Estonia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Substitución automática de "Flag_of_Estonian_SSR.svg" por "Flag_of_the_Estonian_Soviet_Socialist_Republic.svg" segundo o ordenou [[commons:User
m Arranxos varios using AWB
Liña 49:
| notas =
}}
'''Estonia''' ({{Audio|Gl-Estonia.ogg|pronunciación}}) ({{palabra estranxeira |lingua=et |palabra=Eesti|AFI=[ˈeːsti]}}), oficialmente '''República de Estonia''' ({{Audio|Gl-República de Estonia.ogg|pronunciación}}) ({{palabra estranxeira |lingua=et |palabra=Eesti Vabariik|AFI=[ˈeːsti ˈʋɑbɑriːk]}}), é un dos tres [[países bálticos]]. O país atópase na [[Europa do norte]] e está constituído por unha porción continental e un grande arquipélago de illas no [[mar Báltico]]. Estonia limita polo norte co [[golfo de Finlandia]] que o separa da veciña [[Finlandia]]. Polo leste o país fai fronteira con [[Rusia]], ao sur con [[Letonia]] e ao oeste co mar Báltico, que o separa de [[Suecia]]. Estonia ten unha poboación de pouco máis dun millón trescentos mil habitantes, distribuídos ao longo de 45 mil [[Quilómetro cadrado|quilómetros cadrados]]. O país é membro da [[Unión Europea]] dende o [[1 de maio]] do ano [[2004]], da [[OTAN]] dende o [[29 de marzo]] do [[2004]] e da [[Eurozona]] dende o [[1 de xaneiro]] de [[2011]].<ref>[http://www.xornal.com/artigo/2011/01/01/mundo/estonia-convierte-decimoseptimo-pais-eurozona/2011010112313900939.html?idioma=gl Estonia convértese no décimo sétimo país da eurozona] xornal.com. Introducida o 01/01/2011</ref>
 
Os [[Estonia|estonianos]] son un [[Pobos fínicos|pobo fínico]] etnicamente vencellado aos [[Finlandia|finlandeses]] e aos [[Laponia (rexión)|saamis]]. O país ten ademais vencellos culturais e históricas cos [[países nórdicos]]<ref>http://www.vm.ee/eng/nato/1210.html</ref>, particularmente con Finlandia, a Suecia e [[Dinamarca]].
 
A [[lingua estoniana]] forma parte das [[linguas ugrofinesas]] grupo que comparte co [[lingua finesa|finés]] e o [[húngaro]], aínda que difire moito deste. Xunto co [[lingua finesa|finés]], o [[húngaro]] e o [[maltés]], o estoniano forma o grupo de [[Linguas da Unión Europea|linguas oficiais da Unión Europea]] que non teñen orixe [[Linguas indoeuropeas|indoeuropea]].
 
Durante séculos os [[Estonia|estonianos]] viviron baixo o dominio doutros pobos que ocuparon a súa terra. A noción de país chegou bastante tarde para os estonianos, apenas na metade do [[século XIX]], cun forte crecemento cultural unido ao crecemento da poboación urbana, e á industrialización do país, que favoreceu a unión dos estonianos e ao movemento nacionalista, resultando nun [[Estado]] independente, establecido en [[1917]].
 
== Etimoloxía ==
Liña 83:
En [[1631]], o rei sueco Gustavo Adolfo forzou á nobreza a respectaren ó campesiñado, aínda que a servidume seguiu existindo. No ano [[1632]] establecéronse unha imprenta e unha universidade na cidade de [[Tartu]] (coñecida como Dorpat naquel tempo). Este período é coñecido na historia estoniana como "o bo vello tempo sueco."
 
Trala [[Gran guerra do norte]], o [[imperio sueco]] perdeu Estonia, a cal pasou a mans [[Rusia|rusas]] (en [[1710]] de facto, en [[1721]] de jure, polo [[Tratado de Nystad]]). Aínda que as clases altas e medias permaneceron formadas por Alemáns bálticos. A guerra devastou á poboación estoniana, quen se recuperou axiña. Aínda que os dereitos do campesiñado foran debilitados, a servidume foi abolida en [[1816]] na provincia de [[Estonia]] e en [[1818]] en [[Livonia]].
 
=== Independencia ===
Liña 102:
 
=== Volta á independencia ===
[[Ficheiro:Flag of Estonia.svg|miniatura|esquerda|150px|Bandeira da [[Estonia]] independente.]]
 
