Mamíferos: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Substitución automática de texto (-{{Listaref|2}} +{{Listaref|30em}}); cambios estética
m Arranxos varios using AWB
Liña 27:
}}
 
Os '''mamíferos''' ('''''Mammalia''''') son unha [[clase (bioloxía)|clase]] de [[amniotas]] que se caracterizan pola súa [[homeotermia]]. Distínguénse de outros amniotas, como o son os [[réptil]]es e as [[aves]], pola mandíbula inferior formada por un único [[óso]], o [[maxilar inferior]] (tamén chamado [[dentario]]), por presentaren tres ósos medios na [[cadea de ósos do oído]], por teron os [[dente]]s moi especializados, pola presenza dun [[padal secundario]], pola de [[Pelo|pelaxe]], un [[olfacto]] moi desenvolvido, polo seu [[neocórtex]] e pola produción de [[leite]] das [[femia]]s para alimentar ás súas crías. O cerebro dos mamíferos regula a tempratura corporar e o [[sistema circulatorio]], incluído o [[corazón]]. Os mamíferos abranguen aos animais máis grandes do planeta, as baleas [[Balaenopteridae|rorcuais]], así como os máis intelixentes ou con maior capacidade cognitiva; como son os [[elefante]]s, algúns [[primate]]s e [[cetáceo]]s. Antomicamente, o corpo é de catro patas adaptadas aos medios terrestres, mais algúns mamíferos están adaptados á vida mariña, arbórea, no aire ou sobre dúas pernas. O grupo máis grande de mamíferos, os [[placentarios]] teñen [[placenta]] e alimentan as crias despois do remate do empreñe. O tamaño dos mamíferos vai de tan só 30 ou 40 milímetros a 33 metros de longo.
 
A ciencia que estuda os mamíferos denomínase [[terioloxía]].
Liña 57:
** '''Premolares''', planos e destinados a esmagar os alimentos.
** '''Molares''', de estrutura moi semellante aos anteriores, pero máis anchos.
 
* No tronco sitúase a [[columna vertebral]], dividida en rexións cervical, [[tórax|torácica]], [[lombo (anatomía)|lumbar]], sacra e coccíxea. Nalgunhas especies as [[vértebra]]s da rexión caudal están moi reducidas. Nas vértebras torácicas articúlanse as [[costela]]s.
 
* As extremidades, aínda que basicamente son de tipo ''quiridio'' e presentan sempre a mesma organización pero adoitan sufrir modificacións acordes ao modo de desprazamento de cada [[especie]]. Así, nos mamíferos acuáticos transfórmanse en [[aleta]]s para nadar e nos [[morcego]]s os dedos das extremidades anteriores alónganse moito e permanecen unidos por unha ancha membrana ou [[pataxio]]. Nos mamíferos terrestres tamén se producen lixeiras variacións, dependendo da parte da extremidade que se apoie ao andar: os que apoian todo o pé denomínanse [[plantígrado]]s; os que apoian os dedos, [[dixitígrado]]s, e os que unicamente tocan o chan coas últimas falanxes, [[ungulígrado]]s.
 
Liña 147 ⟶ 145:
O ''[[World Register of Marine Species]]'' dalle aos ''Cetartiodactyla'' a categoría de [[orde (bioloxía)|orde]], polo que habería que considerar aos cetáceos e aos artiodáctilos como [[orde (bioloxía)|subordes]].<ref name=W/>
 
Pola súa parte, a ''Animal Diversity Web'' outorga a este grupo a categoría de [[orde (bioloxía)|superorde]], incluído as ordes de cetáceos e artiodáctilos.<ref>[http://animaldiversity.ummz.umich.edu/accounts/Cetartiodactyla/classification/ ''Cetartiodactyla''] en ADW.</ref>
 
=== Filoxenia ===
Liña 162 ⟶ 160:
 
==== Árbore filoxenética ====
Cladograma,<ref name=Liaoconodon2011>[http://www.nature.com/nature/journal/v472/n7342/full/nature09921.html?WT.ec_id=NATURE-20110414#/supplementary-information] Meng ,Wang e Li. Transitional mammalian middle ear from a new Cretaceous Jehol eutriconodont. Nature. Vol 472, 7342. páx 181–185. 2011.</ref>
con mamíferos, grupo Mammalia, como principal.
 
