Viveiro: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
m Arranxos varios using AWB
Liña 54:
'''Viveiro''' é un [[concello]] e unha [[cidade]], situada na [[provincia de Lugo]], na comunidade autónoma de [[Galicia]]. O mesmo tempo, está situado dentro da [[comarca da Mariña Occidental]], da cal é a súa capital. Nela tamén se atopa a sede do [[Partido xudicial de Viveiro|partido xudicial número 6]] da provincia.
 
O seu [[termo municipal]] está situado na rexión costeira da [[Mariña de Lugo|Mariña]], ocupando unha superficie de 109,3  km². Este territorio sitúase no val formado polo [[río Landro]], que se estende polo sur dende os pedemontes da [[Serra do Xistral]], e que desemboca ó norte na [[ría de Viveiro]], que é unha das rías pertencentes á rexión das [[Rías Altas]], que desembocan ó [[mar Cantábrico]].
 
A fundación de Viveiro data da [[Idade do Ferro]], como se pode ver nos numerosos [[Sitio arqueolóxico|sitios arqueolóxicos]] de asentamentos celtas. A partir dos séculos XII e XIII, Viveiro comezou a tomar especial relevancia, coa puxanza da vila medieval, da que hoxe aínda se conserva o seu casco antigo.
Liña 63:
O nome Viveiro procede do idioma [[latín]], ''Vivarium''. Dende un punto de vista [[etimoloxía|etimolóxico]], ''Vivarium'' significa un terreo onde se cultivan árbores e plantas o un lugar onde se manteñen ou se crían, dentro da auga, peixes, moluscos e outros animais. Co paso dos séculos, este foise transformando en ''Vivario'', ''Vivairo'' e ''Viveiro''.
 
Non obstante, existen algúns historiadores, coma Boulet, que consideran que o nome Viveiro non procede do latín senón das [[lingua celta|linguas célticas]], sendo unha composición das palabras ''Bi'' (montaña) e ''Ber'' (empinada), teoría esta que se reforza ó estar a localidade na saia de montañas empinadas.<ref>{{cita libro|título=Estudios sobre la época céltica en Galicia|nome=Leandro|apelidos=de Saralegui y Medina|ano=1867}}</ref>
 
O seu xentilicio <small>(véxase no Galizionario)</small> é «{{Dic|viveirés}}», «{{Dic|viveirense}}» ou «{{Dic|vivariense}}».
Liña 71:
== Símbolos de Viveiro ==
; Títulos
Viveiro ostenta a categoría histórica de [[cidade]], cos títulos de «Moi nobre e moi leal» e con tratamento de «Excelencia» para o seu concello. O concello de Viveiro, en sesión do [[18 de xuño]] de [[1891]], solicitou ó Ministro de Gobernación a concesión do título de [[cidade]] e o tratamento de «Excelencia» para o concello, baseando esta súplica:
 
{{Cita|«''[...]en los notables hechos que registra la historia de Vivero y en los eminentes servicios que a la Patria y a la Monarquía prestó esta antigua e importante villa real.''»<ref>Actas de 1891 - Arquivo municipal de Viveiro</ref>}}
 
O [[30 de xuño]] de [[1891]], a raíña rexente [[María Cristina de Habsburgo-Lorena]], aceptou a petición de título de cidade e o tratamento de Excelencia, por medio dun Real Decreto promulgado na mesma data en [[Aranjuez]], títulos que aínda conserva hoxe en día.
Liña 97:
Poboamento orixinario das primeiras tribos que habitaron a franxa noroeste, recibiu o nome de [[Zoela]]. Durante a [[Imperio Romano|romanización]] foi empregado como campamento romano e ao final estabeleceuse a actual vila de Vivarium. No medievo foi un centro comercial de mediano tamaño que exportaba liño, viño e laranxas aos mercados dos [[Países Baixos]] (liño) e [[Reino Unido|Gran Bretaña]] (viño e laranxas). Experimentou certa relevancia na Idade Moderna, aínda que o seu desenvolvemento nesa altura foi escaso.
 
No século XIX afúndese na ría a [[Fragata Santa María Magdalena]], cando intentaba refuxiarse do vento norte no porto desta cidade. Esta traxedia causou unha forte conmoción na poboación, que contribuíu con víveres e roupa ás poucas persoas que sobreviviron. En recordo do sinistro construíuse un monumento ás persoas afogadas na praia de Covas.
 
Na actualidade, Viveiro é centro comercial e de lecer para a xente dos concellos limítrofes. Conta, ademais, cun importante porto pesqueiro situado na vila de [[Celeiro, Viveiro|Celeiro]]. Cun total de 90<ref>http://www.cofradiaceleiro.com/gal/portoflota.asp</ref> buques censados, é na actualidade un dos portos máis importantes de [[Galiza]]. Esta frota compóñena embarcacións de baixura-artesanal, [[cerco]], [[arrastre de litoral]], [[volanta]] e [[arrastre]] do Gran Sol. A especie máis importante tanto por volume como por facturación é a [[pescada]].
 
É capital da comarca administrativa da Mariña Occidental (Ver [[Mariña Luguesa]])