Londres: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
m Arranxos varios, replaced: {{listaref|2}} → {{Listaref|30em}} using AWB
Liña 36:
|sitio web = {{URL|http://www.london.gov.uk/| london.gov.uk}}
}}
'''Londres''' ({{palabra estranxeira |lingua=en |palabra=London |son=En-uk-London.ogg |AFI=[ˈlʌndən]}}) é a capital de [[Inglaterra]] e do [[Reino Unido]]; atópase ás beiras do [[río Támesis]] na illa de [[Gran Bretaña]]. Segundo os dados do censo do [[2012]], viven 8&nbsp;173&nbsp;194 habitantes na división administrativa do [[Gran Londres]], composta por 32 distritos municipais (''boroughs'') e mais pola [[Cidade de Londres]] propiamente dita ('''City of London'''), nunha área de 1579 &nbsp;km². A aglomeración urbana ten preto de 11,3 millóns de habitantes.<ref name="elcock">{{Cita libro|last=Elcock|first=Howard|title=Local Government: Policy and Management in Local Authorities |publisher=Routledge |year=1994 |isbn=978-0-415-10167-7|page=368|ref=harv}}</ref>
 
Dunha cidade romana chamada ''Londinium'', a capital da rexión administrativa romana Britannia, a cidade acabou por se tornar o centro do imperio británico, contribuíndo hoxe en día co 17% do PNB dun país que é a cuarta maior economía do mundo.
 
Londres ten sido un dos máis importantes centros da política e do comercio mundiais por case dous milenios (a pesar de ter sido [[Winchester]] a capital de [[Inglaterra]] durante gran parte da [[Idade Media]]).<ref name="politics_uk">{{Cita libro|last=Jones|first=Bill|coauthors=Kavanagh, Dennis; Moran, Michael; Norton, Philip |title=Politics UK|publisher=Pearson Education|year=2007|isbn=978-1-4058-2411-8|page=868|ref=harv}}</ref>
Liña 55:
A pesar das evidencias de pequenos asentamentos [[bretóns]] dispersos pola área, o primeiro asentamento maior na cidade de Londres data do ano [[43]] d. C., cando os [[Imperio Romano|romanos]], aproveitando a conquista da illa, fundaron o asentamento de ''[[Londinium]]'' na beira norte do [[río Támesis]]. A antiga vila desenvolveuse preto da primeira [[ponte de Londres]] feita de madeira polos romanos e que lles permitía atravesar o río.
 
O primeiro asentamento de Londres durou preto de dezasete anos. Ao redor do ano [[61]] d. C., a tribo [[celtas|celta]] dos [[icenos]] dirixida pola raíña [[Boadicea]] asaltou o poboado, reducíndoo a cinzas. A seguinte reencarnación da cidade prosperou e substituíu a [[Colchester]] como a capital da provincia romana de [[Britania]] ao redor do ano [[100]] d. C. No cumio do seu apoxeo, no [[século II]], Londres tiña unha poboación de 60.000 habitantes. Porén, no [[século III]], a poboación da cidade comezou a minguar debido a que as tropas asentadas na cidade foran enviadas ao continente para atallar os problemas do [[Imperio Romano]]. Nos seguintes séculos o descenso da poboación foi continuado, ficando a cidade abandonada no [[século V]]<ref name="londononline.co.uk">[http://www.londononline.co.uk/factfile/historical/ "Historical Overview of London Population"], en ''London Online'' {{en}}.</ref>.
 
=== Os Anglosaxóns ===
No ano [[600]] os [[Anglosaxóns]] volveron crear un novo asentamento chamado ''[[Lundenwic]]'' a 1 &nbsp;km da antiga cidade romana, preto do que hoxe é [[Covent Garden]]<ref>[http://www.gatewaysmoving.com/about_moving_to_london_england_uk.htm "Moving to London Relocation Guide"], artigo en ''Gateways Moving'' {{en}}.</ref>. Probablemente houbo un porto dedicado á [[pesca]] e ao [[comercio]] na foz do [[río Fleet]]. O comercio da cidade medrou paseniñamente ata o ataque do [[851]], cando as defensas da cidade foron apancadas por unha grande invasión [[viquingos|viquinga]] que destruíu a cidade. Trala ocupación viquinga, o novo rei [[Alfredo o Grande]], estableceu a paz e mudou a vila para dentro das murallas da antiga Londres romana sendo chamada ''Ealdwic'' ("old city" ou "cidade vella"), nome que sobreviviu ata a actualidade como [[Aldwych]].
 