Debido ás dificultades económicas provocadas pola [[Guerra fría]], a [[Unión Soviética]] comezou a debilitarse. Esta situación foi aproveitada en Estonia creándose un movemento para conseguir un autogoberno. No período [[1987]]-[[1989]], no comezo o movemento centrábase máis na independencia económica da Unión, pero co debilitamento desta o movemento volveuse máis e máis independentista.
Liña 110:
Estonia volveu a conseguir a súa independencia o [[20 de agosto]] de [[1991]], coa [[Revolución do canto]] seguido do colapso da [[Unión Soviética]]. O primeiro país en recoñeceren a nova independencia de Estonia foi [[Islandia]], seguido de [[Dinamarca]].
 
As derradeiras tropas [[Rusia|rusas]] marcharon o [[31 de agosto]] de [[1994]]. Dende aquela [[Estonia]] uniuse á [[OTAN]] o [[29 de marzo]] do [[2004]]<ref>http://www.lavozdegalicia.es/hemeroteca/2004/03/30/100000047435.shtml?idioma=galego Bush dá a benvida aos 6 países que se adhiren á OTAN</ref> e á [[Unión Europea]] o [[1 de maio]] do [[2004]].
 
== Política ==
[[Ficheiro:Estonian parliament building.jpg|miniatura|esquerda|[[Riigikogu]], parlamento estoniano]]
A [[Estonia]] é unha [[democracia]] constitucional, cun presidente electo polo [[parlamento]] (eleccións de cinco en cinco anos), que só ten unha cámara. O goberno ou [[pola executiva]], está composto polo primeiro ministro, nomeado polo presidente, e por un total de 14 ministros. O goberno noméao o presidente despois de ser aprobado polo parlamento.
 
O poder lexislativo pertence ao parlamento, denominado ''[[Riigikogu]]'' ou Asemblea do Estado, que ten 101 escanos. [[Ficheiro:Casa Stenbock, Tallinn, Estonia.jpg|Casa Stenbock, sede do goberno estoniano|miniatura|dereita]]
Liña 126:
[[Ficheiro:Hermannsfeste narva.jpg|miniatura|esquerda|Na imaxe, [[Castelo de Hermann]], [[Narva]]. O río Narva constitúe unha fronteira natural entre Estonia e Rusia.]]
[[Ficheiro:En-map.png|dereita|250px|Mapa da Estonia coas principais cidades.]]
Situada entre os 57,3º e os 59,5º de [[latitude]] e os 21,5º e os 28,1º de [[lonxitude]], Estonia é o país máis pequeno e setentrional e dos países bálticos. Situado ó noroeste da gran chaira rusa, está atravesado de norte a sur por outeiros alongados de orixe [[Glaciar|glacial]], aínda que a súa altitude media non chega ós 50m. A súa altitude máxima Suur Munamagi, só mide 318m. Unha cuarta parte do territorio estoniano está cuberto por bosques de [[bidueiro]]s, [[piñeiro]]s e abetos, o 20% está cuberto de terreos pantanosos, o 5% por lagos artificiais e naturais (a maioría moi pequenos, mais o maior, o [[lago Peipsi]] situado na fronteira con [[Rusia]], ten 3 555 &nbsp;km² de superficie) e o resto por praderías. Estonia conta con 3.800km800&nbsp;km de costas, nun litoral recortado, cheo de fiordes que alberga 20 portos e 1.524 illas, entre as que destaca [[Saaremaa]] (2.714km714&nbsp;km²) e [[Hiiumaa]].
 
O país é atravesado por un gran numero de ríos e regatos que desembocan no [[mar Báltico]]; estes son curtos e de escasa profundidade, xa que o curso do máis longo, o [[río Narva]], só e de 77km77&nbsp;km.
 
O clima de Estonia é continental, sobre todo no interior, aínda que moderado pola influencia atlántica. Os invernos son longos e moi fríos e os veráns son curtos, sen temperaturas excesivamente extremas. As [[precipitacións]], en xeral en forma de neve, non son moi abondosas.
Liña 134:
== Divisións administrativas ==
{{Artigo principal|Condados de Estonia}}
A Acta de División Administrativa Territorial, adoptada en [[1995]], dividiu ao país en tres divisións: [[Condados de Estonia|condados]], [[Concellos de Estonia|concellos urbanos]] e [[Concellos de Estonia|concellos rurais]]. Hoxe en día, Estonia atópase dividida en 15 condados, que son divididos en concellos (rurais e urbanos). Os concellos son 227, 34 urbanos e 193 rurais.
 
