Galileo Galilei: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m Arranxos varios using AWB
Liña 59:
Galileo foi o primeiro que expuxo a [[Teoría da Relatividade]], enunciando que as leis físicas deben ter a mesma forma en tódolos [[Sistema de referencia|sistemas de referencia]].
 
Unha das máis famosas historias sobre Galileo é que deixou caer [[bola]]s de diferentes [[masa]]s da [[Torre de Pisa]] para amosar que a súa [[velocidade]] de caída era independente da súa masa (excluíndo o limitado efecto da resistencia do ar). Isto era contrario ó que dixera [[Aristóteles]]: que os obxectos pesados caen máis rápido que os máis lixeiros, en proporcionalidade dereita co peso. O suceso da torre aparece por primeira vez nunha biografía do alumno de Galileo Viviani, e crese en xeral que non é certa. Non obstante, Galileo fixo [[experimento]]s con bolas rodando por un [[plano inclinado]] cara abaixo, que amosaban o mesmo feito. Determinou a fórmula matematicamente correcta para a lei da aceleración: distancia total cuberta, comezando dende o repouso, é proporcional ó cadrado do tempo. Concluíu que os obxectos en caída eran [[aceleración|acelerados]] de xeito independente da súa masa, e que ditos obxectos reteñen a súa velocidade a menos que unha [[forza]] actúe sobre eles.
 
Galileo tamén notou que un [[péndulo]] oscilante sempre toma o mesmo tempo na oscilación, de xeito independente da [[amplitude]]. Mentres Galileo cría que esta igualdade de período era exacta, é só aproximada para pequenas oscilacións. Pero é abondo boa aproximación para regular un [[reloxo]], porén, como Galileo foi o primeiro en aplicar. (Ver [[#Tecnoloxía|Tecnoloxía]].)
 
Nos primeiros anos do [[século XVII]], Galileo e un asistente trataron de medir a [[velocidade da luz]]. Situáronse en diferentes outeiros, cada un cunha [[lanterna]]. Galileo acendía (abría o furado para deixar pasar a luz), e pronto o seu asistente respondíalle. A unha distancia de menos dunha milla (1,5  km aprox.), non puido detectar retardo maior que cando só estaban separados uns poucos metros. Así, non puido chegar a unha conclusión, pero decatouse de que as distancias empregadas para facer a medición eran pequenas.
 
== Matemáticas ==
Liña 92:
O modelo xeocéntrico foi aceptado de xeito xeral co tempo non só por razóns das escrituras. De feito, naquel tempo, a Igrexa Católica abandonou o modelo Tolemaico polo de [[Tycho Brahe]], no que a Terra era o centro do [[Universo]], o [[Sol]] xiraba arredor da Terra e os outros planetas, arredor do Sol. Este modelo era, na súa xeometría, equivalente o modelo copernicano, e tiña a vantaxe extra de predicir a [[paralaxe]] das estrelas, un efecto que sabemos agora era imposible detectar cos instrumentos daquel tempo.
 
A comprensión da controversia, aínda se iso é posible, require a atención non só da organización política e relixiosa e aínda da academia filosófica. Antes de que Galileo tivera o seu enfrontamento cos Xesuítas e antes de que o dominico Gaccini o denunciara no púlpito, veuse acusado de contradicir as Escrituras por un profesor de filosofía, Cosimo Boscaglia,que non era nin teólogo nin cura. O primeiro en defendelo foi un abade beneditino, Benedetto Castelli, que era tamén profesor de matemáticas e antigo discípulo de Galileo. Foi este o que levou a Galileo a escribir a ''[[Carta á Grande Duquesa Cristina]]''. (Castelli permaneceu amigo de Galileo, visitándoo en Arcetri preto do final da súa vida, despois de meses de esforzo para ter permiso da Inquisición para facelo.)
 
Porén, o poder real era o da Igrexa, e os argumentos de Galileo foron atacados de xeito máis duro a nivel [[relixión|relixioso]]. O historiador de fins do [[Século XIX]] e comezos do [[Século XX|XX]] [[Andrew Dickson White]] escribiu dende unha perspectiva anticlerical:
Liña 103:
Pero, de lonxe, o máis terrible campión que apareceu foi o cardeal [[Bellarmino]], un dos máis grandes teólogos que o mundo ten coñecido. Foi serio, sincero e erudito, pero insistiu en facer ciencia conforme ás Escrituras. As armas que Bellarmino usou para golpear foron puramente teolóxicas.
Este mantivo ante o mundo como consecuencias resultantes da Teoloxía Cristiá de que os corpos celestes daban voltas arredor da Terra e non do Sol. Así, asegurou de Galileo que "o seu suposto descubrimento viola o plan cristián de salvación." A esta acusación sumáronse as doutros que afirmaron "pon baixo sospeita a doutrina da encarnación" ou "Trastoca a base enteira da teoloxía. Se a Terra é un planeta, e só un entre varios planetas, non é posible que tan grandes cousas foran feitas especialmente nel como a doutrina cristiá ensina. Se hai outros planetas, como Deus non fai nada en van, deberán ser habitados; pero como poderían os seus habitantes descender de Adán? Como poden trazar a súa orixe ata a Arca de Noé? Como poden ter sido redimidos polo Salvador?" Tampouco quedou este argumento confinado ós teólogos da Igrexa romana; Melanchthon, Protestante como era, teríao usado nos seus ataques contra Copérnico e a súa escola. (White, 1898; [http://www.santafe.edu/~shalizi/White/astronomy/war.html texto en liña])
</BLOCKQUOTE>
 
