Diferenzas entre revisións de «Alfred Charles Kinsey»

m
Arranxos varios using AWB
m (Bot: Engado {{Control de autoridades}})
m (Arranxos varios using AWB)
Non obstante, en [[1938]] ocorreu un feito que cambiaría o ámbito investigador do doutor Kinsey. Ese ano recibiu o encargo de impartir un curso sobre matrimonio, recentemente incorporado á oferta da Universidade de Indiana. Kinsey centrou as súas leccións nos aspectos biolóxicos do matrimonio. Inmediatamente quedou fascinado ó descubrir a complexidade do comportamento sexual humano e a escaseza, por non dicir, inexistencia de estudos ó respecto. Axiña Kinesy comezou a recompilar historiais sobre a vida sexual dos norteamericanos. Pero o seu traballo neste eido espertou unha forte polémica na comunidade universitaria de Indiana o que obrigou a Kinsey a proseguir as súas investigacións de forma privada. Kinsey elaborou un profuso test e dedicouse a viaxar por todo o este dos EUA en busca de persoas dispostas a relatarlle a súa vida íntima. Para Kinsey foi todo un achado descubrir os submundos da prostitución e da homosexualidade.
 
En 1940 Kinsey puido contar por primeira vez cunha bolsa, ofrecida pola fundación [[Rockefeller]], para continuar o seu proxecto. Inmediatamente contratou e adestrou un grupo de colaboradores. Con este equipo conseguiu confeccionar máis de 18.000 entrevistas. A partir destas entrevistas, Kinsey puido establecer diversas correlacións que estiveron na base do libro que publicou en 1948: ''Sexual Behavior in the Human Male'' ("O comportamento sexual no home"). Ademais o ano anterior á publicación do libro, isto é, en 1947 Kinsey acordou con Herman B. Wells, reitor da Universidade de Indiana, a creación do ''Institute for Sex Research'' ("Instituto para a Investigación Sexual"), rebautizado en 1982 como ''The Kinsey Institute for Research in Sex, Gender, and Reproduction'' ("Instituto Kinsey para a Investigación en Sexo, Xénero e Reprodución").
 
=== A figura pública do doutor Kinsey ===
Kinsey recopilou na súa obra ''O comportamento sexual no home'' publicada en [[1948]], miles de entrevistas persoais que, aínda que adoecen dalgúns problemas legais, metodolóxicos e técnicos importantes, os seus resultados coincidiron en grande medida cos posteriores estudos sobre a conduta sexual masculina realizados noutros países e noutros momentos diferentes.<ref>''Sexual Behavior in the Human Male'', ISBN 978-0-253-33412-1.</ref>
 
Sobre a base de máis de 5.300 entrevistas persoais con homes de raza branca, Kinsey chegou a unha serie de conclusións sobre a [[homosexualidade]]:
 
# O 37 % dos homes entrevistados experimentaron algunha vez un [[orgasmo]] homosexual a partir da [[adolescencia]].
# O 10 % tivo unha conduta estritamente homosexual durante un período de 3 anos como mínimo e entre as idades xa reseñadas.
# Só un 4 % manifestaba unha conduta estritamente homosexual durante toda a súa vida e xa manifesta durante a adolescencia.
# A homosexualidade existía a todos os niveis sociais e ocupacionais.
 
Do seu traballo de [[1953]] sobre o ''Comportamento sexual na muller'', Kinsey realizou 5.490 entrevistas a mulleres de raza branca das cales dedúcese que:
 
# Un 13% de mulleres experimentaran algún orgasmo homosexual a partir da adolescencia.
# Só un 3% das mulleres foran predominantemente homosexuais durante un período de 3 anos como mínimo.
# As mulleres, en contraste cos homes, non adoitaban ser promiscuas e tiñan as súas relacións homosexuais só con 1 ó 2 compañeiras no 71% dos casos.
 
Estes resultados, levaron a Kinsey a confeccionar a ''[[Escala de Kinsey]]'' sobre a heterosexualidade-homosexualidade, onde o grao 0 manifestaba unha heterosexualidade completa e o 6 unha homosexualidade exclusiva e dominante. Aínda así, o seu estudo amosa que a maioría das persoas atopábanse dentro do número 1 ou 2 na súa escala.
 
As conclusións que se extraen da obra de Kinsey diferían radicalmente a apreciación da homosexualidade como fenómeno minoritario: a metade dos homes da mostra estudada tiveran polo menos unha experiencia homosexual (a nivel físico ou de fantasía), aínda que era moi frecuente que tivesen máis dunha, ou ata unha vida homosexual exclusiva (4%). Xa que logo, este tipo de sexualidade non era excepcional, o que viña indicar que a homosexualidade en si non era un índice de patoloxía mental, como demostrarían posteriormente Churchill en [[1967]], Silverstein en [[1972]] ou Martin e Lyon tamén o mesmo ano, quen argumentan nos seus estudos que a maioría de homosexuais masculinos e femininos identifícanse co seu propio sexo, ao contrario do que a miúdo considérase en canto ao afeminamento do home ou a masculinización da muller.
 
O estudo de Kinsey, recibiu numerosas críticas no que á súa metodoloxía e resultados prefírese, das que destacan as realizadas por German en [[1948]].
* [http://www.youtube.com/watch?v=33PlciqfGYw Alfred Kinsey, o científico do sexo]. Reportaxe. Vídeo en YouTube, primeiro dunha serie de nove.
 
{{ORDENAR:Kinsey, Alfred Charles}}
{{Control de autoridades}}
 
{{ORDENAR:Kinsey, Alfred Charles}}
[[Categoría:Personalidades dos Estados Unidos de América]]
[[Categoría:Personalidades da sexoloxía]]
385.528

edicións