Piñeiro: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
m Arranxos varios using AWB
Liña 18:
}}
 
Os '''piñeiros''' son [[árbore]]s [[conífera]]s (raramente [[arbusto]]s) [[perenne]]s pertencentes ao [[Xénero (bioloxía)|xénero]] '''''Pinus''''', da familia ''[[Pinaceae]]'' e da subfamilia ''[[Pinoideae]]'', e xa que logo abrangue diversas [[especie]]s, a maior parte delas nativas do [[hemisferio Norte]]. O piñeiro presenta unha ramificación frecuentemente verticilada e máis ou menos regular.
 
Son hoxe en día comúns na paisaxe galega, maiormente por mor das reforestacións efectuadas nos séculos XIX e XX sobre [[uceira]]s, [[Fraga (botánica)|fragas]] e [[carballeira]]s para o aproveitamento principalmente madeireiro. Con todo o [[piñeiro bravo]] (''Pinus pinaster'') pódese considerar unha especie autóctona, sendo ademais xunto co [[Carballo común|carballo]] e o [[toxo arnal|toxo]] un dos símbolos botánicos do país, que incluso aparece referenciado no [[Himno de Galicia|himno]].
Liña 33:
 
[[Ficheiro:Pinien La Brena2004.jpg|miniatura|250px|esquerda|[[Piñeiro manso]] (''Pinus pinea'')]]
Os piñeiros son [[monoico]]s, é dicir, conteñen [[conífera|órganos]] masculinos e femininos (conos) na mesma árbore. Os conos machos son pequenos, de 1 a 5  cm de ancho, e só aparecen durante un curto período (normalmente na primavera; nun número reducido de especies, no outono), ata que caen cando o seu [[pole]] se dispersa. Os conos femininos botan de 1,5 a 3 anos (dependendo da especie) madurecendo e, logo da [[polinización]], a fertilización aínda pode durar un ano máis. Na súa madurez, os conos femininos teñen de 3 a 60  cm de ancho. Cada cono ten numerosas follas protectoras dispostas en espiral, e cada unha delas contén dúas sementes fértiles. As follas protectoras mais próximas á base do cono son pequenas e estériles, sen sementes.
 
O ritmo de crecemento en espiral das pólas e das agullas e as proporcións das piñas seguen a ratio do [[número de Fibonacci]].
Liña 166:
* ''[[Pinus halepensis]]''. [[Piñeiro carrasco]]<ref>''Termos esenciais de botánica''. Santiago de Compostela, Universidade, 2004</ref>
* ''[[Pinus heldreichii]]''
* ''[[Pinus uncinata]]''. [[Piñeiro negro de montaña]]<ref name="ReferenceA">VV. AA. (2012) ''Vocabulario forestal''. Santiago de Compostela, Universidade / Deputación de Lugo</ref>
* ''[[Pinus nigra]]''. [[Piñeiro negral]]. Chamado [[piñeiro de Córsega]] na súa variedade ''Pinus nigra'' subsp. ''salzmannii'' var. ''corsicana''<ref>''Termos esenciais de botánica''. Santiago de Compostela, Universidade, 2004 e VV. AA. (2012) ''Vocabulario forestal''. Santiago de Compostela, Universidade / Deputación de Lugo</ref> e chamado piñeiro negro de Austria na súa variedade ''Pinus nigra'' subsp. ''austriaca''<ref>VV. AA. (2012) ''Vocabulario forestal''. Santiago de Compostela, Universidade / Deputación de Lugo<name="ReferenceA"/ref>
* ''[[Pinus peuce]]''. Piñeiro de Macedonia.
* ''[[Pinus pinaster]]'' . Piñeiro do país ou [[piñeiro bravo]].
Liña 218:
* ''[[Pinus banksiana]]''
* ''[[Pinus clausa]]''
* ''[[Pinus contorta]]'' - [[Piñeiro contorta]]<ref>VV. AA. (2012) ''Vocabulario forestal''. Santiago de Compostela, Universidade / Deputación de Lugo<name="ReferenceA"/ref>. Especie forestal. Madeira.
* ''[[Pinus coulteri]]''
* ''[[Pinus echinata]]''
Liña 291:
== Uso ==
[[Ficheiro:Pinus radiata.JPG|miniatura|250px|dereita|[[Piñeiro insigne]] (''Pinus radiata'')]]
O piñeiro é a [[especie]] comercialmente máis importante para a produción de [[madeira]] nas rexións [[temperada]]s e [[tropical|tropicais]] do [[planeta]]. Moitos deles son utilizados como [[materia prima]] para a produción da [[celulosa]], que se emprega na fabricación de [[papel]]. A razón principal é que o piñeiro é unha [[madeira]] de rápido crecemento. Ademais tamén pode plantarse cunha gran densidade poboacional e a caída das súas agullas produce un efecto alelópatico en plantas doutras especies, ou sexa, as follas inhiben o crecemento doutras plantas, o que provoca unha redución na competición por [[auga]], [[luz]] e [[nutriente]]s nos piñeirais. Un exemplo típico é o do ''[[Pinus radiata]]'' D. Don.
 
A [[resina]] dalgunhas especies é importante fonte de [[pez|brea]] da cal se extrae [[trementina]] e outros [[Aceite esencial|aceites esenciais]]. Algunhas especies teñen sementes comestíbeis que se poden cociñar ou asar. Algunhas especies úsanse como [[árbore de nadal|árbores do nadal]] e as súas piñas (conos con piñóns) e ramos empréganse adoito en decoracións. Moitos piñeiros úsanse tamén como plantas ornamentais en parques e xardíns, en especial as especies ananas. Tamén existe unha longa tradición oriental, especialmente na [[China]] e no [[Xapón]], e ben difundida entre as culturas occidentais modernas, de cultivar miniaturas artísticas das máis diversas especies de piñeiros, os [[bonsai]]s, un termo emprestado do [[Lingua xaponesa|xaponés]].