Coloso de Rodas: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}
m Arranxos varios using AWB
Liña 22:
Os [[enxeñeiro]]s modernos teñen teorizado unha hipótese plausible de como se construíu a estatua, baseada na tecnoloxía daqueles días, que non se fundamentaba nos principios modernos de enxeñaría antisísmica, e nos relatos de Filón e [[Plinio o Vello|Plinio]].
 
O pedestal da base, de polo menos 18 m de diámetro, foi circular ou octogonal. Os pés foron tallados en pedra e cubertos con placas de bronce finas cravadas xuntas e oito barras de ferro forxadas en posición horizontal formaban os nocellos, erguéndose seguindo as liñas das pernas, sendo cada vez máis pequenas. Individualmente, cada placa de bronce fundido era de 60 polgadas cadradas (0,04 metros cadrados), unidas por remaches a través de buracos, formados durante a coada, para formar unha serie de aneis. As placas eran de menos de 25  mm de espesura no xeonllo e 19 milímetros entre os xeonllos e o abdome, mentres que as placas superiores eran de entre 6 e 12 milímetros, excepto cando se requiría unha forza adicional nas articulacións, como nos ombreiros, pescozo etc. As pernas debían estar enchidas polo menos até os xeonllos con pedras para que fose estable.
 
Unha simulación por computador desta construción indicou que é posible que un sismo causase un fallo en cadea, facendo que a estatua rompese nas articulacións mentres que seguía en pé en lugar de romper despois de caer ao chan, tal como se adoita describir. Así, os brazos serían os primeiros en romper, seguidos polas pernas. Os xeonllos eran menos propensos a crebarse e a supervivencia dos nocellos dependería da calidade da man de obra.
Liña 37:
{{Cita|Claro, home! El pasease polo mundo, que lle semella estreito,<br />coma un coloso, e nos, míseros mortais,<br />temos que camiñar baixo as súas pernas enormes<br />e atisbar por todas partes para achar unha tumba ignominiosa.}}
 
Shakespeare tamén alude ao Coloso en "Troilo e Crésida" (V.5) e en "Henrique IV, Parte 1" (V.1).
 
Aínda que estas imaxes alimentan a idea equivocada de fantasía, a mecánica da situación revela que o Coloso non podería ter estado ao carricho sobre o porto tal como se describe na "Bibliotheca Classica" de Lemprière ([[1788]]). Se a estatua se achase nesta postura sobre o porto, toda a boca do mesmo estaría completamente pechada durante a totalidade da construción, ademais tampouco os antigos [[Rodas|rodios]] tiñan os medios para dragar e volver abrir o porto despois da construción. Ademais, cando caeu a estatua no ano [[-224|224 a.C.]], se estivese ao carrincho sobre a boca do porto, bloquearía totalmente o porto, tendo tamén en conta que os antigos non tiñan a capacidade de eliminar a estatua enteira do porto, xa que se non, non quedaría visible na terra os seguintes 800 anos, como se indicou anteriormente. Mesmo ignorando estas obxeccións, a estatua era de bronce, e unha análise de enxeñaría demostrou que non se puido construír nesa posición sen colapsar polo seu propio peso.