Noruega: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Substitución automática de texto (-{{Listaref|2}} +{{Listaref|30em}})
m Arranxos varios using AWB
Liña 54:
| nota2 = Noruega ten outros dous dominios asignados, aínda que sen usar a día de hoxe: .sj para [[Svalbard]] e [[Jan Mayen]] e .bv para a [[Illa Bouvet]].
}}
'''Noruega''' (en [[lingua norueguesa|noruegués]]: ''Norge'' ([[bokmål]]), ''Noreg'' ([[nynorsk]]), en [[Linguas saamis|saami]]: ''Norga''), é un [[países nórdicos|país nórdico]] gobernado por unha [[Monarquía parlamentaria|monarquía constitucional]] que ocupa a porción oeste da [[Escandinavia|península escandinava]]. O país fai fronteira con [[Suecia]], [[Finlandia]] e [[Rusia]]. A súa capital e principal cidade é [[Oslo]].
 
Forman parte do Reino de Noruega os territorios árticos de [[Jan Mayen]] e das [[Illas Svalbard]], cuxa soberanía foi establecida polo [[tratado de Svalbard]] asinado en [[1920]]. Porén os territorios meridionais da [[Illa de Bouvet]] na parte sur do [[océano Atlántico]] e a [[Illa Pedro I|Illa de Pedro I]] no sur do [[Océano Pacífico]] considéranse dependencias e polo tanto non conforman parte do reino como tal. Noruega é ademais un dos países que reclama territorio na [[Antártida]], concretamente o sector coñecido como [[Terra da Raíña Maud]].
Liña 61:
 
== Etimoloxía ==
Existen dúas formas de [[lingua norueguesa]] [[escrita]], o [[bokmål]] e o [[nynorsk]], así pois o nome oficial de Noruega é ''Kongeriket Norge'', na primeira normativa e ''Kongeriket Noreg'' na segunda. Ademais do noruegués no país tamén se falan as [[linguas saami]] e o [[lingua finesa|finés]], sendo o nome nestas linguas ''Norga'' ou ''Norgga gonagasriika'' en [[Lingua saami setentrional|saami setentrional]], ''Vuodna'' ou ''Vuona gånågisrijkka'' en [[Lingua saami de Lule|saami de Lule]], ''Nøørje'' ou ''Nøørjen gånkarijhke'' en [[Lingua saami meridional|saami meridional]] e ''Norja'' ou ''Norjan kuningaskunta'' en [[lingua finesa|finlandés]].
 
O nome usual de Noruega no [[antigo nórdico]] era ''Noregr'', ''Nord veg'' ou ''Norð vegri'', que quere dicir "ruta do norte" ou "camiño cara o norte". No [[lingua latina|latín medieval]] o nome utilizado era ''Nor(th)vegia'' e en saxón antigo ''Norþ weg''. O nórdico antigo e o [[nynorsk]] teñen bastantes similitudes cunha palabra do [[Linguas saamis|saami]] antigo que significa "ao longo da costa" ou "ao longo do mar", que se escribe ''nuorrek'' no actual [[Lingua saami de Lule|saami de Lule]]. A presenza de dito arcaísmo é empregado por outros estudosos para estabelecer que a palabra saami é aborixe e non foi tomada das linguas nor-xermánicas. A primeira evidencia escrita do emprego da verba "Noruega" data do [[século IX]] nunha tradución en [[lingua anglosaxoa|anglosaxón]] dun libro de [[Paulo Orosio]], "Sete libros de historia en contra dos pagáns". A tradución foi feita polo rei Alfredo o Grande de [[Wessex]] para incluír un reconto seu das viaxes de Ohthere de Hålogaland, unha aventura viquinga.
Liña 69:
{{Artigo principal|Viquingos}}
[[Ficheiro:Christian-krohg-leiv-eriksson.jpg|miniatura|esquerda|[[Leif Eriksson]] descobre Vinlandia, sendo un dos primeiros europeos en chegar a [[América do Norte]].]]
En Noruega, que non era máis que unha rexión xeográfica sen unidade política, había no [[século VIII]] estados minúsculos cuxos xefes militares eran chamados ''Jarl''. Estes tiñan ao seu servizo homes libres, campesiños e pescadores, que ademais cumprían unha función militar. Á súa vez, os campesiños eran servidos por escravos e servos libres. Considérase que a Era Viquinga en Noruega esténdese aproximadamente dende o [[800]] até o ano [[1100]]. Historicamente, esta época adoita limitarse dun xeito máis específico, dende o ataque á illa de Lindisfarne en [[793]] até a batalla de Stamford Bridge de [[1066]].
 
