Cuntis: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Angeldomcer (conversa | contribucións)
m Arranxos varios using AWB
Liña 117:
 
== Xeografía ==
O concello está situado no noroeste da provincia de Pontevedra, e limita cos concellos de [[Valga]], [[A Estrada]], [[Campo Lameiro]], [[Moraña]] e [[Caldas de Reis]]. Ten 79,8  km², e conta con 78 entidades de poboación repartidas entre 8 parroquias.
 
== Historia ==
Liña 137:
Trala [[romanización de Galicia]] os romanos asentáronse preto dos mananciais de augas termais. A vila foi chamada ''Aqua Calidae'', integrada no territorio dos [[cilenos]], moi próxima á mansión ''Aquis Celenis'' ([[Caldas de Reis]]), situada na vía XIX do [[itinerario de Antonino]], que unía [[Lugo]] con [[Braga]].
 
Un dos vestixios máis significativos, aínda que xa desaparecido, é un baño con varios canos que abastecían de auga, que tiña na parte central unha imaxe dun soldado portando unha lanza e un escudo ou dunha [[Minerva]], e ao cal se accedía a través dun corredor abovedado. A estatuíña está en paradoiro descoñecido, conservándose só un debuxo. Unha ara, adicada ao deus Buximus, está depositada na Casa da Cultura. Consérvanse tamén varios elementos arquitectónicos e funerarios desta época, así como gran cantidade de [[tégula]], muíños e moedas.
 
Entre as construcións sobresae a [[Ponte]] Taboada, de dous arcos, na que se conserva a orixinal de fábrica romana e unha ampliación posibelmente medieval ou moderna, baixo unha contemporánea. Até [[1905]] existía unha ponte de orixe romana no centro da vila, que foi demolida para construír unha máis ancha dun só arco. En canto ás vías de comunicación, había dúas principais que atravesaban o val de Cuntis, unha procedente de Caldas e outra da [[Terra de Moraña]]. No entanto, existen posíbeis restos dunha [[calzada romana|calzada]] no lugar de [[Vilar do Mato, Cuntis|Vilar do Mato]] en dirección a Montillón, e outra nas inmediacións da Ponte Taboada e que confirmaría a vía de conexión Cuntis-[[Moraña]]. Ambas as dúas vías uniríanse na vila de ''Aqua Calidae'' e encamiñaríanse cara á parroquia de [[Arcos, Cuntis|Arcos de Furcos]].
Liña 160:
* O Penedo: unha poza do [[río Umia]] próxima á Ponte Taboada e ó lugar de Fontecova. Na zona consérvanse muíños. Era lugar de baño nos meses do verán e podíase atopar o denominado mexillón de río (''Margaritifera margaritifera''), en perigo de extinción e protexido. Entre as aldeas de [[Vilameán, Estacas, Cuntis|Vilameán]] e [[O Casal, Estacas, Cuntis|O Casal]] pódese ver unha casona de cantaría cun gran [[hórreo]], a [[Igrexa (arquitectura)|igrexa]] parroquial e o [[calvario (relixión)|calvario]], rodeados dunha [[Carballo|carballeira]] onde se celebran as romarías.
* Lagoas de Zo: situadas entre os lugares de Zo e [[Mesego, Cuntis, Cuntis|Mesego]], son interesantes por estaren localizadas nunha paraxe natural con amplas vistas do val de Cuntis, [[Salnés]] e terras de Montes e [[A Estrada]].
 
* Senda Peonil da Ponte do Ramo (PR-G 123):<ref>http://www.oportavezal.org</ref> Trátase dunha ruta circular de pequeno percorrido que ten inicio e fin na Ponte do Ramo. Enlaza nun tramo coa PR-G 20 (Circular de Cuntis) e noutro coa GR-94 (Rural de Galicia). No seu comezo discorre pola beira do [[Río Umia|Umia]] e máis adiante segue a vía romana que atravesa o Regato do Foxo en dirección aos petróglifos de [[Cequeril]].