Máis adiante, baixo o control de varios reis ingleses, volveu prosperar como centro político e comercial. Porén, as invasións dos [[viquingo]]s volveron a finais do [[século X]], chegando ao seu máximo no ano [[1013]] cando a cidade foi sitiada polo rei [[Canuto II|Canuto de Dinamarca]] quen forzou ao rei [[Ethelred II de Inglaterra|Ethelred o Indeciso]] a deixar o trono. Nun ataque de represalia, as tropas de Ethelred conseguiron a vitoria botando abaixo a [[Ponte de Londres]] e restablecendo de novo o control inglés.
Liña 73:
No ano [[1097]], [[Guillerme II de Inglaterra|Guillerme II]] comezou a construción do [[Westminster Hall]], preto da abadía do mesmo nome. A residencia serviu de base ao futuro [[Palacio de Westminster]], a que foi a principal residencia da [[monarquía]] durante a [[Idade Media]]. Westminster converteuse na sede da corte real e do goberno (persistindo na actualidade), mentres a súa veciña, a cidade de Londres, era o centro da industria e do comercio, xermolando baixo a súa propia administración, a Corporación de Londres. Continxentemente, as vilas adxacentes medraron xuntas ata formar as bases do actual centro de Londres, a pesar de que Winchester seguiu persistindo como capital de [[Inglaterra]] ata o [[século XII]].
 
Londres continuou medrando en riqueza e poboación durante a Idade Media. No ano [[1100]] a poboación da cidade roldaba os 18.000 habitantes, no ano [[1300]] a cidade xa chegara aos 100.000<ref>[http://www. name="londononline.co.uk/factfile/historical/ "Historical Overview of London Population"], en ''London Online'' {{en}}.</ref>. Con todo, a [[peste negra]] devastou preto dun terzo da poboación de Londres a mediados do [[século XIV]]. Sen contar a [[revolta campesiña de 1381]], Londres permaneceu relativamente en paz durante as guerras civís acontecidas en Inglaterra ao longo da [[Idade Media]], coma a [[Guerra das dúas rosas]].
 
Tralo exitoso triunfo contra a [[Armada invencible]] en [[1588]], a estabilidade política en Inglaterra, permitiu a Londres medrar aínda máis. En [[1603]], [[Xacobe VI de Escocia e I de Inglaterra|Xacobe VI de Escocia]] converteuse no rei de [[Inglaterra]], unindo esencialmente os dous países. A súa promulgación de leis anticatólicas fixérono impopular ata o punto de que o [[5 de novembro]] de [[1605]] produciuse un intento de asasinato na capital inglesa, a famosa [[Conspiración da pólvora]].
Liña 148:
 
[[Ficheiro:Neasden Temple - Shree Swaminarayan Hindu Mandir - Power Plant.jpg|esquerda|200px|Templo hindú en Londres.|miniatura]]
No censo do [[2001]] preguntouse aos cidadáns londinienses polo seu [[grupo étnico]], o 71,15%, dos sete millóns e medio de persoas que habitan a cidade, clasificaron a súa raza como branca. Neste grupo atópanse os ''White British'' ou británicos brancos (59,79%), ''White Irish'' ou irlandeses brancos (3,07%) or ''Other White'' ou outros brancos (8,29%) —grupo no que se inclúen 180.000 [[Grecia|gregos]],<ref>[http://www.bbc.co.uk/london/content/articles/2005/05/27/greek_london_feature.shtml "Greek London"], artigo da ''[[BBC]]'', xullo de 2008 {{en}}.</ref> 100.000 [[Italia|italianositalia]]nos<ref>[http://news.bbc.co.uk/2/shared/spl/hi/uk/05/born_abroad/countries/html/italy.stm "Italy"], apartado en ''Born Abroad. An inmigration map of Britain'', na web da ''BBC'' {{en}}.</ref>, ao redor de 300.000 [[Polonia|polacos]], uns 100.000 [[España|españois]] e outros individuos brancos de orixe [[Europa|europea]], [[Norteamérica|americana]], [[Sudamérica|suramericana]], [[Australia|australianaaustralia]]na, [[Nova Zelandia|neozelandesa]] ou [[Suráfrica|surafricana]]—. Un 12,09% dos londinienses clasifícase como ''British Asian'' ou asiático-británico, grupo nos que se atopan as persoas de orixe [[India|hindú]], [[Paquistán|paquistaní]], [[Bangladesh|bangladeshíbangladesh]]í e ''Other Asian'' ou outros asiáticos (a maioría provinte de países árabes ou do sueste asiático). Un 10,91 % da poboación de Londres clasificouse no censo como ''Black British'' ou negro británico (ao redor do 7 % de orixe [[África|africana]], o 4,79 % de orixe caribeña, e o 0,84 % como ''Other Black'' ou outros negros). A poboación restante do censo clasificouse como de raza mixta nun 3,15 %; un 1,12% de raza [[China|chinesa]], e un 1,58 % doutras razas (a maioría ten a súa orixe na [[América latina]] —estímase que 60.000 [[Brasil|brasileirosbrasil]]eiros residen en Londres<ref>[http://www.bbc.co.uk/london/content/articles/2005/05/27/brazilian_london_feature.shtml "Brazilian London"], artigo da ''[[BBC]]'', maio de 2008 {{en}}.</ref>, amais das nacionalidades [[Filipinas|filipina]], [[Xapón|xaponesa]], [[Corea|coreanacorea]]na, [[Vietnam|vietnamitavietnam]]ita e ou doutras nacionalidades asiáticas). Aproximadamente un 21,8 % dos habitantes de Londres naceron fóra da [[Unión Europea]]. Os irlandeses da [[República de Irlanda]] e da [[Irlanda do Norte]] que habitan na cidade forman unha comunidade de 200.000 individuos, case o mesmo número que os [[Escocia|escoceses]] e [[Gales|galesesgales]]es que teñen a súa residencia na cidade.
 