=== Condados ===
Liña 183:
== Economía ==
{{Artigo principal|Economía de Estonia}}
En [[1999]], [[Estonia]] tivo o seu mellor ano económico dende que obtivo a independencia no [[1991]], en gran medida debido ao impacto da crise financeira rusa de agosto de [[1998]]. Estonia aderiuse á [[Organización Mundial do Comercio|OMC]] en novembro de 1999 – foi o segundo estado báltico a aderir – e proseguiu as conversacións para adhesión á [[UE]], da que forma parte dende o [[1 de maio]] de [[2004]]. A [[privatización]] da enerxía, [[telecomunicacións]], ferroviais e outras empresas estatais é un proceso continuo. A economía estoniana ten sofrido un crecemento rápido, en parte debido á relocalización no país de varias empresas [[Finlandia|finlandesas]]. Ten un sector IT (Tecnoloxías da Información) forte.
 
== Demografía ==
{{Artigo principal|Demografía de Estonia}}
[[Ficheiro:Mulleres estonianas no Solsticio de verán.jpg|miniatura|250px|esquerda|Mulleres estonianas vestidas cos traxes rexionais, celebran o solsticio de verán cantando ao redor da fogueira]]
Os indicadores económicos e [[indicadores sociais|sociais]] de Estonia veñen mellorando sensiblemente nos últimos anos. A taxa de [[desemprego]] caeu do 10,3% da poboación activa no [[2002]] ao 5,9% no primeiro trimestre de [[2007]]<ref name="stat.ee">http://www.stat.ee/files/evaljaanded/2007/pohinaitajad-200705.pdf</ref>. A [[esperanza de vida]] é de 67,3 anos para os homes e de 78,14 anos para as mulleres <ref name="pub.stat.ee">[http://pub.stat.ee/px-web.2001/I_Databas/Population/01Population_indicators_and_composition/02Main_demographic_indicators/02Main_demographic_indicators.asp Stats.ee Sitio oficial de Estatísticas de Estonia]</ref>. O nivel de fertilidade era de 1,55 fillos por muller([[2006]])<ref>[http:// name="pub.stat.ee"/px-web.2001/I_Databas/Population/01Population_indicators_and_composition/02Main_demographic_indicators/02Main_demographic_indicators.asp Stats.ee Sitio oficial de Estatísticas de Estonia]</ref>, menor á cira de 2,1 fillos por muller necesarios para que non se produza un avellentamento da poboación. A taxa de [[mortalidade infantil]] é de 4,4 por cada 1.000 rapaces nados, unha das máis baixas da súa contorna. <ref>[http:// name="pub.stat.ee"/px-web.2001/I_Databas/Population/01Population_indicators_and_composition/02Main_demographic_indicators/02Main_demographic_indicators.asp Stats.ee Sitio oficial de Estatísticas de Estonia]</ref>. As taxas de [[inflación]] véñense mantendo estables ao redor do 4,0%.<ref>http://www. name="stat.ee"/files/evaljaanded/2007/pohinaitajad-200705.pdf</ref>.
 
Nos últimos anos vénse observando un descenso na [[poboación]], cifra ao redor do 0,5%, aínda que non é un caso illado na rexión, producíndose descensos semellantes na maioría dos países veciños. Na actualidade Estonia é un dos países cunha poboación máis xove da Europa desenvolvida, aínda que, de non reverterse este descenso, producirase a medio prazo un avellentamento da poboación que terá como consecuencia a falta de man de obra.
Liña 204:
O maior grupo étnico da Estonia está formado polos estonianos nun 70%. A primeira e a segunda xeración dos emigrantes [[Unión Soviética|soviéticos]] (a maioría de [[Rusia]]) forman o 30% restante. A maioría dos [[Rusia|rusos]] habitan na capital do país ([[Tallinn]]) así como nas zonas industriais do nordeste de Estonia ([[Condado de Ida-Viru]]). Tamén destacan os descendentes dos [[Finlandia|finlandeses]] e os [[Suecia|suecos]], que historicamente habitaron as costas e as illas do noroeste do país, sendo alcumados "rannarootslased" ("Suecos da costa"). A maior parte dos suecos deixou o país en [[1944]], escapando da invasión soviética.
 
