Diferenzas entre revisións de «Pedro, papa»

m
Arranxos varios using AWB
m (Bot: Engado {{Control de autoridades}})
m (Arranxos varios using AWB)
|venerado en=Maioría das confesións cristiás
|santuario principal=[[Basílica de San Pedro]], Roma
|patrón de=[[pesca]]dores, [[pan]]adeiros, [[teólogo]]s, [[Misión|misiónsmisión]]s
|atributos=[[chave (pechadura)|chaves]]
|calendario litúrxico= 22 de febreiro, [[Cátedra de San Pedro]], [[Calendario Xeral Romano|Festa]]
# Tiñan adherida terra, mentres que os ósos de rato estaban limpos. Analizouse a terra adherida aos ósos humanos e é da mesma terra da tumba aberta e que foi atopada baleira, identificada por Pío XII como a de san Pedro; as tumbas lindeiras tiñan outra clase de terra.
# Os ósos estaban coloreados de vermello por estaren envolveitos nun pano de púrpura e ouro. Hai fíos de ouro e da tea incluso adheridos a algúns ósos. A calidade do pano é indicio da veneración que debía recibir o corpo. Estes ósos foron retirados presuntamente da tumba de terra e gardados no nicho para protexelos da humidade do terreo. Este nicho permaneceu intacto dende Constantino ata o século XX.
# Os ósos humanos son da mesma persoa: home, de complexión robusta, que morreu a unha idade avanzada e viviu no [[século I]].
 
En [[1964]] as investigacións de Guarducci remataron e un ano despois publicou o seu libro ''Reliquie Di Pietro Sotto La Confossione della Basílica Vaticana'' ("As reliquias de Pedro baixo a confesión da Basílica Vaticana"), libro fortemente discutido. En [[1968]] [[Paulo VI, papa|Paulo VI]] anunciou que, segundo os estudos científicos realizados, había certeza abonda de que se atoparan os restos do apóstolo.
 
== Obra ==
Entre os escritos do [[Novo Testamento]], considérase habitualmente que no [[evanxeo de Marcos]] este, discípulo de Pedro, recolle as súas ensinanzas. Ademais, existen dúas epístolas atribuídas a Pedro.
 
A [[Primeira epístola de Pedro]] presenta un [[lingua grega|grego]] de gran calidade, maior da que se debía agardar para un pescador<ref>Novo Testamento. Feitos 4:13.</ref> que tiña como lingua materna o arameo, de aí que se supoña que foi redactado por un amanuense directamente das palabras de Pedro.
 
A autenticidade da [[Segunda epístola de Pedro]] é moitísimo máis discutida. De acordo cos estudos de [[Raymond E. Brown]], este texto era descoñecido en Occidente ata arredor do ano [[350]] e aínda despois foi rexeitado por moitos cristiáns. En Oriente a súa aceptación chegou aínda máis tarde, no [[século VI]] nalgúns casos. En calquera caso, a primeira mención do texto é unha referencia a Oríxenes recollida por [[Eusebio de Cesarea|Eusebio]] arredor de [[250]]. Numerosos autores teñen sinalado que o estilo é moi similar ao dunha carta apócrifa antigamente atribuída a [[Clemente Romano]] (a [[Segunda epístola de Clemente]]), polo que é posíbel que o seu autor fose o mesmo. Razóns argumentais demostraron que o seu redactor coñecía a [[Epístola de Xudas]].
 
{{Start box}}
{{Succession box|título=[[Ficheiro:Emblem of the Papacy.svg|25px]]</br />1º papa|período=32-67|predecesor=inexistente|sucesor=[[Lino, papa|Lino]]}}
{{End box}}
 
393.002

edicións