Televisión: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
agora faise en d:Wikidata
m Arranxos varios using AWB
Liña 6:
== Historia ==
[[Ficheiro:1950's television.jpg|miniatura|esquerda|Televisión dos anos 50.]]
[[Boris Rosing]] patentou en 1907 un sistema de televisión que utilizaba como receptor un moi primitivo tubo de raios catódicos, un dos seus alumnos, [[Vladimir Zworykin]] solicitou a patente en 1923 dun sistema de televisión utilizando tanto como transmisor como receptor tubos de raios catódicos pero os seus experimentos prácticos non deron resultado<ref> Paul Schatzkin "The Boy Who Invented Television", pp. 111-8.</ref>. O primeiro sistema semimecánico de [[televisión analóxica]] demostrouse en febreiro de [[1924]] en [[Londres]] por [[John Logie Baird]] cunha imaxe do deseño animado ''[[Felix the Cat]]'' e, posteriormente, imaxes en movemento en [[30 de outubro]] de [[1925]], realizando a primeira demostración pública o [[26 de xaneiro]] de 1926. O primeiro servizo regular de televisión, en analóxico, foi a [[W2XB]], popularmente coñecida como WGY en [[Schenectady]], [[Nova York]], inaugurado en [[11 de maio]] de [[1928]].
 
Os primeiros aparellos de televisión eran radios cun dispositivo que consistía nun tubo de [[neon]] cun disco xiratorio mecánico ([[disco de Nipkow]]) que producía unha imaxe vermella do tamaño dun selo postal. Entre 1928 e 1929 [[Philo Farnsworth]] e Zworykin presentaron receptores electrónicos semellantes e envolvéronse nunha lea xudicial durante varios anos. En [[1931]] Zworykin elaborou o primeiro [[iconoscopio]] funcional <ref>[http://books.google.com/books?id=z1Khj2gYS-QC&printsec=frontcover#v=onepage&q&f=false Dicky Howett ''Television Innovations: 50 Technological Developments'', p. 15]</ref>. O primeiro servizo de alta definición apareceu na [[Alemaña]] en marzo de [[1935]], mais estaba dispoñíbel apenas en 22 salas públicas. Unha das primeiras grandes transmisións foi a dos [[Xogos Olímpicos de 1936]], en [[Berlín]]. O uso da televisión aumentou nos Estados Unidos enormemente despois da [[Segunda Guerra Mundial]] debido aos avances tecnolóxicos xurdidos coa guerra e á renda adicional dispoñíbel (aparellos de TV nos [[década de 1930|anos 30]] custaban o equivalente a US$ 7000 actuais ([[2001]]) e había pouca programación dispoñíbel), e si en 1950 había 100.000 televisores un ano despois o seu número aumentou ao millón, chegando en 1959 ao 88% dos fogares<ref>[http://books.google.com/books?id=zuDCW_qHvpIC&printsec=frontcover#v=onepage&q&f=false Susan B. Neuman ''Literacy in the television age: the myth of the TV effect'', p. 1]</ref>, e xa para 1960 nese país a televisión desprazou ao [[cine]] como principal medio de entretemento<ref>Jeremy G. Butler "Television: critical methods and applications", páxina 12</ref>, ao tempo que os principais estudios comezaban a distribuír os seus arquivos cinematrográficos na televisión<ref>Derek Kompare ''Rerun nation: how repeats invented American television'', p.45</ref>. No Reino Unido a Coroación da raíña [[Isabel II do Reino Unido|Isabel II]] en [[1953]] significou o comezo do desprazamento da radio pola televisión<ref>[http://books.google.es/books?id=eeUq5auhzW0C&printsec=frontcover#v Bob Mullan ''Consuming television: television and its audience'', p.5]</ref>. En moitos países a televisión foi unha prerrogativa exclusiva do Estado que constituía un servizo público<ref>[http://books.google.es/books?id=5-DyMogAuiIC&printsec=frontcover&hl=en#v=onepage&q&f=false Jan Wieten, Graham Murdock, Peter Dahlgren ''Television across Europe'', p. 8]</ref>, en especial en Europa, pero sobre todo a partir das décadas de 1980 e 1990<ref>[http://books.google.com/books?id=lmGCtcLumEEC&printsec=frontcover Barbara J. Selznick ''Global television: co-producing culture'', p.3 ]</ref> comezou a permitirse en case todos os países a creación de cadeas privadas ou mesmo privatizáronse canles públicas, porén aínda quedan uns poucos réximes onde aínda a televisión queda totalmente baixo o control do Estado<ref>Robert Clyde Allen, Annette Hill "The Television Studies Reader, p. 2</ref>. A televisión mudou a forma de concibir o mundo, mudou a forma de facer política e das campañas electorais <ref>Gary Donaldson ''The first modern campaign: Kennedy, Nixon, and the election of 1960'', p. 46</ref>, a transformación da [[Guerra de Vietnam]] en guerra televisada fixo modificar a percepción da propia guerra polo público estadounidense<ref>Bruce Cumings ''War and television'', p. 1</ref>, converténdose no medio máis influente.
Liña 29:
* [[Televisión por cable]]
** hai tanto sistema por cable analóxico canto [[Sistema dixital|dixital]].
* Novas tecnoloxías: [[Televisión dixital]] (DTV) -- [[HDTV|TV de Alta Definición]] (HDTV) -- [[Pay-per-view]] -- [[Web TV]] -- programación—programación baixo encomenda.
 
Programación é a transmisión nas estacións de televisión (por veces chamada de canais) que son frecuentemente dirixidos a unha determinada audiencia, porén existen moitas canles especializadas en noticias que teñen unha audiencia mundial, outras cadeas especializadas en deportes, filmes ou música teñen canles que abranguen boa parte do mundo. Alén diso, [[internet]] permite que calquera canle poda ter unha audiencia mundial.