Diferenzas entre revisións de «Asteroide»

m
Arranxos varios using AWB
m (Bot: Engado {{Control de autoridades}})
m (Arranxos varios using AWB)
Dende a [[Terra]] teñen aspecto de [[Estrela (astronomía)|estrelas]], de aí o nome de asteroides (ἀστεροειδής en grego significa "de figura de estrela"). Foi [[John Herschel]] quen lles puxo tal nome pouco despois de que os primeiros fosen descubertos.
 
O [[1 de xaneiro]] de [[1801]] o astrónomo [[Sicilia|sicilianosicilia]]no [[Giuseppe Piazzi]] descubriu desde o Observatorio Astronómico de [[Palermo]] o asteroide ou [[Planetoide|planeta menor]] [[Ceres (planeta anano)|Ceres]], mentres traballaba nun catálogo de estrelas. Este planeta menor foi denominado ''Ceres Ferdinandea'' en honra do entón [[Reino das Dúas Sicilias|rei das Dúas Sicilias]], [[Fernando I das Dúas Sicilias|Fernando I]]<ref name="NEAs">{{cita web |url=http://www.iau.org/public/themes/neo/nea/ |título=Near Earth Asteroids (NEAs) |editor=[[Unión Astronómica Internacional|IAU]] |dataacceso=17 de novembro de 2015 |lingua=en}}</ref> .
 
Ao descubrimento de Piazzi seguírono outros semellantes, pero de obxectos máis pequenos. Hoxe estímase que existen preto de 2 millóns de asteroides cun [[diámetro]] maior que 1 &nbsp;km tan só no Cinto Principal de asteroides; porén, se se suman todas as súas [[masa]]s, o total é o 5% da masa da [[Lúa]].
 
No caso do [[Cinto de Kuiper]] estímase que existen uns 60 millóns de obxectos, cunha masa da orde de 2,5 veces a da [[Lúa]], é dicir, o 3% da terrestre.
=== Asteroides troianos ===
{{Artigo Principal|Asteroide troiano}}
[[Ficheiro:InnerSolarSystem-en.png|250px|miniatura|Imaxe dos [[Asteroide troiano|asteroides troianos]] de [[Xúpiter]] (en cor verde). Os do ''campo grego'' por diante da órbita de Xúpiter e os ''do campo troiano'' tras da órbita de Xúpiter. A imaxe tamén mostra o [[cinto de asteroides]] entre as órbitas de [[Marte]] e Xúpiter (en cor branca).]]
 
Os asteroides troianos son asteroides que comparten órbita cun [[planeta]]. Distribúense en dúas rexións alongadas e curvas arredor dos puntos estables de Lagrange {{mp|L|4}} e {{mp|L|5}}, situados 60° diante e detrás do planeta respectivamente. O nome ''troiano'' débese a que se estableceu a convención de bautizar aos asteroides que ocupaban ditos puntos da órbita de Xúpiter co nome dos personaxes da [[guerra de Troia]].
== Satélites asteroidais ==
{{AP|Satélite asteroidal}}
Algúns asteroides teñen satélites ao seu redor, como o asteroide {{mpl|243 Ida|}} e o seu [[satélite asteroidal]] Dactyl. O [[10 de agosto]] de [[2005]] anunciouse o descubrimento dun asteroide, o {{mpl|87 Silvia|}}, que ten dous satélites xirando ao seu redor, Rómulo e Remo. Rómulo, a primeira lúa, descubriuse o [[18 de febreiro]] de [[2001]] co telescopio W. M. Keck II de 10 metros do observatorio de [[Mauna Kea]]; ten 18 &nbsp;km de diámetro e a súa órbita, a unha distancia de 1.370 &nbsp;km de Silvia, tarda en completarse 87,6 horas. Remo, a segunda lúa, ten 7 &nbsp;km de diámetro e xira a unha distancia de 710 &nbsp;km, tardando 33 horas en completar unha órbita ao redor de Silvia.
 
== Notas ==
393.002

edicións