En xaneiro do [[2005]], unha enquisa sobre a diversidade étnica e relixiosa de Londres amosou que na cidade se falaban máis de 300 linguas e que existían máis de 50 comunidades non indíxenas con máis de 10.000 individuos<ref>http://www.guardian.co.uk/britain/article/0,2763,1395534,00.html ''en inglés''</ref> A ''Office for National Statistics'' (Oficina para as estatísticas nacionais) publicou que no ano [[2006]] que 2&nbsp;288&nbsp;000 (31 %) dos habitantes da cidade non naceran nela, cifra moito maior cós 1&nbsp;630&nbsp;000 de [[1997]]<ref>http://www.thisislondon.co.uk/news/article-23374397-details/%27One-third+of+Londoners+born+outside+Britain%27/article.do ''en inglés''</ref>. O censo do [[2001]] amosou que o 27,1 % da poboación do [[Gran Londres]] nacera fóra do [[Reino Unido]], dos que unha gran parte non eran de raza branca<ref>http://www.statistics.gov.uk/census2001/profiles/H-A.asp Office for national Statistics ''en inglés''</ref>.
Liña 161:
[[Ficheiro:Canary.wharf.from.thames.arp.jpg|Rañaceos do distrito financeiro de Canary Wharf na Illa de Dogs|miniatura|esquerda]]
[[Ficheiro:Bishopsgate2.jpg|miniatura|175px|Distrito financeiro de Londres]]
Londres é un dos principais centros de negocios internacionais, sendo considerado un dos catro "centros do mando" da economía mundial (detrás de [[Nova York]], [[Tokio]] e [[París]]).
 
Como a segunda maior cidade económica europea, ano por ano, a economía de Londres xera aproximadamente o 19% do [[GDP]] do [[Reino Unido]] (IB). A área metropolitana de Londres xerou aproximadamente o 30% do [[PIB]] do Reino Unido no ano [[2005]].
 
O éxito de Londres como unha [[industria]] de servizo e centro de negocios pode ser atribuído a múltiples factores. O feito de que o [[Lingua inglesa|inglés]] sexa a nova [[lingua franca]], a súa posición como a capital do [[Imperio Británico]], a súa relación próxima cos [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]] e varios países de [[Asia]]. A lei inglesa é a máis importante e a máis empregada nos negocios internacionais, a infraestrutura multicultural (colexios, lugares de traballo, organizacións culturais e sociais), relativamente baixos impostos, particularmente para estranxeiros, un ambiente de negocios amigable (por exemplo, na Cidade de Londres o goberno local non é elixido pola poboación residente senón polos negocios, a Cidade de Londres é logo, unha especie de Democracia Financeira), tamén inflúen a súa boa infraestrutura de transporte, á súa industria aérea e á economía regulada con pouca intervención do goberno.
 
Sobre o 85% (3,2 millóns) da poboación empregada no [[Gran Londres]] traballa en servizos de industrias. Outro medio millón de empregados residentes na zona traballan no mantemento e a construción, case divididos igualitariamente entre os dous.
 
Londres ten cinco distritos financeiros principais, The City, Westminster, Canary Wharf, Camden, Islington, Lamberth e Southwark.
 
As exportacións financeiras fan un gran favor á balanza de pagamentos do [[Reino Unido]], unhas 300.000 persoas están empregadas en servizos financeiros en Londres. Londres ten máis de 480 bancos, máis que ningunha outra cidade no mundo. A Stock Exchange é a maior do mundo en intercambio de accións, máis grande que [[Nova York]] e [[Tokio]] unidos. Ten unha transferencia diaria que supera os 683 billóns de dólares.
 
O [[turismo]] é unha das principais fontes e os empregados chegaron a ser 35.000 con xornada completa en Londres no [[2003]]. Londres é un destino popular para os turistas, atraendo 27 millóns cada ano, só excedido por [[París]] [[Europa|no continente europeo]].
Liña 205:
 
== Notas ==
{{listarefListaref|230em}}
 
== Véxase tamén ==