Taiwán: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 72:
Oficialmente Taiwán segue considerándose a si mesma como a verdadeira representante de toda a China, polo que legalmente segue sendo unha provincia máis.
 
Tanto a constitución da República Popular da China como a da República da China, o réxime que exerce a soberanía real sobre a illa, consideran o territorio de Taiwán e as [[Illas Pescadores]] como unha provincia da China.
 
Na propia illa, o feito de que desde 1949 o territorio baixo soberanía da República da China coincida case na súa totalidade co da Provincia de Taiwán provocou unha situación paradoxal de duplicidade burocrática, ao solaparse as administracións provincial e nacional. Esta situación levou nos últimos anos a unha progresiva eliminación das institucións provinciais. Ademais, as cidades de [[Taipei]] e [[Kaohsiung]] son na actualidade independentes do goberno provincial de Taiwán, atopándose baixo administración directa do goberno central.
 
A República Popular da China, aínda que reivindica este territorio como provincia propia, nunca exerceu a soberanía política sobre o mesmo.
 
[[Ficheiro:Taiwan map.gif|dereita|250px|Mapa de Taiwán]]