Albania: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}
m Arranxos varios using AWB
Liña 51:
| nota1 = Tamén son faladas e recoñecidas polo goberno outras linguas minoritarias como o [[lingua grega|grego]], o [[lingua macedonia|macedonio]] ou o [[lingua aromanesa|aromanés]].
}}
'''Albania''' (en [[lingua albanesa|albanés]]: ''Shqipëria'') é un país [[mediterráneo]] do [[Balcáns|sueste de Europa]]. Limita con [[Grecia]] ao sur, con [[Montenegro]] ao norte, coa provincia serbia de [[Kosovo]] no nordeste e coa [[República de Macedonia]] ao leste. Ten 362  km de costa, con litoral no [[Mar Adriático]], ao oeste, e no [[mar Xónico]] no suroeste. Está a menos de 72  km de [[Italia]], a través do [[estreito de Otranto]].
 
Albania é unha democracia parlamentar que aínda segue a transformar o seu sistema económico cara a unha economía de mercado. A súa capital é [[Tirana]]. É membro das [[Nacións Unidas]], da [[OTAN]], da [[Organización para a Seguridade e a Cooperación en Europa]], do [[Consello de Europa]], da [[Organización Mundial do Comercio]] e da [[Organización da Conferencia Islámica]]. Ademais é un candidato potencial á adhesión á [[Unión Europea]] dende xaneiro de [[2003]], solicitando formalmente o seu ingreso o [[28 de abril]] de [[2009]].
Liña 70:
 
=== Idade Media ===
Entre [[1443]] e [[1468]], [[Gjergj Kastriot]] chamado Skanderbeg, xunto con [[Lekë Dukagjini]], dirixiu en nome dos albaneses as loitas conxuntas de [[Serbia|serbios]], [[Bulgaria|búlgaros]], [[Romanía|romaneses]] e outros pobos da zona contra os turcos otománs, converténdose no heroe nacional e unha icona da loita contra o invasor islámico. [[Antonio Vivaldi]] adicoulle unha [[ópera]] a Skanderbeg co mesmo nome. Desta época datan os primeiros documentos escritos en lingua albanesa, en [[alfabeto cirílico]].
 
Nese longo período de ocupación sucederon varios feitos determinantes para a actual cultura albanesa: gran parte da poboación urbana ortodoxa exiliouse, principalmente no sur de Italia e Grecia, mentres que a maioría da poboación que se mantivo no país foi convertida ao [[islam]], longo do sete séculos de ocupación. Trala progresiva conversión ao islam, por interese e supervivencia, e a asimilación turca de gran parte dos albaneses, Albania converteuse nun Estado privilexiado e leal ao Imperio, alcanzando altos cargos na administración do Imperio e tamén como forzas de choque para manter o control sobre [[Grecia]], [[Serbia]], o territorio da actual [[República de Macedonia]] e [[Bulgaria]].
Liña 76:
=== Século XX ===
 
A comezos do século XX no marco da primeira [[Guerras dos Balcáns|Guerra dos Balcáns]] o [[Imperio Otomán]] enfrontouse á [[Liga Balcánica]], formada por [[Serbia]], [[Montenegro]], [[Bulgaria]] e [[Grecia]], sufrindo unha gran derrota e perdendo case tódolos territorios europeos. Co [[Tratado de Londres]] no ano [[1913]], que definiría o repartimento das terras conquistadas entre os aliados, acordaríase apoiar a declaración de independencia de [[Albania]] en novembro de [[1912]], o que supuxo o primeiro estado independente do país, grazas a insistencia de [[Italia]] e o [[Imperio Austrohúngaro]] que non desexaban que [[Serbia]] contara con saída ao [[Mar Adriático]]. Este novo proxecto tería como un dos seus máximos expoñentes políticos a [[Ismail Qemali]], quen sería [[Primeiro Ministro]] entre [[1912]] e [[1914]].
 
