París: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Capmo (conversa | contribucións)
m audio mellor
m Arranxos varios using AWB
Liña 33:
|sitio web = [http://www.paris.fr/ Páxina oficial de París]

'''París''' (en [[Lingua francesa|francés]] ''Paris'' {{Audio|Fr-Paris.oga| [pa.ʁi]}}) é a capital de [[Francia]], ''[[Chef-lieu]]'' da [[Illa de Francia]] e a única [[Comuna francesa|comuna]]-[[Departamentos de Francia|departamento]] do país. Atópase nun [[Meandro (xeomorfoloxía)|meandro]] do [[río Sena]] no centro da [[Conca parisiense]], entre a confluencia do [[río Marne]] e o Sena augas arriba, e o [[Río Oise|Oise]] e o Sena augas abaixo.

A cidade de París dentro dos seus límites administrativos ten unha poboación estimada de 2.181.371 habitantes (2006).<ref name="pob_París_2006">{{cita web|url=http://www.insee.fr/fr/ppp/bases-de-donnees/recensement/populations-legales/commune.asp?depcom=75056 |título= Populations légales 2006 |autor=[[INSEE]]|dataacceso=2 de marzo de 2009|idioma=francés}}</ref> Con todo, durante o [[século XX]], a [[área metropolitana de París]] espallouse alén dos límites da comuna. A súa área urbana, a segunda máis grande de Europa, ten unha poboación de 11.174.740 habitantes (1999).<ref name="paris_AU99_pop">{{cita web|url=http://www.insee.fr/fr/insee_regions/idf/rfc/docs/alap196.pdf |título= INSEE - 99 % des franciliens vivent dans l’aire urbaine de Paris |autor=INSEE |dataacceso=2 de marzo de 2009|idioma=francés|formato= PDF}}</ref>

A rexión de París ([[Illa de Francia]]) é, xunto con Londres, o centro económico máis importante de Europa.<ref>{{cita web |url= http://www.eleconomista.es/mercados-cotizaciones/noticias/401186/03/08/Economia-Macro-Madrid-puede-convertirse-en-la-metropoli-mas-importante-de-Europa-tras-Paris-y-Londres-segun-la-OCDE.html |título= Madrid puede convertirse en la metrópoli más importante de Europa tras París y Londres |dataacceso=2 de marzo de 2009 |obra= El Economista |idioma= castelán}}</ref> Con 500,8 mil millóns de [[euro]]s (630 mil millóns de [[Dólar estadounidense|dólares]]), produciu unha cuarta parte do Produto Interior Bruto (PIB) de Francia no 2006. [[La Défense]] é o primeiro barrio de negocios de Europa,<ref name="Defense">{{cita web |url= http://www.viamichelin.es/viamichelin/esp/tpl/mag5/art20070115/htm/tourisme-defense-2015.htm |urltrad= |título= Défense 2015 |dataacceso=2 de marzo de 2009 |obra= ViaMichelin |idioma= castelán}}</ref> alberga a sede social de case a metade das ''grandes empresas francesas'', así como a sede de vinte das 100 máis grandes do mundo. París tamén acolle ou acolleu a moitas [[organizacións internacionais]] como a [[Unesco]], a [[OCDE]], a [[Corte Penal Internacional]] e o [[Club de París]].

A cidade é o destino [[Turismo|turístico]] máis popular do mundo, con máis de 26 millóns de visitantes estranxeiros por ano.<ref name="Universal">{{cita web |url= http://www.eluniversal.com.mx/articulos/38282.html |urltrad= |título= Visitan París 26 millones de personas al año |dataacceso=24 de marzo de 2009 |obra= El Universal |idioma= castelán}}</ref> Adoita considerarse como a cidade máis fermosa, elegante e espectacular do mundo por contar con moitos dos monumentos máis famosos e admirados do orbe: a [[Torre Eiffel]], a [[Catedral de Notre-Dame de París|Catedral de Notre-Dame]], os [[Avenida dos Campos Elisios|Campos Elisios]], o [[Arco do Triunfo de París|Arco do Triunfo]], a [[Basílica do Sacré Cœur]], d'[[Os Inválidos]], o [[Panteón de París|Panteón]], o [[Arco de La Défense]], a [[Ópera Garnier]] ou o barrio de [[Montparnasse]], entre outros. Tamén alberga institucións de recoñecemento mundial: o [[Museo do Louvre|Louvre]], o [[Museo de Orsay]] e o [[Museo Nacional de Historia Natural de Francia]].

== Historia ==
Liña 50:
[[Ficheiro:Paris-LOC cph 3b40741.jpg|Imaxe da [[Torre Eiffel]] trala súa inauguración en [[1889]]|miniatura|200px|esquerda]]
[[Ficheiro:Paris - Blick vom großen Triumphbogen.jpg|Distrito de ''La Defense''|miniatura|200px|esquerda]]

Os ''Parisii'', pobo [[Galos|galo]] do que provén o nome de París, habitaron o emprazamento encravado na 'Île de la Cité' ou illa da cidade, na que na actualidade se atopa a catedral de [[Catedral de Nôtre Dame de París|Nôtre Dame]]. Crese que os Parisii fundaron a cidade entre [[-250|250 a.C.]] e [[-200|200 a.C.]], aínda que se descoñece o lugar exacto do emprazamento da cidade [[Galia|gala]].

