Perl: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot - borrado de comas antes de etcétera [http://academia.gal/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=etc%C3%A9tera]
m Arranxos varios using AWB
Liña 1:
'''Perl''' é unha [[linguaxe de programación]] deseñada por [[Larry Wall]] e creada en [[1987]]. Perl toma características da [[linguaxe C]], da linguaxe interpretada shell ([[Bourne Shell|sh]]), AWK, sede, Lisp e, nun grao inferior, moitas outras linguaxes de programación.
 
Estruturalmente, Perl está baseado nun estilo de bloques como os do C ou AWK, e foi amplamente adoptado pola súa destreza no procesado de texto e por non ter ningunha das limitacións das outras linguaxes de [[script]].
 
== Historia ==
Larry Wall comezou a traballar en Perl en [[1987]] mentres traballaba como programador en [[Unisys]]<ref>{{Cita web|título=Larry Wall |url=http://www.perl.com/pub/au/Wall_Larry|dataacceso=2006-08-20}}</ref> e anunciou a versión 1.0 no [[grupo de novas]] comp.sources.misc o [[18 de decembro]] de 1987. A linguaxe expandiuse rapidamente nos seguintes anos. Perl 2, liberado en [[1988]], achegou un mellor motor de expresións regulares. Perl 3, liberado en [[1989]], engadíu soporte para datos binarios.
 
Ata [[1991]] a única documentación de Perl era unha simple (e cada vez máis longa) páxina de manual [[Unix]]. En 1991 publicouse ''[[Programming Perl]]'', e converteuse na referencia ''de facto'' da linguaxe. Ao mesmo tempo, o número de versión de Perl saltou a 4, non por marcar un gran cambio na linguaxe, senón por identificar á versión que estaba documentada no libro.
 
Perl 4 trouxo consigo unha serie de lanzamentos de mantemento, culminando en Perl 4.036 en 1993. Neste punto, Larry Wall abandonou Perl 4 para comezar a traballar en Perl 5. Perl 4 quedaría nesa versión ata hoxe.
 
O desenvolvemento de Perl 5 continuou en [[1994]]. A lista de correo ''perl5-porters'' estableceuse en maio de 1994 para coordinar o traballo de adaptación de Perl 5 a diferentes plataformas. É o primeiro foro para desenvolvemento, mantemento e adaptación de Perl 5.
 
Perl 5 foi liberado o [[17 de outubro]] de 1994. Foi case unha completa reescritura do intérprete e engadiu moitas novas características á linguaxe, incluíndo obxectos, referencias, paquetes e módulos. A destacar, os módulos provén dun mecanismo para estender a linguaxe sen modificar o intérprete. Isto permitiu estabilizar o seu núcleo principal, ademais de permitir aos programadores de Perl engadirlle novas características.
 
O [[26 de outubro]] de [[1995]], creouse o ''Comprehensive Perl Arquive Network'' (CPAN). [[CPAN]] é unha colección de sitios web que almacenan e distribúen fontes en Perl, binarios, documentación, scripts e módulos. Orixinalmente, cada sitio CPAN debía ser accedido a través do seu propio URL; hoxe en día, www.cpan.org redirecciona automaticamente a un dos centos de repositorios espello de CPAN.
 
En [[2007]], Perl 5 continua sendo mantido. Características importantes e algunhas construcións esenciais foron engadidas, incluíndo soporte [[Unicode]], [[fío en sistemas operativos|Fíos (''threads'')]], un soporte importante para a programación orientada a obxectos e outras melloras. A última versión estable liberada é Perl 5.8.8.
Liña 20:
== Linguaxe interpretada ==
Unha das súas características fundamentais é ser unha linguaxe interpretada (igual ca [[TCL]], [[Python]] etc), que pode ser executada en calquera sistema operativo, con tal de que este teña un intérprete desta linguaxe. Polo tanto, non se compila, senón que é un script interpretado pola máquina.
 
 
== Utilización ==