Diferenzas entre revisións de «Castela»

m
Arranxos varios using AWB
m (Arranxos varios using AWB)
'''Castela''' (en [[lingua castelá|castelán]]: ''Castilla'') é o nome dunha rexión histórica [[España|española]] que se corresponde con parte dos territorios pertencentes ao antigo Reino de Castela.
 
A primitiva Castela xurdiu durante as orixes da [[Reconquista]] na cabeceira do [[Ebro]], ante o pulo de [[cántabros]] e [[vascóns]]. Dependendo dos autores e as épocas, considérase composto de territorios diferentes. A evolución histórica fai aínda máis imprecisos os seus compoñentes: o [[Reino de Castela]] foi nun primeiro momento un [[Condado de Castela|condado]] dependente do [[Reino de León]], que finalmente se separou deste, e posteriormente formou parte, xunto a outros reinos, da [[Coroa de Castela]].
 
Así, o nome de Castela empregouse na [[Baixa Idade Media en España|Baixa Idade Media]] para denominar á Coroa de Castela, o conxunto de todos os territorios dos monarcas da [[Monarquía hispánica|Coroa]] (por contraposición ao resto de reis hispánicos, os de [[Coroa de Aragón|Aragón]], [[Reino de Navarra|Navarra]] e [[Portugal]]).
 
== Xeografía ==
* As provincias de [[provincia de Ávila|Ávila]], [[provincia de Burgos|Burgos]], [[provincia de Palencia|Palencia]], [[provincia de Segovia|Segovia]], [[provincia de Soria|Soria]] e mais [[provincia de Valladolid|Valladolid]] en [[Castela e León]].
* [[Provincia de Albacete|Albacete]], [[provincia de Cidade Real|Cidade Real]], [[provincia de Cuenca|Cuenca]], [[provincia de Guadalaxara|Guadalaxara]], e máis [[provincia de Toledo|Toledo]] en [[Castela-A Mancha]].
* Boa parte do [[Nacionalismo castelán|movemento castelanista]] político e cultural considera que as provincias de [[Provincia de León|León]], [[Provincia de Salamanca|Salamanca]] e [[Provincia de Zamora|Zamora]] tamén forman parte de Castela<ref>ECHAZARRA, J. Castellanismo (1975-2012): ¿nacionalismo imposible?. Burgos, 2012. 285 p. </ref>. Aínda que é unha posición rexeitada polos sectores políticos [[Leonesismo|leonesistas]].
 
Hai un certo movemento (chamado [[leonesismo]]) en varias provincias, popular e político, que di que non forman parte de Castela as tres provincias do antigo reino de León: [[provincia de León|León]], [[provincia de Salamanca|Salamanca]] e máis [[provincia de Zamora|Zamora]] (as dúas últimas, segundo o momento histórico), incluso certas veces partes de Valladolid e Palencia, que na actualidade si forman parte de Castela e León. Tamén se di que a [[provincia de Albacete]] non é Castela, pois historicamente foi parte da [[Rexión de Murcia]]. Desde certos movementos políticos e culturais incluso se reclaman as comarcas de [[Requena]] e [[Utiel]], actualmente na Comunidade Valenciana, pois historicamente foron parte da [[provincia de Cuenca]].
 
* Poboación: 9&nbsp;521&nbsp;132 habitantes (2003).
* Superficie: 150.281 &nbsp;km².
* Densidade de poboación: 63,4 hab/km².
* Cidades importantes: [[Madrid]], [[Valladolid]], [[Burgos]].
Na época moderna Castela converteuse en nación hexemónica cultural e dominadora económica da Península Ibérica. Despois da [[Guerra de Sucesión Española]] confirmouse o [[lingua castelá|castelán]] coma lingua oficial en toda [[España]] e creouse un modelo de estado xacobino baseado no modelo castelán.
 
Ao creárense as autonomías, Castela a Vella perdeu as dúas provincias de fóra da Meseta, A Rioxa (territorio fronteirizo disputado polos reinos medievais de Castela e Navarra durante a Idade Media, pero que se incorporou a Castela a partir do 1076<ref name=riojanos/>) e máis [[Cantabria]], e engadiuse a rexión de León, formando [[Castela e León]]. Castela a Nova dividiuse na [[Comunidade de Madrid]], que abranguía soamente a provincia de Madrid, e máis Castela-A Mancha, que gañou a [[provincia de Albacete]], cuxos dous terzos do territorio eran casteláns e só un terzo pertencía ao antigo Reino de Murcia, cando Jaime de Burgos creou a provincia e a asignou nominalmente ao Reino de Murcia<ref>[http://avellano-educar.blogspot.com.es/2009/11/n-el-nacimiento-de-una-provincia.html El nacimiento de una provincia] {{es}}</ref>. Debido a este feito, cando se creou a Comunidade de [[Castela-A Mancha]], a maioría dos representantes de Albacete preferiron incorporar Albacete á devandita Comunidade autónoma<ref>[http://www.asc-castilla.org/contenido/index.php/castilla/historia/115-la-cuestion-de-albacete La cuestión de Albacete] {{es}}</ref>.
 
Na actualidade existen algúns [[nacionalismo castelán|partidos nacionalistas]] casteláns minoritarios, coma [[Tierra Comunera]] (TC), hoxe [[Partido Castellano]], ou [[Izquierda Castellana]] (Iz-Ca), que defenden a unión de todas as comunidades autónomas ''castelás''. Ningún destes partidos ten actualmente representación en ningún dos parlamentos autonómicos.
387.713

edicións