O estado independente non duraría moito, xa que na práctica acabou coa [[Primeira Guerra Mundial]], coa ocupación do norte por [[Serbia]] e o sur, o Épiro norte, por [[Grecia]], actuando o resto do territorio como un protectorado de Italia, que puxo no goberno a Ahmet Zogu. Quen pasaría a ser a partir do ano [[1928]] o rei [[Zog I de Albania]], o seu reinado remataría no ano [[1939]] coa invasión da Italia fascista de Musolini e a proclamación como rei de Albania de [[Victor Manuel III]] de Savoia.
Liña 85:
 
[[Ficheiro:07Tirana Sheshi Skenderbej03.jpg|miniatura|[[Tirana]], capital de Albania, hoxe.]]
O primeiro trimestre de [[1997]] foi un momento moi delicado para Albania, na que nunhas poucas semanas o Estado rozou a descomposición e a guerra civil. Dous feitos fundamentais desencadearon esta situación: as caóticas eleccións lexislativas na que resultou gañador o Partido Demócrata de [[Sali Berisha]] e o colapso duns sistemas bancarios de estrutura piramidal que prexudicaron enormemente ao país. A estafa consistía nunha serie de depósitos que xeraban uns intereses irracionalmente altos, e dunha dubidosa solvencia, que a pesar de iso contou co estímulo do Goberno de Berisha baixo o pretexto da expansión do sistema crediticio. Moitos albaneses confiaron as súas escasas propiedades, despois de décadas de comunismo, e incluso hipotecaron as súas casas para obter eses intereses.
 
Isto desencadeou un descontento xeral que se consumou co saqueo dos cuarteis militares e depósitos de armas. Nesta situación de caos e de violencia, antigas vinganzas persoais volveron a aflorar e moitos albaneses iniciaron outra inmigración masiva a [[Italia]] como xa realizaran co derrocamento do comunismo. Un levantamento armado, dirixido por "comités de Salvación" de orientación comunista, estourou en Vlorë e ao sur do país. Saqueos e enfrontamentos ocorreron na capital e as demais cidades. Argumentando o caos, a [[ONU]] aprobou o envío urxente dunha "Forza de Protección Multinacional" de 7.000 soldados liderada por [[Italia]], cuxa avanzada desembarcou en Durres e Vlorë o [[14 de abril]]. O descontento causaron que o Partido Socialista gañara as eleccións de [[1997]]. As Forzas deixaron o país en agosto.
 
Dende [[1990]] Albania está orientada cara "occidente", foi aceptada no [[Consello de Europa]] e na [[OTAN]],<ref name="DW">{{Cita web|url=http://www.dw-world.de/dw/article/0,2144,2681825,00.html |título=Albania, primeiro país en eliminar todo o seu armamento químico}}</ref> pedindo ademais formar parte da [[Unión Europea]].
 
En [[2007]] Albania converteuse no primeiro país do mundo en eliminar todo o seu armamento químico.<ref name="DW"/> O país tornouse membro pleno da [[OTAN]] en [[2009]].
Liña 98:
Albania é un estado cunha superficie total de 28.750 quilómetros cadrados. É moi montañoso, con alturas xeneralizadas de máis de 1.000 metros, cheo de [[cantil|cantís]] e [[montaña]]s. O pico máis alto, o [[Monte Korab|Korab]], chega até os 2.753 metros e atópase no [[distrito de Dibra]]. O 70% do país é accidentado e moitas veces inaccesíbel. As terras baixas só ocupan 1/7 do país e redúcense á chaira litoral e a vales moi estreitos. Os seus principais ríos son o Drin, o Vijosë, o Devoll, o Seman e o Shkumbin. No sueste atópanse os lagos de orixe tectónico chamados Ohrid e Prespa, mentres que ao norte, preto das costas mediterráneas, sitúase o lago de Shkodër.
 