<center>
Liña 199 ⟶ 197:
{{Artigo principal|Evolución dos mamíferos}}
[[Ficheiro:Procynosuchus BW.jpg|miniatura|esqueda|Restauración dun ''[[Procynosuchus]]'', un membro do grupo dos [[cinodonto]]s, e que inclúe aos antecesores dos [[mamífero]]s]]
A '''evolución dos mamíferos''' pasou por moitos puntos dende a aparición dos seus devanceiros [[sinápsidos]] no período de finais do [[Carbonífero]]. A metade do [[Triásico]] aparecen moitas especiesde sinápsidos que semellan mamíferos. A liña que dá lugar aos mamíferos de hoxe en día escíndese no [[Xurásico]]; unha liña que inclúe a ''[[Dryolestes]]'', que é máis próximo as actuais [[placentario]]s e [[marsupiais]] ca aos [[monotrema]]s, así como a ''[[Ambondro mahabo|Ambondro]]'', máis achegado aos [[monotrema]]s<ref>[http://digitallibrary.amnh.org/dspace/bitstream/handle/2246/5857/v3/dspace/updateIngest/pdfs/N3566.pdf?sequence=1] Rougier ''et al.''. New Jurassic mammals from Patagonia, Argentina: A reappraisal of australosphenidan morphology and interrelationships. American Museum Novitates, 3566, páx 1–54. 2007.</ref>. A continuación as liñas de [[eutheria]] e [[metatheria]] sepáranse. Destas, os metaterios serán os animais máis achegados aos actuais marsupiais mentres que os eutheria son os máis achegados aos placentarios. Xa que ''[[Juramaia]]'', o eutherio máis recente coñecido, viviu hai 160 millóns de anos no Xurásico, esta diverxencia debeu ter ocurrido nese período.
 
O evento de [[extición do Cretáceo-Paleoceno]] provocou a extinción de todos os dinosaurios non aviarios (os paxaros son unha liña que xorde dos dinosaurios e a única hoxe en día viva) e é nese momento cando grupos de mamíferos, placentarios e marsupiais diversificáronse ocupando novos nichos ecolóxicos durante o [[Paleoxeno]] e o [[Neoxeno]]. Ao final deste período están xa presentes todas as ordes de mamíferos modernos.
 
Os mamíferos son os únicos [[sinápsido]]s que actualmente persisten<ref>[http://www.ucmp.berkeley.edu/synapsids/synapsida.html] Ben Waggoner-. Introduction to the Synapsida. University of California Museum of Paleontology. 1997.</ref> A liña de sinápsidos diverxeu da liña dos [[saurópido]]s no final do [[Carbonífero]], hai entre 320 e 31 millóns de anos atrás<ref name=Amniota />. Os sauropidos son hoxe os réptiles e aves xunto con outros animais extintos máis achegado aos mamíferos<ref name=Amniota>[http://web.archive.org/web/20101220205005/http://palaeos.com/Vertebrates/Units/190Reptilomorpha/190.400.html#Amniota] Amniota - Palaeos. White, A. T. 2005 {{En}}</ref>. Isto non inclúe aos mamíferos semellantes a réptiles, un grupo máis achegado aos mamíferos.
 
Ao longo do [[Pérmico]], os sinápsidos eran principalmente carnívoros mais con un varios herbívoros relevantes. No período do [[Triásico]] un grupo anterioremente non dos principais, os [[arcosauro]], convertéronse nos vertebrados dominantes. Os [[mamaliaformes]] apareceron durante este período; cun olfacto moi sensible e cun cerebro máis desenvolto, introducíronse en nichos nocturos e grazas a isto expuxéronse menos a predación de arcosauros. O estilo de vida nocturno puido ter contribuído a trazos característicos principais dos mamíferos como seren [[Endotermia|endotérmicos]] e ter pelo. Mais adiante no Mesozoico, despois de que os dinosaurios [[Theropoda|terópodos]] desprazaran aos [[rauisuchia]]nos como os carnívors dominantes, os mamíferos conquistaron novos nichos. Como caso disto, algúns fixéronse [[Castorocauda|actuáticos]], algúns [[Volaticotherium|voadores]] e incluso outros chegaron a se alimentar de dinosaurios xuvenís.
 
A maior parte das mostras da evolución dos mamíferos básase en xacementos de [[fósil]]es. Aínda que as gándulas mamais son unha característica fundamental dos mamíferos modernos, pouco se sabe acerca da evolución da [[Seo (anatomía)#Lactancia|lactancia]]. Isto débese a que sendo un tecido brando non se conserva no rexístro fósil. Moita da evolución dos mamíferos céntrase, pola contra, na forma dos dentes e nas partes máis duras do corpo de tetrápodos.