Can: Diferenzas entre revisións
Contido eliminado Contido engadido
m Arranxos varios using AWB |
|||
Liña 81:
O '''can''' (''Canis lupus familiaris'') é un [[mamífero]] [[carnívoro]] que pertence á familia ''[[Canidae]]'', ao igual que os [[lobo]]s, [[raposo]]s e [[coiote]]s. En xeral, o termo 'can' emprégase para referirse á raza doméstica (''Canis familiaris''), a cal crese que descende dun antergo similar ó [[lobo]], segundo distintos indicios, a secuencia do [[Ácido desoxirribonucleico|ADN]] e outros estudos xenéticos.<ref>{{cita publicación periódica| url=http://www.nature.com/nature/journal/v438/n7069/full/nature04338.html |autor=Lindblad-Toh, K, ''et al.'' |ano=2005 |título=Genome sequence, comparative analysis and haplotype structure of the domestic dog |publicación=[[Nature]] |volume= 438 |páxinas= pp. 803–819 |lingua=inglés |dataacceso = 22 de agosto de 2009}}</ref>. Con todo, algúns científicos sosteñen que o can é unha subespecie de lobo.
As probas [[arqueoloxía|arqueolóxicas]] demostran que o can estivo en convivencia próxima cos humanos desde fai polo menos 9.000 anos, pero posiblemente desde fai 14.000 anos.<ref name=Scott1965>
Neste tempo o can desenvolveu diferentes razas que poden variar moito en tamaño e cor. Por exemplo, están os cans [[chihuaha]]s, que miden apenas unhas polgadas, en oposición aos grandes cans San Bernardo ou ao mastín. As cores dos cans varían de branco a negro, con vermello, café ou gris. De igual xeito que os humanos, son unha especie moi sociable e cazan en grupo.
Liña 90:
=== Oído ===
O campo de audibilidade dos cans é de aproximadamente de 40 a 60.000 [[Hertz|Hz]], detectan [[son]]s tan graves coma
=== Olfacto ===
O [[cerebro]] canino está dominado principalmente por unha gran codia [[olfacto|olfactiva]], o tamaño relativo do bulbo olfactivo con respecto ao tamaño total do cerebro é unhas corenta veces maior que no caso do [[ser humano]]. Dependendo da raza os cans teñen entre 125 e 220 millóns de células olfactivas estendidas nunha superficie do tamaño dun pano de peto, no caso dos cans de raza Bloodhound o animal pode contar con aproximadamente 300 millóns de receptores olfactivos.
Os cans poden distinguir olores en concentracións case cen millóns de veces inferiores que as que poden distinguir os humanos.
Liña 100:
De tódolos sentidos o do [[Sentido do gusto|gusto]] é o que menos se ten estudado nos cans, relacionándoo moitas veces co do olfacto. Os cans poden diferenciar os sabores básicos dunha maneira similar aos humanos, porén case non distinguen o [[sabor salgado]].
As apetencias en canto a sabores poden diferir moito dun can a outro, xa que se cre que non escollen a comida en función do gusto senón da súa intensidade, sabor forte ou sabor suave.
Ao igual que moitos outros animais, os cans teñen a capacidade de asociar determinados sabores cos problemas de [[saúde]], así se un [[alimento]] os fai enfermar ou fai que se atopen mal no futuro evitarán o [[sabor]] deste alimento. Este é un mecanismo instintivo de defensa, que protexe ao animal de [[veleno|envelenarse]] pola inxestión frecuente de substancias tóxicas.
|