As terras costeiras gozan dun [[clima mediterráneo]], con temperaturas medias anuais de ao redor de 16&nbsp;°C e con invernos frescos e veráns cálidos. En troques, no interior vólvese un [[clima continental]], con medias anuais de 10&nbsp;°C e bruscos contrastes de temperaturas ao longo do ano. Nalgunhas zonas montañosas as precipitacións superan os 2000 &nbsp;mm e as montañas en inverno reciben abondosas nevaradas. Máis dun terzo do territorio do país son bosques e o territorio é moi rico en flora, destacando a vexetación mediterránea con maquías e [[conífera]]s na franxa litoral e no interior montañoso predominan [[Fraga (botánica)|fragas]] de [[conífera]]s e [[caducifolia]]s. Ao redor de 3.000 especies diferentes de plantas crecen en Albania, a maioría utilizadas con fins medicinais.
 
A zona costeira é moi recortada e salpicada de cabos e golfos, cunha lonxitude de ao redor de 362 &nbsp;km e situada entre os mares [[Adriático]] e [[mar Xónico|Xónico]]. Ademais da capital, [[Tirana]], con 726.547 habitantes ([[2008]]), as principais cidades son [[Durrës]], [[Elbasan]], [[Shkodër]], [[Gjirokastër]], [[Vlorë]] e [[Korçë]]. Segundo o [[Fondo Mundial para a Natureza]], o territorio de Albania repártese entre catro ecorrexións:
 
* Bosque mixto dos Alpes Dináricos no extremo norte.
Liña 109:
== Goberno e política ==
{{VT|Primeiro Ministro de Albania|Asemblea de Albania}}
Albania é unha [[república]] [[Parlamentarismo|parlamentaria]] pluripartidista cunha recente [[democracia]]. A súa [[constitución]] foi aprobada, por todos aqueles cidadáns maiores de dezaoito anos, por referendo popular o [[22 de novembro]] de [[1998]] e promulgada o [[28 de novembro]] dese mesmo ano. A cabeza do [[Estado]] é o presidente, elixido polo ''[[Asemblea de Albania|Kuvendi i Republikës së Shqipërisë]]'' (a Asemblea da República de Albania). Os 140 membros da ''Kuvendi'' son elixidos polos albaneses cada catro anos. A cabeza do goberno é o [[Primeiro Ministro de Albania|primeiro ministro]], o cal está asistido por un Consello de Ministros nomeados por el.
 
O poder xudicial organízase no ''Tribunal Constitucional'' e no ''Tribunal Supremo'', cuxo Presidente é elixido por sufraxio universal cada catro anos, e despois múltiples [[tribunal|tribunais]] estabelecidos por [[condado]]s e [[distrito]]s. [[Albania]] non aceptou a xurisdición obrigatoria da [[Corte Internacional de Xustiza]], mais se a xurisdición da [[Corte Penal Internacional]] (para tódolos seus habitantes. Segundo un informe da [[Comisión Europea]] publicado en [[2006]] o 44% dos cidadáns dos Estados membros da [[Unión Europea]] opóñense ao ingreso de Albania dentro de dita organización, contra un 41% que se mostrou a favor.<ref>[http://www.dw-world.de/dw/article/0,2144,2113068,00.html Case a metade dos europeos non queren a Turquía na UE]</ref>
 
=== Divisións administrativas ===
Liña 200:
=== Estradas ===
 
Actualmente as principais cidades do país están conectadas con estradas nacionais de primeira clase. Hai unha estrada de catro carrís que conecta as cidade de Tirana e Durrës e a cidade de Durazzo con Lushnje. Agora Albania está a participar na construción do que serán tres corredores principais de transporte, sendo agora mesmo a principal prioridade a construción dunha autoestrada de catro carrís entre Durrës e [[Pristina]], que unirá [[Kosovo]] coa costa do Adriático albanesa, como consecuencia reducirase o tempo que se tarda en chegar dende Kosovo a Durrës de seis a dúas horas.
 