No [[1616]], a [[Inquisición]] prohibiu a Galileo manter ou defender a hipótese afirmada no traballo de Copérnico ''De Revolutionibus'', conxuntamente coa admonición de ''non ensinar de ningún xeito'' a teoría heliocéntrica. Cando Galileo foi arrestado no [[1633]], a Inquisición procedeu baixo a premisa que lle tiña ordenado non ensinar en absoluto, baseado nun documento de 1616; pero Galileo produciu unha carta do Cardeal Bellarmino que amosaba só a orde sobre "manter ou defender". O anterior saíu da propia man de Bellarmino e de autenticidade incuestionable; é unha copia non asinada, violando a propia regra da Inquisición que lembra que tal admonición debera ser asinada por todas as partes e notarializada. Deixando a unha beira as partes técnicas da evidencia, que podemos concluír dos eventos reais? Hai dúas escolas de pensamento. De acordo con Stillman Drake, a orde de non poder ensinar foi liberada de xeito non oficial e impropio; Bellarmine non querería subministrar unha lembranza formal e asegurarse que Galileo, no escrito, entendera que a orde efectiva era só non "defender ou manter". De acordo con Giorgio di Santillana, porén, o papel non asinado era sinxelamente unha fabricación da Inquisición.
Liña 113:
O [[22 de xuño]] de [[1633]], a Inquisición Romana comezou o seu xuízo contra Galileo, que contaba daquela 69 anos e pediu graza debido ó seu "estado de malestar físico". Ameazándoo con [[tortura]], prisión e morte na fogueira, Galileo foi forzado a "abxurar e renegar" do seu traballo e prometer denunciar a outros que mantiveran os seus puntos de vista anteriores. Galileo cumpriu o que a igrexa quería del. Que as ameazas da Igrexa eran reais fora probado pola igrexa contra [[Giordano Bruno]],quen foi queimado na fogueira no [[1600]] por manter un punto de vista naturalista sobre o Universo.
 
Di a lenda que Galileo, tras a súa abxuración, dixo: "Eppur si muove!" (Porén, móvese!) o que posiblemente non é certo; ó dicir algo así, os oficiais da Inquisición terían obrado en consecuencia e a súa sorte tería sido diferente. A crenza, amplamente estendida, de que é algo inventado no s. XVIII é falsa. Unha pintura española, datada no 1643 ou 1645, amosa Galileo escribindo a frase no muro do seu alxube. Temos así unha segunda versión da historia, que tampouco pode ser certa, porque Galileo non estivo nunca prisioneiro nun alxube; pero a pintura amosa que algunha historia de "Eppur si muove" estaba xa circulando en tempos de Galileo. Nos meses inmediatamente posteriores tras a súa condena, Galileo residiu co Arcebispo Ascanio Piccolomini en [[Siena]], que tiña un irmán militar destinado en [[Madrid]], onde a pintura se realizou algúns anos despois. O anterior suxire que a historia foi difundida familiarmente antes de ter pasado á tradición oral.
 
Galileo foi sentenciado a prisión, pero a causa da súa avanzada idade (e/ou política eclesiástica) a sentenza foi conmutada por arresto domiciliario en [[Arcetri]], barrio nas aforas de [[Florencia]]<ref>{{Cita web|url=http://www.lucidcafe.com/library/96feb/galileo.html |título=Galileo Galilei Astronomer and Physicist, 1564 -1642 |editor=Lucicafé |obra=Library |dataacceso=29 de decembro do 2015 |lingua=en}}</ref>.
Liña 122:
Quedou totalmente [[cegueira|cego]] no [[1638]] (a súa petición de liberdade foi rexeitada, pero permitíuselle mover á súa casa de Florencia, na que estaba máis próximo ós médicos).
 
De acordo con Andrew Dickson White e moitos outros, as experiencias de Galileo ilustran o caso clásico de investigador forzado a retraerse por ofender as poderosas forzas sociais conservadoras: a igrexa do seu tempo, non era o [[método científico]] o que debera ser usado para atopar a verdade -- especialmenteverdade—especialmente en certas áreas -- senónáreas—senón a doutrina, como interpretada e definida polos investigadores eclesiásticos, e a súa doutrina era defendida con tortura, morte, privación de liberdade e [[censura]].
 
Máis recentemente, os puntos de vista de White e outros volveuse menos aceptado pola comunidade académica, en parte porque White escribía dende a perspectiva da cristiandade como forza destrutiva. Esta actitude pode tamén verse no traballo de [[Bertolt Brecht]], cuxa obra sobre Galileo é unha das fontes principais das ideas populares sobre o científico. Un exame máis profundo das fontes primarias relativas a Galileo e o seu xuízo amosa que as peticións de tortura e privación de liberdade foron esaxeradas. [[Dava Sobel]] na súa obra ''[[A filla de Galileo]]'' ofrece un conxunto diferente de vistas de Galileo e o seu mundo, en grande parte a través da súa correspondencia privada con Maria Celeste, a filla do título, e o seu pai.
Liña 273:
* [http://www.pbs.org/400years/ PBS documentary: ''400 Years of the Telescope''] {{en}}
 
{{ORDENAR:Galilei, Galileo}}
{{Control de autoridades}}
 
{{ORDENAR:Galilei, Galileo}}
[[Categoría:Personalidades da astronomía]]
[[Categoría:Físicos de Italia]]