[1974]] o país comprou accións ás principais extractoras.
 
A actividade [[Agricultura|agraria]] dedícase ao cultivo de produtos para a exportación, como o [[coffea|café]], o [[tabaco]], a [[banana]] e a [[cana de azucre]]; e para o consumo autóctono. Ademais é un tradicional produtor de [[pementa]]. Entre as actividades industriais predominan a transformación de produtos agrarios, a fabricación de [[Cemento (construción)|cemento]], de [[fertilizante]]s, de derivados do [[petróleo]] e a industria téxtil. Porén, todas estas riquezas non reverten igualitariamente sobre a poboación, xa que Xamaica está historicamente dominada por unhas poucas familias adiñeiradas.
Liña 134 ⟶ 132:
== Demografía ==
 
Os xamaicanos son na súa maioría descendentes de africanos (90%), pero hai tamén brancos (10%) (na súa maioría descendentes de ingleses e de estadounidenses anglosaxóns). O idioma oficial e máis falado é o [[lingua inglesa|inglés]]. Tamén hai idiomas crioulos. O [[lingua española|español]] é lingua de pouco menos de 5000 persoas.
 
== Cultura e Relixión ==
[[Ficheiro:Bob-Marley-in-Concert Zurich 05-30-80.jpg|miniatura|dereita|200 px|[[Bob Marley]], icona da música xamaicana.]]
[[Ficheiro:SeanPaul2005.jpg|miniatura|200px|[[Sean Paul]], cantante xamaicano.]]
 
A pesar de ser un país pequeno, [[Xamaica]] é rica en cultura, e famosa nese aspecto no ámbito global.
 
Os xéneros musicais [[ska]], [[reggae]], [[rocksteady]], [[dub]], [[dancehall]], [[ragga]] e [[ragga jungle]], foron todos concibidos en Xamaica. Poida que a música máis popular sexa o [[reggae]], con todo e os seus diferentes estilos e mesturas, dub, dance hall, raggas, raggamufin, early reggae ou reggae roots, dada a coñecer a grande escala polo xamaicano [[Bob Marley]], aínda que é ben sabido que o primeiro destes generos foi o ska, "pai" dos seguintes, atribúese a creación deste xero a "The Skatalites" ou "The Ska-Talites" aínda que historicamente as músicas da illa eran o Mento, o Ghost e o Calypso(como en Trindade e Tobago).
 
A Crenza mais seguida, é o [[Movemento Rastafari]],{{cómpre referencia|data=marzo de 2014}} considerada ultimamente como unha relixión e modelo de vida. Unha das iconas de devandita crenza, foi o mesmo Cantante [[Bob Marley]]; o cal é apreciado como un profeta para o pobo xamaiquino.
 
=== Deporte ===
En [[1998]] [[Selección de fútbol de Xamaica|a selección xamaicana de fútbol]] participou por primeira vez nunha [[Copa Mundial de Fútbol]], en [[Copa Mundial de Fútbol de 1998|Francia '98]]. Compartiu o grupo H xunto a Arxentina, Croacia e Xapón. Perdeu os seus primeiros dous partidos, con Croacia 1 a 3, e logo con Arxentina 0 a 5. Finalmente, gañoulle por 2 a 1 ao seleccionado xaponés. Habendo gañado só 3 puntos, non conseguiu avanzar á seguinte rolda. Logo disto non puido volver disputar outra Copa do Mundo.
 
Por outra banda en [[2005]], [[Asafa Powell]] conseguiu establecer, en probas de [[atletismo]], o [[marca do mundo dos 100 metros lisos]]. A súa marca foi de 9 segundos e 77 décimas.
 
* [[Ficheiro:Olympic flag.svg|50px]] [[Xamaica nos Xogos Olímpicos]]