A lingua oficial do estado é o [[Lingua estoniana|estoniano]], unha lingua [[Linguas ugrofinesas|ugrofinesa]] achegada ó [[lingua finesa|finés]]. O estoniano foi influído historicamente polo [[Lingua alemá|alemán]], e polo [[Lingua sueca|sueco]]. Ademais da lingua oficial, o [[Lingua rusa|ruso]] é comprendido pola maioría dos estonianos entre os trinta e os setenta anos de idade, debido á súa obrigatoriedade durante os tempos da [[Unión Soviética]]. Hoxe en día, a maioría dos estonianos estudan o [[Lingua inglesa|inglés]] como segunda lingua, substituíndo esta ó ruso nas escolas.
 
No [[Condado de Võru]] no sur do país, hai máis de 70.000 falantes do [[Lingua võro|võro]], lingua relacionada co [[Lingua estoniana|estoniano]].
Liña 215:
 
=== Relixión ===
De acordo coa máis recente enquisa de opinión pública do [[Eurostat]], no [[2005]] <ref> Eurobarómetro, http://ec.europa.eu/public_opinion/archives/ebs/ebs_225_report_en.pdf</ref>, tan só o 16% dos cidadáns estonianos responderon que "Acreditan que exista un Deus", mentres que o 54% responderon que "Acreditan que exista algún tipo de espírito ou forza vital" e o 26% que "Non acreditan que exista calquera tipo de espírito, Deus, ou forza vital". Isto, segundo a enquisa, faría dos estonianos o pobo [[Irrelixión|menos relixioso]] de entre os entón 25 membros da [[Unión Europea]]. Historicamente, con todo, Estonia foi un baluarte do [[Luteranismo]] debido ao seu forte vencello cos [[países nórdicos]]. Durante o período de [[rusificación]], moitos estonianos convertéronse á [[Igrexa Ortodoxa]], aínda que, trala [[Revolución Bolchevique|queda dos czares de 1917]] e a lei de liberdade relixiosa de [[1920]] moitos deixaron a relixión.
 
=== Linguas ===
Liña 229:
 
Como símbolos arquitectónicos nacionais destacan a medieval [[Tallinn]], a barroca [[Narva]], [[Pärnu]], cidade litoral senlleira pola súa arquitectura dos anos [[1930|30]] e [[Tartu]], cidade universitaria de estilo clásico.
 
 
 
=== Teatro ===
A historia do [[teatro]] en Estonia é centenaria. Comezou profesionalmente en [[1906]], da man do director [[Karl Menning]] na cidade de Tartu. Máis adiante, uniuse Tallinn, cidade na cal [[Theodor Altermann]] e [[Paul Pinna]] comezaron a producir as primeiras obras teatrais da capital. Co tempo xurdiron importantes nomes no teatro estoniano, como [[Voldemar Panso]], [[Evald Hermaküla]] e [[Priit Pedajas]].
 
Na súa curta historia, o teatro mobilizou a moitas persoas grazas á súa accesibilidade. No país existe unha [[Ópera]] Nacional, oito Teatros nacionais, tres Teatros municipais e 10 teatros privados, todos eles nas cinco grandes cidades estonianas, alén de númerosas escolas de teatro espalladas polo país.
Liña 248 ⟶ 246:
O impacto de [[Franz Kafka]] na literatura estoniana influiría nas obras de [[Arvo Valton]] (1935), coa novela ''Rataste vahel'' (En rodaxe, 1966); [[Eenn Vetema]] (1936) e [[Mate Unt]] (1943), autor de ''Völg'' (A culpa, 1964), publicada no [[Canadá]] en 1966, ''Hüvasti kollane kass'' (Adeus, gato amarelo, 1963) e o drama ''Phaeton, päikese poeg'' ([[Faetonte|Faetón]], fillo do sol, 1968). Menos importantes foron Un Laht (1924) e Ellen Niit (1928).
[[Ficheiro:Lydia Koidula portrait.jpg|miniatura|esquerda|Lydia Koidula.]]
A literatura moderna de Estonia comezou a desenvolverse a comezos do [[século XIX]] coa poesía de [[Kristjan Jaak Peterson]]. O poema épico nacional ''Fillo de Kalev'', que foi escrito por [[Friedrich Reinhold Kreutzwald]] a mediados dese século inspirado no poema épico [[Finlandia|finlandés]] ''kalebala'' recolle contos, lendas e versos cantados . A lírica experimenta nesta época un auxe con poetas como: [[Marie Under]], [[Lydia Koidula]] que publica en 1867 “O reiseñor de Emajógi”; [[Johannes Barbarus]], autor de “O Home e a esfinxe”.
 
