Diferenzas entre revisións de «Persoa»

m
→‎top: Arranxos varios using AWB
(tradución de es.wiki e listo outro para a malla)
m (→‎top: Arranxos varios using AWB)
[[Ficheiro:01_Tristeza.jpg|miniatura|Neno.]]
 
O termo '''persoa''' provén do [[latín]] ''persōna'', e este probablemente do [[idioma etrusco|etrusco]] ''phersona'' ('máscara do actor', '[[personaxe]]'). O concepto de '''persoa''' é un concepto principalmente filosófico, que expresa a ''singularidade'' de cada individuo da especie [[Homo sapiens|humana]] en contraposición ao concepto filosófico de 'natureza humana' que expresa o común que hai neles.
 
O significado actual de persoa ten a súa orixe nas [[Cristoloxía|controversias cristolóxicas]] dos séculos IV e V. No transcurso do debate entre as diferentes escolas teolóxicas, desenvolvéronse conceptos até entón non coñecidos. Tratábase de dispor de ferramentas de pensamento filosófico, sobre as que manter un debate intelectual honesto e rigoroso acerca dos dogmas referidos ao [[Logos|Λóγος]] (''Logos'': “[[Cristo|Palabra]]”), e que permitisen esclarecer as súas diferenzas ou similitudes con [[Deus|Deus Pai]]. Para iso a filosofía tomou prestado do teatro grego o termo πρόσωπον [''prósôpon''], e converteuno nun termo filosófico, definindo ao Λóγος (Logos) como '''Persoa''' divina. Por afinidade, o concepto foi posteriormente aplicado ao [[Espírito Santo]], aos [[Anxo (cristianismo)|anxos]] e aos homes.
393.002

edicións