Abrir o menú principal

Cambios

m
Arranxos varios using AWB
 
== Historia ==
A Igrexa Maronita toma o seu nome do seu fundador, [[san Marón]] († 410), un asceta siríaco amigo de [[Xoán Crisóstomo]] que a instituiu no [[século IV]]. Logo da súa morte os seus discípulos fundaron un [[mosteiro]] preto do seu túmulo, en Apamea, á beira do [[río Orontes]]. Dende os seus inicios, a comunidade maronita seguiu ao Patriarca de Antioquía.
 
No [[século VII]] a comunidade maronita foi refundada e organizada por un monxe, o abade do mosteiro de Brad, en [[Siria]]. [[Xoán Marón]] foi o primeiro maronita en ter a dignidade episcopal; a súa ordenación tivo lugar en [[676]], e máis tarde (en [[685]]) foi elixido [[Patriarca de Antioquía]]. El foi o primeiro maronita en ter este encargo. Para escapar dunha persecución, decidiu deixar Siria e ir ao Líbano. Estabeleceuse en [[Bkirki]], onde construíu un novo mosteiro no que depositou a máis valiosa [[reliquia]] para os maronitas: o cranio de San Marón. Dende aquela época, o mosteiro é a [[Patriarcado de Antioquía dos Maronitas|sé patriarcal.]]
[[Ficheiro:HarissaVirginOfLebanon.jpg|thumb|Estatua do santuario de [[Nosa Señora do Líbano]].]]
 
En [[685]] a [[Patriarcado de Antioquía|Igrexa de Antioquía]] dividiuse entre os [[Concilio de Calcedonia|calcedonianos]] e os non calcedonianos, que se convertiron na maioría. A comunidade maronita elixiu permanecer calcedoniana, e non se recoñeceu máis no patriarca Teófanes. Iniciou un período de autonomía, e os mosteiros tornáronse bispados.
 
Na época das [[Cruzadas]] a Igrexa Maronita retomou relacións coa [[Igrexa Latina]], da que nunca se separara formalmente. A unión foi selada algúns séculos máis tarde, en [[1584]], coa fundación, durante o pontificado de [[Gregorio XIII, papa|Gregorio XIII]], do Colexio maronita de Roma.
 
Os maronitas foron protexidos por [[Francia]], durante o dominio [[Imperio Otomán|otomán]] de [[Oriente Medio]].
[[Ficheiro:Peshitta464.jpg|thumb|left|A [[Peshitta]] é a Biblia siríaca estándar, empregada pola Igrexa Maronita e outras igrexas. A imaxe é o texto de [[Libro do Éxodo|Éxodo]] 13:14-16, do ano 464.]]
 
A cabeza da Igrexa Maronita é o [[Lista dos Patriarcas de Antioquía dos Maronitas|Patriarca de Antioquía dos Maronitas]], quen é elixido polos bispos maronitas e reside en [[Bkirki]], ao norte de [[Beirut]]. Dende marzo de 2011 o patriarca é o [[cardeal]] [[Bixara Pedro al-Rahi]]. Cando un novo patriarca e elixido e entronizado, pide o recoñecemento eclesiástico do [[Papa]], mantendo deste xeito a comuñón coa [[Santa Sé]]. Como un dos patriarcas orientais, o patriarca a miúdo é creado cardeal polo papa, co rango de cardeal-bispo.
 
Os maronitas comparten co resto de [[Igrexa Católica|católicos]] a doutrina, mais teñen as súas propias tradicións en canto á [[liturxia]], [[teoloxía]] e [[espiritualidade]]; amais de manter unha [[disciplina eclesiástica|disciplina]] e [[xerarquía]] diferenciadas das do resto de [[Igrexas particulares]]. A Igrexa Maronota pertence á tradición [[tradición antioquense|antioquense]] e é de [[rito siro-antioquense occidental]]. A [[lingua siríaca]] é a súa [[lingua litúrxica]] propia. Porén, considéranse unha das [[igrexas católicas orientais]] máis fortemente [[latinización litúrxica|latinizadas]], aínda que hai esforzos na recuperación de prácticas orientais.
381.287

edicións