Diferenzas entre revisións de «Entroido de Ribadeo»

m
→‎Información xeral: Arranxos varios using AWB
m (→‎Información xeral: Arranxos varios using AWB)
==Información xeral==
[[Ficheiro:Boneco Ribadeo.jpg|miniatura|dereita|Cabeza do boneco queimado no entroido ribadense ([[1988]]). Comparativa de tamaño da cabeza do boneco.]]
Texto de Rebeca Gómez Yáñez<ref>[//gl.wikisource.org/wiki/Pregóns_Antroido_Ribadeo Pregóns do entroido en Ribadeo]</ref><ref>[http://publicadoenribadeo.wikispaces.com/As+festas+populares+no+entorno+ribadense As festas populares no entorno ribandense]</ref> tratando o tema do entroido ribadense:
 
[...] {{cita|...as rúas vístense de cor durante case unha semana. Nenos e maiores desfrutan o mesmo ó disfrazarse, e nas casas non poden faltar as comidas típicas como son as filloas, as orellas e todo tipo de doces.<br>Aínda que o gran día é o martes, os días anteriores xa percorren por Ribadeo os máis diversos disfraces, e como non, as charangas, coas súas cancións ruidosas e divertidas. Pero ó chegar o martes tamén chega o desfile. Aquí si que hai traxes e vestimentas de todo tipo, todo vale para cambiar de imaxe aínda que só sexa un día. Ademais todos queren gañar o primeiro premio e a imaxinación de cada un é o que conta. Neste desfile xa se viu algunha vez a altos cargos do goberno, a persoas que case se pode dicir que levan un disfraz reciclado, outros optan por unha imaxe máis elegante e cóbrense de plumas, e así podería seguir indicando os traxes máis extravagantes. Pero sen dúbida, o que máis chama a atención son as charangas, ó mellor é porque os traxes que van levar é un dos segredos mellor gardados, ou pola rivalidade que hai entre elas, pois case sempre participan as mesmas cada ano. ¡Ai! cáse me esquecía doutra parte importante deste acontecemento. Falo das carrozas. Estas acostuman ser as máis divertidas, xa que ás veces montan cada unha ...}}
393.002

edicións