Catoira: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
m Arranxos varios using AWB
Liña 122:
 
== Xeografía ==
O concello, de 29,1  km², abrangue catro parroquias. Limita ao noroeste co [[río Ulla]] xa na desembocadura na [[ría de Arousa]], ao nordeste con [[Valga]], ao sueste con [[Caldas de Reis]] e ao suroeste con [[Vilagarcía de Arousa]].
 
O punto de maior altitude é no [[monte Xiabre]] (641 m), no límite con Vilagarcía de Arousa e Caldas de Reis. Está comunicada con [[Pontecesures]] e [[Vilagarcía de Arousa]] a través da [[PO-550]], e co [[Península do Barbanza|Barbanza]] (na [[provincia da Coruña]]) a través dunha ponte. Na [[estación de Catoira]] fan parada algúns trens da liña [[Vigo]]-[[A Coruña]].
Liña 129:
O [[Monte das Mámoas]] é un conxunto de dúas [[mámoa]]s do [[neolítico]], situadas na parroquia de [[Oeste, Catoira|Santa Baia de Oeste]], descubertas en [[1956]] por [[Ramón Sobrino Buhigas]]. Teñen uns 22 metros de diámetro cada unha, e están orientadas en dirección N-S. No lugar de Cores (de Abalo) foi atopada en 1988 unha hacha do [[calcolítico]]., feita con rocha metamórfica puída.
 
No río Ulla, preto das Torres do Oeste, foron atopadas varias espada de [[bronce]], conservada en mans de particulares, no [[Museo de Pontevedra]] e no [[Museo Arqueolóxico e Histórico Castelo de San Antón|Museo arqueolóxico da Coruña]]. Esta última ten estoque de bronce con encaixes semicirculares na base. Fáltanlle dúas terceiras partes da empuñadura, conservándose parte dunha das perforacións para un cravo e dous remaches. A folla está moi deteriorada e reducida, con vestixios de finas estrías e dous finos nervios paralelos que se unen no terzo inferior e rematan no pico. Tiña unha lonxitude de 50  cm, cun ancho de 4,5  cm na parte máis grosa.
 
Da [[cultura castrexa]] consérvanse restos do [[castro de Tarrío]], un [[Castro (poboado)|poboado castrexo]] situado preto da igrexa de Dimo no que apareceron restos de cerámica. O [[castro das Torres]] mostra indicios dunha actividade metalúrxica e comercial importante, pois nel apareceron materiais de importación por vía marítima como ánforas, cerámica campesiña e fragmentos de tradición ibérico- púnica. Río arriba hai restos doutros asentamentos arqueolóxicos relacionados co comercio e as comunicacións.