Dende o [[século VIII]], os Jarl comezaron a organizar expedicións militares fora dos seus territorios, atacando estados europeos por medio de correrías e saqueos. Xunto con daneses e suecos, serían coñecidos como [[viquingo]]s ou [[normandos]]. As campañas norueguesas dirixíronse principalmente ao norte e ao oeste, colonizando a costa setentrional do que hoxe é Noruega, e poboando territorios até entón deshabitados: [[Shetland]], as [[Illas Feroe]] e [[Islandia]]. Desde Islandia, o explorador [[Erik o Vermello]] partiu á colonización de [[Groenlandia]] a fins do [[século X]], chegando o seu fillo [[Leifr Eiríksson]] ao [[América|continente americano]], o cal chamou Vinlandia.
 
Na era viquinga, os Jarl locais comezaron a organizarse por rexións. Os poboados ao redor do [[Trondheim|Fiorde de Trondheim]] uníronse nunha liga rexida por un só ''ting'' (asemblea), mentres no sur de Noruega ocorreu algo similar. A finais do [[século IX]] [[Harald I de Noruega]] asumiu como rei de Vestfold, e a través de alianzas cos Jarl de Håløyg e Møre puido incrementar o seu poder e derrotar aos seus rivais de Hordaland e Rogaland na batalla de Hafrsfjord (no ano [[872]]). Esta batalla foi considerada tradicionalmente como o evento que marcou a unificación do país nun só reino baixo a autoridade de Harald.
 
Porén os sucesores do rei non puideron fortalecer ao poder monárquico e as loitas dos monarcas cos Jarl ou os pretendentes rivais propiciaron a intervención de Dinamarca, convertendo a Noruega nun reino vasalo daquel. O fillo de Harald, [[Haakon I de Noruega]], foi o primeiro rei noruegués en adoptar o [[cristianismo]], pero non puido establecer a nova fe ante a reticencia da poboación, mais o seu sobriño, [[Olav II de Noruega|Olav o Santo]], lograría quince anos despois, fortalecer á monarquía e a Igrexa e establecer estritas leis, pero os seus rivais pediron a intervención de Dinamarca e lograron expulsalo e finalmente, dándolle morte en [[1030]]. A pronta canonización de Olaf influíu en que o seu fillo [[Magnus I de Noruega|Magnus]] ocupase o trono en [[1035]], tras chegar a un acordo co seu rival Hardeknut de [[Dinamarca]]: o que sobrevivise ao outro tomaría o poder de ámbolos reinos, así Magnus herdou o trono de Dinamarca en [[1042]]. Á morte de Magnus, Noruega e Dinamarca separáronse e Harald Hardråde, o sucesor en Noruega, tentou sen éxito conquistar Dinamarca, viaxando en [[1066]] a Inglaterra a reclamar o trono dese país, mais atopou a morte na batalla de Stamford Bridge fronte ao seu inimigo [[Haroldo II de Inglaterra|Haroldo o Saxón]]. Coa súa morte finaliza a Era Viquinga.
Liña 92:
[[Ficheiro:Christian III of Denmark.jpg|miniatura|Cristián III de Dinamarca, rei que introduciu o [[Luteranismo]] en Noruega.]]
[[Ficheiro:Norske Selskab Eilif Peterssen.jpg|miniatura|"Unha tarde na Sociedade Norueguesa" de Eilif Peterssen ([[1814]]), agrupación que fomentou en gran medida o nacionalismo noruegués.]]
Trala rotura da [[Unión de Kalmar]], Noruega mantívose unida a Dinamarca. En [[1536]] Cristián III converteuse en rei de Dinamarca tras unha cruenta guerra civil. En Noruega había certa oposición a que Cristián asumise como rei, principalmente pola súa relixión [[luteranismo|luterana]] e a súa inimizade co campesiñado. Este rei introduciu en [[1537]] a reforma protestante en Dinamarca, e en [[1539]] en Noruega, tras ser recoñecido como rei polo consello real. Ese mesmo ano o consello foi disolto e o país perdeu a súa independencia política. A nova Igrexa seguía os ensinos de [[Martiño Lutero]] e tiña como líder ao rei, quen expulsou ás comunidades monásticas católicas e apropiouse de todas as propiedades da Igrexa católica, que en Noruega alcanzaban preto do 40% das terras.
 