En [[-52|52 a.C.]] cando os [[Roma Antiga|romanos]] tomaron a cidade, a rebautizaron chamándoa ''Lutetia'', reconstruíndoa durante o [[século I]] na beira esquerda do [[río Sena]].

Segundo a tradición medieval, [[San Dionisio]] foi o primeiro bispo da cidade a mediados do [[Século III]]. Outra lenda conta que [[Xenoveva]], patroa de París, axudou no [[451]] á defensa da cidade contra os [[huno]]s.
Liña 62 ⟶ 61:
Cando os [[Dinastía dos Capetos|Capetos]] conseguiron o trono de [[Francia]] en [[987]], París converteuse nunha das dúas grandes cidades do seu dominio persoal. Con [[Filipe II de Francia|Filipe Augusto]] ([[1190]]-[[1220]]) París converteuse definitivamente na capital do reino, construíndose daquela unha nova muralla que protexese un sector máis amplo da cidade. No [[século XIV]], [[Carlos V de Francia|Carlos V]] ([[1371]]-[[1380]]) construíu unha muralla meirande a anteriormente citada.

Entre finais do [[século XVI]] e comezos do [[Século XVII|XVII]], [[Henrique IV de Francia|Henrique IV]], construíu os primeiros conxuntos arquitectónicos modernos como a [[Place des Vosges]]. O seu sucesor [[Luís XIII de Francia|Luís XIII]] estendeu a muralla de Carlos V sobre a beira dereita. [[Luís XIV]] destruíu esa muralla e ordenou construír no canto dela os primeiros grandes bulevares.

A finais do [[século XVIII]], na fortaleza da [[Bastilla]], atopada na parte oriental da cidade, iniciouse oficialmente o movemento que coñecido como a [[Revolución Francesa]].
Liña 74 ⟶ 73:
Durante a segunda metade do [[século XIX]], París albergou varias exposicións que reunían a expositores de todo o mundo. A máis destacada tivo lugar en [[1889]] con motivo da conmemoración do primeiro centenario da revolución. Para este evento foi construída a [[Torre Eiffel]], que, aínda que debía ser desmontada unha vez rematada a exposición, continúa actualmente no seu emprazamento orixinal (48º51'29.04"N 2º17'40.10"L).

Coa chegada do [[século XX]] a cidade comezou a construción do seu [[metro de París|metro]].

En [[1940]] a cidade foi tomada polo [[Wehrmacht]] (exército alemán) de [[Adolf Hitler]] no marco da [[Segunda Guerra Mundial]]. Durante a guerra, París estivo administrada polas forzas de ocupación, as cales a abandonaron despois de catro anos, sen causarlle danos de consideración, en comparación cos danos sufridos por outras cidades europeas durante a guerra.
Liña 88 ⟶ 87:
| colspan="5" style="text-align:center;font-weight:bold;font-size:105%;"| Ile-de-France ''départements''
|- bgcolor=#BDBBD7 style="color:#000080;text-align:center;font-size:105%;"
|style="padding:3px;"| '''Áreas'''||style="padding:3px;"|'''Poboación'''
2005 est. ||style="padding:3px;"|'''Área'''
(km²)||style="padding:3px;"|'''Densidade'''
(/km²)||style="padding:5px;white-space:nowrap;"|'''1999-2005'''
'''crecemento pob.'''
|- bgcolor="#EFEFEF"
| '''Cidade de París'''
([[Departamentos franceses|departamento]] '''75''')|| align=right | 2.153.600 || align=right | 105|| align=right | 20.433|| align=right | +1,33%
Liña 100 ⟶ 99:
| colspan="5" style="text-align:center;font-weight:bold;font-size:105%;"| Crecemento estatístico (Censo INSEE do 1999)
|- bgcolor=#BDBBD7 style="color:#000080;text-align:center;font-size:105%;"
|style="padding:3px;"| '''Áreas'''||style="padding:3px;"|'''Poboación'''
1999 census ||style="padding:3px;"|'''Área'''
(km²)||style="padding:3px;"|'''Densidade'''
(/km²)||style="padding:5px;white-space:nowrap;"|'''1990-1999'''
'''crecemento pob.'''
|-bgcolor="#EFEFEF"
| '''[[Área urbana]]'''
''(Paris aglomeración)'' || align=right | 9.644.507 || align=right | 2.723|| align=right | 3.542|| align=right | +1,85%
Liña 123 ⟶ 122:
A cidade de París é moito máis pequena que a súa área urbana e metropolitana. Actualmente, a área urbana da cidade (agglomeration) ocupa un anel de tres "départements" ou barrios - tamén coñecido como "petite couronne" (pequeno anel) - e esténdese cara a un anel exterior de catro "grande couronne départements". Estes oito départements xuntos completan a rexión de [[Illa de Francia]].

A [[aglomeración]] de París ou área urbana (unité urbaine) ten unha extensión de 2.723  km², sendo 26 veces maior que a propia cidade de París. Ao unirse a aglomeración urbana de París máis a súa área metropolitana (aire urbaine) forman unha extensión de 14.518 km2 ou o que é o mesmo, unha área 138 veces maior á propia cidade de París, chegando a superar as fronteiras da rexión da [[Illa de Francia]].

== Monumentos máis importantes ==