A segunda prioridade é a construción do Corredor Europeo 8 que unirá Albania coa [[República de Macedonia]] e [[Grecia]], e finalmente a terceira prioridade para o goberno é a construción do eixo norte-sur do país, o que se refire ás veces como a Autoestrada Adriático-Xónico, pois é parte dunha estrada rexional máis ampla que une [[Croacia]] con [[Grecia]] ao longo do Adriático e as costas do Xónico. Cando se completen os tres corredores Albania terá ao redor de 759 quilómetros de autoestrada, conectándoa con tódolos países veciños.
Liña 212:
=== Ferrocarril ===
[[Ficheiro:Albanian railway.jpg|miniatura|Liña de ferrocarril entre Tirana e Dürres]]
O sistema ferroviario foi amplamente promovido polo réxime totalitario de Enver Hoxha, durante os cales o uso do transporte privado foi prohibido. Dende a caída do réxime houbo un aumento considerable do parque automobilístico privado e no uso do autobús. Aínda que algunhas das estradas do país se atopan aínda nun estado moi pobre, houbo grandes avances como a construción dunha [[autoestrada]] entre Tirana e Durrës, que fixeron perder número de pasaxeiros aos ferrocarrís.
 
A primeira liña do país de vía estándar non se construíu até [[1947]], aínda que antes xa se construíran algunhas liñas de vía estreita. Os ferrocarrís en Albania son administrados pola empresa nacional ''Hekurudha Shqiptare''(HSH) que significa ''Ferrocarrís Albaneses''. Opera cun ancho de vía de 1.435 &nbsp;mm (ancho estándar) e tódolos seus trens son arrastrados por locomotoras ČKD diésel-eléctricas [[República Checa|checas]]. En canto a conexións internacionais existe unha liña que conecta con [[Montenegro]], que só foi utilizada para tráfico de mercadorías, aínda que esta liña (de Shkodër a [[Podgorica]]) foi cortada en [[1997]], restaurouse en [[2002]].
 
== Demografía ==
Liña 220:
{{VT|Gregos de Albania}}
[[Ficheiro:Berat.jpg|miniatura|A cidade de Berat]]
No ano [[2008]] Albania tiña unha poboación estimada de 3&nbsp;170&nbsp;048 habitantes, medrando en segundo datos de [[2007]] a un ritmo dun 0,73%. A poboación albanesa é considerada unha poboación moi nova, cunha idade media de 28,9 anos.<ref>[http://web.archive.org/web/20090303205559/http://www.instat.gov.al/graphics/doc/downloads/publikime/femrameshkuj2006.pdf Women, Men and shefit's in Albania 2006]</ref> A esperanza de vida é de setenta e sete años, o media de fillos por muller de 2,03 e o 86,5% da poboación esta alfabetizada. Despois de [[1990]] a poboación albanesa enfrontouse a novos fenómenos como a inmigración, que afectou excesivamente á distribución por distritos e prefecturas. Os distritos do norte viron unha diminución da poboación, mentres que os distritos de [[Tirana]] e Durazzo aumentaron a súa poboación.
 
Albania é un país étnicamente homoxéneo, posto que o 96% da poboación é albanesa (segundo estimacións de [[1989]]), con algunha pequenas minorías, entre as que destacan os [[Grecia|gregos]] cun 1,17%, outras minorías poden son os valacos, [[República de Macedonia|macedonios]], [[Exipto|exipcios]] ou [[Serbia|serbios]]. Con todo, o tamaño da minoría grega é contencioso, posto que o goberno albanés estímaa en 60.000 e o grego en 300.000, esta minoría alega que se atopa nunha situación de discriminación e posúe un partido político propio, o [[Partido da Unión polos Dereitos do Home]]. A lingua dominante é o [[lingua albanesa|albanés]], con dous dialectos principais, o gheg e o tosk. Moitos albaneses tamén falan o [[lingua inglesa|inglés]], o [[lingua italiana|italiano]], o [[lingua grega|grego]], o [[lingua turca|turco]] ou o [[lingua alemá|alemán]].