Noruega foi dividida en cinco provincias principais, e cada unha destas foi subdividida en provincias menores. As provincias eran gobernadas por un ''landsmann'', que no seu maior parte eran aristócratas daneses e só en poucos casos nobres noruegueses. Os ''lendmann'' tiñan a responsabilidade de cobrar impostos e dereitos de [[aduana]], recrutar soldados en situacións de guerra, designar sacerdotes e servir de xuíces nos tribunais superiores. O control sobre estes gobernadores nunca foi o mellor e sucedían casos de [[corrupción]].
Liña 109:
Conto a irritación en Noruega foi medrando durante todo o [[século XIX]], e finalmente a unión persoal con Suecia foi disolta en [[1905]], cando o goberno noruegués ofertou o trono de Noruega ao Príncipe Carlos de Dinamarca. Despois dun plebiscito aprobando o establecemento da [[monarquía]], o parlamento elixiuno o rei unanimemente. Tomou o nome de Haakon VII, seguindo a liñaxe dos reis da Noruega independente.
 
Durante a [[Segunda Guerra Mundial]], a [[Alemaña Nazi]] executa a Operación Weserübung, que invade [[Noruega]] e [[Dinamarca]] simultaneamente o [[9 de abril]] de [[1940]]. Dinamarca réndese, mais a Noruega, que posuía unha das maiores frotas marítimas europeas, ademais da súa localización próxima á costa [[Reino Unido|británica]], resiste durante dous meses mentres que as tropas [[Unión Soviética|soviéticas]] entran en territorio noruegués para actuar contra os [[Finlandia|finlandeses]] e cidades como Narvik, Oslo ou Stavanger se vían entre o poder británico e nazi. Igualmente tensa era a situación na fronteira con [[Suecia]], que permaneceu neutra a pesar das frecuentes ameazas de invasión. En [[1949]], Noruega convértese nun dos membros fundadores da [[OTAN]].
 
Na segunda metade do [[século XX]], co desenvolvemento da industria do petróleo, Noruega emerxeu como un dos países máis desenvolvidos do mundo, fortalecendo [[coroa norueguesa|súa moeda]] e desenvolvendo políticas de ben estar social. Foi un dos membros fundadores das [[Nacións Unidas]] e rexeitou mediante referendo o seu ingreso na [[Unión Europea]] en dúas ocasións ([[1972]] e [[1994]]), mais vencellouse a ela coa entrada no área de economía europea.
Liña 116:
[[Ficheiro:Reine Lofoten 2009.JPG|miniatura|Reine, nas illas [[Lofoten]].]]
[[Ficheiro:LodalenPano.jpg|miniatura|Lodalen, na costa occidental de Noruega.]]
Noruega posúe unha área de 385.199  km², unha parte da cal se distribúe entre as súas máis de 150.000 [[illa]]s. Na área continental, predomina a paisaxe de [[montaña]]s, planaltos e [[fiorde]]s. Noruega posúe unha fronteira territorial de 2.542  km, sendo deles 1.619  km con [[Suecia]] ao [[leste]], 727  km con [[Finlandia]] ao nordeste e 196  km con [[Rusia]] no extremo [[norte]]. Ao sur Noruega está separada de [[Dinamarca]] polo estreito de [[Skagerrak]]. A extensión aproximada do país, de norte a sur, é de 1.700 [[quilómetro]]s. As illas de [[Svalbard]] e [[Jan Mayen]] son tamén parte do territorio. A [[Illa de Bouvet]] no [[Atlántico|Atlántico Sur]] e a [[Illa de Pedro I]] no sur do [[Océano Pacífico]] considéranse dependencias e non forman parte do reino. Noruega é un dos países que reclama territorio na [[Antártida]], a [[Dronning Maud|Terra de Dronning Maud]].
 
O terreo glaciar, formado na maior parte por terreos altos e montañas ásperas, a través dos cales aparecen vales fértiles; pequenas e irregulares planicies; liña costeira bastante recortada por fiordes que penetran fondamente no interior e [[tundra]] ao norte. A meirande parte de Noruega é montañosa, mais as montañas non constitúen un sistema montañoso senón unha serie de mesetas que teñen unha altura entre 600 a 900 metros. A orixe do macizo montañoso débese ao pregamento caledonio. Así pois, Noruega ten tres factores orográficos de norte a sur: a meseta de Finmark, os montes Kjolen e as mesetas do suroeste e depresións do sueste de Noruega. O punto máis alto é o Galdhøpiggen con 2.649 m de altitude, sendo ademais o monte mais alto de [[Escandinavia]].
 
Debido á configuración orográfica de Noruega, os ríos son curtos, pero teñen un gran caudal por mor das grandes superficies xeadas das súas montañas que no verán sofren o desxeo. En Noruega os lagos ocupan un 7600  km², que equivalerían aproximadamente ao 2% da superficie total. En Noruega tamén predominan os fiordes e as simas. Noruega posúe aproximadamente trinta parques nacionais, sendo os máis importantes Blåfjella-Skjækerfjella, [[Parque Nacional Rondane|Rondane]] (o primeiro parque nacional de Noruega), [[Parque Nacional Dovrefjell-Sunndalsfjella|Dovrefjell-Sunndalsfjella]], Saltfjellet-Svartisen e [[Parque Nacional Hardangervidda|Hardangervidda]].
 