A comezos do [[século XX]], os escritores estonianos adoptan modelos [[Francia|franceses]] e [[Escandinavia|escandinavos]]. Entre os autores polifacéticos figuran: [[Iuhan Liiv]], que publica Obras reunidas en 1904; [[August Kitzberg]], que escribe o drama “O Deus da bolsa” (1915); [[August Jakobson]], o drama “Loita sen liña de fronte” (1947); [[Friedebert Tuglas]], os contos “Repartición de terras” (1906).
 
No primeiro período da independencia, o escritor [[Anton Hansen Tammsaare]] escribiu en 1926 a obra “Verdade e Xustiza” e “Novo Vanapagan de Pórgupóhia” en 1939. Outros novelistas destacados foron [[Iuhan Madarik]], autor do relato “O zapateiro vermello da aldea Miüiksi” (1925), [[Oskar Luts]], coa súa novela “Na sombra das follas de ouro” (1933) e [[Mait Metsanurk]], a novela “Vento vermello” (1928). En poesía destacan [[Iuhan Sütiste]] que escribe “Mar e bosque” (1937); [[Karl E. Sóót]], e “A fouce da lúa” (1937); [[Ana Haava]], e o seu “Canto estoniano” (1935); [[Jean Kárner]], co libro de poesías “Un home na encrucillada” (1932).
 
Durante a etapa soviética, atopamos aos poetas, [[Mart Raud]], autor de “Pontes novas” (1945); [[Vaarandi]], “O soñador na súa fiestra” (1959), e [[Un Laht]], de “¡Contigo, Patria!” (1953). Tamén destacan durante este período autores como [[Johannes Semper]], cos poemas “O sol no sumidoiro” (1930); [[Erni Krusten]], coa súa novela “Diario dun mozo xardineiro” (1941); [[Aadu Hint]], coa novela “Beira ventosa” (1951); [[Egon Rannet]], co drama “O diaño no rabaño” (1949); [[Ralf Parve]] (1919), coas poesías “No posto de combate” (1950) e [[Iuhan Smuul]], as imaxes poéticas “Para que florezan as maceiras” (1951); [[Hans Leberecht]], autor de “Luces de Koordi” (1948), premio nacional de novela; [[Rudolf Sirge]], cun relato de guerra “Na vixilia do novo día” (1947); [[Eduard Mánnik]], coa novela “A loita alóngase” (1950).
 
En anos recentes destaca o poeta [[Jaan Kross]] quen foi mencionado regularmente como candidato ao [[Nobel de literatura]]<ref>{{Cita web |url= http://www.dw-world.de/dw/article/0,2144,1182570,00.html | título= Estonia: el "tigre do Báltico" | ano= 2004 | obra= [[Deutsche Welle]] 26.04.2004 | dataacceso= 14/03/2008 | idioma= español}}</ref>. Á súa volta dos campos de traballo e do exilio interior en Rusia entre 1946 e 1954 como prisioneiro político, Kross renovou a poesía estoniana. Kross comezou a escribir prosa a mediados da década de 1960<ref>[http://www.estlit.ee/index.php?id=646 Jaan Kross] en ''Estonian Literature information Center''</ref>. Kaplinski converteuse no autor máis central e produtivo da poesía modernista estoniana. Escribiu ensaio, teatro ademais de traducir novelas ao estoniano, así mesmo ensinou nas cidades de [[Vancouver]], [[Calgary]], [[Liubliana]], [[Trieste]], [[Taipei]], [[Estocolmo]], [[Bolonia]], [[Colonia, Alemaña|Colonia]], [[Londres]] e [[Edimburgo]], ademais de residir na [[Universidade de Gales (Aberystwyth)]].<ref>[http://www.estlit.ee/index.php?id=625 Jaan Kaplinski] en ''Estonian Literature information Center''</ref>.