=== Clima ===
Liña 126:
Tomando en conta que a terceira parte de Noruega atópase en zonas glaciais e que a maior parte está a máis de 300 msnm, compréndese que o clima noruegués é moi frío, pudendo ser o [[clima]] [[clima oceánico|oceánico]], [[clima continental|continental]], subártico ou alpino, con veráns suaves e [[inverno]]s longos e rigorosos, con ventos fortes e alta precipitación de [[neve]]. Porén, a diferenza dos outros países [[Escandinavia|escandinavos]], unha gran faixa litoral do país, á beira do [[Mar do Norte]] e do [[Mar de Noruega]], está quecida pola [[corrente do Golfo]], así pois as correntes atmosféricas que flúen polo suroeste e sur, protexen o país das correntes frías do Polo norte, facendo que mesmo no mes máis frío, [[xaneiro]], haxa rexións con temperaturas medias superiores a 0 °C, sendo máis común precipitacións en forma de [[choiva]] que de [[neve]]. A temperatura máis alta rexistrada no país foi 35,6 °C en Nesbyen, mentres a mínima foi -51.4 °C en Karasjok.
 
En canto as precipitacións as rexións situadas ao oeste dos [[Alpes]] [[Escandinavia|escandinavos]] (Verstlandet e Nordland) son as máis húmidas de Europa, debido á onda orográfica. [[Brekke]] recibe abundantes precipitacións anuais con máis de 3575  mm de media. O outono e comezos do inverno son os meses máis húmidos e os meses de abril a xuño os máis secos. Polo xeral o interior dos fiordes é máis seco que a costa. O número de días ao año con ao menos 3  mm de precipitacións é de 77 en [[Oslo]], 96 en [[Kristiansand]], 158 en [[Bergen]], 93 en [[Trondheim]] e 109 [[Tromsø]].
 
== Política e goberno ==
Liña 362:
Entre os noruegueses máis famosos pódese incluír ao o dramaturgo [[Henrik Ibsen]], os exploradores [[Roald Amundsen]], [[Fridtjof Nansen]] e [[Thor Heyerdahl]], o pintor [[Edvard Munch]], as bandas de música [[Atrox]], [[Dimmu Borgir]] ou [[Troll (grupo musical)|Troll]] e os escritores [[Peter Christen Asbjørnsen]], [[Jo Nesbø]], [[Jostein Gaarder]] ou [[Gunnar Staalesen]] entre os que se atopan os romancistas [[Bjørnstjerne Bjørnson]], [[Knut Hamsun]] e [[Sigrid Undset]], vencedores do [[Premio Nobel de Literatura]] en [[1903]],[[1920]] e [[1928]], respectivamente.
 
Os noruegueses celebran o seu día nacional a [[17 de maio]], chamado Día da Constitución. Nese día, moitas persoas vístense co ''bunad'' (vestimenta tradicional) e a maioría asiste ou participa nas marchas que se realizan por todo o país. A [[Mitoloxía nórdica]] é tamén parte importante da cultura do país, tendo influenciado diversos escritores de varias partes do mundo, como [[J.R.R. Tolkien]], [[Neil Gaiman]], [[Douglas Adams]] e [[Diana Wynne Jones]]. Os [[Troll (mitoloxía)|trolls]] forman parte das cancións e contos populares.
 
Como un país de pescadores, Noruega é famosa pola diversidade e simplicidade da súa gastronomía, moitas veces asociada ao [[bacallau]]. As [[pataca]]s e diversos tipos de [[peixe]]s, [[pan]]s, [[baga]]s, [[cereais]] e [[queixo]]s son consumidos no país, sendo algúns pratos e comidas típicas o [[fårikål]], o lutefisk, o gravlaks, o kransekake, o brunost ou o lompe.
Liña 368:
== Turismo ==
[[Ficheiro:BergenNov08.JPG|miniatura|[[Bergen]]]]
De [[Oslo]], a capital, destaca o Palacio Real, o parque de Vigeland, a Casa do Concello, o museo de naves viquingas, os mercados das zonas do porto así como as pinturas de [[Edvard Munch]], e os próximos trampolíns de esquí de Holmenkollen, onde se celebraron os [[Xogos Olímpicos|Xogos Olímpicos de Inverno]] de [[1952]].
 
O Bryggen, na cidade de [[Bergen]] foi declarado [[Patrimonio da Humanidade]] pola [[Unesco]]. Outra cidade de importancia turística é [[Trondheim]], onde os monumentos máis visitados polos turistas son a Catedral de Nidaros e as cases á beira do río Nidelva.